Cuidados
Unha ducia de propostas finais para o benestar cidadán en tempos de pandemia

Última entrega da serie de artigos sobre arquitectura dos coidados, produto da reflexión realizada pola nosa asociación Maternidades Feministas Galegas durante o peche ao que estivemos sometidas.

200418_Sanchez_anuncia_Niños
Crianzas xogando mentres Pedro Sánchez comparece na televisión. David F. Sabadell

Rematamos esta restra sobre arquitectura dos coidados, produto da reflexión realizada pola nosa asociación Maternidades Feministas Galegas durante o peche ao que estivemos sometidas con novas achegas que favorezan o benestar das persoas nas súas vivendas de cara a novos confinamentos e, ademais, unhas ideas finais para mellorar a sostibilidade das cidades, pois segundo varios estudos realizados na pandemia sabemos que pode axudar a minimizar situacións semellantes.

Cinco ideas para mellorar o benestar das persoas nos seus fogares

1. Aproveitar os espazos infrautilizados.

Isto é unha constante en toda a perspectiva ecofeminista: non precisamos construír e reconstruír, moitas veces basta con repensar o existente. Por iso reiteramos prestar atención ao espazo común xa dispoñíbel nas vivendas, que con frecuencia está desaproveitado ou mesmo abandonado. Nos bloques de pisos hai reticencia a utilizar os espazos comúns, porque a normativa así o prohibe, pero iso leva ao seu desaproveitamento e abandono porque «non son de ninguén». Xardíns, escaleiras, entradas, traseiras… poderían converterse en instalacións comunitarias cheas de vida. Pódense aproveitar terrazas, pequenos patios de luces etc. para goce e encontro da veciñanza sen grandes gastos de adecuación e mantemento. Por exemplo, colocando en entreplantas e corredores espazos deseñados para xogo simbólico, espellos, cociñas de xoguete ou recunchos de lectura. E nos tellados dos edificios testos, hortas urbanas e até colmeas para apicultura, coma nos premiados tellados de Viena e Praga.

Así mesmo é importante contar con accesos amplos, limpos e ben iluminados pola noite que ofrezan seguridade a todas as persoas, favorecendo a súa autonomía.

2. Máis luz.

En Galicia adoecemos disto: xanelas pequenas para (supostamente) evitar a perda de calor de casas mal illadas. A día de hoxe, con novas envolventes térmicas nos edificios, podemos aspirar a aberturas meirandes. As cristaleiras amplas permiten a entrada da luz e calor e tamén recrearse en ollar pola fiestra, sempre con sistemas de mantemento e limpeza adecuados.

3. Amplitude dos espazos.

Como dixemos anteriormente, o espazo non debería ser un luxo: todas as vivendas deberían fornecer un espazo vital para as persoas que a ocupan. Isto facilitaría considerabelmente a diminución de enfrontamentos por necesidade de privacidade.

4. Apertura, recuperación da natureza e posta a disposición da veciñanza dos patios interiores de quinteiro.

En Compostela hai moitos patios de quinteiro ocultos e infrautilizados: desde a Zona Vella até o Ensanche, nunha simple vista de satélite pódense localizar. A meirande parte foron leiras non hai tantas décadas. Algúns son enormes, coma o situado xusto detrás da rotonda da Galuresa, no patio de quinteiro que forman os edificios de Romero Donallo, A Rosa e Fernando III O Santo: un espazo de titularidade pública con facilidade de acceso do exterior cuxo proxecto de conversión en área recreativa leva pendente desde que fora incluído no 2006 no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Patio de quinteiro_materfem
Patio de quinteiro Galuresa (Compostela). Foto: Nark

Outro tema é a situación dos incríbeis verxeis que se agochan en moitos dos mosteiros e conventos de clausura da cidade, que exclúen do seu goce á veciñanza e se atopan sen uso pola escasa poboación relixiosa actual.

As consecuencias negativas de non gozar da natureza con regularidade son coñecidos: obesidade, dificultade de atención, enfermidades cardiovasculares e depresión

Nalgúns casos, estanse a talar as árbores destes patios interiores, coma tamén as dos parques infantís. A dendrofobia (‘odio ás árbores’) dominante, alén de contribuír ao feísmo propio do Ensanche, é unha perda importantísima para a veciñanza pois as árbores atraen outras especies, melloran a calidade do aire, colaboran na regulación da temperatura, e son elementos de xogo e lecer.

Comparemos isto co que fai o estado xaponés, por exemplo, quen puxo en marcha nos anos oitenta unha terapia para combater a tensión laboral e o ritmo frenético da gran cidade: o shinrin-yoku ou baño de bosque. Lembremos que se ben hai 50 anos só o 30% da poboación mundial vivía en zonas urbanas, en España actualmente o 70% por cento da poboación vive nunha cidade. Neste sentido, foi que o escritor Richard Louv acuñou no 2008 o termo trastorno por déficit de natureza que, se ben (como el mesmo explica) non se trata dun diagnóstico médico, serve como metáfora para describir o alto prezo que pagamos os humanos por non estar en contacto coa natureza, demostrando que a exposición directa a ela é esencial para o noso desenvolvemento, especialmente o das crianzas, e tamén para a saúde das persoas maiores, con efectos coma a redución do cortisol (hormona asociada á tensión e a ansiedade). As consecuencias negativas de non gozar da natureza con regularidade son coñecidos: obesidade, dificultade de atención, enfermidades cardiovasculares e depresión.

