Música
Sheila Patricia: “As mulleres labregas construiron a cultura desde o silencio”

A cantautora de Vilaboa vén de publicar nas plataformas unha versión modernizada do “Maneo de Caión”. En menos dunha semana o seu traballo superou as 20.000 reproducións en YouTube.
Sheila Patricia
A cantautora Sheila Patricia. Foto: Aitor Ramos
28 may 2021 08:07

Sheila Patricia converteuse nunha das voces de referencia da escena galega incursionando en diversos estilos sen abandonar nunca a tradición. Ao longo de toda a súa traxectoria logrou conectar o mundo máis folclórico co novo. Leva anos viaxando coa súa música por terras tanto dun como do outro lado do charco. Buenos Aires, Cosquín, Barcelona, Granada son lugares nos que puido escoitarse a súa voz, na que sempre estivo presente Galiza. A súa adaptación de “Camiño branco” de Rosalía de Castro foi unha desas pezas coas que a vilaboesa puido abraiar tanto ao público da súa terra como ao de fóra.

Música
Reforestar o folclore a través da vangarda musical galega

O ciclo musical VanGal terá lugar esta fin de semana e presenta o traballo de catro artistas multidisciplinares que están a mudar o paradigma musical na Galiza.

O seu espírito de indagación levouna a transitar diversos rexistros e xéneros. Desde as recollidas dos cantos populares até mundos que, ás veces, non están tan distantes, como poden ser o da electrónica e o da tradición conectados a través das melodías modernas. Sheila Patricia tamén viaxou da poesía rosaliana á poesía lorquiana. En 2016 cantou a Lorca na casa da infancia do poeta granadino. Alí soaron na súa atlántica voz os versos do poeta a través do Pequeno Vals Vienés.

No musical, xa de pequena tocaba a gaita nos entroidos do seu pobo. Sendo máis adulta transitou ás linguaxes de Rafael Amor ou do son istmeño de “La llorona”, pasando por Mercedes Sosa ou Fito Páez, dándolle forma ao seu propio rexistro. Un verbo musical que non para de medrar e que deixa entrever unha gran proxección na escena, tanto galega como de fóra. Quedamos nunha cafetaría do casco vello compostelán para falar da súa última proposta e das inquedanzas presentes nas súas cancións. Entre sorbo e sorbo de café Sheila fala da importancia que para ela ten estar vencellada coas orixes. “Se non sabes de onde vés é terrible”, comenta.


O teu último videoclip “Maneo de Caión” é unha homenaxe ás labregas galegas, unha mostra desa conexión que tes coa túa cultura.
Si. Penso que, quen máis quen menos, todas vimos de aí. Ao final, todas somos fillas ou netas das labregas. E elas foron o sostén desde o silencio. É como o traballo dos obreiros no cal o resultado pode ser precioso pero o seu labor está invisibilizado. Ademáis, no caso das labregas ese empoderamento do que se fala, o das mulleres do noso rural —que en todo caso era involuntario—, todo ese matriarcado chegaba até un límite. Na época da emigración elas quedaron soas e esa situación foi imposta, non conseguida. Hai que ser realistas. Iso estaba detrás do patriarcado. En canto o home chegaba a casa todo iso desaparecía.

A canción fala tamén das ausencias, do amor que ten que marchar.
Exacto. É que tamén houbo unha perda aí. Porque ben esteamos a falar dun amor desexado ou dun imposto, que era moi común naquela época, a parella era o núcleo socioeconómico do fogar. No “Maneo de Caión” isto cobra relevancia: “Agora que veu a guerra levade-los homes todos”. Elas descubriron que podían soster o fogar soas e construiron un relato de todo iso. Levantaron un país desde a nada.

“Elas descubriron que podían soster o fogar soas e construiron un relato de todo iso”

Neste sentido, a túa homenaxe vai máis alá do estrictamente musical. No traballo, tanto a imaxe como o son, están cargados de simboloxía.
O videoclip reflicte ese proceso interno das labregas que tiveron que quedar soas a cargo de todo. Quixen expresar esa soidade, ese silencio, esa escuridade a través do minimalismo visual. Mais tamén no musical. A canción vai in crescendo. En todo o traballo audiovisual quixen darlle lugar á esa beleza do cotiá coa que traballaban: aos elementos, ás cores, ao entorno natural.

Música
“Baiuca ten un punto comunitario”
Baiuca é unha das sensacións musicais do momento. O proxecto de folktrónica está a exportar internacionalmente a renovación de composicións populares.

Por que cres que é importante coñecer as orixes dunha mesma?
Descoñecer o teu pasado pode xerar moitos problemas a nivel emocional, moita neuróse. Esas mulleres construirono todo desde o mutismo (reflexiona en voz alta mentras queda un momento pensativa), construiron a identidade. O país en definitiva. O que eu son. O que somos. Porque a nosa cultura vén do campo. A nosa música, o folk, vén do son dunha macheta contra a madeira. A muiñeira, por exemplo, vén do son do repenique do muiño, que é un elemento fundamental na nosa matria porque quitou moita fame (titirití titirití titirití tararea Sheila mentras fai acenos como tocando unha pandeireta invisible). E, a pesar de todo iso, elas nunca foron visibilizadas. Unha vez volta o tipo da guerra ou da emigración levábase o mérito todo. Eu quixen darlles espazo, voz e corpo, como unha mostra de agradecemento por todo o que fixeron.


