Medio ambiente
O Teixadal feito pó

As louseiras da comarca de Valdeorras levan anos explotando a zona sen avaliacións de impacto medioambiental. 1.200 hectáreas foron destruídas e até seis quilómetros de cauces fluviais desapareceron. As 70 obras activas están a escasos 10 metros da montaña máis alta da Galiza: Pena Trevinca. Nin as promotoras nin a Xunta se responsabilizan da restauración ambiental.

A mesma historia repetida mil e unha veces. Un exemplo máis, como os das Gándaras de Porriño, a Mina de Touro, a fábrica de Alcoa, As Encrobas ou os Parques eólicos. Desta vez, as empresas louseiras destrozan o patrimonio natural galego na zona de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. 

Contextualizando: o Estado español é o máximo exportador de lousa do mundo, con 600.000 toneladas de media ao ano, seguido por China, que exporta 250.000. Concretamente, o noroeste peninsular é onde máis atopamos explotacións desta pedra. No ano 2018, o España exportou o 85% no cómputo global da lousa. A pedra natural da Galiza supón un 60% dese total. A comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense, é o maior distrito louseiro do mundo, cunhas 70 explotacións activas e 281.000 toneladas exportadas en 2020, segundo o Clúster da Pizarra de Galicia.

A mesma organización empresarial indícao as empresas adicadas a este tipo de explotación, facturaron case 180.000 millóns de euros en 2020. A compañía máis grande é o CUPA Group, un holding empresarial do fondo americano Carlyle —co 95% das accións— que agrupa a 12 sociedades. Venden unha de cada tres lousas para cuberta usadas no mundo. Segundo eles mesmos, o 80% da súa facturación vén do exterior, sobre todo de Francia e do Reino Unido.

Os impactos medioambientais

Unha actividade económica e empresarial de tal calibre non ía afectar en balde ao ecosistema natural. A extracción da lousa é a ceo aberto, polo que afecta directamente á paisaxe. Ademais, sitúase preto do monte do Teixadal, un dos bosques de teixos máis importantes de Europa segundo a UE e a apenas 10 metros de Pena Trevinca, a montaña máis alta de toda Galiza, declarada Lugar de Interese Común (LIC) e incluida na Rede Natura 2000.

“As explotacións dificultan a recuperación da superficie: onde fixeches un burato de quilómetros de longo, xa non se pode recuperar o uso anterior”, explica Remigio Paradelo, un dos investigadores

Segundo o estudo Descrición da industria galega da lousa e do seu impacto medioambiental, feito por María Teresa Barral, Remigio Paradelo e Víctor Cardenes, investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Gante, “a superficie afectada probablemente supere as 1.200 hectáreas”. Un dos maiores impactos prodúcese “ao ter que facer unha excavación e retirar as rochas durante varios metros de profundidade”, explica Paradelo. “Modifícase a superficie para extraer e para depositar os materiais que non serven; deste xeito, a existencia dunha explotación elimina un uso anterior ou alternativo, como podería ser o agrícola”, prosegue o biólogo. “Dificúltase a recuperación da superficie: onde fixeches un burato de quilómetros de longo, xa non se pode recuperar o uso anterior”.

Casaio pizarra
En las cercanías de Casaio las explotaciones afectan a la pureza del agua y del aire. Miguel Núñez

A degradación da paisaxe é evidente. “O impacto chega até os sistemas fluviais, hai risco de que desaperzan, como xa pasou cos leitos dos ríos de Casaio e Casoio”, lamenta Serafín González, da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), quen en total calculan a desaparición de seis quilómetros de leitos de ríos. “É típico que se modifiquen os surcos nas explotacións mineiras”, confirma o biólogo Remigio Paradelo. 

