Chimeneas Central Carbón
Chimeneas de una central eléctrica de carbón

Decrecimiento
Que significa exactamente descarbonizar a economía?

Este lema das políticas enerxéticas da UE ten un significado e unhas implicacións que non son en absoluto obvias.

Coordinador do Instituto Resiliencia

7 oct 2020 06:03

Xunto co mantra da Transición Enerxética (ou, alternativamente, Ecolóxica), e practicamente de maneira intercambiable con el, emprégase continuamente o da descarbonización da economía por parte da dirixencia política e, cada día máis, tamén empresarial e social. Mais que é o que quere dicir exactamente “descarbonizar” unha economía, e que implicacións tería que esa descarbonización fose completa e se realizase nun prazo de trinta anos, chegando ao 60% en tan só unha década, como ten defendido, por exemplo, a ministra española de Transición Ecolóxica Teresa Ribera? A continuación imos tratar de analizalo.

En primeiro lugar analicemos a propia semántica do termo. Se nos abstraemos do significado que lle pretendan atribuír as elites políticas, o prefixo “des” non debería deixar lugar ás dúbidas: quitar o carbono de algo que o ten. Xa que logo, descarbonizar unha economía querería dicir, en rigor, eliminar calquera uso de moléculas que contivesen carbono do seu funcionamento metabólico. Isto, claramente, é un absurdo. Porque non soamente os combustibles fósiles (o carbón, o petróleo e o metano) conteñen carbono, senón tamén a leña (por mencionar un combustible renovable) e calquera alimento humano, sexa de orixe animal ou vexetal (hidratos de carbono, proteínas e graxas conteñen todos eles átomos de carbono), calquera peza de roupa (sexa de tecido natural ou sintético), calquera produto de plástico ou elaborado con calquera material de orixe vexetal, e mesmo na elaboración de moitos produtos de metal emprégase o carbono. O noso corpo está feito case nun 20% de carbono!

Aínda que a ciencia ficción e a exobioloxía especularon sobre a posible existencia de formas de vida extraterrestres fundamentadas no silicio, por exemplo, non podemos fuxir do feito de que a vida no planeta Terra está baseada precisamente no carbono. Polo tanto semella mesmo ridículo imaxinar que calquera economía humana, preindustrial, industrial ou postindustrial poida ser unha economía plenamente descarbonizada: non se pode descarbonizar a vida e, en consecuencia, tampouco a economía.

A vida na Terra está baseada no carbono, e en consecuencia, a economía non pode ser plenamente descarbonizada

Visto o visto, non pode ser iso o que pretenden vender baixo o termo de moda. Se acudimos ás definicións e aos contidos concretos das políticas denominadas de descarbonización descubrimos que, en realidade, o que están a propoñer é o que cabería chamar en rigor unha desfosilización da economía, é dicir, a eliminación do uso dos combustibles fósiles e, consecuentemente, a desaparición das emisións de anhídrido carbónico causante do caos climático asociadas á súa queima.

Así, fálase alternativamente do obxectivo da “neutralidade climática” ou de “obxectivo cero emisións” (sen aclarar se son netas ou brutas), que, dito sexa de paso, está por debaixo do que a ciencia nos indica: que precisamos non só deixar de emitir senón comezar a capturar carbono da atmosfera o máis rapidamente posible (as chamadas “emisións negativas”). Con todo, algunhas definicións reducen o alcance da eliminación (termos absolutos) das emisións á unha mera redución (termos relativos), é dicir, se reducimos aínda que sexa un 1% as emisións netas, xa estariamos “descarbonizándonos” e unha “descarbonización plena”, neste sentido sería lograr unhas emisións nulas. Daquela a descarbonización non sería tanto unha meta como o propio proceso, o camiño para chegar a esa meta.

Central térmica de Meirama
A central térmica de Meirama, propiedade de Gas Natural Fenosa, produce electricidade a partir da combustión do carbón. Jessica Uzal

Aclarada esta cuestión, pescudemos no que implica entón desfosilizar economías como a galega, a española ou a da Unión Europea, e facelo nun prazo tan curto (comparado co tempo que levou facelas tan altamente dependentes dos combustibles fósiles como son hoxe en día: 80% de dependencia no caso galego, 74% no español e moi similar no europeo, taxas que chegan a preto do 100% en sectores coma o do transporte). Así é que se recoñece desde a propia Comisión Europea que “para alcanzar a neutralidade climática, será necesaria unha redución de 90% das emisións dos transportes até 2050”. E un recente estudo expón que o Europen New Deal implica trocar (ou engadir?) esa dependencia de materias enerxéticas fósiles finitas por outra de materiais críticos precisos para os sistemas de captación de renovables e para a electrificación+dixitalización pretendida, e que son tamén finitos.

