Coronavirus
O debate ecosocial a raíz da pandemia de COVID19

A situación derivada da pandemia está a reactivar o debate entre esquerda e ecoloxismo.

Coordinador do Instituto Resiliencia

8 abr 2020 06:03

De maneira acelerada a partir da extensión da pandemia de COVID19 por todo o mundo, e especialmente a partir da súa chegada a Europa e da activación das políticas públicas de xestión e contención dela, lévanse publicado numerosos artigos que tentan colocar a situación nunha perspectiva ecosocial. Mesmo se teñen provocado agres polémicas a partir dalgúns deles, mal recibidos en certos sectores da esquerda. Neste texto imos fixarnos nomeadamente no caso español, dando as principais pistas para enmarcarmos o debate.

Sen dúbida, os elementos que máis claramente están a caracterizar a perspectiva ecoloxista e ecosocial do que está a suceder a raíz da pandemia provocada polo novo coronavirus SARS-Cov-2 son, en primeiro lugar, a súpeta caída de diversos niveis de contaminación desde o momento en que se comezan a aplicar as medidas de confinamento e de paralización socioeconómica, primeiro na China e posteriormente en numerosos lugares do mundo. En segundo lugar, as conexións que algúns estudos apuntan acerca da orixe do salto zoonótico do virus á especie humana coa destrución de ecosistemas e a perturbación dos nichos ou reservorios naturais deste virus, ademais do papel xogado pola mundialización económica e a hipermobilidade da sociedade mundial actual na rápida extensión da pandemia. Con todo, as reflexións e análises que máis debate están a provocar, sen dúbida, son as que vencellan no plano social e político, a pandemia coa emerxencia climática e mais coas propostas decrecentistas.

Descenso da contaminación, consecuencias da destrución de ecosistemas, mundialización neoliberal... o activismo ecosocial está a atar cabos acerca da COVID19

Era de esperar que no mundo activista se habían atar cabos moi axiña. Os motivos son varios. Para comezar, despois de numerosos cumios climáticos incapaces de activar unha resposta que detivese brusca e drasticamente as emisións (tal como require o agravamento do caos climático), e as conseguintes xustificacións desde o poder político e económico acerca da imposibilidade de facelo así e a necesidade de ir paulatinamente, agora, motivados pola pandemia e en cuestión de moi poucos días, numerosos países do mundo implementaron medidas dun calado similar ou maior ao que se reclamaba desde os movementos polo clima, como o ecoloxismo clásico ou as novas variantes como Fridays For Future e Extinction Rebellion.

Por outra banda, o descenso da actividade produtiva, da mobilidade (especialmente notable no tráfico aéreo e no turismo, practicamente paralizados a nivel mundial) e, por conseguinte, das emisións de GEI e do consumo de combustibles fósiles, así como a intervención estatal na xestión da demanda e da actividade económica en xeral, teñen innegables semellanzas coas medidas reclamadas desde hai décadas polo decrecemento ou polos movementos máis coherentes e veteranos pola transición enerxética.

mapa no2 coronavirus
Gráfico no que se observa o descenso de dióxido de nitróxeno nas ciudades tras o estado de alarma. Imaxe: UPV

Porén, algunhas destas reflexións non están a ser ben dixeridas por certos sectores da esquerda e do que se ten denominado neoecoloxismo (movementos chegados nos últimos anos á loita ecolóxica por contraposición ao ecoloxismo clásico que poden representar organizacións como Greenpeace, WWF ou Ecoloxistas en Acción). Analizar algúns destes debates pode resultar moi iluminador sobre os encontros e desencontros entre certas esquerdas e os movementos decrecentistas, ecoloxistas, peakoilers ou mesmo colapsistas, que xa se inauguraran, en certa maneira, con motivo do xurdimento das propostas difusamente englobadas no chamado Green New Deal.