Segundo as fontes consultadas, do total da extracción, só se aproveita o 5% de todo o material que se podería nos movementos de terras e un 80% dos residuos prodúcense na fase da extracción. “Onde se poñen os materiais sen interese —as escombreiras— tamén é difícil recuperar a calidade da terra, porque o chan onde se deixou quedou moi modificado polas rochas sen moer, é moi difícil reutilizalo cun uso natural”, expón Paradelo. “Os materiais das pedras son demasiado grosos e a terra fértil está sumerxida. A vexetación non pode colonizar a montaña e a choiva sumada ás pendentes, crean un problema de erosión e desplazan os escombros”.

No proceso de extracción da lousa non hai unha contaminación química, xa que é un proceso físico. Pola contra, “o pó en suspensión nas zonas da explotación sí contamina”, detalla Paradelo. “Pasa algo semellante coa auga: aumenta a turbidez por mor do pó e dos escombros”.

Desde Amigos da Terra, Antón Lois engade que “non só contamina o proceso da producción en si, senón todas as actividades ao seu redor, como o aumento e paso de veículos pola zona”. En canto ás escombreiras, “hai anos xa caeron escombros nunha casa en Sobradelo de Valdeorras, deixándoa destrozada”, sinala Antonio Fernández, ‘Cholo’, dos montañeiros de Pena Trevinca. “A zona semella un campo de bombas despois dunha guerra”.

Anton Lois mineria valdeorras
Anton Lois, portavoz de Amigos da Terra. Miguel Núñez

Responsabilidade esquivada

No 1996 a administración da Xunta de Galicia e a asociación galega de pizarristas e os explotadores de pizarra asinaron un pacto ambiental. Estes acordos son as figuras que permitirían establecer “pautas de adaptación das empresas á normativa ambiental e mesmo promover estratexias como instrumento orientado á harmonización de posíbeis conflictos entre valores ambientais e industriais, compatibilizando as medidas correctoras co principio de viabilidade da empresa”, segundo a propia Consellería de Medio Ambiente. 

Seguindo á mesma institución, “mediante o pacto ambiental as empresas comprométense a realizar unha serie de actuacións nun período de tempo determinado”, á vez que a administración promove beneficios fiscais para “contribuír ao financiamento das melloras ambientais”.

Desde a Lei 12/1981 a empresa explotadora é responsábel da restauración do entorno afectado

Así, antes da Lei 12/1981 de canteiras e minas o explotador non estaba obligado máis que de xeito voluntario a facer a restauración do entorno afectado pola actividade extractiva. Tras esta lei, é a empresa a responsábel da restauración do entorno afectado. Ademais, debe presentar avaliación de impacto ambiental, avais, etc. 

Segundo o BOE 135, do 6 de xuño de 2003, a restauración das áreas afectadas polas antigas louseiras de Galiza, corría a cargo nun 80% de fondos públicos (da Xunta con axudas europas) e dun 20% pola Asociación Gallega de Pizarristas. “Que desde as institucións se destinen fondos públicos para a restauración de ecosistemas para estes fins non deixan de ser subvencións encubertas ás empresas, cando cos avais que eles presentan xa deberían ser a súa responsabilidade”, critica Antón Lois, de Amigos da Terra. “Por que se teñen tantos millóns de euros non restauran eles o que destrúen?”, cuestiónase.

No 2001, até dez empresas louseiras se opuxeran á inclusión de Pena Trevinca na rede natura 2000 de áreas de conservación da biodiversidade. Ao final, por presión dos colectivos ecoloxistas, denominouse Zona Especial de Conservación (ZEC) en 2004 e LIC no 2006. En virtude da orde do 19 de abril de 2002 da Consellería de Medio Ambiente do artigo 7 da Lei 4/1989 e do artigo 22 da lei 42/2007, está legalmente prohibida a “realización de actos que supoñan unha transformación sensíbel da realidade física ou biolóxica” do espazo natural de Pena Trevinca.

Aínda que non están modificando Pena Trevinca directamente, sí que o fan a escasos 10 metros. “O prezo da lousa sube porque se esgotan os xacementos e explotacións que hai 20 anos non se plantexaban. A partires dese momento multiplícanse as ameazas sobre o entorno, que é onde nos atopamos”, indica Antón Lois. “É o problema de que os recursos ambientais finitos sigan as lóxicas do mercado”, afirma. Ademais, “a Xunta non é transparente coas avaliacións ambientais, se é que as fai”, interrógase. “A cuestión disto foi intensificar a producción”, asegura Remigio Paradelo.

