Medio rural
Sen dereitos culturais. O fracaso da mediación das artes e do coñecemento no rural

Notas sobre a realidade do panorama cultural que experimentan as comunidades labregas.
6 nov 2021 09:26

O mes pasado dediqueime a percorrer todas as parroquias do meu concello para coñecelas con maior detalle. Esta vez, non me enfoquei nas rutas de sendeirismo, nos mosteiros, muíños nin en calquera lugar que puidese ser unha atracción para á xente de fóra. A miña intención, máis ben, era coñecer realmente a constitucións das aldeas, os seus centros antigos, as ruínas, as capelas e aqueles sitios en que a veciñanza do lugar adoita reunirse polas tardes. 

Despois das visitas, podo dicir que todo era bastante semellante á aldea na que vivo. Estaban os bares coas súas cadeiras de plástico, os cemiterios tipo-nicho relativamente novos , as bancas de pedra nun lugar estratéxico onde a xente senta a falar entre un traballo e outro... Só había unha cousa que destacaba en cada parroquia pola súa arquitectura grandilocuente e contemporánea entre os barrios de casas de pedra milenarias: a casa cultural.

Cada aldea conta coa súa e ningunha é igual a outra, mais ningunha é pequena nin é unha remodelación dunha corte ou escola vella. Non. Son proxectos de construción ambiciosos que, en varios casos, contan con dúas plantas. Teñen unha cociña equipada cos electrodomésticos propios dun bar, mesas e cadeiras distribuídas en grandes salóns (facilmente do tamaño da miña casa de dous cuartos) con modernas estufas de calefacción. Mais non só iso, son espazos que contan con escenarios teatrais equipados con reflectores profesionais apuntando ao escenario que, por certo, está arroupado cun telón. Algunhas destas casas, mesmo, teñen unha biblioteca composta por varias estanterías onde se podes atopar desde O Quixote, até títulos asinados por Coetzee. Iso ademais dos varios equipos de cómputo completos, dispostos de tal xeito que semellan estar agardando a que unha nena entre pola porta a acendelos para poder facer os seus deberes.

Unha das particularidade de todas estas casas é que foron construídas co diñeiro das veciñas e veciños a través da Comunidades de montes ou doutras asociacións veciñais. Con todo, estas moles modernas ábrense ao máximo dúas veces por semana ou, nalgúns casos, só cando hai algunha xuntanza. É dicir, cada tres meses ou máis. O resto do tempo permanecen pechadas. Ao entrar, recíbete como un pantasma a humidade mesturada co cheiro a encerro. Incluso hai algunhas que, a pesar de seren construídas após o ano 2000, comezan a caer polo desuso. Ao respecto, algunhas veciñas laméntanse: “Tanto diñeiro invertido para tiralo dese xeito”. E logo, para transmitirme a súa frustración pola falta de actividades ou polo feito de que ninguén asiste ás poucas que hai, enuncian o mesmo comentario que aparece en cada parroquia: “É o que hai. Así é a xente de aquí”.

Falta de interese. De quen?

O concello en que vivo ten unha escola de música, que conta coa súa respectiva banda. O ano pasado, nun esforzo por revitalizar as actividades culturais para comezar a darlle volta á pandemia, a banda viaxou ás parroquias e ofreceu breves concertos. A casa cultural da miña aldea abriuse despois de meses. Dispuxéronse as cadeiras, os membros da banda sentáron no seu sitio cos seus instrumentos apoiados nas pernas á espera da chegada do público. “Agardemos 10 minutos máis, por se chega alguén”. Ninguén. Ademais do alcalde e o mesmo grupo de catro persoas que sempre asiste aos eventos, non se presentou ninguén.

Ruinas rural

Oposto ao que sucede nos concertos organizados durante o verán polo párroco do concello veciño, que sempre están cheos de xente.  Ou quizabes non tanto. Pois, ao mirar de cerca, a totalidade do público está composto por xente que vive das vilas e cidades máis próximas. E a única veciña que atende relixiosamente a eles sempre di ao respecto: “É o que hai. Así é a xente de aquí”.

