Medio rural
“Cottagecore” ou romantizar a vida no rural

Baixo o nome de “cottagecore” ou “slow-living”, as redes sociais énchense con imaxes dun rural bucólico que se afasta dunha visión real e crítica do que supón vivir nas zonas non urbanas.
Paisaxe
Imaxe de Josep Monter en Pixabay
28 ago 2021 08:58

O vídeo empeza cando a moza se esperta e abre a fiestra do seu cuarto. Fóra, podemos distinguir un campo verdísimo baixo un ceo limpo, despexado. Non hai ningún edificio e o único que se escoita é o son das aves que voan na inmensidade.

Nos quince minutos que dura o vídeo, vemos un resumo do día a día da moza, do seu “estilo de vida”. Logo de deixar entrar a luz do Sol á súa casa, acompañámola até á horta e, desde a nosa pantalla,  miramola tomar con delicadeza uns cantos pementos e tomates e metelos logo na súa cesta. De alí vai onde as galiñas e colle un par de ovos. Xa na súa casa, sen presa, a moza prepara o seu almorzo coa colleita. Mostra unha imaxe do resultado, que adorna cunha flor silvestre.

No tempo restante, podemos observala acariciar animais, pasear por prados inmensos cheos de margaridas, sentar e debuxar, merendar e finalizar o seu día cunha cunca de café entre as mans, de novo, desfrutando da paisaxe diante da fiestra.

Todo o contido audiovisual que produce a moza é acompañado por unha voz en off que narra o que fai e fala da súa experiencia logo de tomar a decisión de vivir afastada das cidades, das dinámicas do capital, da exixencia da produtividade. Sedúcennos coas imaxes e logo, coas súas palabras, exhórtanos a mudar de vida, de deixar a cidades e de rehabitar o rural.

Buracos na paisaxe

Cando a moza, a auto-denominada fada da cabana, fala de que na súa aldea viven menos de 500 persoas, a xente adoita preguntarlle nos comentarios se non se sente soa. A iso, ela responde que desde que chegou a vivir nesa pequena casa no medio do campo, aprendeu a diferencia entre sentirse soa e vivir senlleira. Fala dun proceso de auto-descubrimento; se decatou da importancia de aprender a estar cunha mesma. Sen lle  dar importancia, di que ás veces ten días difíciles

Así mesmo, cando a xente lle pregunta se non é un problema non ter internet na súa casa, ela responde que non. Que é unha bendición estar desconectada da vida virtual e que , cando precisa facer uso da rede, vai até a vila.

Cheguei aos vídeos na procura de escoitar experiencias doutra xente que, coma min, viviran toda a súa vida nunha cidade e logo mudaran ao rural. O contido desta fada da cabana é tan fermoso que, logo de ver varios vídeos, sorprendinme a min mesma pensando: “Gustaríame vivir coma ela, nunha casa vella, no rural”. Logo mirei ao meu redor. Mirei a casa vella, o chan e o teito de madeira. Mais tamén os pequenos buracos entre pedras na parede e as marcas da auga e humidade ocasionadas polas pingueiras que aparecen no inverno. A través das fiestras, vin os montes verdes baixo o ceo sen contaminación. Mais o mirei a través dos cristais que son tan delgados que non logran deter ó frío no inverno. Tamén a través da fiestra puiden ver a miña horta seca que abandonei pronto por non ter tempo, ánimo nin coñecemento suficiente para atendela como é debido.

Penso que eu tamén vivo nunha aldea de menos de 400 habitantes. Mais, en lugar de pensalo coma unha fortuna, lembro a soidade que supón pasar os días dentro da casa, sen ninguén con quen falar dos meus intereses. Penso na inxustiza e vulneración ao que estamos expostos pola deficiencia do sistema de transporte. Cando penso no alto prezo do internet, teño que lembrar que aínda son afortunada e que son varias as aldeas de Galicia que non teñen nin sequera a recepción suficiente como para poder facer unha chamada telefónica desde a súa casa e que, para poder comunicarse con alguén, deben saír á rúa e camiñar co móbil en alto, na procura dunha liña de sinal.

