Violencia machista
Fuxir ou atolar: a vida das mulleres fronte o machismo e conservadorismo

Ser sinalada até o esgotamento coma unha mala muller ou ser obxecto de burla de toda unha comunidade. Esa é a outra cara da vida comunitaria do medio rural. Saír do padrón da feminidade tradicional pode desencadear a opresión, exclusión e violencia. 

Agresiones sexuales en la pintura
'Susana y los viejos', obra de Artemisia Gentileschi de 1.610.
5 dic 2020 09:15

Por máis feminizado que estea o rural, ser muller e vivir nel non é sempre sinxelo. A diferenza do que sucede nas cidades, o conservadorismo no campo é reforzado por dous factores interrelacionados: o illamento territorial e a presión social. Cando as comunidades son pequenas e as relacións sociais son vitais, as normas de convivencia son case sagradas. Ben que os vínculos entaboados no rural son o paradigma da cooperación e da organización comunitaria da vida, tamén teñen unha faciana de opresión, exclusión e violencia cara á aquelas persoas disidentes do modelo de vida validado pola comunidade. Non é sorpresa que tamén neste caso o factor do xénero agrave ou modifique as reaccións condenatorias, causando que as mulleres sexan sinaladas e reprimidas polo que non son e “deberían ser”.

A fuxitiva

A ultima vez que vin a Dolores estaba cansada. Os seus ollos vían o chan e as súas costas cederan. Hai uns meses marchou dunha vez por todas, bifurcando para sempre os nosos camiños.

A súa historia comeza coma todas as de por aquí. Naceu nunha aldea, dun pai obreiro de mans fortes e dunha nai labrega de aire afable. Estudou un oficio e atopou traballo na vila máis próxima á casa da súa nai. Quizabes a súa historia comeza a torcer (para os ollos dos demais) cando fixo evidente o seu gusto por vestir ben, polas tatuaxes e polas tinguiduras vermellas para cabelo. Foi cando a xente da parroquia comezou a mirala. Mais era nova, dicían, “son cousas da rapazada de agora”.

Con todo, a mocidade deixou de ser xustificación para a veciñanza cando se namorou dun colombiano. O home, tamén namorado, quedou na Galiza por ela. Quen da aldea non falou da filla de Casiano, aquela que quedou embarazada dun migrante coa pel escura e sen papeis? Quen non falou do seu divorcio? Quen non culpou á súa vaidade pola ruptura?

Hai unha idea moi clara no imaxinario do rural sobre o que a muller, unha boa muller, ten que ser.

Ao pouco tempo da separación, Dolores sufriu unha trombose. Aos seus 30 anos fíxose acredora dunha pensión por incapacidade permanente. Mais, en canto recuperou a súa saúde milagrosamente, a gravidade do seu padecemento e as implicacións emocionais deste valeron pouco para a xente. Volveron a mirala con receo.

A primeira cousa que souben de ela saíu, naturalmente, da boca dunha das miñas veciñas: “é unha presumida”, sentenciou cando Dolores pasou diante de nós. Pisaba forte cos seus tacóns de agulla. Vestía uns vaqueiros ultra axustados, unha chaqueta de coiro e uns lentes de sol que lle cubrían a metade da súa afiada faciana. Levaba as uñas decoradas e os beizos pintados. Non se ven mulleres así na aldea todo os días, era normal que chamara a atención. Mais eventualmente a atención tornouse prexuízo e o prexuízo, presión social.

O conservadorismo e o machismo expulsárona do rural.

Hai unha idea moi clara no imaxinario do rural sobre o que a muller, unha boa muller, ten que ser. Dolores era todo o contrario. Unha boa muller casa e ten fillos. Preferiblemente non se divorcia. Ten emprego e traballa a terra (se vive na aldea, procura o seu eido e, se vive fóra, axuda á familia as fins de semana e ao longo do verán). Unha boa muller é discreta (pode haber excepcións en canto ao carácter, mais é de mal gusto ser vaidosa e amañarse en demasía) e, tanto se está casada coma se non, saír de noite coas amigas pode causar reticencia. Ademais, non importa se ao final do día ela e o marido traballan o mesmo tempo fora de casa, ao chegaren, o home (e/ou o fillo da escola), ela debe de ter a comida feita e, por suposto, ocuparse da limpeza da casa.

A xente soia dicir sobre o divorcio de Dolores: “claro que o marido escapou. E vai quedar soa, xa verás. Ti cres que un home vai querer casar cunha muller así? Ela non vale para esposa”. Entre liñas quedaba claro que a felicidade dela dependía dun home e que, polo seu carácter (“vicios” á mirada dos demais), merecía a súa infelicidade.

