‘Decrecer para sobrevivir’: unha oportuna introdución ao Decrecemento

O libro de José Alberto Cuesta explica como chegamos até aquí e as dúas principais opcións que se abren ante nós.

Sostibilidade
Imaxe de Kamiel Choi en Pixabay
11 nov 2019 06:03

A literatura acerca do Decrecemento xa comeza a tomar un volume considerable, axeitado aos tempos que vivimos, nos que a imposibilidade de continuar co crecemento económico se fai cada día máis difícil de agachar. Entre nós foron pioneiras as obras do galego Carlos Taibo (En defensa del decrecimiento, 2009; Decrecimientos: Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana, 2010; Decrescimento, crise, capitalismo, 2010; El decrecimiento explicado con sencillez, 2011), que se viñeron sumar ás traducións das obras fundacionais —e posteriores— de Serge Latouche (La apuesta por el decrecimiento: ¿cómo salir del imaginario dominante?, 2009; Pequeño tratado de decrecimiento sereno, 2009 —tamén en portugués, nese mesmo ano: Pequeno tratado do decrescimento sereno—; Decrecimiento y posdesarrollo: El pensamiento creativo contra la economía del absurdo; 2009; La hora del decrecimiento, 2011; Salir de la sociedad de consumo: Voces y vías del decrecimiento, 2012; La sociedad de la abundancia frugal: Contrasentidos y controversias del decrecimiento, 2012), e tamén a Objetivo Decrecimiento da revista Silence (2006) ou aos traballos dos precursores do movemento coma Nicholas Georgescu-Roegen e E. F. Schumacher.

En España, á parte de Taibo, son destacables obras como a pentaloxía de Julio García Camarero, moita da última produción ensaística de Jorge Riechmann (especialmente a súa pentaloxía sobre a autocontención), e mais o libro colectivo coordinado por Kallis, Demaria & D'Alisa Decrecemento: Vocabulario para una nueva era (2015), obras ás que agora se engade un completo compendio dos ques e porqués desta proposta política, Decrecer para sobrevivir (El Viejo Topo, 2019). O seu autor é José Alberto Cuesta Martínez, doutor en xeografía, filósofo e docente de Secundaria, que desde o nó palentino da organización altermundialista ATTAC axudou a poñer en marcha un profundo e detallado debate local acerca da situación de choque civilizatorio contra os límites dun planeta finito, que tivo como un dos seus froitos a posta en marcha dun colectivo decrecentista local denominado Hasta aquí hemos llegado. Pero Alberto Cuesta non só se prodiga no ámbito da difusión con ciclos de conferencias ou libros coma este ou coma o seu achegamento filosófico aos ecocinismos, senón que é coautor dun dos primeiros traballos dispoñibles en España para traballar a cuestión no Ensino de Secundaria.

É unha obra cun espírito didáctico dirixida a explicar claramente o Decrecemento a todos os públicos

Con ese mesmo espírito didáctico de ofrecer unha explicación clara e comprensible para todos os públicos, de como chegamos até aquí e que opcións se abren ante as nosas sociedades, presenta agora este novo libro no que non falta ningunha das cuestións básicas para entender a nosa situación de colapso, enlazadas nunha secuencia que facilita a comprensión: de entender o que é o "crecemento exponencial" e a súa repercusión na "pegada ecolóxica" humana, na primeira parte, pasamos a visualizar a "dinámica expansiva do capitalismo" cunha perspectiva histórica na que imos percorrendo as súas diversas fases, até chegarmos á actual caracterizada polos fenómenos do "pico do petróleo, o final do crecemento e a crise terminal" deste modelo socioeconómico (segunda parte do libro), crise que segundo nos explica o autor é a cuarta e última gran crise do sistema capitalista ao longo dos seus apenas cinco séculos de historia. É especialmente salientable a atención prestada á cuestión do declive enerxético (tanto no seu aspecto cuantitativo —curva de Hubbert— como cualitativo —Taxa de Retorno Enerxético—, que non adoita estar presente en todas as obras sobre o Decrecemento, malia ser —como explica o autor— unha das táboas máis curtas do barril de Liebig, así como o espazo dedicado a presentar os escenarios (gráficas incluídas) do famoso informe dos Límites do crecemento (1972), actualizados ao momento actual.

Posteriormente internámonos na terceira e derradeira parte do libro, nunha descrición das "perspectivas" que se abren diante de nós en función das coñecidas tres variables da fórmula IPAT (poboación, tecnoloxía e consumo). Esta é unha das partes sen dúbida máis interesantes e potentes do libro, para aquelas persoas cunha inquedanza activista. Nela comeza Cuesta explicando "por que a tecnoloxía non solucionará o problema", abordando "a cuestión demográfica" (un tabú apenas tratado neste tipo de obras, e que adoita ser desbotado moitas veces con acusacións de malthusianismo por parte das esquerdas) e expoñendo as dúas principais vías que se abren ante nós, na estela doutros traballos fundamentais como En la espiral de la energía de Fernández Durán & González Reyes.

A disxuntiva que temos diante é Decrecemento ou barbarie (título doutra obra sobre a cuestión, de Paolo Cacciari, de 2010), dinos sen eufemismos o autor, lembrándonos que o nazismo —como avisaba Carl Amery en Auschwitz, ¿comienza el siglo XXI? Hitler como precursor (2002)—, lonxe de ser unha aberración histórica de difícil repetición, foi un ensaio do que nos espera se deixamos que todo continúe a súa tendencia inercial. Así, José Alberto Cuesta fai un repaso ás orixes do fascismo e aos seus "piares" ideolóxico, económico, político e psicolóxico apoiándose nunha segunda obra de obrigada referencia: o Informe Lugano de Susan George, poñéndoos en relación coas tendencias que amosa a deriva fascista do capitalismo terminal.

Atrévese a tratar o tabú da superpoboación, o factor ás veces esquecido do Teito do petróleo, e a explicar a deriva fascista do capitalismo nesta súa crise terminal

E é precisamente debido a esta evolución que está a desenvolver o sistema, que cobra na actualidade especial relevancia este novo repaso á proposta política do Decrecemento (que Cuesta explica é unha proposta baseada "no coñecemento científico", "ilustrada", "cosmopolita", "antipatriarcal" e distinta diso que chaman "austeridade"), cando polo seu flanco esquerdo, o capitalismo comeza a debuxar propostas coma o Green New Deal e outras variantes do capitalismo verde ou crecemento verde, que na medida en que rexeitan —ou cando menos aprazan até horizontes máis ou menos indefinidos— o abandono do crecemento, ofrécense como vías para non aceptar a alternativa decrecentista. Por iso este libro divulgativo que "defende a idea de que a única maneira de lograr un mundo que sexa a un tempo sostible e equitativo pasa polo decrecemento económico das sociedades opulentas, para que as sociedades e poboacións empobrecidas poidan ter unha vida digna", non podía chegar nun momento máis acaído. Un libro moi recomendable para unha comprensión social máis ampla desta alternativa e para alimentar un debate inaprazable.

Decrecimiento
Atrancos para comunicar o colapso

Como transmitirlle a unha sociedade dominada polo mito do progreso perpetuo a mensaxe de que vai colapsar?

Decrecimiento
O futuro das nosas fillas: labregas ou soldados

En función da resposta política á crise enerxética ábrense ante nós dous futuros alternativos posibles.

Decrecimiento
Pactar co lume: a proposta do ‘Green New Deal’

‘¿Qué hacer en caso de incendio?’ ofrece unha introdución a este programa político para o público español

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver listado completo

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

El Salto n.79
el salto
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...