Mineria
Maquinaria traballando nunha mina a ceo aberto. Foto: Global Carbon Budget.

Economía
Camiño a Thanatia

Os científicos Alicia e Antonio Valero avisan da morte previsible da nosa civilización mineira.

Coordinador do Instituto Resiliencia

30 jun 2021 06:00

No discurso político e social hai anos que se instalou o debate da Transición Enerxética, que trata de expoñer a necesidade de que as nosas sociedades transiten dun metabolismo alicerzado nas enerxías finitas, fósiles principalmente, de volta á normalidade na historia da nosa especie, isto é, un modelo que faga uso unicamente das enerxías renovables. Así, a cuestión do esgotamento enerxético, o cul-de-sac civilizatorio da enerxía fósil no que nos comezamos a introducir hai un par de séculos, e do que cómpre saír coa maior rapidez posible se queremos ter algunha oportunidade de sobrevivir, é algo que se vai asumindo dentro da conciencia social, malia facerse con importantes lagoas e puntos cegos.

Porén, hai outro aspecto fundamental e igualmente insostible do noso modelo civilizatorio do que apenas se oe falar no debate social e político, e que mesmo está sendo traxicamente agravado debido á falsa saída do problema enerxético que se promove desde as institucións políticas e económicas. “As sociedades industriais, a diferenza doutras maneiras de vivir xuntos que as precederon, son esencialmente sociedades mineiras”. Esta frase pertence ao prólogo de Jorge Riechmann a un imprescindible libro recentemente publicado por Icaria na súa colección divulgativa Más Madera, titulado Thanatia: los límites minerales del planeta, e que vén sendo unha extensa e substanciosa entrevista realizada polo físico e filósofo Adrián Almazán aos científicos españois que levan máis anos loitando por poñer no centro do debate a crítica cuestión do esgotamento dos recursos minerais do planeta Terra, o catedrático de Enxeñaría Enerxética Antonio Valero e mais a súa filla Alicia, enxeñeira química e tamén profesora da Universidade de Zaragoza. Esta entrevista achégalle ao gran público as conclusións principais dunha obra previa de carácter máis técnico, a monumental Thanatia: The Destiny or the Earth's Mineral Resources - A Thermodymanic Cradle-to-Cradle Assessment (World Scientific Publishing, 2014).

As sociedades industrializadas non só son insustentables polo seu uso da enerxía senón tamén polo seu uso dos materiais de orixe mineral

O problema de ser a civilización industrial “esencialmente mineira” é que non existe a minaría sustentable: unha vez esgotadas as minas, non pode continuar. Como ben explica Riechmann no prólogo, “o metabolismo das sociedades de cazadores-recolectores ou o das sociedades agrarias tradicionais, baséase esencialmente en procesos cíclicos e orgánicos. E por iso pode, en principio, inserirse ben na biosfera (...)”. Porén, coa Revolución Industrial trocamos a base sostible das nosas sociedades, o fluxo de enerxía solar, por uns stocks finitos de base mineira (os combustibles fósiles non deixan de ser recursos minerais), moito máis potentes pero con data de caducidade. E nesas seguimos, só que agora de maneira agravada —explícannos os Valero achegando cifras abondo contundentes— ao teimarmos en manter o nivel de complexidade civilizatorio a base de substituír dependencia das enerxías fósiles por dependencia de minerais, que en maior ou menor medida, tamén son escasos, mesmo raros.

A súa voz non é a única que vén alertando desde o comezo da chamada Transición Enerxética, coa súa proliferación de plans de dixitalización, (suposta) resiliencia, e electrificación masiva, coas súas diversas variantes de green new deals para unha imposible descarbonización, de que non existen suficientes minerais para despregar algo así á escala que se pretende. A razón disto non é só que non existan cantidades suficientes de litio, cobre ou cobalto, por poñer algúns exemplos, senón porque a Segunda Lei da Termodinámica é teimuda e fai que sexa cada vez máis custoso económica e enerxeticamente obter todos estes recursos necesarios, precisamente, para obter máis enerxía, agora de fontes renovables, e para convertela a forma eléctrica e mais para acumulala en baterías.

