Alberto Núñez Feijóo
10 exemplos que revelan a deficiencia do goberno de Feijóo

O que aconteza este domingo 12 de xullo determinará a continuidade de Alberto Núñez—Feijóo e do PPdeG na gobernanza da Xunta de Galicia. Tras once anos de precariedade, recortes e desfeitas medioambientais, analizamos algúns dos exemplos durante o seu mandato que clarifican a súa xestión en continua defensa dos intereses do gran capital.

Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento galego. Foto cedida por Nós TV.

Este 12-X xerou un clima de dúbidas respecto ás garantías sanitarias e democráticas da celebración das eleccións baixo a pandemia da COVID-19. Ante todo, a realidade é que en Galiza levamos 11 anos continuados baixo o mandato do PPdeG. 

Nestes anos, as clases traballadoras acostumáronse a sorprendérense, enfandárense ou disgustárense a medida que puideron ver as prácticas deste goberno. No Salto, clasificamos e ordenamos 10 exemplos da xestión política de Alberto Núñez Feijóo, que demostran como o Presidente da Xunta estivo ao servizo da defensa dos intereses do gran capital e das grandes élites financieiras.

1. Aumento da débeda pública

Tal e como informou o xornal dixital Praza, dende o 2012 os concellos galegos diminuíron a súa débeda pública, mentres a Xunta a aumentou. En 2010, o goberno galego contaba cunha débeda de 6.000 millóns de euros, mentres que no 2019 a aumentou até os 11.314.517 euros.

2. Recortes en Sanidade

A COVID-19 deixou entrever as deficiencias do sistema sanitario galego. O recorte orzamentario do 21% en Atención Primaria (adicando só un 12% —e non o 25% recomendado— do total do orzamento sanitario), a precariedade no persoal, o aumento nas listas de espera para consultas e operacións ou a falta de equipamento no SERGAS arrastrada desde hai anos palpáronse nesta crise. Máis do 60% dos hospitais galegos son privados, ademáis do intento de privatizar a sanidade pública polo líder do PPdeG ou do desmantelamento desta no rural (como no caso do paridoiro de Verín). 

Segundo informa o diario Público, no último ano no SERGAS elimináronse 450 camas “á baixa”, recortáronse 513 prazas de médicos, 184 postos de enfermería (que cobran 185 euros menos ao mes que a media estatal) e 1121 do total do persoal sanitario do país. Desde o 2009, o orzamento sanitario reduciuse nun 18%.

A gravidade é tal que a propia Fiscalía do Estado acusaría ao Goberno de Feijóo no 2016 de homicidio por retrasar fármacos para a hepatite C por “motivos orzamentarios”. A denuncia, incorpora os historiais médicos de seis pacientes que non lograron ser tratados a tempo e faleceron, pese a cumprir cos criterios para recibir dita medicación. 

3. Control e manipulación informativa

Ademais de subvencionar a medios privados, como os case 2 millóns de euros ao Grupo Voz (La Voz de Galicia) e os 500.000 ao grupo Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión de Coruña), as persoas traballadoras da Televisión de Galicia levan anos denunciando o control e manipulación informativa ao que se ven sometidos desde hai anos no medio público. Crearon os venres negros (van xa máis dun centear), e foron castigados con relegacións nos postos de emprego aqueles que protestaron. 

Televisión pública
Cincuenta venres de negro pola liberdade de expresión
O movemento #defendeagalega leva cincuenta semanas denunciando a precarización laboral, os expedientes disciplinarios a traballadores e a manipulación informativa

4. A empresa da súa irmá facturou máis de 29 millóns de euros por contratos públicos

Segundo informou Galicia Confidencial, Micaela Feijóo percibiu esta cantidade de cartos das administracións galegas a través de contratos de limpeza, mantemento, seguridade, servizos sociosanitarios e medio ambiente, aínda que tamén houbo contratos doutras divisións da empresa Eulen como son os de servizos auxiliares e traballo temporal. 

Os grandes contratos de Eulen durante estes anos de Goberno de Feijóo foron co SERGAS, coa Consellería de Traballo e Benestar, Medio Rural, Medio Ambiente e fundacións ou institucións como a Semana Verde de Silleda, Sogama ou a CRTVG.

5. Aval dos eucaliptos que causaron os incendios de 2017

Pese a gran cantidade de indicacións de expertos científicos do Parlamento galego sobre a causalidade dos incendios en Galiza provocada pola abundancia de especies coma os pinos ou os eucaliptos, a  Xunta de Galicia,  durante o mandato de Feijóo, defendeu que o eucalipto non é unha especie invasora na Galiza e sostivo que non ten que ver cos incendios que arrasaron cos montes galegos nos últimos anos. O goberno galego defendeu os intereses económicos dos 80.000 propietarios que se lucran co negocio desta árbore. Ademais, diversas asociacións ecoloxistas veñen criticando o “abandono dos montes” nos últimos anos, algo que a Xunta ignorou.

Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

6. Un de cada cinco galegos baixo o umbral da pobreza

Durante o 2019, aumentou a un 23% da poboación galega a que se atopaba en risco de pobreza ou exclusión social respecto ao ano anterior. Segundo CC.OO, un total de 542.892 persoas contan con menos de 8.871 euros anuais e un 21,65% da mocidade menor de 16 anos sofre a pobreza segundo a EAPN. Ademais, Galiza ten as segundas pensións máis baixas de todo o Estado Español, con 858 euros de media ao mes.

7. Recortes en Educación

A baixada acumulada dos orzamentos adicados á educación pública chega aos 2.000 millóns de euros nestes 11 anos, “xusto o adicado á educación privada no mesmo tempo”, censuraba Ana Pontón, portavoz do BNG. A isto, hai que sumarlle o peche das unidades educativas nas provincias galegas, o que se traduce en recortes no persoal docente en Galiza, chegando a un total de 1274 postos de traballo nos últimos 10 anos. Mentres, a educación privada e concertada aumentou en 600 postos o profesorado desde 2009.

Ademais, segundo o DOG, anuláronse as axudas para a normalización da lingua no ensino no curso escolar 2019/2020.

Galego
O galego que falamos
A nosa lingua perde palabras, sons... e falantes. Nun contexto de españolización acelerada, o galego ten no portugués un salvavidas, ou unha bóia de vida, para frear a súa deturpación.

8. Ocultou información sobre a fusión das caixas de aforros

O Tribunal Superior da Xustiza de Galicia (TSXG) condenou á Xunta por ocultar información ao Parlamento galego ligada á fusión das caixas de aforros de 2011 entre Caixa Nova e Caixa Galicia. Estes papeis teñen a información sobre como actuou Núñez-Feijóo na operación que liquidou o sector financeiro galego. Ademáis, esta fusión apadriñada polo presidente da Xunta e que supuso unha pérdida de 8.000 euros públicos acabou con case todos os seus directivos en prisión.

9. Caso PEMEX

No ano 2012, Alberto Núñez Feijóo fixera unha suposta “alianza estratéxica” coa petroleira mexicana comprando o 51% de Barreras para reactivar o emprego no sector naval galego por 5 millóns de euros. Este acordo fora firmado con Emilio Lozoya, director xeral de PEMEX, quen foi apadriñado polo presidente da Xunta. O pasado 12 de febreiro de 2020, foi detido en Málaga por branqueo de capitais, corrución e por estar involucrado na trama de sobornos da construtora brasileira Odebrecht. A compra de Barreras, foi denunciada pola Fiscalía do Goberno Mexicano. Mentres, o presidente da Xunta destacara en 2014 xunto a Lozoya nun acto “o agradecemento do Goberno galego e do pobo galego coa concreción e a contratación dos floteis”.

Feijóo xunto ao ex-director xeral de PEMEX detido por corrupción, Emilio Lozoya. CC-BY-SA Xunta
Feijóo xunto ao ex-director xeral de PEMEX detido por corrupción, Emilio Lozoya

No seu momento, Feijóo chegara incuso a interrumpir a programación da TVG para anunciar esta alianza. Garantizaba a creación de 2.500 postos de traballo, así coma a construcción de dous buques, 14 remolcadores e a apertura dunha base loxística no porto da Coruña. Ao final, fracasou a compra do asteleiro —que agora é propiedade do grupo Ritz Carlton—, aquelas garantías da Xunta transformáronse na construcción de só 2 buques, apenas se crearon 1.000 novos postos de traballo e non se puideron vender buques ao estaren moi por debaixo do prezo ao que se constuíron. Tras a detención de Lozoya neste ano, Feijóo negou os tratos con Lozoya e asegurou ter asinado con outra persoa.

10. Aumentaron o paro e a precariedade

Mentres o paro baixou en liñas xerais no conxunto do Estado en 2019, en Galiza aumentou nun 2,2%. Agora mesmo o SEPE contabiliza máis de 190.000 parados no país. En canto ao paro nos menores de 25 anos, o mes de marzo pechouse cun 28,1%. En canto á fenda salarial, as mulleres galegas, cobran case un 22% menos ca os homes. 

En canto á temporalidade e inestabilidade económica, as cifras son preocupantes. Ao redor do 95% dos contratos que xeran cada mes son temporais e só un 5% son fixos. Un 35% deles son contratos de 7 días.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Rumanía
Rumanía El europeísta Nicușor Dan gana las elecciones en Rumanía
Tras haber perdido en la primera ronda electoral contra el ultranacionalista George Simion, el proeuropeo Nicușor Dan gana las elecciones en Rumanía.
#65127
14/7/2020 2:05

E logo que lle digan o descurso de moderado na esquerda madrileña. Ains...

0
0
#65010
12/7/2020 17:44

Interesante artigo. Grazas!

1
0
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Últimas

Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.