Medio ambiente
“As empresas contaminan o medio ambiente do Porriño amparadas polas institucións”

A asociación veciñal de Afectados polas canteiras de Budiño reclama unha avaliación de impacto mediambiental até hoxe inexistente. Os efectos da actividade perxudican a vida cotiá da xente. As explotacións de granito son unha das principais fontes de emprego na comarca.

explotación canteiras porriño
A zona da explotación das Canteiras do Porriño. Cedida:

Ruídos, caídas de pedras, vibracións, pó e augas contaminadas nas Gándaras. Así se manifesta a degradación medioambiental que sofre o entorno e a veciñanza de Budiño e Atios (concello de O Porriño). As augas son competencia do Ministerio de Transición Ecolóxica, as minas da Consellería de Economía da Xunta e os ruídos e vibracións do Concello do Porriño. A veciñanza reclama un programa de vixilancia medioambiental por parte destas institucións a un nivel lexislativo.

A contaminación das augas xérase fundamentalmente por lodos en suspensión. Segundo explican desde a Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño (AAFECABU), as augas —sen filtrar— desembocan nas Gándaras, “Zona de Especial Conservación pola Rede Natura 2000, degradando este ecosistema de referencia europeo”, declaran. 

A contaminación implicou que o barrio da Vaquería quedase sen auga de regadío para os cultivos dende hai décadas, auga tradicionalmente autoxestionada polos veciños”, sinala Almudena Rodríguez, presidenta da asociación. Dado o cambio que supuxo esta explotación na orografía do terreo, “no barrio de Vitureira secaran moitos regatos, fontes e pozos, mentres que, cando chove moito, é tal a cantidade de auga evacuada que moitos veciños da Vaquería sofren inundacións nos seus terreos”, explica.

“As paredes fisúranse e víbrache a cama”, denuncia a presidenta de AAFECABU

“O ruído é moi estresante, ás veces inaguantábel”, asegura a presidenta. Durante o confinamento rexistraron o maior número de voaduras, que motivou máis queixas veciñais, apuntan desde a asociación. “Xérase moitísimo pó cara ás casas, cultivos… E ese pó en suspensión fusiónase cos restos das obras”, critican. Durante a época estival aumenta o pó, xa que non hai choivas que o limpen. “As paredes fisúranse e víbrache a cama”, denuncia a mesma portavoz. Asegura que cando se fala cos empresarios, estes reprochan que é por mor da construción das casas. “Todo isto sucede sen unha avaliación das institucións públicas”, lamenta Almudena Rodríguez.

CASE MEDIO SÉCULO DAMNIFICANDO O MEDIO AMBIENTE

Aínda que a extracción de pedra nas canteiras de forma intensiva data do inicio da súa actividade en 1972, nunca se fixo avaliación do impacto medioambiental na zona. A normativa de avaliación de impacto comezou en 1986. No ano 2013, a veciñanza da zona presentou alegacións ante a Confederación Hidográfica do Río Miño-Sil (competencia do Goberno Central) polos permisos de verquidos. Na actualidade, seguen sen unha resposta efectiva. “Ás empresas sempre se lles permitiu traballar sen vixilancia ambiental, aférranse a que a explotación comezou antes que a lexislación”, indica Almudena Rodríguez, presidenta e portavoz da Asociación de Afectados polas Canteiras de Porriño (AAFECABU)

“A día de hoxe, un pode ir á cadea por xerar altos niveis de contaminación”, indica a presidenta de AAFECABU

As canteiras de granito rosa son as máis importantes do Estado español. Ocupan un 5% do total do Concello de Porriño. A zona goza de interese empresarial, xa que en Europa queren crear minas de novos metais no noroeste peninsular. Para presentar un proxecto de explotación, esíxese un plan de avaliación de impacto e outro de restauración da zona, ambos de dominio público. Neste caso só se presentaron as de restauración. 

No presente hai dúas explotacións en activo nas canteiras. Foi un proxecto en conxunto, pero no que cada empresa traballa dun xeito independente. As concesións empresariais (C. E.) vixentes son a C. E Benedicta nº1544 e a C.E. Forna nº2342. e os seus titulares, POCASA, Porriñesa de Canteiras S. A. e Marcelino Martínez Galicia S. L. Ambas, realizan as explotacións propiamente ditas nas canteiras, xunto a outras empresas coma Hormigones Valle Miñor S.A ou Blockdegal S.L. Con todo, desde AAFECABU sinalan que “a historia da explotación das gándaras é o exemplo de como non se deben facer as cousas en materia ambiental e extractiva”.

Mapa explotacións porriño
Mapa delimitado coas explotacións nas canteiras do Porriño. Cedida.

Quen outorga as concesións mineiras para as explotación é a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia. Correspóndelle velar polo cumplimento da lei da empresa. Por outra banda, o organismo competente na avaliación do impacto medioambiental —e quen decide se unha actividade debe someterse ou non a esta lexislación—, é a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

“A día de hoxe, un pode ir á cadea por xerar altos niveis de contaminación”, indica a presidenta de AAFECABU.  “Non hai coordinación e o que fan é pasarse a bóla uns aos outros e acabar ignorando o problema; contamínase o medio ambiente amparados polas institucións”. Os veciños da zona consultados, só o explican baixo o argumento de querer defender os intereses empresariais. A asociación destaca que as poucas reunións ofrecidas foron sempre propostas en “horarios imposíbeis de conciliar coa vida laboral”.

DICOTOMÍA ENTRE O MEDIOAMBIENTE E O TRABALLO

As canteiras do Porriño, son a fonte de emprego para moitas persoas na zona. “Todos temos familiares vinculados á canteira”, afirma Almudena Rodríguez. A crise inmobiliaria do 2008 golpeou fortemente o emprego das Gándaras. A presidenta da asociación argumenta que “ninguén pode asegurar que o prezo do granito non baixe e a historia non se repita”.

Por iso, xa sexa por medo a perder o traballo ou por intereses económicos no sector, “xérase un clima de silencio colectivo respecto ao tema”. Desde a asociación de afectadas, tamén sinalan a desinformación sobre o impacto medioambiental negativo xa que “hai quen pensa que é o normal”.

Con todo, quen sofre máis o impacto negativo das explotacións é a clase traballadora. As vivendas máis baratas son as que máis padecen as fisuras e son as hortas de autoconsumo a que reciben auga de regadío contaminada. Segundo Almudena Rodríguez, cómpre tamén realizar unha análise de afectados por silicose na zona, “a idade de xubilación é temperá e quédalles unha pensión moi baixa”, lamenta e engade que “hai en familias na que as mulleres tiveron que poñerse a traballar con idades moi avanzadas”.

Industria
O que non se di sobre Alcoa
A Xunta non ten plan ante a marcha de Alcoa, que deixaría unha desfeita ambiental e socioeconómica resultado dunha desfeita política de décadas.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Segovia
Mujeres rurales Maribel y sus amigas o cómo sobrevivir sin servicios públicos
Maribel lleva trabajando en el campo desde que era pequeña pero no ha podido cotizar nunca. Junto a sus amigas resiste en un medio rural que envejece sin sanidad, educación o transporte.
Medio ambiente
Opinión De los necios, los mastines y los lobos en los tiempos sombríos
Paseando con mastines, frente a la barbarie, una reivindicación del lobo y, con él, de la comunidad, de la fraternidad, de la esperanza y de la voluntad superviviente de la belleza.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Más noticias
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen descarta el ciberataque y sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.