Odio
Iago Moreno: “A nosa percepción da realidade está completamente mediada polas tecnoloxías das redes sociais”

O sociólogo Iago Moreno fala sobre polarización e discurso de odio na rede.
Iago Moreno retrato primer plano
Iago Moreno está especializado en fenómenos dixitais e cambio social. Álvaro Minguito
4 oct 2021 06:00

Iago Moreno é sociólogo e está especializado en fenómenos dixitais e cambio social. Falamos con el, entre outras cousas, para entender mellor como funciona a polarización en redes, a proliferación do discurso do odio e se o odio en redes xera novas formas de acoso no noso día a día.

Cando comezou o auxe do discurso do odio nas redes?
Nace de xeito consubstancial ás redes. O cambio máis salientable estaría na automatización das mensaxes de odio, no xurdimento de figuras nativas ao espazo dixital como son os trolls. Isto é algo que xurde sobre todo despois do 2011 ou 2012.

A que te refires co termo automatización?
Ao que coñecemos como bots, que son basicamente pezas de código de programación que serven para automatizar. É dicir, converter en androides, en robots que funcionan con intelixencia artificial, perfiles de diferentes redes sociais.

A fabricación de bots consiste en reemprazar accións de comunicación nas redes, que terían que ser levadas a cabo por humanos, por pezas de código e  instrumentos robotizados, que normalmente teñen lugar a escala masiva, e poden ter moitísimos propósitos. Hai contas robotizadas que simplemente se dedican a amplificar a mensaxe dunha campaña política determinada, como os bots de Vox mais básicos no Estado español. Pero logo tamén podes atopar contas nas que a robotización serve, por exemplo, para ler a conversa do adversario e fabricar respostas que teñan un mínimo de sentido en relación á situación e, así, enlamar conversas reais, pero dando a aparencia de ser contas humanas.

As redes necesitan que esteamos constantemente atrapados nelas para producir mais datos e, polo tanto, xerar máis beneficios para os donos destas plataformas.”

Falas de que os bots, moitas veces, funcionan a escala masiva. Como é isto e quen esta detrás deles?
Primeiro, a tecnoloxía de programación de bots dixitais non ter porque ser nociva, existen bots que son positivos como o que te avisa cando se usa por primeira vez unha palabra no New York Times.

E, da mesma forma, tamén hai bots que están creados a pequena escala, por exemplo, por militantes dalgún partido político que utilizan estas técnicas para multiplicar a nivel local as interaccións que teñen nas redes. Pero cando falamos dunha organización a nivel macro, falamos do envolvemento de distintos capitais sociais, políticos e económicos -psicólogos sociais, enxeñeiros informáticos, sociólogos, psicólogos, publicistas…- Son grupos de poder que actúan a nivel internacional asesorando en diferentes campañas ao redor do mundo.

ASalta
‘Detrás do odio’ O aumento das agresións LGTBIfóbicas
VV.AA.
Entre 2015 e 2019 os incidentes de odio en materia de orientación sexual e/ou identidade de xénero aumentaron de xeito significativo.

Como funciona a polarización en redes? Que pode levar a unha persoa a enraizarse no discurso do odio?
As redes necesitan que esteamos constantemente atrapados nelas para producir mais datos e, polo tanto, xerar máis beneficios para os donos destas plataformas. Neste sentido, tenden a amosarnos as cousas que amamos, pero tamén as que odiamos. É ese vaivén, esa montaña rusa de emocións, a que nos mantén sumidos o seu goberno. Pero claro, tamén hai outra serie de dinámicas mais xerais que xorden dunha intención deliberada por transformar un espazo social que, durante moitos anos, pensamos que ía ser unha aura de debate democrática, libre, participativa, aberta… É esa transformación do espazo dixital, na que se rexeita a participación popular, onde ese tipo de movementos avanza.

 Socializamos nun entorno dixital onde as nosas interaccións cotiás deixan de manifesto todas as nosas vulnerabilidade para nos convencer de comprar case calquera produto.”

