Medio ambiente
O mapa da eólica mariña aprobado polo Goberno abre unha guerra na pesca e no ecoloxismo

Os Plans de Ordenación do Espazo Mariño dan luz verde á instalación de aeroxeradores en 4.948 quilómetros cadrados de litoral con influencia en reservas naturais e caladoiros, especialmente en Galicia e Asturias
EDP aerogenerador marino portugal
Aeroxerador mariño na costa portuguesa | EDP

A unión que vén de cristalizarse nos portos dos litorais atlántico e cantábrico non ten precedentes na historia recente. Todas as asociacións de confrarías de pescadores dende as Rías Baixas até Euskal Herria apartaron as súas diferenzas e agora están baixo un paraugas común: o de defender os caladoiros de pesca onde faenan as súas frotas. Nin sequera o Prestige foi tan transversal no sector da pesca. Esta potencial ameaza que sobrevoa a forma na que se gañan a vida miles de familias tampouco ten moitos precedentes. O Goberno do Estado español proxectou oito polígonos eólicos nesa demarcación, a noratlántica, con 2.688,61 quilómetros cadrados, unha terceira parte da superficie da comunidade de Madrid.

Os datos están nos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) que acaba de publicar o Ministerio para a Transición Ecolóxica. Galicia e Asturias aglutinan máis da metade do total de 4.948 quilómetros cadrados reservados en todo o Estado. Nas outras catro demarcacións, a repartición é desigual. Na do Estreito e Alborán reserváronse 1.222,61 quilómetros cadrados; na das Illas Canarias 561,87 quilómetros; e na levantino-balear 474,99. En cambio, na sudatlántica, os técnicos de Transición Ecolóxica non constataron ningunha superficie proveitosa.

As frotas de Galicia e Asturias: un choque frontal co Miteco

A mobilización que se está a xestar en Galicia e Asturias é máis significativa por unha razón fundamental: a influencia nas súas economías. Especialmente, na galega. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, a pesca achega á súa economía 1.040 millóns de euros. Isto tradúcese en algo máis de 30.911 postos de traballo directos no sector pesqueiro. E aínda que as cifras son significativas sen desagregar —supoñen case o 2% do produto interior bruto galego— hai comarcas moi poboadas nas que a súa economía se sustenta, principalmente, no mar.

O colectivo que aglutina a todas as confrarías do norte está a estudar a impugnación do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo

No Barbanza o sector supón o 26% do PIB comarcal e, en Ribeira, o produto interior bruto depende do mar nun 32,2%. E hai moitas máis zonas en Galicia con datos similares. Por iso, pescadores e pescadoras crearon en 2019 a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños. O colectivo que aglutina a todas as confrarías do norte da península está a estudar a impugnación do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo. Piden a súa retirada e o seu portavoz, Torcuato Teixeira, insta a dimitir á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e vicepresidenta terceira, Teresa Ribeira, polas “consecuencias que o plan pode ter no sector”.

Energía
Enerxía É a eólica mariña unha boa idea?
No debate político e social que se está a dar na Galiza arredor da enerxía eólica existen diverxencias segundo se pretenda instalar en terra ou diante das costas.

“O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acaba de declarar unha guerra ao sector pesqueiro e aos ecosistemas mariños, a toda a sociedade e aos intereses xerais”, denuncia Teixeira. “Non nos valen armisticios en base a futuras compensacións”, engade. As compensacións púxoas sobre a mesa a propia vicepresidenta Ribeira e a ollos do colectivo “contradí os argumentos da escasa afección”. “É importante recoñecer que hai un cambio de usos que impide que poida desenvolverse algunha actividade e que iso require algunha compensación”, sinalaba nunha entrevista na Cadena Ser a comezos de semana. Segundo a vicepresidenta, non se pode “negar a oportunidade” de que un novo sector, o eólico, “teña o seu espazo e capacidade de despregamento” e, do mesmo xeito, tampouco se poden obviar “as expectativas dos sectores tradicionais que aspiran a poder seguir funcionando e traballando”. Por iso, dixo entender que “cando hai un tipo de actividade” que funcionou “practicamente en solitario” xurda a “preocupación” cando aparecen “novas actividades”. Nese contexto, comprometeuse a “buscar o máximo consenso para que se poida funcionar de maneira complementaria e sen receos”. Na fin, son nada menos que 2.560 quilómetros de litoral onde traballan, polo menos, 4.584 barcos pesqueiros.

A intersección co ecoloxismo e as sociedades científicas

Aínda que as diferenzas entre os grupos ecoloxistas, o sector pesqueiro e as sociedades científicas son abertamente manifestas en Galicia e en Asturias, atoparon denominadores comúns nas súas reclamacións. Tamén co Consello Superior de Investigacións Científicas. E nesta ocasión están organizados para remar xuntos. “Aquí ninguén está en contra da transición enerxética nin do cambio de modelo cara ás renovables”, aclara, antes de nada, Nicolás López Jiménez, doutor en bioloxía, delegado da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) e autor principal do Libro Vermello das Aves de España, o manual de referencia para a conservación de especies vulnerables no Estado español. Ese é o primeiro punto chave no que conflúen todas as voces. “Agora ben, estes plans adoecen de certa ambigüidade que pon en risco a conservación dos ecosistemas mariños. Co fin do desenvolvemento eólico mariño non pode poñerse en xaque a diversidade biolóxica”, profunda López.

