Decrecimiento
Aviso ao sector público: menos enerxía vai significar menos ingresos

Na Comunitat Valenciana comézase a falar de que o decrecemento económico debido ao declive enerxético vai poñer en risco a capacidade do sector público para manter os seus servizos.
Vicent Cucarella
Vicent Cucarella, Síndic Major de Comptes da Comunitat Valenciana, nunha comparecencia parlamentaria.

Coordinador do Instituto Resiliencia

24 feb 2021 06:03

“A escaseza de recursos naturais (...) leva canda si achegarse ao cénit de enerxía neta dispoñible. (...) Resulta improbable poder recuperar a curto prazo e manter os niveis de PIB anteriores á pandemia”. Estas frases forman parte do último informe da Sindicatura de Comptes de la Comunitat Valenciana, organismo equivalente ao Consello de Contas de Galicia, é dicir, un ente público con autoridade en materia de fiscalización das contas do goberno autonómico. O Síndic Major valenciano, Vicent Cucarella, é un dos economistas máis prestixiosos daquel país, e un dos poucos que no Estado español se atreve a falar abertamente de cuestións coma o teito do petróleo, a imposibilidade de desacoplar de maneira absoluta o crecemento do PIB do crecemento no consumo de enerxía, e das perspectivas biofísicas que temos por diante que obrigan a unha xestión do inevitable declive enerxético e, xa que logo, económico. Precisamente dentro das súas funcións fiscalizadoras das contas públicas valencianas, son notorias as advertencias que nestes últimos anos vén incluíndo nos informes públicos elaborados colectivamente por parte da Sindicatura.

Así, no anterior Informe de fiscalización de la Cuenta General de la Generalitat. Volumen I. Introduccción y resumen de las conclusiones. Ejercicio 2018 xa se introducía a seguinte advertencia (p. 33), da que debería tomar boa nota calquera goberno, tamén o galego: “a economía debe afrontar de inmediato dous retos importantes e relacionados entre si: atenuar a mudanza climática e adaptarse ao declive da enerxía procedente dos combustibles fósiles”. E se fan esta advertencia no seu ámbito de traballo é precisamente porque este “contexto vai afectar tamén ao sector público, cuxa acción se ten baseado principalmente no incremento dos ingresos públicos ligados ao crecemento económico; e cando isto non ocorreu os gastos públicos sufriron duros recortes, mesmo en servizos públicos fundamentais”. Isto é, dado que boa parte dos recursos dun Estado proceden da actividade económica, vía impostos, se a actividade económica devala, tamén o fan os ingresos do Estado. Así, advertía xa entón o informe anual coordinado por Cucarella, “ante situacións de estado estacionario ou de decrecemento, vai haber que cadrar de novo os orzamentos públicos, actuando polas dúas vías: ingresos e gastos”.

O Síndic Major de Comptes advirte ás Corts Valencianes de que o devalar enerxético pon en perigo os servizos públicos

Está claro que este economista experto en financiamento autonómico non foxe do concepto do decrecemento, e xa se manifestou en varias ocasións no sentido de que é imprescindible deixar de crecer. Entre as súas recomendacións ao goberno valenciano está a de revisar os impostos, cuestionar figuras que permiten a elusión fiscal, así como mellorar a eficiencia e mais a eficacia no gasto público, priorizando dentro deste aquilo do que non poida prescindir a sociedade. E sinala, dentro da corrente de política económica decrecentista que maioritariamente avoga pola distribución da riqueza, que “a maior parte da redistribución da renda se acada pola vía do gasto público”, e xa que logo “gastar ben e de maneira equitativa é clave para garantir uns servizos públicos universais (...) que igualen as oportunidades de toda a poboación”.

Na súa recente comparecencia perante as Corts Valencianes, insistiu nestas advertencias acerca dun “sistema extractivista que chega aos seus límites” o cal vai causar unha “crise estrutural” que se traduza nun escenario permanente de “ingresos baixos”, que van obrigar ás administracións a “gastar de maneira eficiente” e a tentar “mellorar a calidade dos servizos públicos reducindo os recursos empregados”. Basicamente do que nos fala o Síndic Major entre liñas é de preparar e xestionar o colapso do Estado, entendido como a súa rápida redución de complexidade, dentro dun proceso xeral de simplificación social, tentando manter os servizos públicos prioritarios a medida que os ingresos se reduzan. É dicir, unha especie de Período Especial cubano, pero a nivel planetario e sen volta atrás. Isto nun contexto como o actual, de endebedamento masivo e axudas públicas históricas a numerosos sectores económicos gravemente tocados pola pandemia, cobra una relevancia maiúscula, porque... ata cando será capaz o Estado de dispoñer de recursos para pagar todas estas axudas? De onde van saír os ingresos despois da pandemia para reflotar sectores (se cadra moitos deles xa eran insustentables a medio prazo) ou para pagar os xuros das débedas contraídas, se a actividade económica está condenada a declinar en paralelo ao devalar da enerxía neta dispoñible?

