Coronavirus
‟Se as labregas non producimos, non se cubre unha necesidade tan básica como é comer”

María Ferreiro fala con nós sobre a situación das labregas e labregos durante a corentena.
mercado abastos compostela
O mercado de abastos de Compostela durante a corentena. Elena Martín
11 abr 2020 13:46
Falamos con María Ferreiro, responsable da Secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego, sobre a situación das labregas e labregos durante o estado de alarma. E sobre coidados, produción alimentaria e a importancia de que se permitan reabrir os mercados locais, fonte de ingresos de moitas produtoras pequenas e agroecolóxicas.
María Ferreiro entrevista
María Ferreiro durante unha entrevista sobre o 8M
Desde un primeiro momento reclamáchedes que as regras non podían ser as mesmas na cidade que no campo en relación coa corentena, sigue isto a ser evidente?
Eu creo que a corentena está poñendo de manifesto a diferenza entre vivir nas cidades coas aglomeracións, xente que vive pechada en catro paredes, e vivir no rural. Tamén, e precisamente por isto, faise fincapé en como está levando a corentena a xente das cidades, porque é onde vive a maior parte da poboación. O outro día falaba cunhas compañeiras de que temos certos privilexios no rural –aínda que a min non me gusta falar de privilexios, porque na maioría dos casos é unha escolla que fixemos, apostamos por facer o noso proxecto de vida no rural, pero isto tamén ten partes negativas–, e iso fíxome reflexionar sobre como se están poñendo en evidencia agora mesmo as dúas maneiras de vivir: por unha banda a rural, e pola outra a urbana.

Isto está deixando ver que efectivamente as regras non poden ser as mesmas en ambos lugares. Cando se crearon as normas da corentena, a maioría fixéronse desde un despacho na cidade e foron escritas por xente que vive nunha realidade urbana. E aínda que está claro que a maior parte da poboación en Galiza é a urbana, a meirande parte do noso territorio é rural, concretamente o 70%. Esta situación debería estar enriba da mesa, e debería terse en conta para definir as particularidades e peculiaridades dunha normativa como a que se fixo para o estado de alarma. Sen ir máis lonxe, eu agora mesmo estou falando contigo por teléfono e estou camiñando por fóra, pero non estou vendo a ninguén, estou sola. E isto pasaba tamén antes do 14 de marzo, non é algo excepcional. A nosa realidade polo tanto é distinta.

Cando se crearon as normas da corentena, a maioría fixéronse desde un despacho na cidade, e foron escritas por xente que vive nunha realidade urbana.

E polo tanto tampouco ten sentido que se poñan un límite de distancia ao que te podes desprazar para ir á túa horta.
Claro. E houbo moito debate sobre esta cuestión, incluso sobre se a horta era de autoconsumo ou non, ou se se consideraba unha actividade esencial ou non. Que nos poñan unhas distancias para poder ir ás nosas hortas ou fincas non ten sentido. Ás veces cumpriranse esas distancias, pero outras non, e iso non quere dicir que esteamos actuando mal ou facendo algo incorrecto. Ou peor, que nos teñan que vir chamar á atención, ameazando con multarnos por ese tipo de actuacións. Se antes xa na maioría dos casos non nos cruzabamos con ninguén pola situación de despoboamento do rural, agora moito menos coa corentena. E isto non cambia se a horta está a cincocentos metro ou se está a un quilómetro. Ademais, estamos no momento de facer os sementeiros, e se non é agora, dentro dun mes xa será demasiado tarde e non teremos colleita. Polo que a limitación dos cincocentos metros nos parece absurda, pero claro, sempre falando do noso entorno rural galego.

Para poñer un exemplo aínda máis visual, nas poucas veces que me tiven que desprazar durante a corentena ao centro da comarca de Curtis, tiven máis contacto con persoas do que teño no meu día a día nas tarefas normais no rural e como labrega. Sempre dicimos que nesta situación todas temos que respectar as medidas para evitar unha propagación, pero iso non ten que ver con que non me poida desprazar un quilómetro ata a miña finca, ou a ir por auga á unha fonte que está a dous quilómetros porque non dispoño de pozo na casa. Xustificar eses desprazamentos parécenos absurdo e evidencia que non se ten en conta a realidade do rural e como vivimos no día a día a xente que estamos no campo. Evidencia que as normas fixéronse desde unha óptica totalmente urbana.