Cres que se odia máis en redes?
Eu diría que todas as xeracións teñen a impresión de que viven nun tempo completamente único, na que todo o que pasa ao seu redor é novo. Probablemente no tema do odio tendemos a confundir novas manifestacións, novas formas de articulalo, coa súa exacerbación. O odio político leva sendo unha das ferramentas fundamentais da política ao longo dos séculos. Entón, tanto como odiar máis, sobre todo tendo en conta os niveis de violencia que preceden ao século XXI, pois diría que non.

Pero certamente si que está mudando a súa forma, sobre todo a que ten que ver coa explotación da minería de datos -o famoso Big Data-.  Moitas veces isto serve para poder personalizar campañas de publicidade institucional en base a perfiles psicométricos moi individualizados, que se constrúen para cada caso utilizando a pegadas dixital de interacción de cada un dos usuarios por separado. Por exemplo, calculando a nosa propensión a deter a nosa atención dixital nalgunhas mensaxes fronte a outras dependendo do seu ton ou linguaxe; ou acertando que temas, argumentos ou fotografías conectan e atraen o noso interese.

Iago Moreno retrato

Inicialmente, esta serie de mecanismos usábanse para “maximizar” o alcance de propaganda política tradicional. Por exemplo, na primeira campaña de Obama, un sistema semi-automatizado agregaba os datos de interacción ou permanencia na web segundo as fotos que amosasen a cada “tipo” de usuario e corrixía así que mensaxes concordaban máis cun perfil ou con outro. Hoxe falamos de pasos que van moito máis alá. Os exemplos mais coñecidos son campañas como as do Brexit, que foron capaces de explotar na intimidade das pantallas inclinacións ideolóxicas, propensións emocionais ou sentimentos de desafección que quizás moitos usuarios non expresaban en público. Non vivimos nunha sociedade de control absoluto pero si socializamos nun entorno dixital onde as nosas interaccións cotiás deixan de manifesto todas as nosas vulnerabilidade para nos convencer de comprar case calquera produto. Esas pegadas dixitais que nos deixan nus fronte os que poden ler a nivel macro o comportamento de millóns de usuarios son unha das fontes de información básica coa que se constrúe a propaganda política dos nosos dias. Non todo é automatización e violencia dixital.

Que papel xoga a desinformación e cal é a súa capacidade adaptativa?
Na sociedade española, de momento, serve para complementar unha estrutura de manipulación ideolóxica das ideas de certo bloque político por novos medios. Tamén serve para afianzar o discurso da extrema dereita en España dunha forma moi acelerada e radical que non se esperaba, construír novos prexuízos e fortalecer o avance ideolóxico de determinados sectores políticos.

Falabas antes de que nas redes se nos amosa o que odiamos e o que amamos, que intereses empresariais hai detrás disto?
As empresas de plataforma que dominan o espazo dixital, ou polo menos as redes sociais, o que queren é os nosos datos. É dicir, a información sobre nós mesmos como receptores de publicidade que deixan todas as diferentes formas de interacción dixital: dende a quen seguimos, a idade que temos, os gustos que amosamos publicamente, o tempo que pasamos mirando unha publicación fronte ao tempo que pasamos mirando outra… Cada forma máis micro de interacción dixital é o que eles necesitan para ceder a outras empresas, tanto para vender os seus produtos dunha forma segmentada, como para entender o tipo de seguidores que xurde entorno a elas no espazo público dixital.

Esa é a principal vía de financiación e, polo tanto, o principal interese que teñen estas plataformas nun sentido máis banal. Despois, como plataformas que controlan uns recursos inimaxinables e como instrumentos mediadores no fluxo de información a unha escala global, son tamén actores políticos que teñen intereses propios e que tenden a estar aliñados cunhas potencias ou outras. No caso de Twitter, por exemplo, é bastante claro o seu posicionamento a favor de potencias occidentais.

Se Facebook ou  Twitter quixesen intervir a favor dunha forza ou outra nas eleccións, non habería nin mecanismos para controlar iso nin para sabelo polo menos a tempo, antes do proceso de votación.”

As formas de odio en redes xeran novas formas de acoso fóra de redes?
Eu creo que si. Polo menos en tanto e canto a súa popularización leva a unha socialización diferente. Que é a socialización do que socioloxicamente chamamos a hipermediatización. A finais do século pasado, o concepto de mediatización referíase á forma na que medios como a televisión impuñan os seus códigos, linguaxes, dinámicas, tempos, horarios a outras instancias da vida social, fundamentalmente a política. Os tempos da hipermediatización, implican un paso mais alá, porque xa non é que haxa un tipo de medio en concreto que está transformando a nosa forma de socializar, senón que a nosa percepción da realidade, das persoas que nos rodean, do medio no que vivimos, etc. está completamente mediada por estas tecnoloxías.