Así, resulta moi impactante o cualificativo de “miseria moral” que o profesor de Teoría Sociolóxica César Rendueles, moi respectado en certos sectores da esquerda española, dedicou en Twitter ao que el denominou “ecoloxistas mad max neomaltusianos”, sen identificar ninguén nos seus ataques pero que resultaba doado vencellar con nomes como Luis González Reyes ou Jorge Riechmann. Viñetas como a publicada uns días antes polo surrealista Miguel Brieva, e inmediatamente traducida a varios idiomas e espallada a nivel mundial, parece que foron o disparador deste tipo de críticas acedas. A “modesta proposición” de Brieva —compartida por tantas outras persoas no decrecentismo e arredores— consiste basicamente en “aproveitar” a situación (da pandemia) para “sacar algunhas cousas en claro”.

Nas críticas de Rendueles —compartidas por non poucas persoas de esquerda nas redes sociais— parece que se confunde, nun totum revolutum, xente moi distante ideoloxicamente cos até o de agora aliados. E así llo fai ver Riechmann a Héctor Tejero (coautor con Emilio Santiago de ¿Qué hacer en caso de incendio?) no microdebate producido no devandito fío de Twitter, creando una división inesperada (e falaz) entre as filas da esquerda e as do ecoloxismo social máis consciente do colapso, ese ecoloxismo profundo do que está a xurdir un emerxente gaianismo que resitúa o centro da ética na comunidade de todo o vivo. Aparentemente moléstalles a certas posicións de esquerda que se poidan ver “leccións”, “mensaxes”, “oportunidades” ou “anticipos” nunha situación de por si tan dramática como a que implica a pandemia de COVID19. E en certos círculos activistas comeza a identificarse todo o que soe a unha defensa de Gaia cunha “insensibilidade” co sufrimento humano, misantropía, malthusianismo e mesmo con sementes dun “ecofascismo místico”. Alén de confusións e falacias máis ou menos inconscientes, semella que a ollada antropocéntrica comeza a marcar unha divisoria real no seo da esquerda verde, e o virus sería o disparador dunha profunda diverxencia cultural latente.

Coronavirus
¿A quién vamos a matar?

Las formas de producción, distribución y consumo propias del capitalismo son las que están generando la crisis climática, no el mero aumento de la población. Sin embargo, la desinformación o el desconcierto ante el covid19 ha dado relevancia a discursos teñidos de la peligrosa ideología del ecofascismo.

Algunhas mencións ás “oportunidades” que abre a pandemia foron recibidas moi criticamente na intelectualidade española de esquerdas.

O permacultor e decrecentista vasco David González non soamente ve que se abren posibilidades senón que anima a dar “o gran paso”, a partir do Día Despois da COVID19... se é que pode haber nalgún momento algo tan concreto coma un “día despois”, no que parece que será un longo e gradual proceso de volta a algo que xa non será a “anormalidade cotiá”, da que fala Antonio Turiel nunha interesante serie de posts. Turiel tamén fala de “poñerse en marcha”, nun sentido similar ao de Luis González, David González ou Marga Mediavilla. E Máximo Luffiego chega a concretalo nuns apuntamentos para un programa ecosocialista dentro da necesaria transición a unha nova economía.

As análises de todo o que está a revelar a pandemia, tanto acerca das vulnerabilidades da civilización industrial como da marxe que realmente existía para transformar rapidamente a economía en caso de necesidade (marxe que consideraban moi escasa os partidarios do paulatinismo newdealer), que está a realizar o movemento polo Decrecemento ou polo clima, debería en boa lóxica ser integrado coas análises realizadas polo anti- e poscapitalismo. E tamén debería aproveitar a consciencia sociopolítica que está a callar, a pasos axigantados, de que a ideoloxía capitalista (ou cando menos a súa variante actual, o Neoliberalismo) está a sucumbir, vítima tamén da epidemia, ou que polo menos vai quedar moi tocada na súa liña de flotación.

Foi moi significativo que na rolda de prensa realizada conxuntamente por varios ministros españois o pasado domingo 5 abril, o ministro José Luis Ábalos, figura moi relevante dentro do PSOE, chegara a afirmar que a necesidade de os gobernos interviren máis nas economías era xa un consenso que alcanzaba mesmo ás “tribunas do neoliberalismo”; así, nesa mesma rolda de prensa o goberno español recoñeceu estar a sopesar a posibilidade de intervir en España o mercado dos combustibles, algo até o de agora impensable, por moito que fose unha reclamación clásica do sector do transporte.

