Laboral
Sindicatos piden a intervención pública en Alcoa ante o ERE que afectará ao redor de mil traballadores

A empresa de aluminio argumenta o elevado prezo da enerxía eléctrica no Estado español para pechar apesar das axudas públicas percibidas. Tras días de mobilizacións na comarca da Mariña, resoa o plantexamento de nacionalizar a industria electrointensiva.

Barricadas Autovía Cantábrico Alcoa
Parada da circulación na autovía cara ao Cantábrico en protesta polo peche da fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao. Cedida pola CIG

Ao berro de “Alcoa sálvase loitando” e “Enerxía, solución”, máis de 5.000 persoas rexeitaron en Ribadeo o pasado domingo 30 o peche da planta de aluminio da fábrica de San Cibrao. A multinacional estadounidense convocou un ERE alegando o alto custe da enerxía eléctrica no Estado español e o baixo prezo de venda do aluminio. Todo isto, a menos de dous anos do peche e venda posterior das plantas de A Coruña e Avilés ao fondo suízo Parter Capital.l cierre y venta posterior de las plantas de A Coruña y Avilés al fondo suizo Parter Capital.

Apesar de que segundo os directivos de Alcoa os despedimentos afectarán só a 534 persoas, “débese engadir a uns 400 traballadores directos auxiliares que entran todos os días na fábrica. Ademáis, hai unha serie de talleres ao redor na zona que, ainda que tampouco entren nos seus datos oficiais, traballan para a fábrica dun modo indirecto”, defende Xosé Paleo, presidente do comité de San Cibrao e delegado da Confederación intersindical Galega (CiG) en Alcoa.

Na fábrica, realízase o proceso completo da produción de aluminio desde que a bauxita [Rocha sedimentaria con alto contido en aluminio] sae da mina até que a alúmina se funde. A planta de aluminio pertence en exclusiva a Alcoa, mais a de alúmina ten un 40% de participación dunha empresa australiana. Desde 1998 até 2011 a compañía facturou 1.500 millóns de euros, mais con perdas no apartado do aluminio. Para a elaboración do metal, realízase un proceso electrointensivo, que consume enerxía eléctrica, carretando o 40% dos custos fixos do produto.

O Estado español produce case o triple de enerxía eléctrica da que consome, mais as privatizacións, impulsadas polo PSOE nos 80, complican a súa regulamentación no mercado. No que ten a ver co prezo do aluminio, cotízase no LME (Bolsa de Metais en Londres) e “é o mesmo para todos”, sinala Xosé Paleo.

“A intervención estatal aseguraría os empregos e a actividade produtiva, preparar un plano industrial de futuro e que los beneficios do aluminio ficasen aquí”, sinala o secretario xeral da CIG.

A empresa, percibiu un total de 38 millóns de euros en axudas públicas polo Goberno de España para preservar o emprego durante os dous últimos anos. Ademais, nos últimos 20 anos desde a tarifa G4 até a interrompebilidade, a empresa recibiu unha contía económica de case 1.000 millóns de euros desde que estes mecanismos se puxeron en andamento. A UE xa o denunciou en 2013, considerándoas “subvencións estatais disimuladas”.

Este instrumento funciona de xeito que, a cambio de ingresos millonarios, en tempos de alto consumo eléctrico, as empresas electrointensivas —que consomen perto dun 3% da enerxía eléctrica estatal— reducirían ou pararían a súa produción co conseguinte descenso no consumo.

No que se refire á rentabilidade da planta, “Alcoa dispón dunha fábrica en Noruega máis anticuada e considerada por eles mesmos como “menos eficiente” que a de San Cibrao. Mais alá non teñen o problema do alto custe eléctrico”, subliña Paleo. Con todo, Alcoa está a trasladar a súa producción a países como Arabia Saudita ou Islandia, que nin sequera teñen bauxita, mais si unhas condicións económicas menos custosas para a fundición do aluminio.

