Universidad
ConVIDa-20: comprendendo o efecto da corentena no estudantado universitario

A USC lanza unha enquisa online para observar como se sente o estudantado tras a corentena e de cara ao futuro. 
Universidad de Politicas Somosaguas
Dúas estudantes conversando na facultade. David F. Sabadell
4 jun 2020 08:00

A corentena provocada pola Covid-19 xa comezou a súa desescalada, con todo, os efectos provocados na saúde psicolóxica das persoas aínda son descoñecidos e poden durar moito tempo máis. En concreto, para a poboación universitaria, esta situación excepcional implica uns cambios vertixinosos e adaptacións continuas” que poden chegar a afectar ao seu benestar mental, ao ser un dos grupos de poboación onde a preocupación polo futuro adoita estar máis presente. É por iso que os  grupos de investigación Procesos Cognitivos e Conduta e Underisk da Facultade de Psicoloxía da USC comezaron o chamado proxecto ConVIDa-20, un estudo en liña sobre os efectos psicolóxicos e sociais que está a provocar a COVID-19 neste segmento poboacional.

Entender a situación para poder axudar

Cando estabamos no momento máis central do confinamento, e vendo un pouco a reacción que tiñan os estudantes co tema da docencia a distancia e todo ese tipo de cousas, pensamos que podíamos ver neste grupo concreto como levaban o tema de estar pechados e como podía afectarlles a nivel psicolóxico unha situación que era inédita”, conta Isabel Fraga, profesora e coordinadora do grupo de investigación Procesos Cognitivos e Conduta da USC. Así, nós, xunto con Underisk e unha estudante de doutoramento, puxemos en marcha este estudo online. A idea era tratar de botar unha man e ver como estaban cuestións relacionadas co benestar e a saúde mental da rapazada nunha situación cando menos complicada. Porque se lles xunta o tema académico con outro tipo de cuestión psicosociais e económicas. E ao mesmo tempo, coñecer ata que punto algunha das reaccións están relacionadas coa personalidade de cada un, coas estratexias das que cada estudante dispón para afrontar esta situación. En definitiva, sacar unha foto o máis representativa posible do que lles pasa aos universitarios na Galiza durante este tempo”, explica a investigadora.

Fraga aclara que supón que isto non atinxe só as estudantes universitarias, senón á mocidade en xeral —e mesmo aos adultos—, pero que o que buscan co estudo é contextualizar na universidade “porque é onde pensamos que podemos botar unha man e é o terreo que máis coñecemos, e porque se supón —inicialmente polo menos— que a xente que está facendo estudos superiores estará mellor preparada de cara ao futuro laboral”, puntualiza. “Aínda así, o que nos atopamos en parte xa o tiñamos antes. Estamos diante dunha xeración de mozos e mozas —atreveríame a dicir entre 15 e 30 anos— que está marcada polas crises. E agora a esas dificultades e as expectativas sombrías que tiñan xa antes desta crise sanitaria, súmaselle a incerteza de todo o que trae a pandemia consigo”.

Desde o grupo de Procesos Cognitivos e Conduta da USC explican que por agora teñen os datos dos 500 primeiros participantes que contestaron na última semana de abril. “Nese momento aínda non se anunciara o inicio da chamada desescalada, estabamos aínda confinados por completo, e ao mesmo tempo achegábanse as avaliacións da universidade”, conta Fraga. “Resumidamente, isto é unha foto fixa do momento no que este 50% inicial contestou a enquisa, que ten moito que ver con como perciben eles a situación, que pode cambiar moito dunha persoa a outra. Con todo, si que é certo que como dato xeral —e non creo que isto cambie tanto cando analicemos o conxunto completo de enquisas—, aos rapaces cando lles preguntabas de 0 a 10 que nivel de estrés consideraban que tiñan, xa poñían 5, que non é baixo, antes do estado de alarma. Pero, despois de entrar na pandemia, no momento no que fan a enquisa, din que agora teñen un estrés de 8 sobre 10. Isto evidencia que están a percibir e están a vivir a situación cun nivel de ansiedade importante”, engade a experta.

De feito, segundo os resultados iniciais do estudo, a palabra máis empregada para explicar como se sente o estudantado é ‘incerteza’. “Pedimos que nos dixeran que palabras empregarían eles para definir como se sentían, e a palabra máis pronunciada foi incerteza, seguida de agobio, estrés, ansiedade, tristura, soidade... Xunto a elas, hai un segundo grupo de palabras que fan referencia ao desconcerto, ao estraño da situación. Efectivamente creo que ás incertezas e preocupacións que xa tiñan antes, por exemplo con respecto ao futuro laboral ou con respecto ás consecuencias derivadas dos efectos do cambio climático, agora súmase unha inquedanza con respecto ao futuro en xeral”.

