Sindicatos
Está o sindicalismo adaptado ás novas realidades económicas?

O sindicalismo enfronta hoxe en día grandes mudanzas dentro das relacións laborais. A atomización das persoas traballadoras para romper unha maior unidade. Salarios precarios e que cada traballador ou traballadora entre nunha competición aberta cos seus iguais para conseguilos. Diante de todo isto e máis, que pode facer o sindicalismo metidos xa no século XXI?

25 jul 2019 08:00

As imaxes de loitas sindicais con traballadores e traballadoras participando en mobilizacións obreiras, son vistas como se se tratasen de elementos cando menos estraños. A última década, a da crise de 2007-2008, que continúa aínda, deixou e segue a deixar, amplas mostras de mobilización obreira contra recortes, subas de impostos, deslocalizacións, vendas as fondos de investimento, etc. Así, en Galiza asistimos ás últimas mobilizacións dos traballadores de Alcoa na Coruña, ás folgas en diversos segmentos da sanidade pública como ambulancias, atención primaria e enfermaría, ás mobilizacións do 061, dos traballadores que transportan lixo en Sogama, protestas en Mercadona e dentro do sector naval.

Alcoa 3
Imaxe dunha das mobilizacións contra o peche da planta de Alcoa na cidade de A Coruña. Pablo Santiago

Así visto, poderíase dicir que a mobilización sindical ten boa saúde. Mais con todo, a día de hoxe o mercado laboral parece estar condicionando o acceso das persoas a un traballo remunerado digno. Así temos a figura do falso autónomo para empresas de reparto —condición que xa tivo os seus primeiros xuízos—, algunhas empresas de vehículos VTC, e a perda de poder adquisitivo de traballadores e traballadoras.

Onde están as organizacións sindicais agora? É o século XXI o momento da morte do sindicalismo? Ou é o comezo dunha nova xeira para reformular estruturas, ideas e posicións para a defensa dos dereitos laborais?

A pertinencia do sindicalismo

“Entre os anos 2014 e 2016 estivemos a debater sobre a necesidade de defender a importancia e necesidade vital que teñen os sindicatos como fonte de conquistas e defensa da clase traballadora fronte ao poder político e económico” di Paulo Carril, secretario xeral da Confederación Intersindical Galega, CIG, sindicato nado logo da unión entre CXTG e INTG. Para Carril o sindicato é un elemento “útil que parte dunha premisa ideolóxica clara, os sindicatos pasan por ser unha ferramenta clara de contrapoder”.

“Os sindicatos non deixamos de ser un instrumento que se ten que adaptar a unha realidade social e laboral distinta, mais que no noso país ten temas estruturais que son abondo vellos”. Ramón Sarmiento, secretario xeral de CC OO Galicia apunta que por exemplo “a precariedade non é un invento da crise, mais, o movemento sindical segue tendo esa virtude de ser a única ferramenta capaz de dotar de instrumentos de organización á clase traballadora para equilibrar ese conflito entre capital e traballo que segue vixente”.

“Para dar resposta aos retos que se nos presentan, temos que organizarnos como clase traballadora e os sindicatos somos unha ferramenta para organizar esa resposta” apunta Ricardo Castro, secretario xeral da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT). “Outra cousa é se o modelo sindical que repetimos nos últimos cen anos está adaptado ao século XXI, pero a ferramenta segue a ser útil”.

Repartidor de Glovo en Madrid
Repartidor de Glovo en el centro de Madrid. David F. Sabadell

“O papel fundamental do sindicalismo de clase como o que representa a CNT continúa sendo a defensa dos dereitos dos traballadores, seguindo unha tripla vertente e proxeción”, apuntan desde a Confederación Nacional do Traballo. Esta postura divídese en tres puntos fundamentais: “A defensa ante os incumprimentos da exigua leáxislación laboral por parte do empresariado, en segundo lugar, a promoción de reformas laborais básicas a través da negociación colectiva que supoñan tanto unha mellora das condicións inmediatas como un empoderamento activo cara —precisamente— á terceira vertente". Esta últma consiste  "no impulso revolucionario entendido nunha vía dupla: a posta en marcha de procesos de recuperación e cooperativización de empresas, e a extensión do conflito sindical tanto no ámbito sectorial como desbordando as puras reivindicacións de tipo laboral para introducir demandas sociais máis amplas”.

