Migración
Moria: Accidente ou consecuencia?

Un incendio no campo de persoas refuxiadas de Moria acabou o pasado domingo coa vida de dúas persoas e ONGS en terreo achacan o acaecido as malas condicións e o amoreamento no que viven as persoas neste campo de Lesbos.

Incendio en Moria
Incendio no campo de refuxiados de Moria, Lesbos. Foto: MSF
2 oct 2019 17:36

Un incendio no campo de persoas refuxiadas de Moria, na illa grega de Lesbos, acabou o pasado domingo coa vida, segundo o Alto Comité das Nacións Unidas para os Refuxiados –ACNUR– de ao menos dunha muller e dun neno. Dende fai anos, varias ONGS en terreo levan denunciando a situación na que viven os migrantes en Moria, un espazo inicialmente pensado para ao redor de 3.000 persoas no que actualmente malviven máis de 10.000.

A pesar de que aínda non hai informacións oficiais sobre a orixe do lume, Isabel Roue, coordinadora en terreo do proxecto Rowing Together, insiste en que “non se pode falar de accidente tendo en conta as condicións nas que vive a xente en Moria”. Alí, en Moria, vive Zahra, que é natural de Afganistán e leva neste campo de Lesbos catro meses. “A vida aquí é horrible, non hai espazo para tanta xente, nas tendas non temos electricidade e vémonos obrigados a conectar os cables a fusibles, o que é moi perigoso”, asegura. A escaseza de recursos é tamén, segundo Zahra, continua: “as veces temos que facer colas de entre catro e cinco horas para poder comer e non hai medicinas nin médicos suficientes para tanta xente”.

En agosto, un adolescente afgano morreu durante unha liorta no campo e en setembro un neno, tamén afgano, foi atropelado por un camión.

Despois do incendio acaecido o domingo, as persoas refuxiadas de Moria comezaron unha seria de manifestacións contra as condicións nas que viven. “Estábamos enfadadas, quixemos protestar e a policía comezou a lanzarnos gas lacrimóxeno. A pesar de que lles dicíamos que había persoas que se atopaban mal, continuaron empuxándonos e lanzando gas”, asegura Zahra. Isabel Roue afirma que, a pesar de non ter visto en primeira persoa os presuntos ataques policiais contra as persoas refuxiadas o pasado domingo, non se sorprende. “Cada vez que hai un problema no campo, a resposta sempre é pechalo todo e lanzar gas sen ter en conta as consecuencias”, narra.

Estas non son as primeiras mortes que acontecen en Moria nos últimos meses. En agosto, un adolescente afgán perdeu a vida durante unha pelexa no campo e en setembro un neno, tamén afgán, foi atropelado por un camión mentres xogaba nunha caixa de cartón. ACNUR alertou en varias ocasións ao goberno grego sobre a situación neste campo de Lesbos e instou a transferir o mais rápido posible a persoas a terra firme en Grecia.

Alessio Barberio, psiquiatra clínico especializado en emerxencias psiquiátricas, declarou nun informe para a ONG Médicos sen Fronteiras que, en todos os seus anos de carreira, nunca viu a un número de xente tan amplo “sufrir problemas mentais tan serios como os refuxiados da illa de Lesbos”. No seu informe asegura que moitos de eles “non poden desenvolver as necesidades vitais máis básicas como comer, durmir, manter hixiene persoal e comunicarse”. Dende Médicos sen Fronteiras xa se alertaba nun comunicado en setembro do ano pasado sobre nenos e adolescentes que tentaran suicidarse ou auto-lesionarse durante o tempo que viviron en Moria.
Tras o incendio, o goberno grego anunciou o pasado luns, despois dun Congreso de Ministros, a súa intención de aumentar as devolucións de persoas refuxiadas a Turquía dende as illas gregas. Dende Atenas tamén se declarou que se establecerán “centros de pre-salida” para as persoas que entraran a Grecia ilegalmente, para as que non teñan dereito a asilo ou para aqueles cuxa solicitude fora rexeitada.

Sen embargo, dende Amnistía Internacional fixeron fincapé en varios informes que Turquía non é un país seguro. O acordo da Unión Europea-Turquía para frear o fluxo migratorio cara Europa baséase na afirmación de que Turquía é un país seguro para os refuxiados, pero, segundo Amnistía Internacional, esta afirmación é “insostible xa que non teñen un sistema de asilo plenamente operativo”. Esta ONG afirma que en Turquía non se proporciona “a protección íntegra que esixe a Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados, nin garante o principio de non devolución, que prohibe devolver a ninguén a un país onde corra verdadeiro perigo de sufrir violacións graves de dereitos humanos”.