Despois de entrar na pandemia, no momento no que fan a enquisa, din que teñen un estrés de 8 sobre 10. Isto evidencia que están a percibir e están a vivir a situación cun nivel de ansiedade importante.

Unha inquedanza que provoca que os resultados iniciais do estudo non sexa demasiado positivos. “Hai que dicir que os resultados non son bos de primeiras, aínda que isto non quere dicir que a maior parte das participantes —o 70% delas mulleres—vaia enfermar ou vaian ter que ir a un psiquiatra ou a medicarse, senón que dependerá de como vaian as cousas a partir de agora. Se as cousas melloran, moitas das persoas sairán adiante practicamente sen axuda”.

Sobre o papel da universidade e o cambio á modalidade online, Fraga di que a maioría manifestan sentir máis apoio da familia e amigos que da universidade. Aínda así, Fraga tamén recorda que “ninguén estaba acostumado a este tipo de docencia”, e non axudou que se tivera ‟que pasar de 0 a 100 nun par de días”. “Isto é unha situación estresante para todos, non só para os estudantes. Tamén para o profesorado”, apunta Fraga. ‟Hai que dicir que non se senten apoiados porque ese é o seu sentimento, pero as cousas sempre son relativas”. Sobre a modalidade online, desde Procesos Cognitivos tamén din que chama a atención o moito que o estudantado bota de menos ir á facultade. “Manifestan botar de menos o contacto presencial co resto das estudantes e co profesorado”, explica Fraga. “Nun principio pensamos que a xente nova controla máis as redes sociais e está moi enganchada a elas e, aínda así, isto pon de manifesto que polo menos, para as cuestións relacionadas co tema académico, prefiren a presencialidade”.

Sobre as redes sociais, nos datos preliminares o estudo tamén parece por de manifesto nun primeiro momento “que a rapazada que está moito nas redes sociais, sobre todo de noite, están peor”. E, ao tempo, ‟os que mellor manifestan estar son os que manteñen unha rutina de traballo e de sono”.

Para Isabel Fraga estes datos teñen que servir para entender que a rapazada universitaria está nun momento crítico e para saber como axudalos.

Para Isabel Fraga estes datos teñen que servir para entender que a rapazada universitaria está nun momento crítico e para saber como axudalos. “Creo que hai que acompañalos na medida do posible para facerlles entender que teñen que aprender a manexar a incerteza e reaprender da situación. Pero non como din algúns de que esta é unha oportunidade marabillosa de sacar o mellor de nós mesmos, porque non é certo —obxectivamente estamos ante unha situación grave e moi seria—, mais non só eles se senten perdidos. A xente que temos máis anos tamén, e isto tamén é importante”, engade Fraga. “Por iso, o que temos que sacar disto e que hai que saír desta sociedade tan individualista e ser máis solidarios. Todo o que facemos ten consecuencias, polo que a idea da comunidade debería afianzarse”.

As estudantes contan a súa experiencia

Marta, Ana e Brais —as tres persoas participantes do proxecto ConVIDa-20, e con nomes falsos para preservar o seu anonimato— contan a súa experiencia durante a corentena desde o seu punto de vista de estudantes universitarias na USC. Unha experiencia que foi diferente para cada unha debido ás súas situacións persoais.

“Eu comecei a corentena no meu piso de estudantes, por se acaso, porque na miña casa hai unha persoa de risco. Pero despois de estar 15 días na casa sen saír, fun vivir coa miña familia”, conta Brais, estudante de cuarto de psicoloxía. “De entrada, no tema académico, tiven un problema co wifi porque vivo en Mos, unha vila perto de Vigo, e non chega moi ben a conexión a determinados lugares. Aínda así, para min onde máis residía o conflito é que na miña casa vivimos sete persoas, entón non tiña un espazo propio de tranquilidade para poder estudar, nin podía ir estudar a unha biblioteca”, engade.

Para Ana, estudante de relacións laborais, a experiencia foi moi distinta por “vivir nunha casa con un xardín bastante grande no que podía saír a tomar o sol aqueles días que facía bo tempo, e a estirar as pernas cando na casa xa non aguantaba máis”, conta. Non foi así para Marta, estudante de filoloxía, que pasou a corentena “nun piso pequeno, sen terraza nin balcón”.