E a policía aparece moito pola vosa zona?
En Curtis, a miña comarca, non están vindo moito polo que eu sei. Pero si que é certo que as poucas veciñas que si toparon con eles dixeron que foron moi inquisidores nas súas preguntas: «A onde vas?», «A que distancia?», etc. Cando igual te están preguntando nun radio non que non hai ninguén, non? E estás dando un simple paseo polo monte.

Xustificar eses desprazamentos parécenos absurdo e evidencia que non se ten en conta a realidade do rural e como vivimos no día a día a xente que estamos no campo.

Ademais, se estades indo á horta non é por pasear, senón que é fundamental para sobrevivir.
Por suposto. Isto é o noso xeito de vivir, incluso se é unha horta de autoconsumo, non só as comerciais. Ao final parece que o fan por unha cuestión de demostración de control, de que parece que estás facendo algo moi malo por ir coidar a túa horta. En principio as cousas van quedando en nada, pero nos casos nos que si hai un control, este é moi exhaustivo.

No tema dos animais algo menos, tamén saen menos nos medios, porque os animais se considera mais claro que precisan beber e comer para que sigan vivindo, polo que abren máis a man cando demostras que te desprazaches para coidar animais. Hai máis cuestionamento cando é un tema das hortas ou de ir traballar unha finca. O cal de tódolos xeitos non ten sentido.

Sobre todo tendo en conta que a cidade come tamén desas hortas, non?
Efectivamente. Para nós iso está moi no fondo, e moi vinculado a esa óptica urbana da corentena que parece que fai pensar que os alimentos simplemente aparecen nas tendas. Sen ver que, para que iso aconteza, os que os plantamos precisamos poder desprazarnos. Pensamos que a situación que estamos a vivir nos ten que facer reflexionar sobre moitas cousas, entre elas esta realidade da alimentación: como nos queremos alimentar e a importancia da parte produtora, das labregas e labregos. Porque se as labregas non producimos, non estaría cuberta unha necesidade tan básica como é comer. E repito, con todas as medidas de precaución que sanitariamente nos digan que temos que cumprir.

Pensamos que a situación que estamos a vivir nos ten que facer reflexionar sobre moitas cousas, entre elas esta realidade da alimentación: como nos queremos alimentar e a importancia da parte produtora, das labregas e labregos.

Está habendo casos nas cidades de veciñanza policía. Está acontecendo algo parecido no rural?
Os ritmos e un pouco a cultura e as maneiras son diferentes no rural que na cidade. Onde estou eu agora mesmo, na granxa, como xa che dixen non vexo a ninguén. Despois, a miña casa está como a 300 metros de onde estou agora, e alí si que hai un núcleo de cinco casas, afortunadamente todas habitadas, pero con ningunha das miñas veciñas hai ese tipo de control, máis ben vivimos en comunidade. A min faime gracia, entre comiñas, cando nos chegan historias de como agora nas cidades moitas veciñas se están a coñecer por primeira vez. Isto amosa que, aínda que hai unha parte negativa que é a que ti contas que para min é tremenda e indica moito como somos como sociedade, tamén está esa outra cara, onde isto se está convertendo nunha oportunidade para que as veciñanzas fagan un pouco máis de vida en comunidade. A partir da corentena estanse a facer conscientes de quen vive nos seus edificios, e de que maneira: se teñen fillos, se teñen persoas ao seu cargo, se viven sós... Porén, no rural todas coñecemos ás nosas veciñas, e salvo casos de conflito, relacionámonos desde sempre. Polo tanto, ante esta situación que xa é de por si complexa, imos facendo a nosa vida cunha certa normalidade.