O goberno español recoñece que agora o consenso virou cara á intervención estatal da economía. E isto é unha ocasión inaudita para o Decrecemento ecosocialista.
Coronavirus
Las lecciones que puede dar el coronavirus a la especie humana

Contemplamos a un diminuto virus desde lo alto del antropocentrismo, de Occidente, del neoliberalismo y de la globalización; pero tal vez podamos aprender algo de él.

Estas fendas profundas que está a causar a pandemia no consenso capitalista-neoliberal eran inevitables, pois como pon en evidencia González Reyes, un dos logros do neoliberalismo fora precisamente “o desmantelamento do público”, e agora tras “tantos anos de desmontaxe da sanidade pública” estase a demostrar “de maneira dramática” que “é o único que ten algunha posibilidade de parar o coronavirus”. Tejero e Santiago identifican neste contexto o proxecto neoliberal como “un proxecto e uns intereses moi concretos que favoreceron o caos”. Extrapolemos isto á loita contra o Caos Climático ou á xestión da Transición Enerxética, e veremos que a situación actual se parece demasiado á apertura da xanela de Overton que o Ecosocialismo e mais o Decrecemento levaban décadas agardando, aínda que os partidarios do Green New Deal sigan, aparentemente, coa mesma proposta que o día antes do primeiro contaxiado en Wuhan.

Decrecimiento
A xanela de Overton

A nosa supervivencia como especie require ampliar o rango do aceptable politicamente.

Malia este inmobilismo da proposta neokeynesiana verde, a previsible caída estrepitosa do PIB a nivel mundial e nacional a raíz da paralización de boa parte das economías mundiais, confórmase como a ocasión de ouro para xustificar o abandono das políticas (capitalistas) de crecemento e para as substituír por políticas (poscapitalistas) de resiliencia e adaptación (á mudanza climática, ao declive enerxético, ás pandemias presentes e futuras, etc.). Porque segundo advirte Riechmann a COVID19 é tan só un entre os múltiples shocks “que vimos padecendo e que imos padecer”. E comezar a pensar en poscapitalismo como un horizonte que de súpeto aparece moito máis nidio e achegado, non parece fóra de lugar cando temos en conta que foi precisamente outra pandemia, a da peste negra, a que “derrubou o mundo medieval deixando oco para a emerxencia do capitalismo”, como nos lembran precisamente Santiago e Tejero.

Con todo, as críticas recibidas neste debate están a provocar un certo retraemento e autocensura que leva a coidar moito as formas cando se escribe desde posicións ecosociais acerca da parte positiva que pode ter algo tan tráxico para milleiros de persoas como é esta pandemia, para evitar causar un rexeitamento na poboación en xeral, non só na intelectualidade de esquerdas. Yayo Herrero recoñeceu que o ecoloxismo ás veces ten unha maneira de comunicar as cousas con demasiada distancia emocional, e coa superioridade de ter a razón e a evidencia do seu lado, causando un rexeitamento visceral nos públicos non iniciados. E Santiago e Tejero advirten contra “análises que minimicen o potencial traumático do que está por vir”. Xa que logo, cómpre explicar as cousas con empatía e coidado, desde dentro da comunidade e non situándose por riba dela. E marcando claramente as diferenzas entre o que non son senón aprendizaxes necesarias pero moi parciais de como se pode xestionar publicamente un decrecemento enerxético e material ordenado, e o que está a ser unha xestión obrigada e improvisada dunha tráxica pandemia. Así, a epidemióloga Marian R. Gómez e o enxeñeiro José Luis Sánchez Álvarez-Campana aclaran na súa achega a este debate —na que combinan as vías comunicativas do logos, ethos e pathos— que “non é así como imaxinamos o decrecemento. Non, se está prohibido o xogo nos parques e os bicos na rúa. Non, se non hai xustiza social. (...) Non é decrecemento. É, digámolo claramente, una mostra do (...) comezo dun colapso civilizatorio sen retorno”.

Coronavirus
¿Prólogo al ecofascismo?

Si aceptamos este momento como un acto fundacional en lugar de crear un clima destituyente e impugnador, seguramente estaremos aceptando participar en un acontecimiento que con toda facilidad va a ser utilizado como analogía positiva para desarrollos autoritarios.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.