O Pacto Verde Europeo implicaría trocar a dependencia dos combustibles fósiles finitos por outros materiais escasos e tamén finitos

Para analizar o que implicarían en sectores concretos da economía da UE estes obxectivos de redución de emisións carbónicas, os investigadores do GEEDS da Universidade de Valladolid introduciron os datos no modelo MEDEAS e as súas conclusións revelan o que supón a desfosilización do transporte europeo: sen reducir o nivel de mobilidade actual de persoas e mercadorías, por moitos vehículos eléctricos que introducirmos, apenas lograriamos reducir nun 15% as emisións. Malia que non incluíron o consumo/emisión de carbono asociado á fabricación destes vehículos, a potencia do modelo permitiulles xogar con diferentes variables para achegarse á maneira de lograr os obxectivos da UE; de feito, MEDEAS foi financiado precisamente para iso pola propia Comisión Europea, aínda que polo de agora non o estean a ter en conta para definiren as políticas económico-enerxéticas.

A única maneira en que o modelo consegue dar o resultado dunha redución do 80% é cunha “drástica redución da demanda do transporte, especialmente o aéreo” e cunha redución do PIB do 23%. Curiosamente, unha situación moi similar á actual causada pola pandemia, pero que debería converterse en permanente e planificada, e non sobrevida e temporal, como pretenden agora os nosos gobernantes, teimando en recuperar todos os niveis anteriores e mesmo superalos, tanto se falamos de PIB coma se nos fixamos no turismo, no transporte aéreo, etc. Se atendesen ás conclusións do modelo avanzado de simulación que eles mesmos financiaron, deberían estar vendo o xeito de converteren esas reducións en permanentes e menos dolorosas para a sociedade, non en volver a elevar o número de voos, de turistas internacionais ou de quilómetros percorridos polos camións aos niveis insustentables pre-pandemia.

Escenarios de transporte no modelo MEDEAS.
Diferentes escenarios do modelo MEDEAS para a descarbonización do transporte.

Mais non é soamente o sector do transporte o que cómpre descarbonizar (perdón: desfosilizar). Cada litro de gasolina e de gasóleo, cada quilo de carbón ou de plástico, cada metro cúbico de gas natural ou butano ou propano, debe atopar un substituto que non emita carbono coa súa queima ou fabricación. Abonde citar o crítico sector da alimentación, hoxe en día enormemente dependente do petróleo (combustibles, plásticos, praguicidas) e do gas natural (fertilizantes), tal como alertou a propia FAO.

A substitución máis simple é — que dúbida cabe — deixar de usalos, mais iso vai en contra do mandato inherente ás sociedades capitalistas de non só manter senón aumentar perpetuamente o nivel de produción e consumo. Porque non podemos perder de vista algo que nunca se menciona desde o poder político nin económico: deixar de usar combustibles fósiles implica deixar de facer moitas cousas. Obviamente as sociedades humanas floreceron ao longo de milleiros de anos sen facer uso destes almacéns hiperconcentrados de enerxía solar prehistórica, sendo “100% renovables” e “neutrais climaticamente”, mais a súa capacidade de facer cousas, o seu nivel de complexidade e as súas poboacións eran moito menores.

Energía
Os invisibles escravos enerxéticos

Un concepto fundamental para entender o papel da enerxía no presente e no futuro é o dos ‘escravos enerxéticos’.

O enxeñeiro e divulgador do declive enerxético Pedro Prieto representou en numerosas ocasións esta evolución nunha reveladora gráfica, na que podemos constatar os saltos históricos de uso de enerxía por parte da especie humana, desde dispoñer dunha potencia “como primates espidos que somos” duns 300 W na época paleolítica aos 12.000 W das actuais sociedades industrializadas coas súas poboacións de faraóns enerxéticos. O reto das vindeiras décadas é como facer este descenso enerxético dunha maneira democrática e xusta, sen caer en insolidariedades con outros países, con outras especies ou coas xeracións vindeiras e evitando caudillismos que nos leven a unha nova doutrina do Lebensraum.