Con esta situación de alarma estase a facer máis evidente o abandono administrativo do campo?
O abandono do rural en canto a servizos xa levas anos sendo unha realidade. Nós como sindicato labrego, xunto con máis xente, levamos moito tempo mobilizándonos para evitar o peche de centros de saúde, por exemplo. E aquí, para calquera trámite tes que ir aos concellos ou as oficinas agrarias comarcais. Ou incluso contactar por teléfono. Polo tanto, non é que esteamos notando algo a maiores, senón que se segue a evidenciar a falta de servizos que xa existían en moitos casos.

Con todo, como mulleres labregas e do rural, si que notamos unha maior dificultade para os coidados con esta crise moi relacionada con esta precarización dos servizo. As mulleres do rural seguimos levando o peso das coidados, tanto das crianzas, como das persoas maiores ou dependentes. E se antes isto implicaba máis traballo, coa paralización de practicamente todo, aínda recae máis en nós esta responsabilidade e as nosas xornadas alongáronse aínda máis.

mercado abastos compostela 1
Neste momento estades loitando para que se reabran os mercados locais e comarcais.
Si. O Sindicato Labrego Galego foi un dos pioneiros nesa reivindicación, tanto a nivel galego como no estado español. De feito, o pasado 8 de abril pola mañá lanzouse unha campaña, a partir dunha carta que se enviou ao Ministerio de Sanidade e de Consumo con máis de 600 sinaturas, para pedir a reapertura dos mercados locais e de cercanía. Non ten sentido que se prohiba a realización de todo tipo de mercados cando son a forma de venda de moita xente –sobre todo de mulleres con produtos vinculados á produción sostible e ecolóxica e de produtoras pequenas–.
Economía social y solidaria
Consumo para a xente
A economía social ábrese paso. Mapeo das distintas iniciativas ao longo do noso país.

Ademais, cremos que sería moito máis seguro vender en mercados locais en canto a condicións sanitarias: normalmente estarían ao aire libre ou en espazos abertos. Conseguir establecer un protocolo para estes mercados non tería ningún tipo de problemática. De feito, que non se fagan é peor, porque implica que todos temos que consumir nos grandes centros comerciais e supermercados, onde si hai aglomeracións nun espazo pechado e as cousas poden ser tocadas por varias persoas. Polo tanto, incluso desde un punto de vista sanitario vémolo moito máis seguro.

Agora estamos nesta loita. A nivel galego tamén, pero coa casuística de que aquí o goberno galego se abala no que di o goberno do estado español. Cando na realidade son os concellos os que terían competencia e potestade para decidir se estes mercados se poden facer ou non.

Cremos que sería moito máis seguro vender en mercados locais en canto a condicións sanitarias: normalmente estarían ao aire libre ou en espazos abertos.

E mentres non vos deixan abrir, algúns están intentando sobrevivir con venta a domicilio?
Si. Un exemplo disto é o mercado de Os Tilos en Teo, que levaba unha traxectoria de moitos anos, e que se suspendeu baseándose nestas directrices do Ministerio. Tras unha loita pola súa reapertura, vendo que topaban cunha parede para logralo, buscaron unha alternativa e a xente dese mercado comezou un proceso de autoxestión, facendo distribución a domicilio, difusión polas redes, compartindo os contactos dos que cada produtor ou produtora dispón, etc. Tamén en Ribadeo aconteceu algo parecido, e noutros lugares.

Outra cousa que acontece é que hai grupos de consumo que tiñan certo traballo e certas dinámicas xa creadas, como é o caso de “Zocamiñoca” en A Coruña, e nestes tempos e grazas as vendas a domicilio están vendo como os seus pedidos aumentan.

Economía social y solidaria
Dez anos sementando outra forma de consumir
Conversamos con catro persoas que forman parte da Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca, un proxecto consolidado na cidade de A Coruña e arredores.

Isto o que amosa é que onde xa había algún tipo de rede entre produtores e consumidores é moito máis sinxelo autoorganizarse e buscar unha alternativa ante a crise. E que onde esta estrutura non existía, está sendo máis complexo.

