Decrecimiento
De simios avariados, nazis e bos orfos

"Ética extramuros" constitúe un tratado básico de filosofía moral para navegar o Século da Gran Proba.

Mujer en banco
Imagen de Free-Photos en Pixabay

Coordinador do Instituto Resiliencia

1 ago 2019 07:48

En 2016 publicouse, baixo o título de Ética extramuros, a segunda edición actualizada e revisada de Interdependientes y ecodependientes: Ensayos desde la ética ecológica (y hacia ella), obra dun dos principais pensadores españois acerca da crise ecosocial e do colapso civilizatorio, Jorge Riechmann. Autor dunha prolífica obra no ámbito do ensaio e da poesía, este matemático e profesor de filosofía moral na Universidade Autónoma de Madrid é promotor do manifesto Derradeira Chamada e un dos referentes básicos do pensamento ecoloxista e da esquerda anticapitalista en España, e reúne neste ensaio, repleto de notas e de citas in extenso, os elementos básicos para unha ética ecolóxica. Esa ética alén dos muros da cidade humana á que fai referencia o título, é a que nos interpela acerca do noso comportamento co resto de seres vivos e coa biosfera no seu conxunto. A mensaxe fundamental da obra é: precisamos con urxencia ampliar a nosa "comunidade moral" para abranguer a nosa relación co resto da vida, así como coas xeracións futuras, se queremos ter unha oportunidade de sobrevivir ao que o autor vén chamando desde hai tempo El Siglo de la Gran Prueba (Baile del Sol, 2013).

A ética extramuros é a que amplía a comunidade moral ao resto de seres vivos que compoñen a biosfera e aos que a comporán no futuro.

Para o autor, esta ética é inseparable da política, e só pode conducir a unha conclusión: é moralmente necesario desbotar o capitalismo ("cancro da biosfera") e camiñar cara a algunha forma de ecosocialismo; aínda que no libro apenas se ofrecen algunhas pinceladas do que podería significar isto na práctica, e precisamos acudir a outras obras súas como Ni tribunos (Siglo XXI, 1996), Biomímesis (Los libros de la catarata, 2006), El socialismo puede llegar sólo en bicicleta (Los libros de la catarata, 2012) ou Ecosocialismo descalzo (Icaria, 2018) para coñecelo máis en detalle. De feito, o libro, malia a súa extensión, apenas constitúe unha iniciación para toda persoa interesada nos aspectos éticos, filosóficos, políticos ou mesmo espirituais da crise sistémica / colapso civilizatorio que caracteriza o noso excepcional tempo histórico. E non pode ser doutra maneira, pois a magnitude do reto antropolóxico que temos ante nós os seres humanos actuais non cabe nun libro, por moi completo que este for, como é o caso de Ética extramuros. Riechmann fainos de sabio guía neste incipiente camiñar, acompañándonos coa súa nidia prosa por unha biodiversa paisaxe intelectual onde nos presenta os principais textos e autores que nos achegan conceptos clave para unha ética que parta dunha comprensión profunda da gravidade da situación e que poida e queira actuar para, cando menos, aprender a "fracasar mellor" (Olifante, 2013) e "vivir como bos orfos" (Los libros de la catarata, 2017) tras a morte de Deus que nos anunciara Nietzsche.

É preciso abandonar o capitalismo, como cancro da biosfera e aprender a vivir como bos orfos.

Así, entre as ideas que van enfiando as reflexións de Riechmann ao longo do libro, hai algunhas que sobresaen e axudan a alumear o resto. Unha delas é a nosa condición de "terceiro chimpancé" (Jared Diamon) xunto cos nosos primos chimpancés e bonobos (Frans de Waal), que serven de arquetipos morais para ilustrar o peor e o mellor do que nos caracteriza como primates ontoloxicamente contraditorios, ambivalentes, o cal nos convida a superar o secular debate entre as posicións rousseaunianas (o bo salvaxe) e hobbesianas/neodarwinistas (a guerra de todos contra todos). Outra é a remisión constante a un dos feitos moralmente máis terribles da historia da nosa especie (xunto coa bomba atómica, que marca, por certo, o comezo do Antropoceno): o Holocausto, ollado principalmente a través de Zygmunt Bauman e Primo Levi. Porque precisamente o gran dilema ético que temos ante nós é o de "un mundo de amos e escravos" ou "un mundo de iguais", isto é: a "barbarie" ou a "civilización" (no seu mellor sentido, claro está; o autor reflexiona sobre este ambiguo concepto na parte final do libro).

O dilema moral fundamental ao que nos enfrontamos é un mundo de amos e escravos vs. un mundo de iguais, barbarie vs. ecosocialismo.

Ética extramuros inclúe, así mesmo, un extenso repaso sobre o coñecemento científico básico para entender a situación na que nos achamos (con especial fincapé na mudanza climática, mais tamén no teito dos combustibles fósiles e no "holocausto biolóxico"), onde nos xogamos a supervivencia non só dalgún tipo de civilización digno de tal nome, senón a propia continuidade da especie. Tamén ofrece unha especie de introdución didáctica e histórica ás preguntas básicas da Ética. A partir destas premisas, prosegue analizando os condicionantes psicolóxicos e mesmo neurolóxicos (como tamén fai outro filósofo do colapso: Jordi Pigem) da nosa moralidade, o que de bo e de malo arrastramos da nosa evolución como "simios avariados" e desde a nosa época de recolectores-cazadores.

Da peneira de Riechmann resultan identificados tres grandes males morais que é imprescindible resolvermos neste intre decisivo da nosa especie: a xenofobia, a dominación e a hybris (a arrogante desmesura, que xa era o maior pecado na Grecia clásica). A proposta de Riechmann é combatelos a base de igualdade/xustiza, autocontención (o autor ten publicada unha pentaloxía ao redor deste concepto), "reverencia pola vida" (Albert Schweitzer, deixar de matar/danar), empatía e ecosocialismo+ecofeminismo, guiado todo por unha conciencia humilde de especie que supere a nosa desconexión da vida, o "antropocentrismo moral excluínte", os mandatos do noso cerebro reptiliano (food, fuck, fight/flight...), o wishful thinking, a hybris, o nihilismo ("no corazón mesmo da nosa cultura"), o "narcisismo de especie", a "moralidade natural" limitada ao grupo pequeno (endogrupo, tribo), así como os atrancos para a percepción da nosa inter/ecodependencia que constitúen a cidade, o diñeiro e o ciberespazo; e, por suposto, sen esquecer as supersticións da relixión hexemónica no presente: a tecnolatría/mercadolatría, que nos leva ás suicidas ensoñacións de colonizar Marte ou de facernos inmortais mediante a Singularidade e o Transhumanismo. Malia todo o tráxico humanismo que transpiran as páxinas de Riechmann, o autor ofrece finalmente motivos "contra a desesperanza, pero sen autoenganos": "hai unha razón de fondo para confiar no futuro do socialismo: somos primates ultrasociais". Un importante argumento antropolóxico sobre o que fundar esta "moral de longa distancia" que precisamos e as políticas ás que nos debería conducir.

Ecofeminismo
A vida no centro

O ecofeminismo fainos repensar como podemos vivir para que a vida siga sendo posible despois de nós.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.