Os obxectivos de descarbonización propostos pola UE só se poderán lograr mediante o decrecemento económico

É dicir, o que chaman descarbonizar implica en última instancia decrecer en termos de PIB, de mobilidade e noutras áreas das economías industrializadas responsables de emisións netas de CO2 (practicamente todas). Mais se lemos ou escoitamos os discursos e plans dos nosos gobernos, autocualificados sistematicamente de “ambiciosos”, non imos achar esta drástica macromedida por ningures, e tan só unha repetición teimosa — e nunca soportada en cifras minimamente sólidas — de termos cargados de connotacións tecnooptistas pero cuxos límites sinalados pola ciencia son esquecidos de maneira sistemática: modernización, eficiencia, dixitalización, innovación, desmaterialización, desacoplamento, etc.

É especialmente rechamante que conceptos como Transición Ecolóxica e dixitalización se mesturen de maneira tan persistente que xa desen pé a falar mesmo da “Transición Ecolóxica e Dixital”, como unha única cousa indivisible e internamente coherente, coma se o sector dixital non fose responsable dunha parte importante — e, o que é peor, crecente — das emisións de efecto invernadoiro e cada dispositivo dixital (cuxa rápida obsolescencia é de sobra coñecida) non levase unha mochila de carbono moi importante na súa fabricación.

Decrecimiento
O consumo da economía desmaterializada

A desmaterialización da economía converteuse nun mantra da política moderna que agacha unha gran mentira.

Así, o discurso oficial na UE, en España e en Galiza non ten o máis mínimo rubor en pretender facer compatibles descarbonización e impulsar sectores que non só son imposibles de descarbonizar senón que recarbonizan aínda máis o noso modo de vida, e iso sen entrarmos a falar das industriais máis intensivas en consumo enerxético e en emisións.

Discursos que se lles aplicásemos a lexislación vixente sobre publicidade enganosa serían tan denunciables coma os anuncios de coches zero emissions. Políticas incoherentes que non só están condenadas ao fracaso, senón que van implicar serias consecuencias non só para nós senón para outros pobos e para o conxunto presente e futuro da vida sobre a Terra. Por este camiño o caos climático e a Sexta Extinción Masiva non se van ver freados, e o neocolonialismo de materiais enerxéticos e escasos mediante un acelerado extractivismo dentro de fóra de Europa non serían consecuencias menores a curto prazo.

Tom Kucharz, de Ecoloxistas en Acción, tras analizar o devandito estudo encargado pola Comisión Europea e titulado Critical Raw Materials for Strategic Technologies and Sectors in the EU, A Foresight Study, conclúe que “amosa a inviabilidade dos plans de descarbonización da UE e confirma a falta de materias primas para as tecnoloxías da suposta 'dixitalización' e a 'transición enerxética' que supoñen piares centrais da aposta política de 'recuperación económica' pospandemia”. Ademais advirte de que “a escaseza e o esgotamento das materias primas clave precisas na fabricación de tecnoloxías de enerxías renovables, a telecomunicación, a robótica, drons, etc. porán en xaque industrias cruciais e expoñen á UE a restricións de subministro por parte da China e doutros países extractores” de terras raras e doutros materiais dos que carece a UE (así, por exemplo, só o 1% dos materiais precisos para fabricar un xerador eólico procede da propia Unión).

E Kucharz amosa finalmente unha preocupación moi concreta a curto prazo: que a denominada Alianza de Materias Primas que vai promover a Comisión reunindo a industria, investidores e outros actores económicos e políticos, promova un axuste do marco xurídico á medida das empresas mineiras e permita aos Estados membros subvencionar este tipo de actividades botando man dos fondos europeos para a recuperación pos-COVID19.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Crisis climática
Un 50% entre 2070 y 2090 Decrecer de forma planificada o a la fuerza: el PIB mundial se hundirá por la crisis climática
Economistas y científicos británicos dan por hecho que el crecimiento se desplomará en las próximas décadas por los “shocks climáticos”.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.

Últimas

There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #3: de bancos que financian genocidios, finanzas éticas y todo lo que no sea Netanyahu
Tercer episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre empresas que ganan dinero con la masacre al pueblo palestino, de los banca armada que les ayuda y de las alternativas de las finanzas éticas.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.
Más noticias
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Senegal
Senegal El gobierno senegalés cumple su primer año en el poder con más preguntas que respuestas
El Pastef, el partido panafricanista senegalés, llegó a la presidencia a finales de marzo de 2024 con propuestas radicales de cambio. Un año después, limitado por la deuda externa, mantiene el apoyo popular mientras busca un nuevo acuerdo con el FMI.
Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.