Precisamente no último informe de fiscalización, a Sindicatura de Comptes valenciana explica que os gastos de 2020 considerados “imprescindibles” a raíz da pandemia en sanidade, educación e protección social “mesturáronse con outras axudas directas” a sectores “cuxa actividade é máis cuestionable” e advirte: “o sector público debe ser realista ante as posibilidades do seu orzamento, incapaz de resolver todos os problemas de carácter público e mais privado” porque resulta “imposible cadrar un aumento no gasto en servizos públicos fundamentais ao mesmo tempo que se experimenta unha redución dos ingresos e se axuda con diñeiro público a traballadores e sectores privados afectados pola crise” (pp. 33-34). E nas súas recomendacións aparece un concepto clave: “unha axeitada análise dos servizos públicos debería abordar o xeito de facer compatible a eficiencia coa resiliencia comunitaria” e apunta, para iso, á “produción local de bens e servizos esenciais” e “manter un fondo de reserva de bens prioritarios”, mesmo sen ser isto “o máis eficiente desde a perspectiva estritamente económica”. A isto engade, finalmente, unha defensa do “control público dos servizos fundamentais”.

Unha redución de ingresos do Estado vai obrigar a priorizar servizos públicos e, sobre todo, a mudar o foco do crecemento á redistribución da riqueza, e da eficiencia á resiliencia

Para o que si podería servirnos a pandemia da COVID19 é precisamente para “determinar que servizos son prioritarios”, “imprescindibles”, como recomenda o Síndic Major de Comptes. Quen podería poñer agora en dúbida que o prioritario é a sanidade, a alimentación, os servizos de emerxencia, unha loxística resiliente, a fabricación de medicamentos e aparatos médicos, un nivel básico de telecomunicacións, e todo o sector dos coidados, boa parte del até o de agora invisibilizado? A aprendizaxe da pandemia sumada ás advertencias de economistas coma Cucarella conscientes da proximidade e significado dos límites enerxéticos e climáticos debería ser alicerce para unha nova Economía para un futuro sustentable, título dunha obra didáctica moi accesible deste notable economista valenciano. Como afirmaba Xoán Ramón Doldán no limiar á edición galega deste libro, “a raíz do mal” (que nos leva ao “quecemento global, aos desequilibrios económicos, ás desigualdades sociais, á discriminación sexual, etc.”) “está nesa concepción económica que naturaliza as relacións capitalistas como as únicas posíbeis ou mesmo desexábeis”. Por iso é tan importante que estes economistas con outras concepcións das economías posibles e que están situados en altos cargos da administración do Estado, teñan o valor de formular estas realidades e de alertar publicamente do que pode suceder.

Tamén en Economía por un futuro sustentable, Cucarella afirma: “cando o futuro non poida cumprir a previsión de crecemento (e aquí cómpre lembrar que os recursos son limitados), a débeda vai ser imposible de devolver e o sistema vai sufrir unha quebra” (pp. 92-93). Un claro aviso á sociedade no seu conxunto e á administración pública en especial. Nese mesmo libro recoñece a dura perspectiva que se nos presenta: “Moitos indicadores apuntan a que a nosa sociedade actual está chegando a determinados límites, a partir dos que as xeracións vindeiras probablemente van vivir peor que nós dende a perspectiva do consumo material” (p. 98).

Estamos chegando aos límites e iso significa que as xeracións vindeiras probablemente van vivir peor ca nós no terreo do consumo material

Mais existe alguén que lles preste atención a estes afoutos pioneiros que berran que o rei está espido? Na intervención do pasado día 9 os diversos grupos presentes na Comisión de Economía, Orzamentos e Facenda das Corts fixeron as súas cuestións ao Síndic Major, sobre o seu informe, que vén sendo unha ferramenta para que o propio parlamento poida avaliar a xestión económica do goberno autonómico. Nunha destas preguntas dos grupos políticos valencianos, o máximo responsable da Sindicatura de Comptes tivo ocasión de explicar que “asociar o incremento do benestar ao incremento do PIB é claramente un erro”, e que nas sociedades avanzadas “cómpre mudar o foco” e non mirar tanto se medra ou non o PIB e si “se se está a repartir axeitadamente ou non”, isto é: centrar a política económica non no crecemento, senón na redistribución da riqueza.

Estes breves parágrafos de Cucarella advertindo do desafío que supón para o sector público as consecuencias de loita contra a mudanza climática e mais a chegada dos combustibles fósiles ao seu teito, así como as súas comparecencias diante do parlamento valenciano e nos medios de comunicación, supoñen un paso de gran relevancia no proceso de espertar social, a todos os niveis, á dura realidade que temos por diante. En boa lóxica debería chegar un día en que todas as persoas que xestionan a res publica, todas as organizacións grandes ou pequenas, todas as empresas multinacionais ou PEMEs, van comprender e aceptar con realismo estas cuestións básicas acerca dos límites que temos para a nosa acción económica e social. Mais se este día chega demasiado tarde e o fai simplemente porque batemos de fociños contra esa dura realidade, as consecuencias van ser moito peores do que ían ser se espertásemos a tempo de evitar caer somnámbulos polo precipicio. Por iso son tan valiosas as alertas que se comezan ouvir nalgúns parlamentos ou que se lanzan desde altos postos de responsabilidade pública coma é o caso de Vicent Cucarella, e que algúns grupos políticos xa comezan a recoñecer e agradecer. Reaccións políticas insuficientes polo de agora, pero necesarias para dar pé ás seguintes.

Decrecimiento
A proposta decrecentista da CUP para Catalunya
“Falando de decrecemento non se gañan eleccións”, afirmou hai uns anos Juan Carlos Monedero. Mais a CUP semella non ter medo a presentar un programa decrecentista ás vindeiras eleccións catalás.
Economía
Tras da máscara da economía
Vicent Cucarella colócanos na pel dun adolescente para cuestionar o que nos impoñen e atopar o que hai tras da máscara da economía.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.