Minería en León 4
Vista frontal da mina a ceo aberto de Santa Lucía de Gordón (León). Eliezer Sánchez

A minaría por si soa representa actualmente entre o 8 e o 10% de toda a enerxía consumida no mundo, o cal se vería agravado se intensificamos a construción de sistemas renovables (moito máis intensivos en materiais por unidade de enerxía producida) ou comezamos a tolemia ecolóxica de extraer minerais do océano. A cuantificación da insuficiencia xeolóxica para todos estes plans tena feito, entre outros, Simon Michaux, do Servizo Xeolóxico Finés. E a cuantificación termodinámica, baseada nunha exhaustiva contabilidade exerxética, é a área na que Alicia Valero e o seu pai, destacan a nivel internacional (eles definen a exerxía como unha cuantificación da calidade de calquera materia ou produto expresada en unidades de enerxía). A súa conclusión é que, de continuarmos así, converteremos Gaia, o planeta vivo, en Thanatia, un planeta en morte termodinámica, completamente degradado, e con exerxía total igual a cero.

De continuarmos coa traxectoria extractiva actual habemos converter Gaia en Thanatia, un planeta morto termodinamicamente

Para explicalo, estes científicos do Instituto CIRCE, van debullando ao longo das case 150 páxinas desta didáctica conversa, conceptos tan interesantes como o da xeodiversidade, que daría conta da excepcionalidade da concentración de certos elementos neses puntos da codia terrestre coñecidos como minas, e que son auténticas rarezas desde o punto de vista xeolóxico e termodinámico. Coa explotación desas minas, coa extracción dos minerais e a súa utilización en todo tipo de artefactos e construcións modernas, estamos a esparexelos polo planeta adiante, aumentando a entropía que nos conduce a esa Thanatia da que nos advirten nos seus libros, conferencias e centos de publicacións científicas que levan realizado até o de agora. Tamén resulta notable o argumento que achegan en contra da esperanza depositada por algúns na enerxía nuclear de fusión, pois de conseguirse desenvolver suporía, na súa opinión, unha “repunta enorme na destrución planetaria”.

En Thanatia expoñen os científicos aragoneses un valioso diálogo coa economía, da que aproveitan ferramentas e conceptos coma o de “custo”, pero a cal critican sen medias tintas na súa versión hexemónica actual neoclásica como anticientífica e desligada completamente das chamadas “externalidades”. A termoeconomía ou termodinámica ecolóxica que eles propoñen pretende ser unha achega ás escolas da economía ecolóxica, na estela de Georgescu-Roegen, cuxas contabilidades termodinámicas eles simplifican ao aplicarlles unha unidade máis comprensible, o Kw·h. Defenden na parte máis económica da súa conversa con Almazán, que existen metodoloxías e capacidades de sobra nos estados para substituír ou complementar a contabilidade monetaria do PIB con este tipo de contabilidades físicas, imprescindibles para virar en redondo a destrución en marcha. “O que é positivo para a economía, case seguro que é negativo para o planeta”, expón con crueza Antonio Valero, apuntando á tétrica cara oculta desa ledicia que comparten medios de comunicación, partidos políticos dunha cor ou doutra, sindicatos e a sociedade en xeral cada vez que repunta o PIB, as vendas de coches, a construción de pisos ou as viaxes turísticas.

A termoeconomía dos Valero suxire trocar os impostos ás rendas do traballo por impostos ao consumo de recursos

Con todo, se cadra o máis sorprendente para quen se achegue a esta obra de divulgación é descubrir que alén da advertencia científica, os responsables do Centro de Investigación de Recursos e Consumos Enerxéticos lanzan unha potente mensaxe política: o actual sistema socioeconómico é inviable. A mensaxe non será nova para quen coñeza minimamente os factores climáticos ou ecolóxicos do cataclismo en marcha ou a espada de Damocles do declive petroleiro que nos ameaza. Aínda así agradécese que desde unha área máis da ciencia se sumen argumentos que por si sós abondarían para pisar o freo de emerxencia da nosa civilización.

E non se limitan a advertir do problema, senón que propoñen medidas políticas, por exemplo de tipo fiscal, moi interesantes, como deixar de gravar as rendas do traballo e mudar completamente o feito impositivo, para basealo en impostos progresivos ao consumo de recursos e aos impactos sobre a Natureza. “A gasolina é demasiado barata”, indican neste sentido, e propoñen trocar o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) polo Imposto sobre o Deterioro Engadido (IDE). Se cadra esta xente de ciencia se sitúa aquí a anos luz por diante das propostas das esquerdas políticas, mesmo daquelas que se autocualifican como verdes, e dan corpo concreto de política económica ao que vén defendendo desde hai décadas o Decrecemento.