O corredor que se forma nas costas galega e asturiana está considerado como un dos pasos migratorios máis importantes do planeta

O delegado de SEO/BirdLife augura que se os polígonos eólicos seguen adiante como están e neles levántanse aeroxeradores de 250 metros de altura, o norte de Galicia “podería converterse nunha trituradora de aves”. Non son elucubracións. Cada ano, no outono e primavera, rexístranse millóns de movementos de aves mariñas nas costas españolas. En concreto, o corredor que se forma nas costas galega e asturiana está considerado como un dos pasos migratorios máis importantes do planeta. E non só polo paso de aves mariñas. Estas costas tamén son atravesadas por millóns de aves terrestres nas súas migracións para cruzar a península Ibérica.

“Do mesmo xeito que ocorre en terra firme, un desenvolvemento renovable mal planificado pode xerar impactos críticos sobre especies xa de seu en perigo”, lembran desde a Sociedade Española de Ornitoloxía. As aves mariñas representan o grupo de avifauna máis ameazado do planeta, e a iso súmanse a complicada situación de especies de cetáceos, tartarugas e outros organismos mariños. Ademais, como ocorre coa agricultura, a gandaría e outros usos en terra, “o despregamento da enerxía offshore ten o reto de convivir con outros usos do mar e, de maneira especial, coa actividade pesqueira”, defenden.

Medio rural
Eólicos Eólicos e territorio: unha relación conflitiva
O Observatorio Eólico critica o “papel marxinal” dos veciños e concellos no desevolvemento dos parques. Estes falan dunha “ocasión perdida”.

Os ornitólogos non están sos. Agás Greenpeace, todas as organizacións ecoloxistas con rango de acción en Galicia levan anos sostendo a lema Eólica si, pero non así que terminou por viralizar Rodrigo Sorogoyen na gala dos Goya. Un manifesto, por certo, que o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, atreveuse a descualificar nunha entrevista en El País asegurando que o que quería dicirse era “eólica si, pero non aquí”. Falou de usos partidistas desta oposición social e apelou á “solidariedade” das poboacións afectadas.

Até o momento, o ecoloxismo galego e asturiano tiñan o seu foco posto na eólica terrestre: son os principais alegadores da sociedade civil. Pero con este novo escenario, víronse na obriga de redistribuír as súas forzas. Sobre todo, piden procesos garantistas: “Desafortunadamente, aínda se sabe moi pouco sobre a importancia das augas exteriores tanto para as aves mariñas como para as non mariñas, porque os naturalistas non chegamos até alí”, explican desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, punta de lanza do ecoloxismo galego. “Só a investigación científica profesional pode chegar alí, con persoal, barcos, tempo e orzamentos adecuados. Sen dúbida, nesas augas exteriores, tamén hai moitas aves, polo que é urxente saber onde, cando e como aparecen alí”, engaden.

España ten o compromiso e a obriga de protexer polo menos o 30% da súa superficie mariña. Actualmente, só ten o 12%

Esta mesma semana, Adega, a Federación Ecoloxista Galega, o Grupo Naturalista Hábitat, a Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Sociedade Galega de Historia Natural e o colectivo ecoloxista Verdegaia publicaron un manifesto conxunto contra o que consideran “un crime perfecto” contra as costas do norte. Aínda que o POEM recoñece a importancia para as aves de todos os lugares onde se investigou, “ignoran de forma inaceptable o principio de precaución”, din. Os Plans de Ordenación inclúen gran parte de augas exteriores como áreas de alto potencial para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña. “Este gravísimo erro debe reverterse. En aplicación do principio de primeiro a investigación e logo a xestión, o POEM debería planear estudos e prudencia, e non situar esta área en lugares cuxa importancia para as aves se pode supor en base á investigación até o momento”, sosteñen no manifesto.

En SEO/BirdLife sinalan un dos casos “máis sanguentos”: o polígono máis oriental da demarcación noratlántica situado fronte a Asturias (NOR-8 na documentación oficial). Esta proxección situouse dentro dun espazo da Rede Natura 2000, considerada no propio documento dos POEM como zona prioritaria para a protección da biodiversidade. Un solapamento inexplicable a xuízo dos biólogos de SEO. “España ten o compromiso e a obriga de protexer polo menos o 30% da súa superficie mariña. Actualmente, só ten o 12% e debe terse en conta que estes espazos protexidos son en moitos casos zonas de alimentación das que as aves entran e saen, polo que instalar parques nos seus límites pode pór en risco as poboacións de aves e a propia integridade dos espazos”, rematan.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Alimentación
Sostenibilidad Una dieta mediterránea dentro de los límites planetarios
Las 48 millones de personas que viven en España podrían alimentarse con todos los nutrientes que necesita el cuerpo humano sin hipotecar el futuro del planeta con un 99% de producción agroecológica local y con 400.000 nuevos puestos de trabajo.
Tribuna
Tribuna Europa debe dejar de tener un doble rasero en la exportación de pesticidas tóxicos
En la Unión Europea se producen para su exportación pesticidas peligrosos que están prohibidos dentro del territorio comunitario. Hay que terminar con esta lacra para favorecer los derechos humanos, laborales y de la infancia.
Tribuna
Tribuna El Puertito de Adeje: turismo de masas, especulación urbanística y ecocidio en Canarias
Situado al sur de Tenerife, el Puertito de Adeje es un lugar de gran valor patrimonial o natural que será destruido si la movilización social no impide la construcción del macroproyecto turístico Cuna del Alma.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.