Resiliencia_2

Decrecimiento
Dicir adeus ao PIB despois da COVID-19

Académicos de Euskal Herria e Países Baixos reclaman medidas de economía ecolóxica comezando polo abandono do PIB como guía da política económica.

Coordinador do Instituto Resiliencia

7 may 2020 06:03

A estas alturas da pandemia xa son numerosos os pronunciamentos públicos de moi diversos sectores sociais, en forma de manifestos ou artigos de opinión, que apuntan a diferentes criterios que, segundo estes sectores, deberían guiar as sociedades pos-COVID-19. Nestes últimos días chamáronnos poderosamente a atención dous textos que desde ambientes relativamente achegados política e culturalmente a nós, como son Euskal Herria e os Países Baixos, apuntan nunha mesma dirección.

O primeiro en ver a luz foi un manifesto asinado por 170 persoas do mundo académico neerlandés que directamente propón un novo modelo económico baseado no Decrecemento. O documento, que leva por título Un plan post-coronavirus: Cinco propostas para deseñar un mundo radicalmente máis sustentable e igualitario, propón como primeira medida “abandonar o desenvolvemento centrado no crecemento do PIB” limitando os esforzos de crecemento aos sectores públicos que atenden necesidades “críticas” (e aí mencionan “a enerxía limpa, a educación, a sanidade”...) e facendo “decrecer” outros debido ao seu carácter “insustentable” e promotores do consumo “continuo e excesivo” (e como tales citan expresamente a industria “petroleira e gasista, a minaría e a publicidade”).

A continuación reclaman tamén unha economía “redistributiva”, cunha “renda básica universal”, a “redución e reparto do tempo de traballo”, ou unha “forte carga fiscal” sobre a riqueza e os beneficios, e que recoñeza o papel dos coidados e do sector público como intrinsecamente valiosos. Como terceiro punto apunta á necesidade de transformar a agricultura cara a un modelo “rexenerativo”, baseado na biodiversidade e nunha dieta maiormente “vexetariana e local”, ao tempo que reclaman salarios e condicións laborais xustas neste sector. O cuarto punto fai fincapé na necesaria redución do consumo, con especial mención ás viaxes (é dicir, o turismo e a mobilidade). E no derradeiro punto o manifesto defende a “cancelación da débeda”, especialmente para a clase traballadora, as pequenas empresas e os países do Sur. O manifesto neerlandés advirte, así mesmo, que resulta “crítico ver esta pandemia en contexto histórico para evitar repetir pasados erros á hora planear o futuro”.

As persoas asinantes do manifesto neerlandés avogan por cinco puntos para unha reconstrución en clave ecosocial que comezan polo arrombamento do PIB como guía da economía

Non é casual que xurdan este tipo de pronunciamentos agora que moitos países comezan a poñer en marcha os seus propios plans de reconstrución nacional, que moitos equiparan aos que se puxeron a andar tras a Segunda Guerra Mundial. E tamén parece axeitado facelo poñendo claramente en cuestión o indicador do PIB, que xa viña sendo criticado pola heterodoxia económica e polos movementos polo Decrecemento, cando menos desde que nos anos 1970 a ciencia comezara a advertir con contundencia de que o crecemento continuado era imposible nun planeta finito.

Sostibilidade
Imaxe de Kamiel Choi en Pixabay

Nun mundo así, que sentido pode ter manter un indicador que mide crecemento, como guía das políticas económicas? Agora que se prevén caídas sen precedentes históricos en tempos de paz como é o caso do 9% para España neste ano (o presidente Sánchez xa está a advertir que non se vai recuperar até 2023 o nivel de PIB pre-pandemia), parece abrir unha ocasión inaudita para substituílo por outro obxectivo principal de política económica, facendo da necesidade virtude. Outro apoio importante a este xiro podería vir das advertencias científicas previas á pandemia de que os plans da necesaria Transición Enerxética poscombustibles fósiles só se podería lograr se se reducía de maneira importante o tamaño do metabolismo socioeconómico para adaptalo ás posibilidades das chamadas enerxías renovables. É dicir: Transición Enerxética (ou Ecolóxica) e crecemento do PIB son obxectivos incompatibles.