Estades notando unha baixada importante de ingresos?
Salvo algunha casuística concreta que poida seguir totalmente igual, ou como te digo xente con rede de apoio e fidelización, en xeral o resto si está vivindo unha perda de ingresos porque é difícil vender sen celebrar os mercados e feiras.

Tendo en conta todo isto que me contas, que cres que vai pasar co sector labrego unha vez remate o estado de alarma?
Esta pregunta é complexa. Penso que vai haber un debate social que nos vai facer reflexionar sobre a importancia do sector primario e das labregas como produtoras de alimentos. E tamén  haberá un debate que dalgún xeito xa está acontecendo, sobre toda esta reorganización e a necesidade de tecer redes directas, claras e concretas entre produtoras e consumidoras. Fuxindo de todo tipo de intermediarios e de multinacionais e persoas que ao final sen ter moito que ver coa produción acaban quedando cos beneficios. Pero dito isto, tamén e moi posible que vaia haber unha parte máis negativa, que se traducirá en dificultades económicas e vitais. Pero para min, o que debería quedar máis claro é a necesidade de que loitemos por esas alianzas, para que ante outra posible crise, sanitaria ou doutro tipo, teñamos protección. Iso vai ser un reto fundamental de futuro e aprendizaxe desta crise.

Medio rural
A comunidade rural

Ao contrario do que se adoita crer, o mundo rural galego é un exemplo importante de que outros modos de convivencia son posibles. A cooperación é o motor que move as relacións sociais a tal grao que substitúe certas prácticas capitalistas que criamos tan arraigadas e, por tanto, irreversibles.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.
Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Análisis
Análisis Inmigración, trenes e ilusiones de soberanía
El mayor beneficiario de la situación política en Catalunya sigue siendo el PSC, que ve cómo la definitiva irrupción demoscópica de Aliança Catalana reduce el campo de los principales partidos del independentismo.
Dependencia
Dependencia Los cuidados necesitarán entre 300.000 y 600.000 trabajadores más en cinco años
Las empleadas de residencias y ayuda a domicilio reclaman mejoras en esas nuevas plazas. “Debemos tener un sistema de cuidados universal y público, debe ser un derecho y no un negocio”, piden desde el sindicato ELA.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Los trabajadores de Metro celebran el nuevo convenio pese al temor de perder empleos por las automatizaciones
“Es el mejor acuerdo que he visto en 43 años que llevo trabajando aquí”, explica el representante de Solidaridad Obrera en la mesa negociadora, Braulio del Pozo, que destaca que se recupera en parte el poder adquisitivo de la plantilla.
Opinión
Opinión Sonará tu nombre cuando nazca el mío
No fue hasta que empecé a habitar mi propio cuerpo que entendí que podía contar mi historia. Una carta de amor travesti en el Día de la Visibilidad Trans.
Más noticias
La vida y ya
La vida y ya Cinco chimpancés
Les dijo que cuando se caza a una cría en su entorno natural, de media se mata a diez chimpancés de su grupo.
Sexualidad
Consultorio de sexualidad Los mil y un orgasmos femeninos
El clítoris, la vagina y el cérvix están inervados por distintos nervios que, al ser activados en distintas combinaciones, producen sensaciones diversas.
Opinión
Opinión Chicas, cheeseburguers, y soles negros: militarizar la adolescencia en Ucrania
Para militarizar a una generación que hasta hace pocos crecía aspirando a becas, trabajos de oficina o empleos de cuello azul, es necesario mucho más que ofrecer el ejército como una salida laboral: hay que cambiar su concepto del mundo.

Recomendadas

Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja del lyocell de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.
Memoria histórica
Manuel Pérez, ‘camarada Arenas’, tras salir de prisión “Cordón trató de escaparse, se cayó y se mató”
El militante histórico del PCE reconstituido y, según la Justicia, líder de los Grapo, mantiene su inocencia en todos los casos que le han llevado a pasar 32 años en prisión.
Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.