Medio ambiente
O sacrificio do territorio galego comezou co bloqueo da Rede Natura

Moitas das áreas candidatas a converterse en espazos naturais protexidos vanse ver afectadas pola inminente construción dos 75 parques eólicos xa autorizados pola Xunta

O parque eólico do Oribio, proxectado en plena Rede Natura 2000 na zona de especial conservación (ZEC) dos Ancares-Courel, foi tombado definitivamente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o pasado 20 de abril. Esta decisión, que veu despois dunha declaración de impacto ambiental obsoleta e do inicio ilegal das obras, supuxo unha vitoria para o movemento ecoloxista galego e para o conxunto da sociedade. Nun contexto global de urxencia climática, a anulación dun parque eólico podería verse como unha mala nova. Mais, se observamos en detalle a planificación que segue o modelo eólico actual e ampliamos o foco sobre a crise ecolóxica en curso, esta perspectiva perde toda razón de ser.

A comunidade científica fala da sexta extinción masiva de especies e ecosistemas. Este é o mellor indicador para comprender a magnitude do desafío. A subministración de alimentos mediante a polinización, a fertilidade dos solos grazas ao control da erosión, o amortecemento da irrupción de pragas e a regulación que se produce co ciclo bioxeoquímico do carbono son só algúns dos servizos que nos ofrece a biodiversidade, e que gozamos sen acordar un prezo real no mercado. Neste punto xa podemos intuír por que a defensa dun espazo natural protexido contra a construción dun parque eólico é considerada un éxito.

A Rede Natura na Galiza

A Rede Natura 2000 é a ferramenta máis importante que temos para conservar a biodiversidade e os seus servizos ecosistémicos asociados dos que dependemos. De maneira máis técnica, é unha rede ecolóxica coherente de espazos naturais protexidos resultante de dúas directivas europeas destinadas á conservación da natureza: Directiva Hábitats (1992) e a Directiva Aves (2009). En España, a súa xestión está descentralizada e as súas competencias son responsabilidade das comunidades autónomas. Estes instrumentos legais, porén, son a miúdo ignorados, rebaixados ou directamente incumpridos, como exemplifica o estado da Rede Natura en Galiza.

A conservación da biodiversidade no territorio galego afronta serios desafíos desde hai tempo. A lista é longa, con elementos imbricados que revelan unha situación complexa. Con todo, hai dous principais. O primeiro é a eucaliptización que sofre o país dende mediados do século pasado e que afecta xa a unha cuarta parte do territorio, provocando solos máis secos, pobres en nutrientes, carentes de fauna e flora e tendentes a arder de maneira espectacular nun contexto de cambio climático. O segundo é a burbulla eólica, particularmente interesada nos espazos naturais da Rede Natura. De feito, o 60% da potencia instalada en Galiza desde principios de século fíxose en terreos catalogados baixo esta figura de protección, pois o Plan Sectorial Eólico de Galiza, aprobado inicialmente en 1997, permitiu colocar aeroxeradores, subestacións, gabias condutoras de cables ou pistas de acceso a aeroxeradores en áreas da Rede Natura ata o Decreto 243/2007 e a Lei 8/2009, segúndo recolle o Observatorio Eólico de Galiza (OEGA).

Medio ambiente
Galiza destingue: os montes perden cor
VV.AA.

A lóxica capitalista na xestión forestal está mudando de cor os montes galegos, atacando á biodiversidade e condenando o seu futuro. A Galiza baleirada dificulta unha resposta social, mais hai outros xeitos de relacionarse co monte.

Adega vai presentar o caso galego na audición programada esta semana pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para avaliar o estado da aplicación da Directiva Hábitats, coincidindo co Día Internacional da Diversidade Biolóxica.

A pesar de que as directivas europeas obrigan a incluír o 30% do territorio de cada Estado membro baixo a Rede Natura para dar resposta á perda de biodiversidade, dentro do Estado español Galiza é a comunidade autónoma cunha menor porcentaxe de superficie protexida: apenas o 11,97 %, que contrasta co 20% que teñen as outras comunidades, como mínimo, e co 40% de Madrid. A situación é tan delicada que Adega vai presentar o caso galego na audición programada esta semana pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para avaliar o estado da aplicación da Directiva Hábitats, coincidindo co Día Internacional da Diversidade Biolóxica.

Segundo comenta Serafín González, científico do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, a causa subxacente está na xestión do patrimonio natural da administración pública, que cualifica de “nefasta, tanto pola non ampliación como pola non protección da Rede Natura existente. Para este experto, hai un deixamento enorme que queda reflectido na carencia de orzamento, de interese e de explicarlle á xente as vantaxes que ten que unha zona sexa Rede Natura”.

Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

A dimensión actual da Rede Natura en Galiza é a mesma que en 2004, despois de que se paralizasen dúas propostas de ampliación, a primeira en 2008 e a segunda en 2011. De feito, gran parte das zonas candidatas á ampliación da Rede Natura poden verse afectadas pola construción dos 75 parques eólicos autorizados pola Xunta de Galicia a finais de abril. A paralización do proceso de ampliación, segundo o científico entrevistado, debeuse á presión dos grandes lobbys do sector. “Xa na primeira proposta de ampliación houbo unha estratexia de atraso sine die que estaba claramente influenciada por uns intereses industriaisGonzález lembra que o lobby mineiro xa presentara un recurso contencioso-administrativo durante a primeira declaración da Rede Natura. Naquela ocasión perdeu, mais desde o lobby mineiro ata o lobby enerxético, pasando por intereses de produtores de eucaliptos e demais, hai unha vontade clara de satisfacer ou de non irritar a eses poderes económicos que están limitando a conservación da Rede Natura”.

A dimensión actual da Rede Natura en Galiza é a mesma que en 2004, despois de que se paralizasen dúas propostas de ampliación, a primeira en 2008 e a segunda en 2011.

Un exemplo paradigmático que ilustra a interferencia dos intereses industriais coa xestión do patrimonio natural é a porta xiratoria da que se beneficiou Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia entre os anos 2015 e 2018. Actualmente forma parte do consello de administración da empresa de enerxías renovables Greenalia, que ten proxectados varios parques eólicos en Galiza.

Medio ambiente
Enerxías renovables Guerra na pesca e no ecoloxismo polo novo mapa da eólica mariña
Os Plans de Ordenación do Espazo Mariño dan luz verde á instalación de aeroxeradores en 4.948 quilómetros cadrados de litoral con influencia en reservas naturais e caladoiros, especialmente en Galicia e Asturias

Na cola do Estado español en xestión de Rede Natura

Xestionar eficazmente a biodiversidade faise moi complicado cun orzamento ridículo, máis se cadra cando existen presións de axentes tan poderosos, pero este argumento podería ser aplicable a outros territorios.

O documento legal de referencia para a xestión da Rede Natura 2000 é o Plan Director. Xa no Marco de Acción Prioritaria da Rede Natura para Galiza, elaborado a nivel estatal, saliéntase a fraxilidade do Plan Director galego. Trátase dun instrumento xenérico que pretende dar resposta a todos os espazos naturais protexidos do territorio nun só documento, a pesar de que se recomenda a creación dun plan específico para cada un dos espazos. A Comisión Europea abriulle a España un expediente sancionador por este motivo, ao considerar que o Plan Director era insuficiente e cualificar as súas medidas de “vagas e indeterminadas”. 

ISDS
Moverlle os marcos á megaminaría
A privatización da xustiza e a especulación dificultan as loitas comunitarias contra o extractivismo salvaxe, de Galiza a El Salvador.

A organización de conservación da natureza World Wildlife Fund (WWF), pola súa banda, avaliou a calidade dos plans de xestión de cada comunidade autónoma e o resultado fala por si só: a Galiza conta co peor instrumento de xestión da Rede Natura. O Plan Director galego non identifica correctamente as ameazas, os seus obxectivos de conservación son demasiado xenéricos, as medidas propostas son superficiais por non asegurar a protección dos hábitats e das especies protexidas, e as medidas de financiamento están insuficientemente detalladas.

O peor do Plan Director galego é que a Consellería de Medio Ambiente non o está a aplicar. O caso do parque eólico do Oribio é un exemplo disto.

Con todo, segundo Serafín González, “o peor deste Plan Director non é que non sexa a mellor das ferramentas, senón que simplemente a Consellería de Medio Ambiente non o está a aplicar”. O caso do parque eólico do Oribio é un exemplo disto, aínda que tamén o é a ausencia de plans de conservación e recuperación de especies protexidas, malia ser obrigatorios.

Claves socioecolóxicas e posibles solucións

Os problemas ecolóxicos actuais non se poden disociar do seu marco social, así que sería máis axeitado cualificalos como problemas socioecolóxicos. Neste punto, a estrutura da propiedade da terra en Galiza pode ser vista como un factor que dificulta aínda máis a aplicación da Rede Natura, xa que arredor do 98% da terra é privada e está repartida entre milleiros de pequenos propietarios. Con todo, Serafín González considera que a Xunta de Galicia fallou na estratexia de comunicación. Aínda que existen limitacións, tamén hai compensacións económicas moi importantes á hora de recibir fondos da Unión Europea, tanto da Política Agraria Común como do Plan de Desenvolvemento Rural de Galiza a través do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural). Hai partidas que son exclusivas ou prioritarias para Rede Natura”, sinala.

