Mina de Cerrejón
Mina de Cerrejón, Colombia, onde se obtén o carbón Blue Gem preciso para as fundicións de silicio fotovoltaico. Wikimedia Commons.

Energía solar
O sucio segredo da enerxía fotovoltaica

Os paneis solares teñen uns custos e dependencias ocultos que limitan grandemente o seu alcance na Transición Enerxética.

Coordinador do Instituto Resiliencia

29 sep 2021 08:49

Dentro da chamada Transición Enerxética é vox populi que os paneis fotovoltaicos (FV), capaces de converter a infinita enerxía do sol en electróns aproveitables pola cada vez máis electrívora civilización industrial están chamados a xogar un papel moi relevante. Abondan os cálculos sobre a enorme cantidade de electricidade que seriamos quen de producir, por exemplo, simplemente (é un dicir) con encher todos os nosos tellados de paneis solares, e mesmo hai propostas de substituír o firme das estradas ou cubrir as xanelas coa orientación xeográfica axeitada con material con capacidade fotovoltaica. Porén, este tipo de sistemas de captación de enerxía renovable, coma todos os demais, ten unhas limitacións importantes. A mesmísima OTAN, por medio do seu Centro de Excelencia en Seguridade Enerxética (NATO EnSec CoE), publicou hai uns meses un informe elaborado por Thomas A. Troszak que supón un xerro de auga fría sobre as optimistas previsións acerca do papel que a fotovoltaica vai xogar na transición posfósil.

O informe elaborado por este consultor especializado en tecnoloxía para a industria militar e investigador sobre fabricación fotovoltaica comeza sinalando que despois de máis de vinte anos de medre exponencial dos investimentos nesta tecnoloxía, aínda apenas representa unha pequena fracción da produción eléctrica mundial (3%), mentres que o uso de combustibles fósiles con esta función non deixou de aumentar. Pero non é só que as enerxías renovables non estean a substituír as fósiles (apenas a complementalas) senón que, como xa teñen sinalado numerosos autores, son dependentes da enerxía que fornecen eses mesmos combustibles fósiles que se supón teñen que substituír, igual ca “todas as tecnoloxías modernas”, explica o informe do NATO EnSec. Aclara con dureza que dá igual as intencións que teñamos, os cartos que poñamos ou os decretos que asinen os gobernantes: “non se produce nin un só watt de enerxía eléctrica sen utilizar unha cantidade significativa de materias primas e de enerxía fósil”. Así, o autor únese ás voces que chaman ao “realismo” a gobernos, cidadáns, empresas e ecoloxistas, con respecto aos modernos sistemas de captación de enerxías renovables.

O informe da OTAN chama ao realismo con respecto ao carácter non renovable da enerxía fotovoltaica

Tamén fai fincapé no feito de que, á parte de que se precise utilizar enerxía fósil en todos os pasos que levan á fabricación dun panel solar, comezando pola minaría e rematando no mantemento das instalacións, o seu carácter intermitente fai preciso que estean dispoñibles na rede eléctrica outras formas de produción non renovables capaces de compensar dita intermitencia. É esa a causa de que centrais de ciclo combinando teñan que estar aínda queimando un gas fósil cada vez máis escaso e custoso ou as nucleares usando un uranio tamén finito e moi perigoso, en países coma España, que dispoñen de moita máis capacidade de xeración eléctrica renovable có consumo que teñen, como xa sinalou, entre outros, o físico experto en declive enerxético Antonio Turiel.

A mensaxe principal deste documento é que sen enerxías fósiles non hai fotovoltaica posible, algo en boa medida extrapolable tamén á eólica e outras chamadas renovables, un golpe para as políticas actuais tanto en España coma na UE, co seu Pacto Verde Europeo, e que se basean nos optimistas cálculos de xente como Mark Jacobson. Será el, precisamente, o convidado estrela dun congreso que terá lugar o 7 de outubro en Navarra e que será contestado por unhas xornadas alternativas organizadas por diversos colectivos sociais baixo o lema “Renovables sí, pero no así” dentro dun movemento de reacción máis amplo que está a medrar por todas as partes contra a instalación de macroproxectos de renovables, imposta desde os poderes autonómicos ou desde o goberno central, contestación que algúns prorrenovables a ultranza desbotan baixo o cualificativo de NIMBY (Not in my backyard), unha postura que viría dicir renovables si, pero non aquí.

Porén, detrás da negativa a instalar máis fotovoltaica ou eólica porque si, a calquera prezo, na meirande escala posible e sen analizar as necesidades reais da poboación ou a viabilidade de gastar nelas recursos finitos e acelerar as emisións de GEI e o esgotamento dos combustibles fósiles, hai moito máis ca unha postura supostamente egoísta ou localista. Hai unha cuestión de realismo tecnolóxico e de dependencia dun sistema tecnolóxico moderno con respecto ás enerxías grazas ás que se levantou. Troszak exemplifícao na elaboración metalúrxica do silicio de alta pureza que precisan estes módulos FV, que require fornos de varios MW de potencia, así como “combustibles fósiles e ducias doutros recursos minerais non renovables”.

