O prelo
Vixiar e programar: a manipulación na era dixital

Que relación ten Google co exército? E Macedonia coa vitoria de Trump no 2016? Marta Peirano analiza o funcionamento de internet para explicar o noso presente e expón como a rede está a determinar o noso futuro.
O inimigo coñece o sistema Peirano
20 feb 2021 09:45

Acostumabamos estar rodeados de novidades tecnolóxicas ao punto de non decatarmos dos exorbitantes avances que temos feito como humanidade nun curto período da nosa historia. Con esa mesma velocidade incorporamos o internet ás nosas vidas. Naceu como o coñecemos hoxe nos anos oitenta e agora xa non podemos prescindir del. Mais ao ritmo ao que todo está a suceder, é imposible decatarnos e moito menos asumir as implicacións de todo o que pasa ao noso derredor.

O inimigo coñece o sistema expón as arestas que ten vivir na era dixital. “Coma en calquera narrativa distópica, todo comeza cun bo propósito”. Este libro é unha viaxe que conta o xeito en que o internet, un espazo de distribución horizontal, converteuse nun instrumento de vixilancia e manipulación.

Marta Peirano é escritora, periodista e activista. Foi xefa da sección de cultura e tecnoloxía do xornal dixital eldiario.es. É fundadora de Hack Hackers Berlin e de Crypto Party Berlin, proxectos sobre privacidade en internet. Coordinou COPYFIGHT, unha iniciativa acerca de cultura libre. Publicou tamén varios libros entre os que destacan: Collaborative Futures: A Book About the Future of Collaboration e a súa obra máis coñecida Pequeño libro rojo del activista en la red, unha introdución sobre criptografía para periodistas e medios de comunicación. A súa charla TEDx sobre vixilancia na rede ten case catro millóns de reproducións.

No ano 2019, publica o seu último libro O inimigo coñece o sistema, unha obra de divulgación que alerta sobre a falta de privacidade na rede.

Rede e vixilancia: historia ducha longa unha relación

Ao longo dos sete capítulos do libro, faise toda unha revisión histórica dos momentos máis importantes e polémicos da internet. A autora conta como a orixe da rede estivo financiada polas forzas armadas dos Estados Unidos, que procuraban unha vía de comunicación capaz de soportar unha catástrofe nuclear. Por exemplo, no terceiro capítulo da conta de como o proxecto de dous amigos que tiñan a intención de mellorar o buscador da biblioteca dixital do Departamento de Informática da Universidade de Stanford, rapidamente foi financiado por empresas ligadas á CIA.

Este relato, que parecese un argumento cinematográfico, é a historia do buscador máis usado na historia que, desde o seu nacemento, foi coaptado polos intereses militares de Estados Unidos, os cales querían vixiar zonas de conflito como Cuba, a Unión Soviética  e colonias do sueste asiático e Vietnam.

“A nova tecnoloxía de vixilancia remota debía ser capaz de observar todos eses “problemas” coma se fosen procesos mecánicos predicibles, susceptibles de ser identificados e corrixidos a tempo (...) Era mellor ca bombardear á xente. Cunha cantidade de datos suficiente, podías arranxar o mundo sen derramar sangue. O que non se deixase corrixir podía destruírse dende a distancia, dun xeito rápido, limpo e eficaz“.

Mais Marta Peirano exhibe como esta tecnoloxía desenvolta con fins de control, que deu luz a outras ferramentas como sensores sen fíos utilizados nas selvas de Vietnam, pronto pasou a ser reciclada para vixiar a fronteira con México. E, axiña, para o control da súa propia sociedade civil.

“Hai un padrón que se vai repetir do xeito regular e predicible: toda a tecnoloxía desenvolvida para loitar contra o terrorismo e pola liberdade noutros países acaba formando parte do aparato de vixilancia nacional con rapidez”.

Hoxe, existen buscadores capaces de ter acceso aos documentos e contas dos nosos dispositivos tecnolóxicos persoais. Os seus algoritmos funcionan para recoller e clasificar os nosos gustos, ingresos económicos, desexos, posicionamentos políticos e unha serie de “padróns invisibles que a nós nos escapan, as capas máis profundas do comportamento, os lugares aos que non podemos chegar”. Información privada coa que lucran as empresas con fins mercantís ou, como se descubriu despois do escándalo de Cambridge Analytica, políticos.

Outras posibilidades

Mais, aínda que este O inimigo coñece o sistema parecese outra desas obras que espertan medo, desconfianza e teorías conspirativas, na realidade non demoniza o uso de internet e resalta as posibilidades que pode ofrecer para utilizalo como ferramenta de loita contra as opresións.