O despoboamento rural tamén incide na desconexión co medio natural. Para este experto, detrás desta problemática hai dúas caras: “Por un lado hai un abandono de terras e, por outro, hai unha intensificación do manexo; está a desaparecer todo ese rango intermedio de manexo que xenera mosaicos na paisaxe que eran moi beneficiosos para a biodiversidade”. Se os recursos europeos potencialmente dispoñibles non se utilizan é porque, a xuízo do entrevistado, a xente quere unha serie de servizos mínimos. Algúns poden dicir que iso é imposible. Gastamos 170 millóns de euros todos os anos en apagar lumes. Por que non investilos con sentidiño en axudar a fixar a poboación?”. 

O potencial existe. Os montes veciñais en man común son unha proba disto.

O potencial existe. Os montes veciñais en man común son unha proba disto. Ocupan máis dunha quinta parte do territorio e son propiedade privada colectiva dos veciños e veciñas que efectivamente residan alí. Esta herdanza xermánica pode ser o catalizador dun cambio a gran escala, porque ante a ausencia dun importante banco de terras público –que si posúen outras comunidades autónomas do Estado español– é necesario tecer alianzas cos propietarios privados. Para conseguilo, porén, é imprescindible elaborar mecanismos económicos alternativos que empoderen e conciencien á xente que reside no rural. Os estudos de avaliación económica dos servizos ambientais forman a base do proceso para integralos posteriormente na toma de decisións pública.

Proxectos como Life in Common Land mostran o camiño. Os veciños da serra do Xistral, na provincia de Lugo, recibiron unha serie de pagos compensatorios en función do resultado de conservación de tres hábitats prioritarios da Rede Natura, a condición de seguir manexando o monte como sempre para protexer os servizos ambientais que producen. Un destes hábitats prioritarios son as turbeiras de cobertor, capaces de secuestrar enormes cantidades de carbono, pero ameazadas á súa vez pola construción de parques eólicos –e as súas infraestruturas asociadas– para descarbonizar a economía. 

Ninguén dubida hoxe en día que é necesario desenvolver a transición enerxética con enerxías renovables para poder manter un nivel de benestar aceptable sen comprometer o noso futuro a longo prazo. Se cadra, o próximo obxectivo será o de non repetir modelos de explotación ecosocial baixo a bandeira da sostibilidade. Como acerta a dicir o noso entrevistado: “O que non se coñece non se defende, pero tamén é certo que o que non se valora non se defende”.

Medio ambiente
Medio ambiente Veleno na auga da billa: a contaminación que non cesa na zona cero das macrogranxas en Galiza
O último informe da Rede Cidadá organizada por Greenpeace sinala que o 97,5% de acuíferos analizados na Limia conteñen nitratos en proporcións alarmantes
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Energías renovables
Enerxías renovables A Xunta manobra para cambiar a lei tras sete proxectos eólicos paralizados pola xustiza
O Goberno galego declara, unilateralmente, de interese público “superior” polígonos eólicos autonómicos e sostén que esa catalogación “terase en conta” ante novos golpes xudiciais.
Genocidio
Genocidio Israel manda tanques a las afueras de Khan Younis, en el sur, con fuerte presencia de desplazados
La UNRWA vuelve a denunciar que no hay lugar seguro en la Franja. Israel, que empujó a la población gazatí al sur, ha intensificado sus ataques sobre las dos regiones sureñas.
Violencia machista
Xornalistas Galegas Xornalistas Galegas: “Ler as experiencias das comunicadoras sobre violencia de xénero deixa a pel de pita”
Xornalistas Galegas publica un informe, a raíz dunha enquisa realizada a 127 profesionais da comunicación, para denunciar a violencia que sofren as mulleres no eido do xornalismo.
Palestina
Jaldía Abubakra “No es aceptable pedir a los palestinos que no participen en la lucha armada”
La activista Jaldia Abubakra es referente de la lucha palestina en el Estado español. Nacida en Gaza, desde su militancia feminista y anticolonialista, Abubakra ha promovido movimientos que tratan de unir a la diáspora.
Argentina
Vuelco neoliberal en Argentina Presidente electo busca diputados para llevar Argentina a los 90
El 10 de diciembre se acaban las cábalas. Javier Milei asume la presidencia y tendrá que enfrentarse al reto de aplicar un programa de ultraderecha neoliberal con una minoría parlamentaria y amplios sectores sociales de tradición combativa.
Blog Salto de Carro
Comunidad El Salto Estas fiestas, alimenta tu lado crítico con El Salto
Hazte socia si quieres llevar una dieta informativa sana, sin noticias procesadas por las multinacionales y libre de medias verdades.
Infancia
Centros de menores Una investigación revela 1.200 casos de grilletes y otros métodos de contención mecánica en centros de menores
La fundación Civio revela que el uso de grilletes, esposas y otros métodos de contención siguen utilizándose en los centros de menores saltándose la Ley de Protección de la Infancia vigente desde junio de 2021.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Israel y otra vez su guerra contra Gaza: algo se mueve en Oriente
Sí, señoras y señores, esto es Israel; y estamos en Oriente Medio, donde un estado matón y facineroso puede hacer lo que le dé la gana. Porque cuenta con la bula de occidente. Pero algo está cambiando.

