Capitalismo
A lenta e anunciada morte do rural a mans do capital

Desde o seu inicio, o sistema capitalista está empeñado en desfacer a cosmogonía das comunidades rurais. Galiza foi, noutrora, un campo de resistencia, cuxos rastros aínda son visibles, mais quizabes non por moito tempo.
24 abr 2021 22:44

Adoitan ensinarnos nas escolas que a Idade Media foi un período escuro no que pasou pouca cousa até a chegada do Renacemento. Pero hai unha parte da Historia que sempre esquecen contar e que muda a perspectiva que temos sobre o devir da humanidade e é que agora sabemos que a Historia, lonxe de ser obxectiva, adoita ser contada polo bando vencedor e, neste caso, triunfou ese xigante que, desde entón, move os fíos da nosa vida: o capitalismo.

Pero previa a súa vitoria, ao longo de Europa viviuse unha conmoción social produto das mobilizacións contra o sistema feudal. Os levantamentos das poboacións labregas -tamén chamados “guerras campesiñas”- quedaron sepultados no esquecemento, mais cristalizaron a utopía en termos de benestar común: lograron a diminución da xornada laboral, os salarios medraron máis do 100% e o prezo da vida baixou considerablemente.

Daquela, os medios de produción e de reprodución estaban xuntos, pois a xente traballaba nos seus eidos e, aínda que alguén non tivese acceso á terra, a súa subsistencia estaba asegurada polo aproveitamento das terras comunais, polo que había sempre comida nas mesas. En cuestións de xénero, por exemplo, aínda que xa imperaba unha especie de patriarcado, foi durante esta época en que as mulleres obtiveron certos dereitos e implementouse o poder dicir ‘acepto’ nos casamentos. Entre outras cousas, tiñan a posibilidade de traballar en múltiples oficios.

Mais o soño non durou moito tempo, pois as clases dominantes responderon atacando ás labregas, dando pé a un sistema de acumulación do capital. Os montes foron divididos e cercados, debilitando a cohesión social que soia existir entre os membros das comunidades, e as terras –tanto se eran comunais ou non- foron expropiadas. Do mesmo xeito, comezou a centralizarse o traballo nas cidades, separando así os medios de produción cos de reprodución. A precarización súbita do rural obrigou a poboacións enteiras a emigrar cara ás cidades, onde a man de obra xa estaba en condicións de explotación.

A resistencia  galega fronte a imposición dunha nova orde

Con todo, é fundamental insistir en que a expansión do sistema capitalista non se produciu por medio dunha “transición” pacífica. Unha vez máis, poboacións enteiras resistíronse por longos períodos de tempo ao redor de todo o continente. Mesmo, tense rexistro de varias mobilizacións lideradas e levadas a cabo por mulleres. Con todo, a forza das clases dominantes imperou e subxugou ós pobos por medio de masacres, explotación laboral, castigos violentos e a caza de bruxas.  

Neste sanguento período, na Galiza, xorde o levantamento coñecido como o A Revolta Irmandiña. Aínda que existan bastantes imprecisións e distintos opinións sobre quen foron os protagonistas desta loita, o que se sabe con certeza é que a Revolta Irmandiña foi un levantamento en 1467 que xurdiu, precedida por múltiples ensaios previos en anos anteriores, a parir dos conflitos entre a poboación campesiña e a violenta nobreza que as ultraxaba. Así, a xente organizouse para derrocar as fortalezas e restablecer a orde social desfeita polos "señores”.

Nesta insurrección, que foi a más grande de toda Europa en todo o século XV, participou xente de todas clases, ordes e grupos sociais, aínda que moitas fontes afirman que a gran maioría era poboación labrega. A Revolta Irmandiña foi un movemento antifortaleza e antiseñorial que, aínda que non se revelara contra o rei, conseguiu destronar aos señores e coordinarse para que as Xuntas Irmandiñas asumiran o poder de todo o territorio. A poboación labrega foi a máis beneficiada pois gañou mellores condicións de vida e consolidou a súa pequena propiedade, é dicir, o minifundio, xusto no momento histórico en que se levaba a cabo o espolio masivo no resto de Europa.

O minifundismo, que segue imperando no medio rural até o día de hoxe, foi un dos factores que causou o retraso industrial de Galiza, si, mais é un resaibo das mobilizacións na defensa do dereito e a soberanía dar terra.

O rural de hoxe

Segundo o que me contan as miñas veciñas, até hai poucos anos, a paisaxe era ben distinto: o monte  e todos os eidos non estaban cercados, a xente podía pasar dunha leira a outra a través de sendeiros para chegar facilmente ás fontes, as outros eidos... Moi diferente á imaxe de hoxe, pois agora todo o campo está cuadriculado e delimitado por redes de arame, pequenos muros de pedras ou valados compostos por unha cadea de esqueletos de colchóns. Para min, este é a panorama de como a idea de propiedade privada imperou sobre o comunal.

A pesar de todo, as comunidades aínda manteñen unha de propiedade común que se concreta na subsistencia dos montes comunais xestionados pola propia comunidade, mais o cercamento da terra –do mesmo xeito que na Baixa Idade Media- propiciou un cambio nas relacións sociais das poboacións: apareceron unha serie de disputas e sentimentos de desconfianza relacionados coa propiedade. Na miña parroquia, por exemplo, un dos conflitos máis grandes entre a veciñanza está relacionado coa distribución da auga para regar as leiras. O problemas alcanzou tales dimensións que varios veciños desenvolveron calidades de espías para subir ás árbores e, desde alí, espiar e mirar se as veciñas non tapaban os regos ou mudaban a dirección da auga. No verán, cando o problema comeza, aparecen os rumores, as sospeitas, a desconfianza, o receo.

Porén, en pleno século XXI, o que coñecemos hoxe como rural galego non é outra cousa se non a herdanza das loitas organizadas, da resistencia dos nosos antepasados. O minifundio asegurou, excepto durante os anos da fame e durante a Guerra Civil,  a subsistencia da xente, a súa autosuficiencia. Mantivo un xeito de vivir en comunidade, con todos os acordos e disputas que isto inclúe. Mais Galiza non podía manterse illada no tempo mentres o capitalismo expandía as súas raíces ao longo de todo Occidente. Terminou por ser inevitable que o capital contaminase o territorio destruíndo ao seu paso cosmovisións e xeitos de vivir. 

A imposición da acumulación orixinaria foi lenta no rural galego, mais os seus efectos, por máis tarde que chegasen, foron os mesmos e continúan a martirizar ao rural até hoxe en día, agora de xeito sistemático:  separáronse os medios de produción dos de reprodución ao tempo que se precarizou a man de obra, obrigando ás poboacións rurais a emigrar. A autosuficiencia comezou a deixar de ser posible e mesmo as condicións laborais e os salarios non sempre permiten unha vida digna. En consecuencia do éxodo por unha banda e das longas xornadas e o pouco diñeiro, polo outro, as mulleres se viron na obriga de ficar na casa para ocuparse da reprodución, a cal inclúe non só o coidado do fogar de das crianzas, senón tamén os interminables traballos da terra e dos animais.  

As pegadas que deixa o capital ao seu paso están frescas e, no medio rural, aínda poden ser visíbeis, aínda non terminan por aplanar o terreo por completo. Ao final de todo, se algo nos ensina a Historia é que a organización e mobilización social é unha aposta en que se pode perder ou se pode gañar, mais é a única posibilidade que hai para evitar o espolio e frear o aniquilamento de todo un xeito de vida, de toda unha cosmovisión: dun rural que agoniza. 

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.