Decrecimiento
Adeus sustentabilidade, ola resiliencia

Hai quen apunta que o obxectivo da sustentabilidade xa non é posible e compre substituílo por un novo: a resiliencia.

Outras voces que se unen a este reforzado intento de derrubar o tótem civilizatorio do Produto Interior Bruto, representante da fe no crecemento económico ilimitado, chegaron uns días despois desde o País Vasco. Nesta ocasión, mesmo con difusión en medios públicos de comunicación, unha cantidade moi notable de académicos e académicas vascos acaban de avogar pola “Economía Ecolóxica” como guía para a reconstrución social e económica do país, o cal implica unha emenda á totalidade ao sistema económico actual, rexido polo capitalismo e pola doutrina acientífica da economía chamada neoclásica. Ademais, apunta para “a proximidade, o público e o ben común”, no que poderiamos denominar un plan claramente ecosocial e pro-resiliencia. Sinalan tamén que a crise do coronavirus ten “raíces profundas na nosa relación irresponsable coa natureza” e que forma parte entrelazada con outras diversas crises preexistentes, ao tempo que subliñan a necesidade de “resiliencia e capacidade de transformación” para superar a pandemia, e mais o perigo dun incrementado “risco asociado ao control social” mediante as TIC, na liña doutro manifesto orixinado en Francia e recentemente publicado en España contra unha “Doutrina do Shock dixital”.

En cuestión duns poucos días o manifesto decrecentista da Academia dos Países Baixos inspirou outro entre os académicos vascos que concitou aínda máis apoios e que reclama que a Economía Ecolóxica lidere a reconstrución pospandemia

Chama especialmente a atención o notable apoio concitado entre a comunidade científica vasca deste manifesto Por unha economía ecolóxica na Euskal Herria pos-COVID. Conta con 350 adhesións de persoas procedentes de 25 universidades e centros de investigación (tamén da diáspora vasca), que representan máis de 100 áreas do saber. Na onda do manifesto neerlandés no que se inspira, o texto fala en termos moi claros do necesario abandono do PIB como medida de progreso, de que hai sectores que deben decrecer, da defensa da soberanía alimentaria fundamentada na agroecoloxía, de reducir a produción até a encaixar nos límites ecolóxicos, do abandono da hipermobilidade e das súas infraestruturas, etc.

Decrecimiento
Triaxe e decrecemento

O concepto médico de triaxe pódese aplicar ao colapso civilizatorio para salvar o que debe ser salvado.

Neste caso parece correcto afirmar que a comunidade científica vasca está maioritariamente disposta a se pronunciar e a suxerir liñas políticas que guíen o inmediato futuro, nunha saída decrecentista e ecolóxica á crise do coronavirus, dentro dun debate ecosocial máis amplo que se intensifica a medida que o impacto da pandemia se estende pola xa enferma civilización industrial mundial. E estes pronunciamentos poderían atopar sociedades xa previamente máis predispostas do que se adoita pensar, a aceptar unha mudanza de metas políticas nestes termos.

Da mesma maneira que a carencia de petróleo na Cuba do Período Especial sacou do ostracismo aos académicos defensores da agroecoloxía na illa caribeña, agora a carencia súbita de crecemento poderíalles achegar a oportunidade definitiva ás persoas de ciencia que defenden unha nova economía poscrecemento. Se perdemos esta ocasión que nos brinda a pausa económica obrigada pola pandemia, sería, como afirma o manifesto vasco, “un erro estratéxico de custos incalculables”.

Decrecimiento
Francia a prol do Decrecemento

Unha enquisa revela que a maioría da poboación francesa é máis favorable ao Decrecemento có Crecemento Verde.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
#59637
7/5/2020 16:06

O shift project está a realizar um plano com um certo detalhe para um modelo económico respeitoso das leis da natureza, que entre outras cousas nom fala de "euros, crescimento e débeda" mas de "trabalhos, toneladas e joules". Veja-se em: https://theshiftproject.org/article/crise-climat-plan-transformation-economie-chantier-urgence-crowdfunding/

0
0
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.