Mais, tratando de ir alén dese comentario que cega todo tipo de reflexión, o problema, evidentemente, non radica na xente que non atende. Desde a miña perspectiva, o erro, tanto das administracións como das distintas asociacións veciñais, é non comprometerse o suficiente na inmersión e xestión cultural. Non basta con poñer un cartaz en cada taboerio da aldea nin difundir nas redes sociais as actividades ou eventos que se van levar a cabo. Actividades e eventos que, quizabes, moita xente non experimentou xamais. Esquécese que as poboacións rurais foron e son sistematicamente excluídas/privadas do seu dereito de acceso á cultura.

Levar aos concellos obradoiros ou concertos non é suficiente, non garante que se lle estea a facilitar á veciñanza o seu dereito cultural. E, ante o fracaso en termos de interese e asistencia, dicir que se debe a que á xente non lle interesa, é cinismo.

Fai falta tempo e dedicación para proporcionar unha verdadeira mediación cultural. Teño escoitado dabondo a típica frase: “Tes que ofrecer comida ou senón a xente non che vai ir”. Isto non pode, nin de lonxe, ser vista como unha solución efectiva. Hai que facer traballo de campo, escoitar ás persoas, entender os seus horarios e prioridades. Establecer un diálogo. O vínculo cos ben culturais é algo que se crea, que se fomenta.

A gran ausencia e desinterese da poboación rural en actividades culturais reflicte que nin as administración nin as asociacións lideradas po un par de veciñas ten logrado descifrar unha estratexia de diálogo coa comunidade. Actividades existosas como a creación do grupo “Doulas Sororas” do concello de Allariz foi produto de anos de traballo da traballadora social, quen comezou a achegarse ás mulleres a través de sesións de obradoiros de manualidades. Levou anos tanto conformar un grupo interesado, como facer dese espazo un lugar de reflexión que derivou nun activismo con perspectiva de xénero.

Mais, ademais do compromiso, fan falta os recursos económicos necesarios. Hai unha chea de proxectos incribles a cargo de profesionais que pasan anos a facer o balance entre tratar de manter o seu grupo de tres persoas e enfocarse nos seus postos de traballo.

E non quero tampouco profundizar, por medo a que este escrito sexa demasiado longo, no coidado na selección de eventos de calidade. Ninguén pode esperar que a xente regrese ao teatro logo de ter unha mala experiencia ou se, por eneísima vez, presentan un espectáculo de maxia cos mesmos trucos e a mesma dinámica.

Porque a miña veciñanza mesma é a primeira en dicir que o teatro, por poñer un exemplo, non lle interesa e que non hai que perder o tempo cando hai que traballar. Mais só hai que levantar a mirada e ollar as grades casas culturais construídas co diñeiro da comunidade. A súa propia existencia di outra cousa. Esa construción que costou miles de euros fala dunha necesidade. A mesma poboación detectou unha carencia que tentaron  paliar de xeito autónomo e sen agardar pola intervención das administracións correspondentes.

Casa cultural rural 2

Estas casas culturais son, literalmente, illas desertas á deriva. Illas que naceron a partir da necesidade, da esperanza e dunha intención de procurarse unha vida máis digna e amena. Hoxe estante a caer en anacos. Non por falta de interese ou por ignorancia, como se adoita sentenciar, senón porque ninguén se ten comprometido a indagar no problema que é relacionarse de xeito sensible coa poboación. De novo: escoitala con coidado e agarimo, atender as súas demandas, os seus gustos, as súas carencias.

O dereito de acceso á cultura non se trata dun capricho. Non é tampouco organizar feiras de cocido en cada parroquia. Para as administracións é unha obrigación facer valer os dereitos culturais das comunidades que sempre sufriron da exclusión territorial e do abandono institucional.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Culturas
Opinión Macrofestivales o la romantización del hiperconsumo
No hay macrofestival ético, del mismo modo que no hay banco que piense en las personas. La forma de construir relaciones sociales, así como el lugar desde donde estas se producen son importantes.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.