O prelo
O conto da criada: a fraxilidade da nosa liberdade

Irmás Cartoné edita a distopía feminista de Margaret Atwood que adverte sobre a expansión inminente dos discursos de odio.
O conto da criada Cartoné 2
12 jun 2020 22:21

Pasaron xa 35 anos desde que O conto da criada saíu do prelo por primeira vez. Desde entón se teñen feito adaptacións da historia para case todos os formatos: radio, televisión, cine, teatro... A novela distópica de Atwood colócase ao nivel das obras escritas por Úrsula K. LeGuin, Orwell, Bradbury etc. É un dos textos máis representativos da ciencia ficción feminista. Cuestiona as ordes sociais e indaga na natureza humana e o papel da muller fronte a opresión. 

Margaret Atwood é unha das autoras máis importantes da nosa contemporaneidade. Nacida en Otawa en 1939, Atwood é novelista, poeta e activista política. Desde 1988 é membro da Academia Estadounidense das Artes e Ciencia, e da Real Sociedade de Literatura desde 2010. Ten máis de trinta novelas e coleccións de poesía publicadas, ademais de ensaios, obras de teatro, novelas gráficas e guións de TV. Como activista, loita a favor dos dereitos humanos, a liberdade de expresión, así como por causas ambientais. 

O Conto da criada versa sobre a vida nos primeiros anos da instauración da república de Galaad, antes Estados Unidos de América, un réxime totalitario e teocrático. Este novo Estado quitoulles ás mulleres os seus dereitos e asignoulles tarefas específicas relacionadas cos coidados, a reprodución e mesmo traballos forzados en campos de refugallos tóxicos. A historia está contada por unha muller á cal lle foi borrada a identidade e a súa liberdade  foi coartada para convertela en criada sexual dunha familia poderosa. 

Atwood escribe a novela como se fora un crebacabezas. Conecta o presente co pasado, alterna entre a descrición e a cavilación. A certeza que temos é que nalgún momento a protagonista foi unha nai, tiña traballo e unha parella, e que agora ten prohibido ler, escribir e mirar á cara aos demais; pasa case todo o seu tempo encerrada na súa habitación e ten a obriga de quedar embarazada do xefe da casa.

“O normal, dicía tía Lydia, é aquilo ao que estades afeitas. Pode que isto non vos pareza normal agora pero, pasado un tempo, parecerávolo. Volverase normal”. 

A través dos capítulos do libro imos seguindo a esta muller, que agora recibe o nome de Defred, e metémonos na súa pel na medida en que vai describindo á súa rutina e trata de darlle sentido ao devir da súa vida. É unha voz que está desposuída. A autora logra mostrarnos na submisión e represión dos desexos desta muller, o febles que podemos ser fronte o medo e a violencia.  

Mais a mirada que temos sobre o que sucede é bastante pechada, como se tratásemos de ver a través dunha pequena mira nunha porta. Igual ca narradora, descoñecemos o que está a pasar en realidade. Sabemos que o mundo adoitaba ser como o noso presente e que agora mudou. Pero non sabemos con claridade por que nin de que xeito.

Esta novela, que no ano da súa publicación fora premiada por catro certames literarios distintos, adoitase catalogar como unha obra de ciencia ficción, aínda que para autora se trate dunha ficción especulativa. Atwood distingue a ciencia ficción como un xénero que adoita falar de espazos aos que non podemos ir, de seres que nunca poderemos atopar e de cousas que aínda non podemos facer. A ficción especulativa, pola outra banda, toma aquilo que xa está dado dalgún ou outro xeito no mundo e que casualmente responde á pregunta: “que pasaría se...?” 

“Como sabemos polo estudo da historia, ningún novo sistema pode impoñerse sobre un previo sen incorporar moitos dos elementos que se poden atopar neste último. (...) As políticas racistas, por exemplo, estaban firmemente arraigadas no período pre-galaadita, e os temores racistas proporcionaron parte do caldo de cultivo emocional que permitiu que a instauración do réxime de Galaad tivera tanto éxito”. 

Temos aprendido na nosa historia o xeito no que os réximes autoritarios chegan ao poder e logran mudar o ideario de países enteiros. O conto da criada é un terrible recordatorio do permeable que é a orde da nosa normalidade, e do pouco que podemos facer fonte a imposición da forza.  

Mais, así como Atwood reflicte nesta historia chea de misterio e escuridade sobre a fraxilidade da moral, tamén escribe sobre os pequenos actos de rebeldía, como pode ser o mero feito de facer memoria e agardar. Tamén fala das complicidades e das resistencias que están sempre alí, aínda cando parecera que xa non hai futuro.

“Parte dela podo contala por min mesma, parte dela sóubena por Alma, que lla oíu a Dolores, que lla oíu a Janine. Janine sóuboa pola tía Lydia. Até en lugares coma este se poden formar alianzas, até en circunstancias coma estas. Iso é algo co que sempre podes contar: haberá alianzas, dun tipo ou outro”.  

Alén da discusións sobre o xénero literario, que nunca poderá compracer a ninguén, posto que depende do contexto e da subxectividade que implica o acto de ler, O conto da criada é unha historia que se continúa lendo aínda despois de tantos anos porque nos fai decatarnos da fraxilidade humana, mais tamén da fortaleza que temos e coa que logramos seguir vivindo en condicións.  

Porque, cando nos arrebatan todo: as nosas cousas, a nosa identidade, as nosas relacións, a nosa capacidade de sentir  pracer... que é o que nos fai persoas? Cando nos deshumanizan, pódese xulgar a nosa ética? Como se fai para vivir en soidade? Bastan os recordos e a esperanza?

Ao final, a novela de Atwood pode ser considerada como unha obra feminista na medida que indaga nas relacións de xénero e estipula que, por máis que nos aten as mans, as mulleres formaremos alianzas e resistencias en pos da nosa dignidade. Nese sentido, O conto da criada é un vehículo importante para facer pontes entre o que lemos e a nosa realidade: Que dereitos temos agora?;  entre a teoría e a práctica: que temos que seguir facendo para protexelos e conquistar os que nos faltan antes de que alguén veña a arrebatárnolos

Cando Margaret describe un mundo tan gris e violento, ao mesmo tempo imaxinamos mundos completamente alleos, libres do sexismo, onde estamos todas libres do perigo e somos recoñecidas como persoas.

Sen dúbida, O conto da criada, editado por Irmás Cartoné e traducido tan xeitosamente por Celia Recarey e Carlos Valdés, é unha oportunidade para descubrir esta historia na nosa lingua.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.