Últimas

COP28
COP28 Más de 20 países acuerdan triplicar la producción de energía nuclear para 2050 en la Cumbre del Clima
La declaración, respaldada por Estados Unidos, Canadá o Francia, fue anunciada como parte de la COP28 y afirma que la energía nuclear desempeña un “papel clave” para mantener “al alcance un límite de 1,5°C en el aumento de la temperatura” para 2050.
Tribuna
COP28 COP28: con transición o sin ella
No podemos permitir más demoras. Los costes serían aún mayores. Es hora de que el mundo acuerde una acción integradora antes de que sea demasiado tarde.
Música
Música Cómo Mohammed Assaf, de ‘Arab Idol’, se convirtió en el símbolo de la resistencia palestina
En 2013, Mohammed Assaf fue el primer palestino en llegar a la final del concurso y ganarlo, cautivando al mundo árabe y a toda la diáspora palestina con su interpretación de canciones tradicionales.
Más noticias
Policía
Policía La respuesta de Interior a diez preguntas sobre los policías infiltrados
Desde que, en el último año y medio, haya destapado seis casos de infiltración de agentes en los movimientos sociales, el Ministerio de Interior apenas ha dado información, pese a que implícitamente ha reconocido los hechos.
Activismos
ACTIVISMOS Performance: el cuerpo como arma de lucha
Segundo episodio de Activismos, la serie de El Salto Radio que aborda diferentes formas de ejercer el activismo
Palestina
Palestina Diez recursos de libre acceso para entender la Palestina de hoy
En pleno genocidio en la Franja de Gaza por parte del ejército del Estado de Israel, listamos una serie de audiovisuales, trabajos de investigación y libros para entender el contexto histórico que ha desembocado en el escenario actual.
La vida y ya
La vida y ya Una olla puesta al fuego
Cuentan que sobrevivieron porque cooperaron y se ayudaron y buscaron una forma no violenta de resolver los conflictos durante todo ese tiempo.
Libertades civiles
Libertades civiles La Policía detiene a dos militantes de Futuro Vegetal y los acusa de organización criminal
Tres meses después de que la Fiscalía desmintiese que el activismo ecologista pudiese ser considerado terrorismo, la Policía Nacional detiene y pone en libertad con cargos a dos activistas a los que acusa de organización criminal.

Recomendadas

Especulación urbanística
Especulación urbanística Un fondo voitre contra unha nonaxenaria: cando unha urbanización de luxo quere botarte da casa
Nove familias enfróntanse ás administracións galegas e a un fondo de investimento para salvarse dunha expropiación forzosa. A “razón de utilidade pública e interese social” que as despraza é a construción de pisos de ata 800.000 euros.
Policía
Policía Escuela de infiltrados. Curso 2022-2023
Los últimos casos de agentes encubiertos destapados por La Directa y El Salto muestran el despliegue de una nueva generación de policías.
Policía
Policía Las cinco pieles de El Lobo
El agente infiltrado más conocido del final de la dictadura y la democracia española ha tenido hasta cuatro identidades diferentes y ha estado ligado a oscuros casos que incluyen la extorsión y la pornografía.
Sida
Loita contra o Sida Mulleres con VIH: indetectables, intransmisibles e invisibles
As mulleres que viven co VIH enfrontan a falta de representación e o rol de coidadora que lles veu socialmente imposto. Isto complica o seu proceso de aceptación ás que non chegan aos programas da sanidade galega.