Para todas, o peor da corentena foi o feito de estar pechadas, sen poder ver a máis xente, sobre todo cara mediados de abril, cando non parecía verse un final.  “A medida que ían pasando as semanas sentía que vivía nunha montaña rusa emocional na que pasaba dun estado de ánimo a outro con moita facilidade”, conta Marta. Brais concorda indicando como “ía perdendo a motivación para facer nada conforme pasaban os días”, ao que se lle sumaba “a obsesión por aproveitar o tempo e producir constantemente” que facían que se sentiran mal por simplemente “tomarse un tempo para si mesmos”, algo que tamén é necesario no medio dunha pandemia.

“Ía perdendo motivación para facer nada conforme pasaban os días”, ao que se lle sumaba “a obsesión por aproveitar o tempo e producir constantemente”.

Sobre a docencia online, para Marta e Ana, esta foi “absolutamente inexistente”. “A non ser que consideremos a docencia o mandar mil traballos por materia sen dar referencias ou explicar nada”, denuncia Ana. Aínda que os tres concordan en que a calidade dependía en parte de cada profesor. “Algunhas profesoras si que se implicaron, se interesaron polo benestar do alumnado e buscaron unha solución común. Non obstante, foron casos moi contados. A USC non axudou moito a verdade, non nos deron solucións para que todas as compañeiras tiveramos unha avaliación xusta e igualitaria nin se implicou cos problemas do alumnado, tanto psicolóxicos —acrecentados pola presión da situación—, como pola falta de recursos”, engade Marta. ‟Eu por sorte non teño a ninguén enfermo nin tiven ningún problema por unha mala situación económica, pero si que hai compañeiras que ven aos seus familiares en paro, non teñen ningunha prestación económica e que non saben como van saír disto... e claro, eles están máis preocupados por poder axudar nos seus fogares, por estar cos seus familiares enfermos, que por entregar un traballo. E iso é humano, é máis humano preocuparse por iso que preocuparse por traballos de clase”, comenta Lucía, outra estudante de dobre grao.

Brais entende que a USC “tivo os seus fallos”, mais cree “que hai moitos profesores, e incluso iniciativas da USC —como que o aprobado pase á media, que nalgunhas materias non houbese que facer exame...— que estiveron ben”, e que o profesorado ‟tamén ten as súas situacións persoais, e adaptarse dun momento para outro a un novo método de docencia tamén é complicado”. Aínda así, asegura que nunha materia os seus apuntes persoais foron os que “finalmente o profesor utilizou para a súa docencia”, e tivo profesores que fixeron exames de 40 preguntas a un minuto por pregunta. Ana di que a universidade careceu de “compaixón”, ao obrigar “a seguir traballando a un nivel moito mais alto do que xa o viñamos facendo, esixíndonos moito máis estando nas situación que estábamos”, comenta esta estudante.

En canto ao futuro, coinciden coa maioría das enquisadas: para elas, a incerteza tamén é a súa principal preocupación. “Sen dúbida a incerteza é o que máis me afecta”, afirma Brais. “Sobre todo porque podemos saber máis ou menos como vai ir evolucionando día a día a situación, ou dentro dunhas semanas, pero ninguén sabe como imos estar a final de ano”. Coinciden ademais en que se achega unha nova crise que lles vai afectar no ámbito laboral. “O futuro laboral véxoo practicamente imposible e con condicións moi precarias”, conta Marta. “Vexo unha crise, que espero que sexa menos dura do que están pronosticando, xa que me gustaría poder saír ao mercado laboral”, engade Ana. Os participantes da enquisa opinan tamén que, se a docencia permanece como semipresencial, a súa calidade vai verse afectada. “Ao final, as dinámicas que se poden dar nunha clase con docencia persoal nunca son as mesmas que se poden dar por Skype. E o primeiro ano creo que é moi difícil que a calidade virtual sexa óptima”, comenta Brais.

En canto ao futuro, coinciden coa maioría das enquisadas: para elas, a incerteza tamén é a súa principal preocupación.

Sobre as solucións, todas parecen coincidir en que pasa por ser máis solidarias, cooperativas e coidar máis aquilo que nos rodea. “A min o que me gustaría é que se invista en sanidade, educación e cultura, que a fin de contas foron os piares que nos sostiveron durante dous longos meses. Tamén en emprego —máis alá de vivir do turismo— e en axudas sociais”, opina Marta. “Gustaríame que a xente aprendese algo de todo isto e vise o que realmente é importante para un país —a sanidade por exemplo—”, coincide Ana.  