Porén, a conclusión dos Valero é que “non existe medio político capaz de frear” este derrubamento dos recursos (enerxía fósil e outros recursos minerais) e apreman aos poderes públicos, en troques, a tomar medidas urxentes para reducir “de maneira efectiva” a nosa dependencia deles e reivindican unha “xestión planetaria das materias primas”. Mais sinalan varios graves atrancos culturais para levar isto a cabo: “os problemas máis urxentes son os que máis se pospoñen”, “a nosa sociedade non entende de resiliencia” como tampouco entendemos os crecementos exponenciais, “á xente dálle igual a destrución que haxa con tal de ter un emprego”, a ignorancia agresiva e suicida do “non quero saber, non me contes”, etc. “Non temos por diante un precipicio, senón milleiros de precipicios en todas as direccións”, explican.

Curiosamente, malia teren dado o salto das súas conclusións científicas á súa necesaria aplicación social, e engadiren unha dura crítica social a esta perspectiva, nun certo momento da entrevista en que Almazán os interroga acerca dos riscos de que estas propostas sexan utilizadas por réximes autoritarios e tecnocráticos que tenten xestionar a escaseza cientificamente pero en beneficio dunha minoría, dan a impresión de non percibir este risco no terreo do que algúns denominan ecofascismo (p. 72 e ss.).

Thanatia supón un argumento máis en contra da agroindustria, do extractivismo mineiro e da Cuarta Revolución Industrial

En conclusión, e achegándonos á nosa realidade máis local, fariamos ben en tomar boa nota das mensaxes que nos transmite este libro nun país cada vez máis no punto de mira do capitalismo extractivista, coa connivencia indisimulada dos poderes públicos, que afirman que “Galicia é unha mina”. Aos argumentos ambientais e sociais que adoitan esgrimir os colectivos antiminaría, cómpre engadir novas razóns que coa ciencia na man sinalan que o extractivismo desenfreado é unha receita para o suicidio colectivo. Igualmente, o movemento en defensa da agroecoloxía debería facerse máis consciente de que non só o esgotamento da enerxía fósil a vai converter na única maneira viable de nos alimentarmos a medio prazo, senón que a dependencia da minaría de fosfatos da agricultura industrial xoga a favor dun impulso estatal que resultaría crítico para a seguridade alimentaria, xa que “o fósforo vai ser o vindeiro ouro verde” (Alicia Valero) debido ao Peak Phosphorus, un mineral do que o 70% das reservas mundiais se atopan no Sáhara ocupado por Marrocos. Neste sentido o libro contén outra mensaxe de máxima relevancia e moi acaída ao momento que estamos a vivir en Galiza, onde as nosas forzas políticas pretenden repensar a economía para recuperar a actividade tras o choque pandémico: o futuro debe pasar por imitar a natureza (biomímese, economía circular), e así recuperarmos economías que deixen de estar baseadas en actividades extractivas cuantificadas unicamente con ese artificio humano que é o diñeiro e se apoien de novo nas “realmente produtivas, coma a agricultura tradicional”, contabilizando todos os custos físicos. Isto implicaría “explorar e facer emerxer unha Nova Civilización” dentro dos límites planetarios e a prol dunha vida digna para todos os seres vivos, humanos ou non, presentes e futuros. E isto, xustifica Antonio Valero, “non é cuestión de ideoloxía, senón de evidencias”.

Os movementos críticos cunha implantación masiva de sistemas modernos de captación de enerxías renovables, ou contra o despregamento de tecnoloxías como o 5G ou o coche eléctrico, tamén poden ver reforzadas as súas posicións con este tipo de análises. “Se a enerxía se inviste nesta Cuarta Revolución Industrial (...) nin converter toda a Terra nunha gran mina abondará” (Antonio Valero). Demostran así que a anunciada Transición Enerxética non pode chegar a bo porto coa súa formulación actual que se encamiña a pasos acelerados a esgotar uns recursos minerais excepcionais que fariamos ben en conservar para usos máis críticos e aos que tamén teñen dereito unhas xeracións vindeiras que non teñen nin voz nin voto nas nosas sociedades mineirodependentes.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Inflación
Inflación El IPC bajó tres décimas en mayo hasta el 1,9%
La tasa de aumento de precios vuelve a caer por debajo del objetivo del 2% que no alcanzaba desde octubre de 2024.
Opinión
Opinión Elon Musk da un paso atrás y eso hay que celebrarlo
El magnate ha anunciado que abandona su cargo en la Administración Trump. Su aventura política le ha señalado y ha puesto contra las cuerdas a sus empresas.
Opinión
Rearme Necesitamos construir una alternativa frente a la deriva belicista
Frente a una Europa que apuesta por el rearme, es necesario construir una alternativa pacifista que sitúe como ejes principales la profundización de la democracia y la disputa por la distribución de la riqueza.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.