A lousa úsase sobre todo para cubertas inmpermeábeis e en teitos, polo que a crise inmobiliaria do 2008 afectou moito ao sector. “Hai empresas que xa non explotan a zona. Os plans de restauración non se levan a cabo porque é custosísimo cando non hai unha explotación que xere cartos”, lamenta ‘Cholo’, dos montañeiros de Pena Trevinca. “Quen debe esixir responsabilidades é a Xunta”, apunta. “As empresas están a cometer actos ilegais ao non restaurar”, sinala Antón Lois. “Nos poñemos o recurso, eles levan o beneficio”, conclúe.

“Non é só que a Xunta non faga nada e deixe impunes ás empresas, senón que os Concellos da comarca son cómplices co seu silencio”, engade Serafín González, da SGHN

“Esiximos un maior grao de protección, que sexa un parque natural: o Macizo de Pena Trevinca e o Teixadal, unha protección real e efectiva”, demanda Antón Lois desde Amigos da Terra e engade que “a resposta da Xunta é a non resposta”. Desde a Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González apunta que lles enviaron “documentos con avaliacións da perda da zona á Xunta e até na UE e ingoráronnos”, asegura.

“O pacto medioambiental non se está cumplindo”, censura Serafín González. “Non é só que a Xunta non faga nada e deixe impunes ás empresas, senón que os concellos da comarca son cómplices co seu silencio”, engade. “Dáme igual que os responsábeis sexan nacionais ou estranxeiros, os funcionarios das consellerías deben facer que se cumpra a lei que para algo lles pagamos cos nosos impostos. Isto afecta moito á zona; a louseira de San Vicente de Leireia estragou a única estrada de acceso que vai até o pobo e destrozou tamén o río”, conclúe.

Un oficio do que vive unha comarca

A zona de Valdeorras creceu demograficamente da man das louseiras. Nun primeiro momento, as louseiras usáronse para o wolframio dos nazis na Segunda Guerra Mundial. Nos anos 70 comezou a explotación intensiva do monte para extraer lousa. Nos anos 80 habitaban 9.242 persoas a comarca de Valdeorras, segundo datos do Instituto Nacional de Estadística. Corenta anos máis tarde, a súa poboación acadou ás 13.431 persoas en 2020, segundo a mesma fonte, é dicir, aumenton a súa poboación nun 45%.

Ademais, nas louseiras 4.000 persoas traballan nas empresas louseiras e case 10.000 dun xeito indirecto. Porén, temos unha comarca adicada case exclusivamente a unha actividade laboral.

José González traballou desde os 12 anos até os 30 nas “pizarras” da zona. “Empecei arrastrando pedras e rematei de encargado”, relata. Asegura que os problemas veñen máis do pasado que da actualidade: “Mandaban tirar toneladas e toneladas de escombros ao río, hoxe cando chove esa lousa segue manchándoo”. 

jose beiras rio sil
Jose, antigo traballador das louseiras, ás beiras do río Sil. Miguel Núñez

Sobre a restauración da zona, puntualiza que “nós restaurábamos algunha zona, pero hai moitos que non o fan, iso é así. Mesmo os propiertarios das naves non se preocupan de coidalas”. O extraballador, estima que “un 30-40% das empresas quebraron coa crise e deixaron aí as explotacións sen restauralas”.

“Deberían mobilizarse e esixir plans de recuperación económica alternativos; cando esgoten a lousa toda a comarca colapsará e quedarán sen traballo”, sinala Antón Lois, de Amigos da Terra

En canto á resposta social, asegura que a “xente se queixa de como está o río, pero nunca vin mobilizacións en contra das louseiras como tal”. “A xente sabe que é o único medio de traballo estábel que hai por esta zona”, afirma.