Fabricar un panel solar consome necesariamente cantidades importantes de combustibles fósiles e outros recursos finitos

Aínda que puidésemos alimentar eses fornos electricamente cun subministro obtido con enerxía renovable, como de feito fan algunhas fundicións de silicio en Noruega, que usan hidroelectricidade, en lugar de plantas de carbón dedicadas como é hoxe a maioría dos casos, non poderiamos evitar seguir dependendo do carbono que fornecen principalmente os combustibles fósiles como elemento redutor na fundición que permite a reacción Si02+2C=Si+2CO. Aínda que alguén puidese pensar en obter ese carbono na súa integridade de madeiras duras, a cantidade de carballos, aciñeiras, faias ou cerdeiras que habería que queimar sería descomunal e moi pouco sustentable. Xa na actualidade se están a queimar cada ano nos fornos onde se fabrica este tipo de silicio case 200 mil toneladas de madeira, mesturadas con carbón de alta calidade, coque de petróleo e carbón vexetal. O caso do carbón vexetal, tamén obtido da madeira, a razón de ata 10 toneladas para obter unha de carbón vexetal, é un exemplo máis de como a Transición Enerxética do norte rico se pretende facer a base do neocolonialismo extractivista e da destrución ambiental do resto do mundo, pois obtense en boa proporción destruíndo selvas virxes en países coma Brasil ou Myanmar.

Este informe estratéxico-militar non se corta en criticar que os estudos sobre a produción de paneis FV máis citados e elaborados polas supostas “autoridades” nesta tecnoloxía omiten estes aspectos, e denuncia que están a agachar “a utilización de combustibles fósiles como materia prima na produción FV” e a esquivar “o potencial conflito social ou político que podería resultar de revelar o significativo grao de deforestación que é preciso para a fabricación [de módulos] fotovoltaicos”. Chega a afirmar que “unha perpetua deforestación é un compoñente inherente á fabricación fotovoltaica”.

O despregamento da fotovoltaica tamén é corresponsable da deforestación de selvas virxes en varios lugares do mundo

Tamén explica que para obter unha tonelada de silicio da calidade metalúrxica necesaria para fabricar un módulo FV, se emiten entre 5 e 6 toneladas de CO2 e de CO e se consomen aproximadamente 20 MWh, aos que hai que sumar despois as emisións e a enerxía precisa (175 MWh) para o seguinte paso, obter o silicio policristalino en reactores especiais mediante o proceso de Siemens. Estes e os consumos enerxéticos posteriores precisos ata obter os tan mitificados paneis solares son os que levan a cálculos como os de Pedro Prieto e Charles Hall que sinalan que o retorno enerxético obtido destas instalacións é moi baixo, seguramente insuficiente para termar dunha sociedade industrial coa súa exigua enerxía neta.

Tamén nos fai comprender por que os autores do modelo MEDEAS levan tempo advertindo de que unha Transición Enerxética en carreira irreflexiva para instalar todos os sistemas de renovables posibles sen ter en conta o seu retorno enerxético, nin os seus requerementos materiais nin as súas emisións de carbono, pode levar a un empeoramento destas precisamente nun momento no que o caos climático se está a acelerar moi perigosamente. Ao respecto da enerxía neta o informe afirma que se pretendemos gardar a produción fotovoltaica en baterías de ion litio, daquela a taxa de retorno enerxético (TRE) do sistema vira menor ca 1, é dicir, non fornece enerxía neta á sociedade senón que a consome.

En canto ao outro compoñente preciso para a fundición, o silicio, é común escoitar aos defensores da fotovoltaica que é unha materia prima moi abondosa, pois o cuarzo é do que está feita a area. Porén, para fabricar silicio dunha calidade suficiente para o seu uso na electrónica, non vale un seixo calquera, e os depósitos existentes do tipo preciso son contados. Así, sinala o informe que existe unha enorme dependencia “estratéxica” para a fabricación de semicondutores, ordenadores, paneis FV e todo tipo de aparellos electrónicos dunha única mina situada en Spruce Pine, Carolina do Norte, onde se atopa case todo o silicio da pureza suficiente. A isto engádese a necesidade doutras materias primas finitas coma o gas natural, o aluminio, a prata, o cobre, as terras raras, etc. ata dispoñer dun módulo FV completo listo para instalar. En canto á súa reciclaxe dentro das pretensións gubernativas dunha economía circular, os paneis son dificilmente recuperables, e constitúen unha “bomba de reloxaría” ambiental que pode estoupar en 2 ou 3 décadas, segundo se advirte no informe citando medios do sector.

En resumo, a gran pegada enerxética e material dos sistemas de captación de enerxía fotovoltaica, así como o feito de que requiran necesariamente que boa parte desa enerxía e materiais sexan non renovables, pon en dúbida non só que este tipo de enerxía mereza o cualificativo de renovable senón mesmo o seu papel nunha transición enerxética que pretenda substituír as enerxías fósiles e contribuír a evitar os peores escenarios do caos climático en curso. Ás advertencias neste sentido procedentes da comunidade científica súmase agora o centro de excelencia para a seguridade enerxética da máis grande organización militar do planeta. A que esperan os nosos gobernantes para rectificar en clave realista o rumbo e obxectivos da chamada Transición Enerxética?

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Energías renovables
Fotovoltaicas en Extremadura Presentadas alegaciones a las plantas fotovoltaicas de Guijo y Calzadilla, en Cáceres
Denuncian que los proyectos, ubicados en el mismo territorio, compiten con los usos tradicionales de la zona y pueden afectar severamente a la avifauna local.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.