A comunidade no rural: a lóxica social do intercambio e outros xeitos de cohabitar

Ao contrario do que se adoita crer, o mundo rural galego é un exemplo importante de que outros modos de convivencia son posibles. A cooperación é o motor que move as relacións sociais a tal grao que substitúe certas prácticas capitalistas que criamos tan arraigadas e, por tanto, irreversibles.

Festa de Sabaxáns
Sara Guerrero Alfaro Festa rural galena
Xornalista
16 oct 2019 21:55

Eu non sei se é unha idiosincrasia galega xeral ou se unicamente se trata dunha circunstancia que está supeditada ás condicións da vida de campo. So teño unha certeza: certo sector da economía no ámbito rural está ligado intimamente ás relacións sociais, e ningunha das dúas depende necesariamente dun intercambio monetario.

Un dos grandes relatos xerais sobre a vida rural é que a súa poboación é vella, conservadora e de mente pechada. E enúnciase o relato de boca en boca, como se entre as xeracións existira unha terrible loita de superioridade moral, cuxas armas principais son o desprestixio e a consciente ignorancia de estilos de vida alternativos aos propios.

Non podo negar que cando comecei a vivir nunha casa no medio do monte, cheguei un pouco influenciada por aqueles rumores. Porén, bastou unha semana para darme conta de que o capitalismo non conquistou todas as rexións do planeta. Con emoción e esperanza, constatei que aínda hai moitas comunidades que se resisten á súa lóxica, aínda que algunhas o fagan de xeito parcial ou incluso inconsciente. Como intúo que é o caso da aldea galega á que cheguei a vivir.

***


Era verán e estaba soa na casa por primeira vez desde que cheguei a vivir a Galiza. Esperte e comecei a ordenar a casa cando escoitei que alguén chamaba á porta. Asomeime primeiro pola fiestra porque non esperaba a ninguén. A miña veciña Rosa, á que entón vira so un par de veces, traíame un cubo cheo de xudías, tomates e leitugas da súa horta. Recibino case coma se fose unha ofrenda. Non pola súa actitude ou porque eu merecera ese presente, senón porque era algo prezado, produto de meses de traballo que non podía agradecer máis que mostrándolle respecto. Ela non lle deu tanta importancia e marchou.

Cando pechei a porta escoitei ruídos na cociña. Camiñei lentamente cara aló e vin a Lourdes, ao seu marido Álvaro e ao seu irmán Roberto -todos eles veciños- entrando pola porta posterior con ferramentas nas mans. Sen llo pedir, aceitaron as portas de aluminio, regaláronme unha grella de butano, e Álvaro quedou toda a tarde reinstalando a vella cociña de ferro que caera polo abandono.

Aínda estaba Álvaro loitando coa lama, cando Margarita e Carmen -máis veciñas- déronme un microondas. Foi a súa forma de cooperar na nosa travesía para poder volver facer habitable a casa.

Os días foron pasando, Rosa seguía a traer cubos cheos de verduras case a diario, outras veciñas deixábanme ferramentas e axudábanme a limpar o xardín e a podar as plantas. Clemen, Carlos e Ricardo trouxeron unha neveira e unha lavadora que non utilizaban... Con cada atención, íame pondo máis nerviosa: Non tiña cartos nin nada que lles ofrecer en troco.

Non foi ata que Margarita nos pediu o soporte dunha cama vella para cercar a leira, que fun intuíndo a lóxica do intercambio baixo a que se rexen as relacións na aldea. Porén, todo acontece de xeito moito máis claro na acción, na terra.

***

Todo o traballo de reprodución que se leva ao cabo no campo lógrase pola capacidade de cooperación. Ao longo do ano, as veciñas xúntanse para a tarefa que toque segundo indique a tempada: Botar ou cultivar as patacas, matar ao porco, sulfatar, vendimar ou podar as viñas, preparar a zorza e encher os chourizos...

