Querella argentina contra los crímenes del franquismo
Entrar na boca do inferno: novos casos galegos súmanse á “querela arxentina”

Co gallo do 75º aniversario da liberación de Auschwitz novos denunciantes súmanse á querela arxentina —iniciada no ano 2010 pola xuíza arxentina Maria Servini para perseguir os crimes do Franquismo— en actos organizados na Coruña e Vigo da man da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.

Galegos querela arxentina
Presentación na querela arxentina dos casos de galegos deportados en campos de exterminio nazis na Casa-Museo Casares Quiroga (A Coruña). Foto: José Antonio Otero Rodríguez
30 ene 2020 09:00

A voz de Encarna Díaz, Encarnita, é doce. Atópase diante dunha mesa na biblioteca da Casa–Museo Casares Quiroga, na Coruña. Está acompañada por descendentes, coma ela, de galegos que atoparon no seu camiño os campos de Buchenwald, Mathausen ou Gusen. Rodeámola xornalistas, fotógrafos, curiosos, un público diverso, familiares das vítimas do terror mozos e tamén entrados en anos. A convocatoria é o 75 aniversario da fin do Holocausto e a presentación na querela arxentina dos casos de galegos deportados en campos de exterminio nazis. Encarna fala sentada, sen micro, e pregunta ao ar: “Tanto sufrimento, para que?”.

Crímenes del franquismo
Suspenso en derechos humanos, razón: franquismo

Ceaqua señala en un informe remitido al Consejo de Derechos Humanos de Naciones Unidas los incumplimientos sistemáticos de las recomendaciones dictadas para garantizar la tutela judicial de las víctimas del franquismo.

Nós, o público, quedamos calados. O seu tío, Aurelio Díaz, morreu aos meses de chegar a Gusen, preto da cidade austríaca de Linz e á súa vez irmán no infortunio de Mathausen, un dos campos de exterminio máis grandes da Europa Occidental. Aurelio estudaba oposicións a garda de asalto, ao igual que Rafael Pardo. Rafael era dunha de familia de ferroviarios, a súa neta, Isabel, conta que a irmá de Rafael nunca puido soportar ver película algunha ambientada na Segunda Guerra Mundial. A neta fala dunha avoa con medo, que un bo día sacou a imaxe do seu irmán e contou unha historia.

A ditadura de Franco negoulles a 193 galegos a nacionalidade e a volta a casa. Seis deses homes son parte dos 20 nomes que se introduciron este luns na querela arxentina que persegue penar os crimes do Franquismo. Apátridas, sós, presos e confinados no exterminio das fábricas de morte espalladas por toda Europa. Números, cifras, códigos de barras na pel. Cavaron con fame trincheiras en Francia, atraparon nazis e foron atrapados, beberon da terra e durmiron en covas tamén aquí, en Galicia, aprendendo os sinais dos panos vermellos e brancos para recoller ou non a comida prometida por algún veciño. Lexións de homes con medo e “moita dignidade, mirando sempre aos ollos”, di Encarna. Manuel Rodríguez Louro, conta o escritor Francisco Fernández Naval, foi un dos homes cuxa pegada pérdese varias veces no reconstruír da crónica. Sabemos que durmía improvisado a madeira dunha dorna como leito nos meses de maqui. Sabemos que puido estar, como moitos outros, nas areas de Dunquerque en repregamento, agardando unha evacuación sempre incompleta e tardía. Sabémolo por unha frase que rescata Naval: “máis avións por enriba da cabeza que gaivotas no ceo dun temporal”. Quédanos dun home a súa impresión do ceo estrelado de máquinas de matar. Alí, o home na deshumanidade. Centos de españois morreron en Europa baixo terra ou baixo as botas dos campos de exterminio planificado que darían en 1960 o pretexto á filósofa Hannah Arendt para —diante dun dos inventores e executores da Solución Final, un señor baixo e miúdo de voz chamado Eichmann— preguntarse nunha aséptica sala de xuízos en Xerusalén, ao igual que Encarna: Para que tanto sufrimento, de onde ven a orixe do mal?

A ditadura de Franco negoulles a 193 galegos a nacionalidade e a volta a casa. Seis deses homes son parte dos 20 nomes que se introduciron este luns na querela arxentina que persegue penar os crimes do Franquismo.

