Ecofeminismo
A vida no centro: o que todas deberiamos saber

O ecofeminismo fainos repensar como podemos vivir para que a vida siga sendo posible despois de nós.

Tocounos vivir unha época de cambios profundos. Desde o ano 2008 todo se precipitou. Pasamos de décadas de crecemento económico acelerado a unha xeira de freada. Non é un ciclo económico máis. Xa nos anos setenta do século pasado a humanidade foi advertida, no informe Limits to Growth de que, de seguir incrementándose a poboación mundial, a industrialización, a contaminación e a explotación dos recursos naturais ao mesmo ritmo, chegariamos aos límites físicos de crecemento no planeta, ao esgotamento de recursos minerais e enerxéticos e á saturación dos sumidoiros de contaminación.

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Nos anos oitenta fixéronse tentativas de incorporar mecanismos de regulación coa introdución do concepto de sustentabilidade, pero isto ao sistema económico capitalista non lle serve, pois necesita o crecemento continuo para perpetuarse. A sustentabilidade ten máis que ver con sistemas económicos de carácter estacionario, e cunha noción de desenvolvemento integral centrado no ser humano, endóxeno e que ten como base recursos renovables. A palabra foi absorbida e deturpada polas políticas globalizadoras e neoliberais, que preferiron ignorar os límites e seguir a consumir aceleradamente os recursos planetarios, no mellor dos casos en nome do crecemento verde. Hoxe, as consecuencias desas políticas empezan a facerse sentir.

Fixéronse varias revisións e actualizacións do Limits to Growth desde a súa publicación, en 1992, en 2002 e en 2012, con similares conclusións. Ademais, na última revisión os autores xa dispoñen de datos que corroboran que, en moitas cuestións, xa chegamos a situacións de extralimitación: o quecemento global, a chegada ao cénit do petróleo —recoñecida pola Axencia Internacional da Enerxía, o esgotamento de materias primas coma o cobre, o incremento da poboación mundial por riba da capacidade de carga do planeta, ou o acusado descenso da biodiversidade, coa extinción de moitas especies.

Estamos nun momento límite no que se agudiza o espolio e as guerras polos recursos, xerando un malestar insoportable para a vida.

Pódese dicir que estamos nun momento límite, de extrema tensión, e é por iso que os fenómenos económicos se agudizan tamén, o espolio de recursos naturais e incluso as guerras por eles, a inxustiza no reparto da riqueza, concentrada cada vez en menos mans. E isto leva canda si un malestar que chega a ser insoportable para a vida das persoas, que se ven empobrecidas e escravizadas nun intento do sistema por seguir forzando a maquinaria produtivista do crecemento exponencial infinito. Este malestar maniféstase internamente nas nosas sociedades aínda opulentas, pero tamén se manifesta a nivel mundial, nun conflito norte-sur, que desemboca no drama das migracións desde os países espoliados e empobrecidos cara aos responsables dese espolio, que agora en cambio péchanlles ás persoas as portas que primeiro abriron de par en par para os recursos.

Cicatrices
Cicatrices, óleo sobre lienzo Esthela Calderón

Sendo conscientes deste contexto faise preciso facer unha profunda revisión da nosa maneira de pasar pola vida, e repensar en qué termos queremos e sobre todo podemos vivir para que a vida siga sendo posible despois de nós. Hai algunhas correntes de pensamento que reflexionan sobre isto, a que eu hoxe quero traer aquí é o ecofeminismo. Durante a Revolución Industrial o incipiente sistema capitalista intensifica o seu desenvolvemento e abre as portas do traballo remunerado ás mulleres, que o reclaman, lexitimamente, como a única vía de independencia económica e polo tanto a principal vía para a súa emancipación. Anos despois, esa vía de emancipación vese desde certos ámbitos feministas como unha trampa.

A economía capitalista baséase en principios nefastos para a vida: só ten valor económico o que ten prezo e se intercambia no mercado, os labores domésticos e de coidados quedan así invisibilizados, ocultos e desvalorizados, e tamén os servizos que nos presta a natureza, a rexeneración dos ecosistemas, a polinización etc., sen os cales non é posible a vida nin, por ende, a propia economía. Nesta economía confúndese produción con extracción e así fálase de produción de cobre ou de petróleo cando en realidade o que se fai é unha extracción dun recurso que é limitado e finito.

A economía capitalista baséase en principios nefastos para a vida. O crecemento infinito é, per se, inimigo da vida.