Se alguén ve que unha veciña está a labrar, o normal é que a vaian axudar, incluso se non pediu axuda. Ás veces, se a tarefa foi longa, como agradecemento ofrécese un bocadillo. En casos como os da matanza do porco ou da vendima, que son prácticas que levan todo o día, é común que se preparen empanadas, tortillas ou se ase algo no forno para que todas as persoas que viñeron a axudar coman. Como é a maneira máis clásica de agradecer e o máximo que algunhas poden ofrecer, rechazar a oferta pode resultar un pouco descortés.

Do mesmo xeito, se alguén precisa patacas para comer ou incluso un radiador eléctrico para o inverno, como foi o meu caso, pode adquirilas se alguén máis ten e sóbranlle. Sen cartos de por medio. Hoxe por ti, mañá por min.

É palpábel que este tipo de intercambios e favores fomentan un tipo de relacións sociais moito máis complexas e profundas entre as veciñas da aldea, que entre as veciñas das cidades. E conforme a poboación rural vai envellecendo, brindar axuda xa non é so un asunto no que intervén a familia, senón que a comunidade vaise coidando entre si.

A pesar de que a propia xente da aldea diga reiteradamente sobre eles mesmos "non estamos tan unidos" ou "xuntarnos a convivir xa é cousa do pasado", podo decatarme de que en realidade os vínculos entre as persoas da comunidade son tan fortes, que a partir deles móvese a economía local.

Tampouco se pode negar que neste contexto, a individualidade, a competencia e a envexa, por mencionar algunhas variantes de comportamento, non existan. A diferenza, ao meu parecer, é que mentres nas cidades as accións poden verse determinadas por estes factores, aquí convívese a pesar deles.

Os lazos sociais son tan importantes que aquí a consigna "o voto é segredo" tómase de xeito literal e ninguén di a que partido vai votar. As posibles discusións e fracturas que o desacordo político pode xerar poñen en perigo as relacións das integrantes da comunidade. Claro, isto á súa vez ten outro tipo de implicacións, como a despolitización da vida cotiá.

***

Atoparme no medio desta lóxica tan distinta á que estaba acostumada nas cidades, fai que me pregunte, todo isto estará determinado polo acceso ás materias primas que se obteñen a través da terra e do traballo? De ser así, a canto tempo se remonta esta forma de procurar a vida propia e a vida allea? As dificultades económicas que azoutaron ao mundo rural galego desde hai séculos propiciaron nalgunha medida a cooperación diaria que vexo?

Para min e o meu compañeiro foi unha sorte ter chegado a estar parte do mundo. Puidemos comezar a habitar unha casa en estado de abandono por mais de tres décadas grazas á colaboración de toda a aldea. O afecto e o coidado ao noso redor, que asemellan aos que se atopan nunha familia, foi un apoio emocional importante que contrarresta a soidade de vivir lonxe da terra natal.

A falta de mobilidade, de emprego ou de cultura na zona na que se vive son sempre unha desvantaxe e son algunhas das razóns polas que a xente migra ás cidades. Para unha lóxica de vida, hai máis posibilidades na urbe. Porén, hai outro tipo de valores importantes da vida rural que fan posible a subsistencia, os cales non se poden medir en termos monetarios porque aínda non foron tocados polas farpas do capitalismo.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver listado completo

Medio rural
Un grupo de xornalistas e fotógrafos lánzanse a documentar os baleiros do rural galego para que non esmoreza
Logo do éxito da exposición itinerante ‘Habitar o baleiro’, o fotoxornalista Brais Lorenzo e a xornalista Cláudia Morán arrincan o proceso de gravación dunha peza documental xunto coa produtora Metropolis.coop.
Ourense
As embarazadas de Ourense esixen dar a luz con seguridade mentres a Xunta manobra para trasladar o paridoiro
Demandan que se deteña o traslado á ubicación temporal e que o Sergas teña en conta as súas demandas.
Danza
Todo o que podería ser o xénero e como desfacelo dende o escenario
A compañía Disiden.cia rompe os moldes da identidade con 'Bipedestrución' na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que cumpre 41 edicións cunha aposta radical pola diversidade, a memoria e o pensamento crítico.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.

Últimas

Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...