A orixe dese mal ben a tería esculpido Martín Ferreiro, canteiro de profesión que atopou a morte na “canteira da boca do inferno” de Gusen. Del di o seu neto José Luís que pelou unha laranxa delicadamente, tratando a froita e a pel como trataría a pedra que ía traballar, e descubriu o xeito de construír unha cúpula con éxito. Concelleiro da Coruña no 31 e no 35, neste ano con Suárez Ferrín, foi socio da Liga dos Dereitos do Home e membro do Casino Republicano coruñés. Martín cruzou a fronteira con Portugal disfrazado de camisa azul e o destino chamouno para loitar en Catalunya e unirse ao coro de iguais suando na defensa da Liña Maginot francesa. Dende Francia carteábase coa familia facéndose pasar por unha antiga mestra dos seus fillos e así evitar delatar á familia.Sobreviviu 11 meses antes de morrer en Mathausen nos brazos dun compañeiro, Francisco Pena, carretador en Mathausen con cargas de homes que dobraban o seu peso, en dirección única ao crematorio.

Fáise a mesma pregunta —“tanto sufrimento, para que?”— Julia Longueira, neta de José Seijas. Seijas foi un perito mercantil que tamén facía oposicións a garda de asalto. Coa guerra, marchou a Francia a seguir cavando as trincheiras que outros compatriotas cavaban en España defendendo a República. Se trazaramos un fío imaxinario de todas as vivencias este pasaría por dornas, por barcos mercantís ingleses ao rescate em sobretodo, polo teimudo do destino, o impulso do devir que describía o psiquiátra e interno en campo de concentración Víktor E. Frankl en O home na procura de destino: aquel que mantén acesa a chama vital.

Ángel leva na boca a chama do seu tío, Adolfo Bregua, que tentou escapar nun barco saíndo do Campo da Rata, ao carón da Torre de Hércules, unha vez sen éxito e outra con el. En Mathausen, despois de ser capturado en Francia, salvouse por xogar ben ao fútbol e estar enviado ao traballo nas cociñas. Un dos supervivintes, rematou erguendo casas como albanel en Brasil. De mar —hai moito mar nesta historia colectiva— sabía Coruña, alcume de Antonio Suárez Blanco liberado o 5 de maio de 1945 do campo de Gusen e, unha vez de volta en terra española, condenado a seis anos de cárcere que lle foron indultados dous anos despois. Morreu en Malpica no 1979, a súa familia conta como puido salvarse varias veces da morte cambiando de fila no campo de concentración. Filas de homes, filas de números, voces corais rescatadas por un cable familiar, como o da irmá da moza de José Alvedro Villaverde, enviado a Francia cos aforros das súas tías. Só quedou del unha carta de defunción, morreu deportado en Mathausen en 1943.

A convocatoria é o 75 aniversario da fin do Holocausto e a presentación na querela arxentina dos casos de galegos deportados en campos de exterminio nazis.

Nas voces das familias hai escuridades imposibles e dor sen escoita activa. Sinala Carmen García Rodeja, historiadora da Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica, a situación de silencio que houbo no relativo á colaboración entre as autoridades franquistas e nazis no envío dos españois aos campos de concentración: “Fixemos unha investigación forte. O que demostramos é a comnivencia entre os dous rexímenes totalitarios. En España eran sabedores do que estaba pasando, o réxime franquista non os salvou, sendo amigos do goberno alemán.

Interpelouse ao goberno español e o goberno español non fixo nada”. Dende a ARMH apuntan tamén á importancia da atención ás vítimas: “Os familiares precisan menos fotos con políticos e máis atención persoal ás familias”. Encarna, finalizado o acto, érguese e entre o xentío saúdase co escritor Manuel Rivas, presente no público. Vólvense ver despois de moitos anos na mesma Casa-Museo onde confesou ser admiradora de Os libros arden mal, que leu xa 3 veces: “É a historia colectiva de todas estas historias”. Non deixa de sorrir, leva unha foto impresa do seu pai na man.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Memoria histórica
Opinión Rojos apesebrados
El diputado de Vox Álvaro Luis Sánchez-Ocaña Vara insulta a parte de público asistente al debate sobre la nueva Ley de Concordia pactada por Vox y PP en Extremadura, llamándolos “los rojos apesebrados de la tribuna”.
Memoria histórica
No olvidamos Aparato expropiador, 2ª parte
Como la cosa daba para mucho, nueva entrega sobre los grupos expropiadores que actuaron en Francia tras la 2ª guerra mundial.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.