“A indignación é a heroína das redes sociais. Convéncenos de que somos boas persoas e de que, aínda por riba, temos razón”.

O capítulo Revolución conta a historia do software libre, o cal desencadeou todo un movemento de creación e colaboración afastado das lóxicas capitalistas, que procura o beneficio colectivo: “O software libre era un movemento perigoso, unha máquina de produción descentralizada, colaborativa e aberta capaz de asustar o líder indiscutible da industria do software”.

Á autora tampouco se lle escapa falar da democratización da información e de como o acceso á rede posibilitou revolucións político-sociais como a Primavera Árabe, así como plataformas desde as cales agora somos capaces de escribir e difundir a historia.

O negocio da radicalización

Se o acceso á información ten demostrado ser unha ferramenta útil de comunicación e organización, o sistema atopou a maneira tanto de despolitizarnos, como de radicalizarnos.

“A industria aínda non sabe como controlar as emocións, pero especializouse en detectar, magnificar ou producir as que máis beneficios xeran: indignación, medo, carraxe, distracción, soidade, competitividade, envexa. A indignación é a heroína das redes sociais. Convéncenos de que somos boas persoas e de que, aínda por riba, temos razón (...)En realidade, estamos enganchados a anacos de realidade e, canto máis inconexos nos chegan, máis nos enganchamos. Unha persoa adicta á secuencia rítmica e fragmentada das plataformas dixitais cre que é adicta á política, á actualidade, ás novas. Cre que está máis esperta ca nunca. A industria da manipulación política invadiu o proceso democrático, creando campañas clandestinas en canles de comunicación cifradas para bisbarlles ao oído a millóns de persoas. A cadaquén cóntalle unha cousa distinta en función do que queira oír.”

“Estas infraestruturas de poder centralizado non están deseñadas para nos axudar a xestionar esa crise. Están deseñadas para nos xestionar a nós durante a crise”.

Marta Peirano logra expoñer de xeito claro a perigosa relación entre o enganche (engagement), que nos producen as aplicacións e o algoritmo, a falta de contacto entre persoas e a radicalización.

A activista turca Zaynep Tufeki citada no libro sinalaba como o algoritmo de Youtube, por exemplo, ten a tendencia de levarnos até os extremos: ”O vídeo sobre o vexetarianismo levaban a vídeos sobre veganismo. Os vídeos sobre correr, levaban a vídeos de ultramaratóns. Parece coma se nunca foses suficientemente extremista para o algoritmo de recomendacións. Este promove, recomenda e difunde vídeos de tal maneira que semella que sempre está subindo de ton. Se temos en conta que posúe uns mil millóns de usuarios, YouTube podería ser un dos instrumentos radicalizadores máis poderosos do século XXI”.

O tema do crecente negocio de noticias falsas tratado tamén no libro de Peirano lembra, por exemplo, a película polaca de suspense, Hater (2020), que fala sobre as tácticas difamatorias, como novas falsas e bots, coas que lucran empresas de “desinformación“ que a súa vez son contratadas por partidos políticos e grupos de interese.

Neste sentido, O inimigo coñece o sistema, é un libro que axuda a ler e comprender a nosa realidade. Dá sentido ao exorbitante crecemento do totalitarismo, da xenofobia e da radicalización de colectivos.

Marta Peirano escribe un libro con mestría e dominio do tema, demostra unha impecable documentación e ofrece unha mirada crítica que nos fai reflexionar sobre o xeito en que usamos as redes. Finalmente, alértanos sobre as ameazas e áreas escuras da tecnoloxía ao tempo que nos incita a ser consumidores máis conscientes.

Nunha previsión dun futuro que a autora expón como irrevogable, alerta que “axiña habemos ser moita máis xente vivindo en moito menos espazo, competindo por menos recursos, nun ambiente ada vez máis hostil. E estas infraestruturas de poder centralizado, persistente e escuro non están deseñadas para nos axudar a xestionar esa crise. Están deseñadas para nos xestionar a nós durante a crise. Non nos han servir para lle facer fronte ao poder. As ferramentas do poder nunca serven para desartellalo”.

O inimigo coñece o sistema foi editado en galego por Kalandraka, unha editorial cunha longa traxectoria que comezou publicando libros en galego como parte do seu compromiso coa normalización da lingua. Hoxe, 24 anos despois, é nun proxecto plurilingüe que publica libros en catalán, galego, esukera, portugués, italiano, inglés e castelán.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
El Salto Radio
El Salto Radio Centenari de Josep Maria Llompart
Demà fa un segle del naixement d’aquest poeta mallorquí que sacrificà la seva vocació per mor de les exigències de la cultura que abraçà.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.