5. Máis soportais.

Aproveitando que as beirarrúas foron ancheadas con grande éxito no Ensanche pódense construír novos soportais con bancos e usar a parte superior como balcón ou terraza (como nas casas de Ramírez). Un modelo que pode estenderse a toda a cidade, incluíndo carrís bici e máis verde. Con menos coches, ruído e contaminación podemos volver gozar do exterior desde as vivendas grazas aos balcóns e terrazas (que en moitos casos foron pechados polo ruído e contaminación da rúa). A recuperación do espazo exterior favorece a vitalidade, a diversidade e a sensación de seguridade para as persoas de todas as idades.

Feminismos
A túa vila é máis androcéntrica do que nunca imaxinarías
VV.AA.

Segunda parte da serie de artigos nos que MaterFEM (Maternidades Feministas Galegas) reflexiona sobre o lugar que os coidados e o benestar ocupan nas nosas vilas e cidades. Nesta entrega as autoras cuestionan a suposta neutralidade dunha arquitectura e dun urbanismo configurados a través dos séculos segundo os valores dunha universalidade que escondía, e ainda esconde, que o suxeito dos dereitos de cidadanía é masculino.

Sete ideas para mellorar a sostibilidade.

1. Orientación axeitada.

As vivendas deberían estar deseñadas para que todos os pisos teñan unha parte ao fronte (zona social: salón, cociña) e outra á traseira (os cuartos) e así todas poidan mirar a rúa e aproveitar mellor a orientación do sol e a ventilación.

2. Facer sitio para o lixo.

Como comentamos con anterioridade, son precisos espazos para a xestión e organización do lixo compostábel e materiais reutilizábeis nas vivendas e nos espazos comunitarios para o seu aproveitamento común.

3. Calefacción sostíbel.

Orientar ben as casas e seguir os criterios da arquitectura climática aforraría moito en calefacción pero, para as xa construídas, é preciso buscar maneiras en que a calor circule pola casa de xeito lóxico, non só con radiadores detrás das portas nin en horarios fixos que tenden a corresponderse cos habituais do traballo masculino.

4. Utilización de materiais non contaminantes.

Hoxe en día sabemos que moitos dos materiais que se empregan na construción e rehabilitación de vivendas son altamente contaminantes para o planeta (pola súa difícil reciclaxe ou eliminación) así como para a saúde humana. Convivimos cun nivel de radiación que debería ser moi inferior (o radón da pedra que tanto achamos en Compostela é un tema que merece un artigo aparte), mais tamén con elementos tóxicos nas pinturas das paredes, nos colchóns, nos chans, nos mobles, nos xoguetes, nos equipamentos producidos con plástico, na multitude de aparatos electrónicos... As casas parecen botar un fume irrespirábel, coma os coches, no canto de coidarnos.

Feminismos
As mulleres levamos ideando cidades máis habitábeis desde o s. XIX
VV.AA.
Cando deixaron as crianzas de iren soas á escola? Cando comezamos a considerar imprescindíbel usar o coche tamén para iso? Cando deixou a cativada de xogar na rúa?

5. Utilización de enerxía renovábel.

Non se pode falar de construír novos modelos de vilas e cidades sen superar a dependencia das enerxías non renovábeis e sen facérmonos máis conscientes do uso e abuso da enerxía. Actualmente estanse a investigar formas de producir enerxía sorprendentes (aproveitando o movemento das árbores, por exemplo), pero outras xa están suficientemente desenvolvidas como para que, de forma comunitaria, se instalen: paneis termosolares nos tellados, paneis fotovoltaicos mesmo como xanelas (cristais con células integradas), caldeiras e estufas de biomasa que poden substituír ás de gasóleo aproveitando a mesma instalación, cociñas solares, etc. No caso da enerxía solar hai que rachar co tópico de que aquí sempre chove: temos moitas máis horas de radiación solar ca Alemaña, quen produce máis kW/h ca España, Portugal, Italia e Francia xuntas. Ademais a nova lei de autoconsumo enerxético dá facilidades para este tipo de instalacións.

Temos tecnoloxía para que os tellados deixen de ser conxuntos de tellas e mediante placas solares, apicultura, hortas, tellados verdes, etc. faciliten a conversión en vivendas pasivas, é dicir, vivendas que produzan por si mesmas a enerxía que consomen: un dos obxectivos da sostibilidade.