Cando a súa nai morreu, deixou de visitar tan a miúdo ao seu pai (o que causou novos murmurios). Nas poucas veces que coincidín con ela, sorprendíase que lle dixera que me gustaba vivir na aldea e logo dicía seriamente: “eu non volvo a vivir ao rural, non soporto que a xente fale e se entremeta na vida dos demais”.

A intolerancia e desaprobación do seu estilo de vida traspasou os muros e comezou a aparecer tamén nos discursos das comidas familiares. Os silencios incómodos, as miradas, as indirectas, o tipo de preguntas terminaron por dar pé aos reclamos explícitos e a fortes discusións nas que se chegou a poñer en dúbida a súa maternidade.

Dolores terminou por marchar. Afastouse aínda sabendo que detrás deixaba a aldea, a casa materna, a familia, unha parte da súa historia. O conservadorismo e o machismo expulsárona do rural. 

Ela marchou e eu quedei. Agora lémbrome dela cada vez que me gardo as miñas opinións, os meus gustos e os meus desexos nas conversas coa xente da parroquia. Pénsoa cada que minto á veciñanza sobre porque regresei a casa tan tarde. Lémbroa e decátome do esforzo e da valentía que tiña Dolores para, a pesar de todo, mostrarlle á xente quen era.

Ela puido marchar, mais non todas teñen esa opción.

A “louca”

“Ti cala a boca. Xa cho dixen: ou calas ou che baixo do bus cunha patada.” A “Rosiña” gústalle falar, mais non fala con ninguén. Non porque ela non queira, senón porque non hai persoa que a escoite. Aínda que vaia a botar só un comentario, en canto separa os beizos, mándanlla calar con violencia. É cousa de todos os días.

Ninguén coñece ben a súa historia. “Sempre foi así” din todas as persoas a quen lles pregunto por ela, aludindo a súa característica máis destacable: é unha faladeira profesional. E, segundo a xente, é por iso que non hai quen a soporte. Mais, se só se lle reprimise por ser faladeira e un tanto necia... só digo que a miña parroquia sería a máis violenta da zona.

que implicacións na vida ten ser tratada de puta, louca, pobre e tonta por toda unha comunidade?

Rosa é unha muller baixa e grosa. Cando camiña, móvese dun lado ao outro, como se fose unha caricatura. Ten unha melena longa e loura que enmarca a súa faciana endurecida polo Sol. Ademais da min, é a única outra muller que adoita baixar na liña de bus á cidade. Así foi coma a coñecín.

“Ela estivo casada”, cóntame un veciño, “mais o marido botoulla fora da casa porque a ela sempre lle gustou ir de aquí para alí. Nunca estaba, non traballaba e non lle preparaba a comida. Non facía ren e pois o home claro que a botou fora”.  

Rosa pasa as tardes camiñando pola rúa falando soa. A xente trátala de “tola” cando non a trata de prostituta. “A esa gústanlle moito os homes”, comentan algúns, mais outros afirman que ela ofrece mostrar os seus peitos a cambio dun euro.

Tampouco falta a xente que, entre risas, comparte as súas  anécdotas de como lle botou unha broma no supermercado ou en calquera outro espazo público. “Rosiña” é obxecto de burla cada que sae de casa. E a súa condición de pobreza que lla obriga a pedir un euro para poder pagar o bus para retornar a súa casa non axuda moito a mudar os rumores que, de tanto repetirse, terminan por ser indiscutibles para a veciñanza.

Eu sei pouco de Rosa. Non podo afirmar se sofre dalgunha neurodiverxencia, como se di polas rúas. Sei que non se comporta como todas as demais persoas coas que convivo, mais como pode unha persoa manter a súa saúde mental se o único trato que recibe da xente son insultos, violencia e humillacións?, que implicacións na vida ten ser tratada de puta, louca, pobre e tonta por toda unha comunidade?, que tan fundo na alma fere o desprestixio?, canto pode tolerar sen crebarse?

Porén, ela prefire saír a enfrontar á opresión que ficar soa na casa. Así, privada da palabra, do contacto humano, Rosa pasea eternamente pola praza. Non ten outro lugar a onde ir. Cambaléase amodo, cargando co seu destino nos ombreiros. Aceptouno. Vive co iso. ¿Vive?

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Segovia
Mujeres rurales Maribel y sus amigas o cómo sobrevivir sin servicios públicos
Maribel lleva trabajando en el campo desde que era pequeña pero no ha podido cotizar nunca. Junto a sus amigas resiste en un medio rural que envejece sin sanidad, educación o transporte.
Medio ambiente
Opinión De los necios, los mastines y los lobos en los tiempos sombríos
Paseando con mastines, frente a la barbarie, una reivindicación del lobo y, con él, de la comunidad, de la fraternidad, de la esperanza y de la voluntad superviviente de la belleza.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.