Economía social y solidaria
A mostra do posible: xornadas cara un mundo máis solidario

Cangas do Morrazo acolleu o 6 e o 7 de outubro a II Mostra do Posible, unha xornada de dous días que busca amosar que existen alternativas económicas e sociais para construír unha sociedade máis xusta, solidaria, ecolóxica e democrática.

Mostra do posible Cangas
O 6 e 7 de outubro de 2018 desenvolveuse en Cangas a II Mostra do posible. Elena Martín
11 oct 2018 09:00

Emprazada na alameda de Cangas, coa Ría de Vigo como pano de fondo, a Mostra do Posible foi por segundo ano testemuña e escenario da presentación -ou continuidade- dalgunhas empresas de economía solidaria, que cada vez collen máis forza por todo o territorio galego, e de movementos sociais que buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas. O Salto foi tamén participante, polo que aproveitamos para aprender e coñecer outros proxectos que buscan facer da sociedade un mundo máis xusto.

Dende cooperativas de roupa, avogacía, xogos para nenos ou electricidade, ata unha moeda propia, a intención de crear un mercado online galego ou a existencia dunha rede solidaria de empresas no territorio. Todo iso acompañado por actividades para nenas e maiores, charlas e ata unha sesión nocturna de cine, a Mostra do Posible e, sen dúbida, un lugar onde se pode aprender e abrir os ollos cara a outro tipo de sociedade moito máis humana e con espazo para todas.

Mostra do posible Cangas 2018
Na Mostra do posible hai actividades para nenas e maiores, charlas e ata unha sesión nocturna de cine. Elena Martín
“Vivimos nun mundo competitivo, que fai que as persoas se enfronten no canto de cooperar”, di Marta, unha asistente á Mostra. “Creo que este tipo de iniciativas son moi boas, porque se queremos que algo cambie, ten que pasar polo xeito no que creamos empresas e compartimos o mundo”, engade.

Pero a Mostra do Posible non só nos presenta outro tipo de sociedade, senón que este ano deu un paso máis cara á transformación, adoptando a Faircoin como moeda oficial, e único modo de pago para os postos de comida e bebida dentro das xornadas. “A Faircoin é unha criptomoeda ecolóxica e democrática cun uso social”, afirman os seus defensores. “A idea é que temos que desterrar a realidade establecida de que o euro é a única moeda posible, e aceptar outros xeitos de intercambio nas comunidades, en teoría moito máis xustos. As moedas sociais buscan crear redes de intercambio de bens e servizos entre persoas que comparten valores, evitando explotacións ou empresas que non se rexen por un modelo ecolóxico e solidario”, engaden.

Como se estruturan as xornadas

A Mostra do Posible é como un paseo polas múltiples formas alternativas de economía, autoprodución e artesanía. Os postos coas diferentes cooperativas e empresas solidarias están divididos en dous bloques: a Mostra dos Colectivos e a Feira Ecolóxica e de Artesanía.

Na primeira parte xúntanse aqueles colectivos e movementos sociais que buscan transformar a sociedade: Os ninguéns, que queren darlles voz aos estratos máis pobres da sociedade; Reas Galicia, unha rede de entidades e iniciativas que poñen en práctica os principios da economía alternativa e solidaria en Galicia; SOS Sanidade Pública, que busca protexer e salvagardar a sanidade para todas as persoas. E moitas outras iniciativas como CDR Portas Abertas, Marea Verde, A Marcha Mundial das Mulleres ou a cooperativa de avogadas Artigo 14 ou cooperativas galegas de enerxía renovable e banca ética.

A segunda está reservada para as artesás e agricultoras. A moda ética de Cestola na Cachola ou Move, os broches e pendentes ecolóxicos de Imprimetresde, os xogos para nenos de Brazolinda, talla de teas africanas, o queixo ecolóxico de Paladarqueixo, os libros autoeditados de Carlos Meixide... entre outras moitas iniciativas interesantes e necesarias.

“O cambio social pasa polo consumo”, di Esteban de Panxea. E aínda que o consumo é só unha pata para o cambio, sen dúbida mudar a forma na que consumimos pode facer do mundo un lugar máis xusto. “Se evitamos mercar en lugares como Inditex e buscamos alternativas de comercio xusto sen dúbida isto pode axudar a cambiar a sociedade”. Para Xoana Almar, de Cestola na Cachola, esta realidade vai un pouco máis aló. “É importante non esquecer que hai dúas vertentes de cambio social: unha persoal -de hábitos diarios, ocio, consumo, producións..., e unha social, que pasa por involucrarse en organizacións cívicas e políticas”, opina.

Mostra do posible 2018
Durante dous días a Mostra do posible amosa as alternativas de economía social que existen en Galiza. Elena Martín
E a Mostra continúa moito máis aló, non só nas charlas senón tamén nas redes sociais e internet. Neste caso presentando Benmercado.gal, a primeira plataforma de venda en liña da Economía Social e Solidaria, “unha iniciativa pioneira a nivel estatal que busca visibilizar na rede os produtos éticos e dirixida a aquelas empresas galegas que funcionan con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios”. Dende a Mostra din que Benmercado.gal pode chegar a converterse na base sobre a que se articule o futuro Mercado Social Galego, unha realidade que xa demostrou ter éxito noutras partes do Estado.

Nun mundo onde cada vez máis parece vencer a falta de humanidade, a competitividade e a explotación de persoas e recursos, é fermoso e moi necesario ver que aínda existen iniciativas como esta, que buscan mostrar que outro mundo máis solidario non é só posible senón desexable. Por iso, oxalá a Mostra do Posible siga medrando cada ano, achegando ás persoas e apoiando o cooperativismo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Promociones
Promociones Apúntate a la Escuela de Activismo Económico y paga la mitad por ser socia de El Salto
Descubre cómo transformar las relaciones económicas para hacerlas justas, democráticas, feministas y respetuosas con los límites del planeta en el segundo grupo de la sexta edición de esta formación en modelos económicos alternativos.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.