Penso nas camiñadas dunha hora que fago cada vez que preciso saír da aldea.

Logo de ver un par de vídeos, pensei que, seguramente, algo estaba mal comigo. Que era culpa miña non saber apreciar -como si que o fai a moza- o que teño. Que só facía falta de ver ao meu redor. Teño as árbores, a terra, o seus froitos, os animais, unha cabana. Coma ela. Debía sentirme ditosa.

Cara a unha representación máis fiel

Podería mostrarvos o río, os patos que nadan na súa superficie; describirvos o aroma das árbores e o alivio que brinda a súa sombra nos días máis abrasadores do verán. Pero non podo, non teño tempo de sentarme a tratar de traducilo en palabras. Non teño tempo, hai que correr, malia os pés cansados, para non perder o bus.

Imaxino que o cottagecore e o slow-living, nun principio, naceu coma algo contracultural. Un estilo de vida rexido baixo ideais anticapitalistas e con consciencia ecolóxica. Unha proposta, unha outra maneira posible de habitar o mundo.

E ese outro xeito existe. E é importante falar desas alternativas, ler sobre as experiencias doutras persoas que nos falan de que outro futuro é posible, que non estamos condenados a vivir baixo o xugo do capital. Mais a romantización da vida rural fai que deixemos de mirar certas cousas. Invisibiliza cuestións de inxustiza e ausencia de dereitos e bens de primeira necesidade. Fai que perdamos a perspectiva, que cremos unha falsa idea de certos espazos e que cubramos a experiencia da xente que viven neses lugares con construcións de discursos e estéticas ficcionalizadas que só serven para compracernos e facernos soñar desde o outro lado dunha pantalla. Ademais, corremos o risco de cruzar a pequena liña que nos leva a romantizar a precariedade que tamén habita nas zonas rurais.

A outra cousa que estes vídeos etiquetados como estilo de vida cottagecore oculta é a realidade material que se precisa para deixar o teu traballo, ir vivir á aldea e sobrevivir -coa calidade de vida que mostran as persoas dos vídeos- vendendo produtos artesanais na feira do domingo da túa vila. Mesmo a escritora feminista Sara Ahmed, cando falaba da súa experiencia abandonando o seu traballo na universidade e indo a vivir nunha aldea inglesa, recoñecía que iso só puido facelo polo seu renome a nivel mundial e o privilexio educativo que lle permitía vivir de dar conferencias ou escribir artigos e libros.

Cando as miñas amizades que viven en grandes cidades me visitan, adoitan dicirme que é un privilexio vivir no lugar en que vivo. E quizabes o é desde certa perspectiva. Pero, desafortunadamente, non se pode vivir só da tranquilidade da paisaxe e da calidade do aire. Crear contos protagonizados por fadas que viven en cabanas tira sombra aos problemas que temos para acceder a necesidades básicas. Romantizar é tamén negar que hai cousas que exceden a nosa responsabilidade, que a vulneración de dereitos é un asunto serio que debe de tratarse coa debida importancia e non lle dar a volta con retórica que maquilla a carencia e chama vida sinxela á vida austera.

O medio rural é moito máis complexo. Habitalo é unha experiencia fermosa. Mais, como sucede con todas as cousas, tamén ten outros ángulos que rompen a ilusión unidimensional. Vivir no campo tamén é experimentar a carencia. E é importante mostrala. Falar de ela. É o primeiro paso para mudala.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
Boaterra
29/8/2021 9:57

Entendo o que dis, pero vivir no rural coas súas carencias e as súas loitas diarias (por dereitos e servizos básicos) segue sendo máis atractivo ca vivir nunha cidade, no rural séguese na roda do capitalismo, pero as voltas danse diferente e atopas máis grietas ao sistema onde respirar, grazas!

0
0
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.