Calquera cousa que se produza e se consuma, que contribúa a aumentar o PIB é positiva neste sistema, tanto ten se son alimentos ou armas. Esta redución do económico ao estritamente monetario leva canda si que todas aquelas funcións que se realizan no ámbito doméstico, que son as que garanten precisamente a reprodución da vida non son tidas en conta; cada vez vémonos abocadas a adicar máis horas ao traballo para o mercado (cuestión que vemos claramente agudizada durante a crise económica), e isto provoca tamén grandes tensións sociais; a conciliación é imposible e prodúcense o que chamamos cadeas interxeneracionais e transnacionais de coidados (coas avoas, ou as mulleres migrantes facendo traballos totalmente precarizados).

O sistema económico baseado no crecemento infinito per se é inimigo da vida, é depredador de ecosistemas e de corpos, tenlle declarada a guerra á vida, tal e como afirman autoras coma Yayo Herrero ou Amaia Pérez Orozco. Por iso se abren paso neste momento reflexións, desde todos os ámbitos, que se cuestionan as bases mesmas deste sistema, e unha das máis interesantes é o ecofeminismo.

O ecofeminismo pon en diálogo precisamente o ecoloxismo e o feminismo, dous dos movementos que máis necesitamos activar. O ecoloxismo achéganos a necesidade da contención, no gasto de recursos, no consumo, no lixo que xeramos, mesmo no que medramos como especie, ao necesario coidado da nosa casa, que é a Terra.

Ilustración doble vida

O feminismo achega a necesidade de respecto e xustiza social para todas as persoas; ademais o ecofeminismo incorpora a toma en consideración do respecto por todos os seres vivos, pola vida planetaria, tamén pola xustiza norte-sur, e danos unha visión de conxunto desta crise, que non só é económica, máis tamén de reprodución social, de coidados e de valores. Qué clase de sociedade é a que pretende mercantilizar até a concepción e xestación dun ser humano?

O ecofeminismo pon en diálogo o feminismo e o ecoloxismo baixo o concepto revolucionario de poñer a vida no centro.

A frase que mellor expresa o sentir do ecofeminismo e que máis transcendeu, mesmo permeando o discurso do 8 de marzo é a de "Poñer a vida no centro". É un concepto revolucionario con profundas repercusións: significa, por exemplo, reducir o tempo de traballo remunerado, ou desenvolver unha economía centrada no coidado da vida, no respecto polo medio no que vivimos; significa o descenso no consumo de recursos e enerxía; significa reflexionar nas necesidades que é imprescindible cubrir para ter unha vida digna e plena, que mereza a pena ser vivida. Significa promover unha economía que estea ao servizo do benestar das persoas e non ao revés. Tamén incidir de cheo en como se reparten os recursos, para implementar precisamente esa economía social e dos coidados, en detrimento da economía mercantil.

Migración
Migrar da cidade ao campo: mudar as terrazas polos hórreos

O campo ofrece valores distintos ao recoñecemento, ao éxito e a competición que se vive nas cidades. Ensinoume que é posible vivir doutra maneira, na que se reforzan valores sociais que nos benefician a todas.

Poñer a vida no centro significa desenvolver unha política e unha economía que pon as persoas e os ecosistemas, a biosfera, por riba das empresas e dos capitais, por riba da economía da rendibilidade ou do medre do PIB. E significa ser conscientes dos límites biofísicos.

Porque somos ecodependentes, é dicir, a nosa vida depende da saúde do resto da biosfera, de que teñamos aire respirable, auga non contaminada, terra fértil para cultivar alimentos. E tamén somos interdependentes, isto é, necesitamos unhas das outras para sobrevivir, desde que nacemos totalmente indefensas, ata que morremos igualmente indefensas, pero non só. Cada día precisamos coidados, acompañamento, ánimo e alento, empatía, amor, solidariedade dos nosos semellantes.

Minería
Crónica dunha ecoloxista na xunta dunha multinacional mineira
Activistas contra a megaminería entraron na xunta de accionistas de Atalaya Mining e se viron obrigados a escoitar as reivindicacións sobre a mina de Touro.
Ecofeminismo
La resistencia de las mujeres ante la crisis climática

Las mujeres son las principales afectadas por el cambio climático, pero también las que más iniciativas ponen en marcha para adaptarse a sus consecuencias

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Derecho humano a la tierra: por las que estamos y las que nos han llevado
En todo el mundo las mujeres tenemos menos acceso a la tierra que los hombres. Para las mujeres el derecho a la tierra es una cuestión de justicia social.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Ecofeminismo
Aprendizajes de emergencia Aprendizajes de emergencia. Notas tras el apagón
El pasado lunes, nos enfrentamos de nuevo cara a cara a nuestras vulnerabilidades. Nos reconocimos, una vez más, como seres interdependientes y ecodependientes, e hicimos… lo que pudimos.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Últimas

Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.