Edificios enerxía 0_materfem
Edificios de enerxía cero do proxecto BedZED, Londres, 2007. Fonte: Wikipedia

6. Aproveitamento e reutilización da auga.

O estrago de auga é unha constante nas nosas casas. Non se trata só de escoller entre ducha ou baño ou lembrar pechar a billa ao esfregar os dentes. Bótase a perder auga potábel, limpa e doce para lavar, fregar, cisternas, limpar chans e patios, etc. no canto de considerala ben prezado e escaso e limitar o seu uso para consumo humano e animal. Reutilizar a agua a través de filtros (por exemplo nas cisternas ou para regar), para muros de auga térmicos en construcións bioclimáticas, e recoller a auga da chuvia nun país tan húmido, e en concreto na cidade que ten os niveis máis altos de precipitacións do estado, debería ser básico.

7. Máis natureza.

Como dixemos anteriormente, case todas as casas e edificios da zona vella teñen hortas, moitas en desuso e case todos os patios da zona nova son enormes e están desaproveitados. Os parques e prazas énchense de cemento cortando árbores e eliminando herba, area e terra. Estamos construíndo cidades grises, cheas de fume e recocidas. Debemos devolver a natureza á cidade (árbores, hortas, fontes e estanques con peixes e paxaros), se até a Quintana tivo árbores! Aprendamos algo da pandemia: sabemos con certeza que convivir coa natureza mellora a calidade do aire, reduce o quecemento global, desestresa á poboación e contribúe á sostibilidade.

Hortas_materfem
Hortas en San Roque: desde as particulares até as relixiosas de La Salle e Santa Clara. Foto: Sabela Losada Cortizas

Para rematar…

Consideramos que as casas deben ser espazos agradábeis que faciliten a vida e a convivencia, pois pasamos moito tempo nelas, en grande parte polo clima chuvioso que fai neste país o inverno moi longo e tamén polo novo escenario de pandemia. Delas saímos ao mundo laboral, escolar e político que ás veces semella hostil (nestes tempos, máis aínda). As casas, que foran pensadas como refuxio do guerreiro e xiraban arredor do home, teñen que ser repensadas para modificar a súa forma, obxectivos e distribución e incorporar sen xerarquías a diversidade das súas moradoras, con capacidades, idades, sexos, xéneros, etc, diferentes.

Como dixemos ao principio o espazo que habitamos non é neutral, senón que reflicte e reproduce os valores de quen o crea. Concordamos coa arquitecta Zaida Muxí en que «temos que traballar na configuración de novas tipoloxías de vivenda que nos permitan transmitir valores de equidade, de igualdade de oportunidades e de valoración dos papeis que se levan a cabo na vida cotiá, sobre todo no reprodutivo. Por este motivo, a distribución e a organización dos espazos domésticos ten que recoñecer, facer visíbel e facilitar as tarefas de coidado do fogar e das persoas, xerando espazos axeitados para desenvolver cada unha destas tarefas, e ademais ten que axudar a non salientar ou crear situacións de desigualdade entre as persoas que viven nestes espazos».

O espazo que habitamos non é neutral, senón que reflicte e reproduce os valores de quen o crea

Tamén é preciso facer unha profunda reflexión do lugar que ocupan os coidados na nosa sociedade. Como di María Ángeles Durán, o coidado, por tan intuitivo e polivalente, non é doado de definir, pero o que está claro é que «o coronavirus disparou as necesidades de coidado. Os enfermos, os nenos ou os anciáns fráxiles son os grandes consumidores intensivos de coidado, pero en termos de volume a maioría do coidado consómeo a poboación entre 15 e 65 anos. Os sans e fortes liberan o seu tempo dispoñíbel cando contan coa garantía de que o seu fogar estará limpo, a alimentación equilibrada e as relacións familiares mantidas. Alguén se ocupará diso. Xeralmente, alguén con nome de muller».

Agardamos que os artigos desta restra que presentamos teñan sido de interese e gostaríamos de recibir as vosas achegas, suxestións, consideracións, etc. na nosa páxina web, por mail (materfeministas@gmail.com) ou a través das redes.

Estamos certas de que unha nova ollada coidadosa, calma e lila pódenos levar a mellorar o benestar de todas as persoas no máis próximo e cotián, algo especialmente importante nestes tempos estraños que estamos a vivir.

Cuidados
12 ideas para facilitar os coidados nas vivendas antes do próximo confinamento
VV.AA.
Algunhas propostas elaboradas de xeito colectivo pola nosa asociación co obxectivo de facilitar as tarefas de coidados cotiás, contribuíndo ao benestar das persoas nos seus fogares.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Oriente Medio
Oriente Medio ‘Aliadas’, un libro para imaginar otra Shatila y recordar Palestina
Hablamos del libro, el deporte, la vida en Shatila y el genocidio en Gaza con la autora, Txell Feixas, junto a Majdi y Razan, padre e hija que protagonizan esta historia de rebeldía y amor por la vida en el campo de personas refugiadas del Líbano.
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Maternidad
Maternidades Maternar sola, precaria y sin que se note
Actualmente, asistimos a un nuevo modelo de súper madre que es la monomarental, precaria, activista feminista, que hace malabares para que sus criaturas no se enteren de las patrañas que nos rodean sin perder de vista la crianza respetuosa
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.