Salud mental
La ONU señala el sindicalismo como “fundamental” para la salud mental
El último informe del relator especial para la salud de la ONU afirma que las medidas para combatir la desigualdad son más efectivas para promover la salud mental que las terapias medicinales.

Desafios e retos para o sindicalismo

“O principal reto é ser eficaces dentro de modelos de desestruturación empresarial. Estabamos organizados sobre un modelo onde había cadros de persoal estruturados, hoxe o mundo empresarial desestruturou e fragmentou moito ese modelo” analiza Ramón Sarmiento.

“Entendemos que a lóxica do diálogo social sempre foi un elemento desmobilizador e prexudicial para a clase traballadora, ademais axuda a lexitimar as políticas do poder económico e político” di Paulo Carril. Este estado das cousas “multiplica o efecto desmobilizador e a desafección entre o conxunto da clase traballadora”.

“Todo isto viu como consencuencia das receitas da Unión Europea para darlle resposta á recesión económica” estima Ramón Sarmiento. “Esa receita tiña como obxectivo cuestionar o modelo de negociación colectiva e debilitar o modelo de representación dos sindicatos. Todas as reformas laborais buscaban debilitar ese marco de representación”. Queda marxe para o sindicalismo? “Comisións puxo sobre a mesa unhas receitas para que podan ser revertidos algúns puntos das últimas reformas laborais” responde Sarmiento. “O grande desafío que presentamos os sindicatos sería non deixarnos enganar pola negociación dun novo estatuto dos traballadores, que tivo a orixe na reforma laboral de 2012 e que empoderou ao empresariado”.

Manifestación del sector del metal en Bilbao.
Derradeira mobilización do sector do metal en Bilbo. Javier Utrilla

“Coa crise temos unha clase poderosa que saíu reforzada, ten máis capital e máis control das ferramentas legais” apunta Ricardo Castro, que pola contra ve que “a clase traballadora ten máis precariedade e menos control porque estamos perdendo a batalla ideolóxica”. Para Ramón Sarmiento outra barreira a superar de cara a mellora das condicións laborais é que “os nosos empresarios seguen pensando que cobras máis ou menos en función das horas que esteas no teu posto”. E por outra banda “o empresario segue convencido de conservar o goberno da súa empresa, entón ve determinante que o traballador estea nun contexto precario e inestable”.

Laboral
Sindicatos a la deriva
La crisis de de los sindicatos tradicionales está siendo acompañada por alternativas autónomas que empiezan a surgir desde distintos sectores

“O desmantelamento industrial iniciado hai varias décadas polo Estado español está dando os resultados que buscaba a clase dirixente, a atomización da clase traballadora. A continua transformación do capitalismo nun sistema terciarizado que oculta os procesos de produción ao tempo que precariza salvaxemente as condicións de traballo do resto de sectores tivo como consecuencia o desdebuxamento da figura da persoa traballadora en singular” sinalan desde a CNT. E apuntan máis alá, pois ven que “cada vez menos xente se percibe como clase traballadora  e —mesmo dentro da propia clase— o enfrentomento entre os distintos substratos é a cada vez maior”. E indican que este “enfrontamento interno dentro da clase traballadora é fomentado polas propias estruturais sindicais da concertación”.

Orixe dos cambios

“É certo e evidente que a caída dos países do Leste levou a entender que non había alternativa ao capitalismo, nese sentido, xunto coas crises cíclicas dese mesmo capitalismo, ese sentimento manifestouse desde hai anos en recortes sociais e reformas laborais”, di Paulo Carril. “En Galiza pode verse todo isto nunha emigración constante, que é froito das políticas que se levan aplicando”.