“Deberían mobilizarse para esixir plans de recuperación económica alternativos, como fixeron nalgunhas zonas da minería de carbón, cando esgoten a lousa toda a comarca colapsará e quedarán sen traballo”, argumenta Antón Lois. Pola súa banda, Serafín González, da SGHN, conta que “non teño escoitado moita queixa ao respecto, deixouse medrar moito un asunto que agora ten difícil solución”.

Que facer?

“Nós non queremos deixar en paro a ninguén”, defende Antonio González. “O que pasa é que non se pode poñer por diante a economía á vida. Os montes son do mellor do patrimonio galego e estase destrozando algo que despois non vai ter solución”, censura.

Para Antón Lois, o que é imprescindíbel “é desenvolver proxectos de alternativas económicas sustentábeis, a lousa é a crónica dunha morte anunciada, os recursos son finitos”. Seguindo o argumentario de que o teixadal é un dos bosques de teixos máis importantes de Europa, “son unha árbore velenosa, mais está no centro dunha rama de investigación sobre o cancro. O Teixedal de Casaio debe defenderse desde todos os puntos de vista, até o máis egoista da supervivencia humana”, cerciórase Antón Lois. “Poderíanse desenvolver formas de Turismo sostíbel ou tentar de volver a fertilizar a terra para a agricultura”, opina ‘Cholo’.

Industria
O que non se di sobre Alcoa
A Xunta non ten plan ante a marcha de Alcoa, que deixaría unha desfeita ambiental e socioeconómica resultado dunha desfeita política de décadas.
Medio ambiente
“Contaminan o Porriño baixo o amparo das institucións”
A asociación veciñal de Afectados polas canteiras de Budiño reclama unha avaliación de impacto mediambiental até hoxe inexistente. Os efectos da actividade perxudican a vida cotiá da xente.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Alicante
Alicante El TSJCV anula los planes de caza de los humedales del sur de Alicante
El alto tribunal valenciano estima la demanda de Amigos de Humedales del Sur contra la caza nocturna de estas aves acuáticas.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Israel
Día de la Nakba Ex Libris, la empresa israelí que provee tecnología a las bibliotecas del mundo
Los principales productos de gestión y servicios bibliotecarios provienen de una empresa cuya sede principal se encuentra en el Malha Tecnology Park, sito en el territorio ocupado donde antes se levantaba la aldea palestina de Al Maliha.
Irlanda
Lavanderías de la Magdalena Caelainn Hogan: “Las madres “descarriadas” y sus criaturas eran un desafío a la autoridad de la Iglesia"
Caelainn Hogan, periodista irlandesa nacida en 1988, es autora de 'La república de la vergüenza', donde revela los abusos en las instituciones para mujeres que se desviaban de la norma en Irlanda.
There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #4: de techo, huelgas de alquileres, vivienda cooperativa y todo lo que no sea especular
Cuarto episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre alquileres por las nubes, lo difícil que tenemos para tener un techo donde vivir, ya sea comprando o alquilando.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Kabilas de mesa camilla
Kábilas de mesa camilla Las flores no nos libran de la culpa de no ser vírgenes
Estamos maternando en una Andalucía cuajada de modelos religiosos cautivos en la lógica patriarcal, y está en nuestra mano ofrecer a la nueva generación de churumbeles una versión decente de las imágenes o una negación desfasada de lo que ven
Genocidio
Genocidio 470.000 personas están en situación de hambruna en Gaza, donde continúan los asesinatos
El Ministerio de Salud de Gaza reporta que 52.928 personas han sido asesinadas y 119.846 heridas desde el 7 de octubre de 2023. Trump se reúne con los países del Golfo, pero no se mueve de su apoyo a Israel.
Más noticias
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.
Opinión
Opinión Abolir la familia, la perspectiva de une superviviente
La familia se vende como un espacio seguro, un lugar de amor y de cuidados mutuos, algo que no corroboran los datos. ¿Hay alternativas? ¿Cómo llevamos nuestras experiencias de redes de apoyo mutuo al centro de la sociedad?
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.

Recomendadas

Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.