Como é ese proceso de levar á música o labor doutras?
Eu entendín que, igual que aquela persoa que labra o fai desde a súa propia poética —é dicir, labrando e mimando o traballo— tamén as artistas, á hora de transmitir todo iso que elas facían, temos que contalo co mesmo coidado, respecto e mimo. Cando a miña avoa me da as leitugas faino con moitísimo amor. “Mira que preciosas están”, dime, “son unha marabilla!” E cando eu a escoito cantar penso o mesmo. Que escoitala é unha marabilla. Hai moitísima beleza en traballar a terra e en transformar todo iso en canción.

“Esas mulleres construirono todo desde o mutismo, construiron a identidade”
No musical sempre exploras novas linguaxes. A túa nova proposta é máis moderna.
Si. Nesta ocasión non estarei coa guitarra e inclúo a electrónica. Pero no escenario estarei acompañada do pandereiteiro Manuele Pardo e de Gaby Reboredo ao pandeiro.
Música
“Un dos nosos obxectivos é que a xente nova goce coa nosa música”
A música tradicional galega goza de boa saúde e segue a ser interpretada por xente xoven. Así é o caso de DADGA, un grupo de mozos e mozas galegos.

Un espectáculo que segue a ofrecer esa conexión coas túas raíces.
Por suposto. Eu sempre levo comigo o que canta a miña aboa. Que, á súa vez, era o que lle cantaba o seu pai, o meu bisavó. De pequena eu tocaba a gaita na banda do meu pobo. Era gaiteira nun dos entroidos máis vellos do país, o de Cobres. E de aí vén todo este beber do folk. Pero eu tamén puiden seguir apreciando o valioso que é o folclore, por exemplo, cando con 26 anos visitei a Arxentina e vin como se trata alí ese patrimonio. O meu primeiro día no festival de Cosquín vin os ballets que había e namoreime de todo iso. Xente ultrapreparada bailando folclore. Namoreime de todo o relato poético que hai, das conversas ao redor desa celebración do autóctono, e pareceume algo potentísimo.

Ti sempre estás a viaxar entre as dúas beiras. Imaxino que non soamente os estímulos son moitos, senón tamén as aprendizaxes.
Nas miñas viaxes descubrín que o meu podía contarse sen ter que facer unha música puramente tradicional. Eu non me atopo nunha posición na que poda facer unha defensa da tradición pura, porque a miña mensaxe dialoga e medra coa mestizaxe e co novo. En Galiza hai aínda moito conservadurismo no tradicional, que eu atopo necesario. Se non hai esa tensión entre as vangardas e o tradicional, morrería o folk. Porque o tradicional loita por conservar o puro. Quen gostamos máis de experimentar nas vangardas o que queremos é levar todo iso a un plano máis persoal e novo.

“Puiden seguir apreciando o valioso que é o folclore, por exemplo, cando con 26 anos visitei a Arxentina e vin como se trata alí ese patrimonio”

Que é a música, entón?
A música é algo vivo, como a linguaxe. Non pode ficar na puridade. A cultura, en definitiva, é unha configuración de identidades. A música serve tamén para recoñecer moitas cousas. Primeiro que todos e todas podemos facela. A miña avoa cantando é tan boa como a maior das profesionais recoñecidas, porque trae un canto do que lle está a ocorrer. Vén no seu sangue. Trae o relato directo do que pasou na súa casa, na casa da súa mai, da súa avoa. É a historia viva feita canción. Cando eu escoito á miña avoa escoito a testemuña directa dun mundo que tivo lugar e que nós hoxe queremos manter vivo en conexión co noso tempo.

Ficha técnica do vídeo: Aitor Ramos (dirección), Sheila Patricia (voz), Agustín Sánchez (produción musical), Roberto Ledesma (Son).



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

La vida y ya
La vida y ya Algo más que leer
“Cuéntale hasta cuándo estuviste trabajando”, le dicen a otra. “Yo trabajé hasta los setenta y pico”, comenta sin orgullo pero sin resignación.
Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Culturas
Opinión Macrofestivales o la romantización del hiperconsumo
No hay macrofestival ético, del mismo modo que no hay banco que piense en las personas. La forma de construir relaciones sociales, así como el lugar desde donde estas se producen son importantes.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Economía
Internacional El fondo proisraelí KKR se hace con los grandes festivales españoles de música
Controla eventos como Sónar, Viña Rock o Resurrection Fest mientras expande su negocio con la promoción inmobiliaria en territorios palestinos ocupados ilegalmente y la creación de centros de datos para las grandes tecnológicas.
Pensamiento
Pensamiento Michael Hardt: “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.

Últimas

Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
Más noticias
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.
Estados Unidos
Guerra comercial Estados Unidos y China acuerdan una rebaja en los aranceles durante 90 días
Tras una reunión en Suiza, los dos países anuncian que reducirán los impuestos a las importaciones a partir del 14 de mayo.
Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.
Justicia
Justicia Cómo retorcer el derecho antidiscriminatorio: apuntes del juicio por delito de odio a una activista trans
La presidenta del Partido Feminista pide cinco años de prisión y 50.000 euros en daños a una mujer trans por considerar que un tuit que no la mencionaba constituye una amenaza y una incitación al odio. Pero, ¿qué son los delitos de odio?

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.