Hungría
Protesta sin precedentes en la historia de Hungría

La ley propone aumentar el número de horas extra que las empresas pueden exigir a sus empleados hasta las 400 anuales. Muchas personas en Hungría temen que se vuelva de facto a las semanas de seis días laborables. 

“Dentro de España penso que a situación do sindicalismo responde a claves máis domésticas. Temos procesos de diálogo social e unha normativa laboral con cincuenta reformas e que non foi capaz de resolver problemas como a precariedade” analiza Ramón Sarmiento. “Á parte do peso que tiñan as rendas ou salarios da clase traballadora pasou a formar parte dos beneficios empresariais: dividendos das empresas que cotizan en bolsa”.

“Hai dos puntos de inflexión, un son os estados do benestar, o primeiro caramelo para a clase traballadora, se participades do sistema tedes un cacho” afirma Ricardo Castro. “Tamén nos quitaron espazos de poder, as primeiras mútuas foron organizadas por traballadores, hoxe en día son privadas”. Nese sentido afirma que “ese era o perigo para o capital, que puidesemos xestionar as nosas ferramentas, por tanto baleiraron os sindicatos de contido”.

“Se ben nos países occidentais esta tendencia comeza coa crise de 1973, o desmantelamento industrial do Estado español comezou grazas ao goberno do PSOE durante o mandato de Felipe González”. En Galiza tivo especial incidencia nos estaleiros. “A serie de reformas laborais que levou acompañado este proceso son, xustamente, a concreción desa reforma económica na pel da clase traballadora”.

Unidade e eloita de clases

“Entendemos que está máis viva que nunca, hai unha loita evidente entre capital e clase traballadora, entendemos que é fundamental afianzar o modelo sindical alternativo onde está o futuro para un avance real para a mellora das condicións da clase traballadora” apunta Paulo Carril. “Esa loita é consubstancial ao capitalismo e hoxe entendemos que está máis viva ca nunca”.

“Nós queremos que a resposta das diferentes organizacións de traballadores e traballadoras teñan carácter unitario” declara Ramón Sarmiento.“En Galicia, se observamos sectores onde as condicións laborais son mellores dentro do panorama laboral, son sectores onde existe unha resposta unitaria dos traballadores. Hai dificultades en Galicia para constuir esa unidade?, si, é difícil, mais nos comités sempre se actúa de maneira unitaria”.

“O capital ten como finalidade reunir capital, por iso poñen todas as súas bazas niso, e logo entre eles sobreviven os máis fortes. O noso horizonte é ser donos dos medios de produción, máis só pensamos en ter un pedazo máis da plusvalía” valora Ricardo Castro. “Buscar a confluencia intersindical debera comezar por recoñecer os nosos erros, de cada sindicato, para chegarmos a esa unidade”.

Precariado, unha nova clase?

“Entendemos que a clase traballadora ten sectores con maior índice de precariedade e de inseguridade. Nese sentido entendemos que son sectores empobrecidos da clase traballadora onde máis está batendo esa dificultade de facerlle fronte polas políticas que se teñen feito desde o poder político” analiza Carril.

Eneko Deliveroo drácula

“Hai cousas peores que o precariado, antes unha persoa nova pasaba por un período de temporalidade ata chegar a un momento de estabilidade” di Sarmiento. “Estase demostrando que non é así, estamos vendo como a temporalidade se está extendendo e outra cousa especialmente preocupante en Galicia é a xente nova moi ben formada co obxectivo de irse, emigrar”. Por outra banda tamén pensa que determinada precariedade “vai ser difícil que continúe, porque empresas como Glovo etc, por sentenza xudicial debe asumir [aos falsos autónomos] como empregados”. Ainda así pensa que “o capital sempre buscará a maneira de precarizar, primeiro coas ETT e agora co falso autónomo”.