No que vai de ano, 35.848 migrantes chegaron a territorio grego por vía marítima, dos cales 16.075 o fixeron a illa de Lesbos, segundo datos de ACNUR. A principal nacionalidade de orixe das persoas que entran en Europa polo mar Exeo é Afganistán, seguida de Siria, A República Democrática do Congo, Iraq e Palestina.
As persoas refuxiadas que viven en Moria están cansadas e enfadadas. “A miña nai estivo chorando e rezando toda a noite. Queriámonos manifestar, pero os policías non nos deixaban estar en grupos de máis de catro persoas para impedírnolo”, conta Zahra. Para Isabel, o que está acontecendo en Lesbos é “un abandono total da situación” e insiste na “neglixencia por parte de Europa”.

O viaxe para as persoas que escapan da guerra, a represión e a pobreza non remata tras pisar territorio Europeo. Zahra segue en Moria, nin ela nin ninguén sabe por canto tempo máis, nin tampouco o que lle agarda despois.

Fronteras
Grecia y la cuestión meridional de la Unión Europea

La perspectiva griega nos permite ver con mayor claridad la realidad del “Estado de seguridad”, que está surgiendo dentro de la UE, en la medida en que ese organismo está otorgando a las políticas neoliberales un estatus constitucional mediante un mecanismo liberado de cualquier forma de control democrático.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Tribuna
Tribuna Carta aberta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proxecto que Galicia nin quere nin necesita”
Os argumentos para apoiar o que dicimos son moitos. Situaríanse nun terreo no bordo da ZEC Serra do Careón; provocarían un novo ciclo de plantación masiva de eucalipto ou de importación de países do Sur; e o máis importante: non teñen licenza social.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.
Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Análisis
Análisis Inmigración, trenes e ilusiones de soberanía
El mayor beneficiario de la situación política en Catalunya sigue siendo el PSC, que ve cómo la definitiva irrupción demoscópica de Aliança Catalana reduce el campo de los principales partidos del independentismo.
Dependencia
Dependencia Los cuidados necesitarán entre 300.000 y 600.000 trabajadores más en cinco años
Las empleadas de residencias y ayuda a domicilio reclaman mejoras en esas nuevas plazas. “Debemos tener un sistema de cuidados universal y público, debe ser un derecho y no un negocio”, piden desde el sindicato ELA.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Los trabajadores de Metro celebran el nuevo convenio pese al temor de perder empleos por las automatizaciones
“Es el mejor acuerdo que he visto en 43 años que llevo trabajando aquí”, explica el representante de Solidaridad Obrera en la mesa negociadora, Braulio del Pozo, que destaca que se recupera en parte el poder adquisitivo de la plantilla.
Opinión
Opinión Sonará tu nombre cuando nazca el mío
No fue hasta que empecé a habitar mi propio cuerpo que entendí que podía contar mi historia. Una carta de amor travesti en el Día de la Visibilidad Trans.
Más noticias
La vida y ya
La vida y ya Cinco chimpancés
Les dijo que cuando se caza a una cría en su entorno natural, de media se mata a diez chimpancés de su grupo.
Sexualidad
Consultorio de sexualidad Los mil y un orgasmos femeninos
El clítoris, la vagina y el cérvix están inervados por distintos nervios que, al ser activados en distintas combinaciones, producen sensaciones diversas.
Opinión
Opinión Chicas, cheeseburguers, y soles negros: militarizar la adolescencia en Ucrania
Para militarizar a una generación que hasta hace pocos crecía aspirando a becas, trabajos de oficina o empleos de cuello azul, es necesario mucho más que ofrecer el ejército como una salida laboral: hay que cambiar su concepto del mundo.

Recomendadas

Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja del lyocell de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.
Memoria histórica
Manuel Pérez, ‘camarada Arenas’, tras salir de prisión “Cordón trató de escaparse, se cayó y se mató”
El militante histórico del PCE reconstituido y, según la Justicia, líder de los Grapo, mantiene su inocencia en todos los casos que le han llevado a pasar 32 años en prisión.
Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.