A NACIONALIZACIÓN COMO ALTERNATIVA

O Goberno central non aprobou o estatuto electrointensivo ao que se comprometera para regular os prezos da enerxía e desde a Xunta de Galicia se rexeitou a posibilidade dunha tarifa eléctrica galega que rebaixase o seu prezo (Galiza exporta un 40% da enerxía que produce ao resto do Estado sen recibir beneficios co custo social e ambiental que conleva). É por iso que desde os diferentes sindicatos avogan pola intervención estatal da industria, incluso pola nacionalización do sector. Segundo o mesmo sindicalista da CIG, “con este contexto de crise económica espreitando, é cando mellor encaixan as intervencións públicas do Estado”, xa que para Paleo “na sociedade capitalista na que estamos nunca se avogaría pola nacionalización dunha empresa excepto en situacións límites como a actual”.

Após do parón que sufriron as industrias a causa das medidas tomadas durante o estado de alarma, prevalece “a necesidade de preservar os postos de traballo. O Estado debe intervir e axudar a reactivar a industria despois da pausa”, asegura Xosé Paleo. Seguindo o exposto polo secretario xeral da CIG, Paulo Carril, “a intervención non só é legal, senón que ten precedentes noutras fábricas similares en Europa. Permitiría asegurar os empregos e a actividade produtiva, preparar un plano industrial de futuro e que os beneficios do aluminio ficasen aquí e non fosen engordar os petos dos accionistas norteamericanos”.

alcoa 4
Mobilizacións en 2018 contra o peche das plantas de A Coruña e Avilés. Pablo Santiago

Hai menos de dous anos, durantes as mobilizacións contra o peche da fábrica de Alcoa en A Coruña, Yolanda Días, a actual Ministra de Traballo —entón deputada no Congreso por En Marea—denunciaba que nese momento o deber do Goberno de España era “ser valente e enfrontarse a Alcoa, intervindo desde a SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais)”, xa que “saben perfeitamente que se pode facer”.

Ante o manifestado por Díaz no pasado recente, Xosé Paleo demanda que “cumpra o dito”. A fábrica Alcoa xa foi de dominio público, pola Inespal (Industria Española del Aluminio), mais “Felipe González comezou o proceso de venda e Aznar o rematou por 400 millóns de dólares”, sinala Paleo. Ademáis, ante a necesidade do abaratamento da enerxía eléctrica, diversos sindicatos do conxunto do Estado avogan pola nacionalización e dominio público do sector eléctrico.

Desde a CIG aseguran que “non pararemos de loitar até que se amañe a situación”

En canto á importancia da industria no Estado español, o sindicalista asegura que “un país sen industria é un país sen futuro”. “Non se pode vivir só do turismo. Para que este exista, ten que haber poder adquisitivo. Ten que haber produción de riqueza para gastala no turismo. Os restaurantes e os hoteis non se manteñen por si mesmos. O turismo distribúe a riqueza, non a produce”, argumenta Xosé Paleo.

Tras parar a circulación da autovía do Cantábrico (A-8) e realizar barricadas con neumáticos ardendo, en canto ao futuro das protestas sociais, desde a CIG instan a derogar a Reforma Laboral de 2012 e aseguran que non “pararemos de loitar até que se amañe a situación”.”Non nos deixan outro xeito de facelo”, defende Paleo.

Industria
Alcoa: daquelas privatizacións, estes ERE

A empresa pretende deixar na rúa a case 700 traballadores da Coruña e Avilés, despois de pasar perto de dúas décadas obtendo beneficios millonarios incentivados polas subvencións estatais enmascaradas.

Decrecimiento
As preguntas que ninguén fai

O consenso político a prol do mantemento destas industrias agacha un debate fundamental acerca da súa sostibilidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
Portugal
Elecciones Portugal: derecha para todos los gustos
Todos los sondeos dan por segura una victoria conservadora en un país en el que los buenos datos económicos contrastan con salarios estancados y alquileres por las nubes.
Crisis económica
Economía mundial Por algo más que por dinero: las razones de Trump para una sacudida sin precedentes a la economía mundial
Un estudio estima que la familia promedio perderá 300 dólares al mes con motivo de la oleada arancelaria desatada por el Gobierno de Trump. China anuncia que resistirá hasta el final.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.