“O precariado sempre existiu, o precariado feminino, dos nenos, forma parte da clase traballadora, non é máis ca outra subdivisión” di Ricardo Castro. “É unha subdivisión para enfrontar as diferentes subdivisións internas da clase traballadora”.

Huelga feminista
Todos os vídeos da folga feminista en Galiza
O 3M conversamos co feminismo galego coa mente posta na folga do 8M, que nos emocionou nunha xornada histórica e exemplar.

A CNT pensa que “é importante a adaptación das loitas ás novas formas de acumulación capitalista por medio das conocidas plataformas colaborativas ou á segregación dos espazos de traballo”. E continúa “como consencuencia das políticas laborais a día de hoxe temos un grande individualismo en todos os aspectos da vida diaria dos habitantes do Estado e os sindicatos non escapamos a esta situación”. Neste sentido pensan que “é un reto para o sindicalismo reactivar dinámicas colectivas de oposición á crecente tendencia ao isolamento individualista”.

Internacionalismo obreiro

“Nós acreditamos e defendemos practicar o internacionalismo que para nós, desde Galiza é romper a explotación de clase e nacional. O capital non ten fronteiras pero si ten patria, nese sentido temos claro que o internacionalismo é unha bandeira: mais a súa maneira de traducirse para nós é cun modelo sindical como o noso” responde Paulo Carril.

“O sindicalismo dentro da Unión Europea e internacional ten un obstáculo, que cada un dos sindicatos leva a camisola do seu país” di Sarmiento. “Esa idea que tiñan os países do norte sobre a competitividade dos países do sur, os sindicatos deses países tomaron esas ideas dos seus gobernos nacionais”. A conclusión foi unha fractura entre os sindicatos do norte e do sur de Europa.

1 de Mayo en Berlin 2
Manifestación en Berlin el 1 de Mayo de 2015. Montecruz foto

“Nunca houbo en ningunha etapa da historia, unha concesión por parte de quen ten o poder sen que houbese oposición” di Ricardo Castro. E continúa: “todas as decisións que se toman van en funcións de clase”, pois na realidade concreta “hai unha dialéctica, hai unha tensión” entre os diversos intereses de clase que son resoltos mediante o conflicto ou a negociación. Dita tensión debera traducirse, para o secretario xeral da CUT, na maior cohesión e forza do sindicalismo a nivel internacional.

“O sindicalismo non necesita unha reforma profunda, a defensa dos dereitos dos traballadores debe ser sempre o punto primordial de calquera sindicato”. En definitiva “resulta necesario facer unha lectura mais ampla e ter como obxectivo todo o territorio para poder plantexar estratexias sindicais alén dos espazos de traballo” conclúen dende a CUT.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Green European Journal
Green European Journal Lucha de clases ecológica: la clase trabajadora y la transición justa
Aquellas personas que se encuentran en una situación precaria y de inestabilidad económica son las que pueden inspirar la descarbonización de la industria y la creación de empleos que sean respetuosos con el medioambiente.
Italia
Italia Treinta años de San Precario
Presentamos en estas páginas algunos testimonios, análisis, escritos, hechos y acontecimientos ligados a la acción de San Precario veinte años después de su aparición en Milán el 29 de febrero de 2004.
CNT
Sindicalismo ‘Morala’: “Como las seis de La Suiza, fuimos condenados para dar escarmiento por unos hechos que no cometimos”
Miles de personas saldrán a la calle en Xixón para recordar que ´El sindicalismo no es delito. Tras el mitin de apoyo a las cinco sindicalistas de CNT y una trabajadora, actuarán Nacho Vegas y el Coru Antifascista Al Altu La Lleva.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.

Últimas

Israel
Israel Nuevos contratos de compra de armamento a Israel tensan la situación del Gobierno
El incumplimiento del compromiso al “embargo total” por parte del PSOE deja críticas de Sumar y la opción de romper la coalición por parte de Izquierda Unida. El Ejecutivo asegura que está buscando la manera de rescindir el contrato.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.