“Creo que ten que pasar que asumamos que efectivamente hai certas cousas que escapan ao noso control pero ao final, aínda que individualmente non somos responsables de nada, somos un colectivo, e como colectivo si que temos a responsabilidade de ir cambiando as cousas pouco a pouco. Sobre todo en temas como o do cambio climático”, engade Brais. Para estas estudantes, queda moito camiño por percorrer. “Para que unha sociedade mude, primeiro ten que cambiar a mentalidade das persoas de xeito individual, e sinceramente, non estou vendo que isto ocorra”, opina Ana. “E se non o aprendemos no medio dunha pandemia mundial, non sei cando imos poder aprender”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Activismo
Movementos sociais A Comunidade de Montes de Tameiga vence ao Celta de Vigo e frea a construción dun centro comercial e un estadio
Os comuneiros e comuneiras desta parroquia de Mos (Pontevedra) conseguen torcerlle o brazo á empresa de Marián Mouriño que accede a renunciar ao 99% do terreo que tentaba ocupar cunha cidade deportiva que o pobo rexeitou con grandes mobilizacións.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez resucita el decreto ómnibus con más ayudas a los propietarios
El Gobierno anuncia un acuerdo con Junts para reflotar el decreto que permite revalorizar las pensiones con nuevos avales estatales para caseros. El presidente se compromete a convocar una moción de confianza.

Últimas

Sanidad
Sanidad privatizada Óscar López vuelve a ceder al chantaje de las aseguradoras y aumenta un 41% el dinero para Muface
El gobierno aprueba en el Consejo de Ministros un aumento de las primas para las aseguradoras privadas del 41,2%, superior al que en un primer momento estas empresas demandaban.
Deportes
Liga F Nuevo convenio para las futbolistas: guarderías, mejoras en el protocolo antiacoso o subida salarial
Hace firme los aumentos salariales del acuerdo de salida de huelga de 2023 e incluye todos los puntos que quedaron pendientes entonces. Dos de los sindicatos del banco social se descuelgan de la firma por considerar insuficiente el convenio.
Economía
Fiscal Impuestos de Trump: subida a los consumidores y protección a Silicon Valley
Las primeras medidas fiscales anunciadas por el nuevo presidente de los Estados Unidos dejan bien claras sus intenciones, quiénes se van a beneficiar de ellas y quiénes las sufrirán.
Serbia
Balcanes Dimite el primer ministro serbio, Milos Vucevic, por las protestas estudiantiles contra la corrupción
El país balcánico entra en fase de Gobierno técnico después de que cientos de miles de personas precipitaran la caída de un Ejecutivo al que se acusa de ser responsable de la caída de una marquesina que causó la muerte de 15 personas.
Palestina
Genocidio El ejercito israelí sigue matando en Gaza pese al acuerdo de alto al fuego
Mientras cientos de miles de palestinos y palestinas del norte de Gaza regresan a sus tierras formando una inmensa columna, las fuerzas sionistas prosiguen con sus ataques sobre el pueblo gazatí.
LGTBIAQ+
Estudio Discriminadas en la educación, la sanidad y el trabajo: la situación de las personas LGTBIAQ+ con discapacidad
El 78% de las personas LGTBI+ ha experimentado algún tipo de discriminación en el ámbito educativo. Es una de las conclusiones del estudio ‘La situación de las personas LGTBI+ con discapacidad en España’ presentado este lunes.
València
Lawfare Mónica Oltra es absuelta de calumnias contra el presidente de Ribera Salud
Alberto de Rosa, responsable de la empresa que gestiona las concesiones de sanidad pública de gestión privada, retiró su demanda un día antes del juicio, por lo que ha sido condenado a costas.
Análisis
Análisis La vivienda, un problema democrático
La falta de políticas justas que equilibren las relaciones de poder entre propietarios-rentistas-bancos e inquilinos-consumidores da cuenta de un problema estructural de la democracia.
Barcelona
Barcelona Mossos y Guardia Urbana desalojan a la Antigua Massana sin notificación previa
La orden de expulsión por vía administrativa quedó suspendida el pasado 17 de octubre y los abogados del centro social denuncian que no han recibido ninguna orden judicial de desalojo.

Recomendadas

Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.
México
Fronteras Tijuana concentra los estragos del cerrojazo de Trump
Frente a la aduana de Estados Unidos se acumulan los migrantes que se han quedado sin cita para su tramitación de asilo, cuya esperanza merma al ver los grupos de deportados que son devueltos a México.