As pezas coas que construímos esa imaxinación do público, do colectivo, do que nos rodea, moitas veces están directamente fabricadas polas redes sociais. Dende a forma na que imaxinamos o noso barrio coa imaxe de vista de paxaro de google maps, ata a forma na que imaxinamos a nosa rede de afinidade segundo a experiencia que temos mediada directamente por algoritmos nas plataformas que consumimos diariamente.

Estase a controlar dalgunha maneira a proliferación do discurso do odio nas redes sociais?
Non, porque son empresas poderosas e teñen a capacidade para intervir politicamente cando queiran, entón hai moitas reticencias a impor restricións fortes encontra delas. Se Facebook ou  Twitter quixesen proactivamente intervir a favor dunha forza ou outra nas eleccións, non habería nin mecanismos para controlar iso nin para sabelo polo menos a tempo, antes do proceso de votación. Entón non hai intereses políticos por intervir porque os custos son demasiado grandes.

Por outra banda, aínda segue vivo o mito das redes como espazo democrático de libre expresión, no que as batallas ideolóxicas ou as guerras culturais teñen máis que ver coa creatividade técnica dos actores implicados que coas desigualdades de poder que existen. Polo tanto, intentos de intervir e regular ese espazo social vence sempre como se fosen unha tendencia autoritaria, non so nos espazos da dereita, senón tamén en círculos libertarios da esquerda, que se negan a entender a importancia que ten regular este tipo de espazos, e tendencialmente incluso a nacionalizalos ou ter un control publico directo sobre eles.

Todo isto do que estamos falando pode resultar moi complicado de entender. Que podemos facer como consumidoras para ser mais conscientes do que acontece en redes?
A verdade é que me deixas en branco. Non sabería porque, efectivamente, é moi difícil informarse por medios propios. É fundamental recorrer aos libros e ensaios de xente brillante que esta abordando o tema como Marta Peirano ou Zeynep Tüfekçi, que están facendo un traballo marabilloso. Polo demais, nun sentido político ou democrático, é certamente difícil. Sobre todo porque para un usuario medio, en moitas ocasións, é complicado diferenciar entre as teorías de conspiración e os análises reais do que está acontecendo na rede. A extrema dereita sempre vai dicir que a desinformación é un produto da extrema esquerda e viceversa, pero a realidade e moitísimo mais complexa e demanda un traballo mais coordinado dende a academia, o xornalismo e os actores sociais.

Hai algo máis que che gustaría engadir, recomendar?
Só reivindicar que volva Tuenti, pero nacionalizado, público e baixo control democrático.

O prelo
O PRELO Vixiar e programar: o inimigo coñece o sistema
Realmente é democrática a rede? Marta Peirano analiza o funcionamento de internet para explicar o noso presente e expón como a rede está a determinar o noso futuro.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Racismo
Euskal Herria El discurso reaccionario gana enteros en Euskal Herria
La simbología fascista, las patrullas ciudadanas y los postulados políticos antimigratorios ganan terreno emulando al resto de Europa.
Agresiones homófobas
Homofobia Una pareja es agredida por homofobia en el Carnaval de Badajoz
Dos jóvenes serán procesados por un delito de odio tras una agresión homófoba en Badajoz. Las víctimas recibieron insultos, patadas y puñetazos, sufriendo heridas leves.
Tribuna
Tribuna Una inteligencia artificial que pinta en rosa y azul
El retorno a la Casa Blanca de Donald Trump ha traído consigo el regreso de antiguas miradas reduccionistas de la realidad. La legitimación política y parlamentaria de los discursos de odio tiene una traducción social asociada.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Pensamiento
Pensamiento Michael Hardt: “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.
Estados Unidos
Guerra comercial Estados Unidos y China acuerdan una rebaja en los aranceles durante 90 días
Tras una reunión en Suiza, los dos países anuncian que reducirán los impuestos a las importaciones a partir del 14 de mayo.
Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.