Justicia
Julia Álvarez Martín: “A nosa profesión é especialmente conservadora”

A avogada Julia Álvarez (O Grove, 1986) fundou no ano 2016 Artigo 14, un grupo de persoas con vontade de transformación social e implicada en distintas causas, asociacións e colectivos.

Julia Álvarez Martín
Julia Álvarez Martín Elena Martín
8 ene 2019 11:45

Julia Álvarez (O Grove, 1986) fundou no ano 2016, xunto con outras dúas compañeiras da profesión, Eva Rosende e Miguel Vázquez, a primeira cooperativa de avogadas e avogados de Galicia, Artigo 14. O proxecto naceu coa crenza de que o modelo económico convencional ten que mudar, así que, fronte ao individualismo, propoñen a unión e o traballo en rede. Artigo 14 son un grupo de persoas con vontade de transformación social e implicada en distintas causas, asociacións e colectivos.

De onde xurdiu a idea de montar unha cooperativa xurídica?
Viñamos as tres de diferentes experiencias laborais e decidimos iniciar un proxecto xuntas, pero realmente o que queriamos facer nós non encaixaba co modelo tradicional dun despacho de avogados. Nun encontro da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS) en Zaragoza coñecemos unha rede de cooperativas xurídicas a nivel estatal que estaba a crearse, na que participaban despachos como Red Jurídica de Madrid, Col-lectiu Ronda e IACTA Sociojurídica de Catalunya ou Abogad@s en Red de Granada, e vimos que outras formas de exercer e de entender o dereito eran posibles.

Con todos os avogados que hai en Galiza, por que pensas que sodes a primeira cooperativa?
Porque non interesa explicar este modelo. Nin na Facultade de Dereito nin no Máster en Avogacía se expón nunca a fórmula da cooperativa coma unha posible opción para exercer, céntranse só nas Sociedades Civís, Limitadas ou Profesionais. Tamén penso que é porque a nosa profesión é especialmente conservadora e suxerir un modelo anticapitalista, incluído dentro da economía social e solidaria, parece un acto case subversivo.

Ademais traballades en galego, como está a situación da lingua no ámbito xurídico?
Soamente o 5% da linguaxe xurídica en Galicia é en galego polo que a situación é bastante alarmante. Ademais, dende a Xunta faise todo o posible para perpetuar esta situación, xa que, pese a que se reclama constantemente un cambio, continúan imposibilitando cousas tan básicas como que os programas informáticos dos xulgados, que serven para xerar toda a documentación dos procedementos xudiciais, teñan a opción de estar en galego.

Ultimamente fálase moito da importancia de xulgar con perspectiva de xénero, por que é necesario practicar a avogacía con esta perspectiva?
O dereito non é unha ciencia neutral, senón que o modelo xurídico contribuíu e contribúe en gran medida á subordinación das mulleres, polo que o exercicio da avogacía é un importante campo de batalla para defender unha vida digna en igualdade para todas. Evidentemente é fundamental practicar a avogacía con perspectiva de xénero e considero que debería ser obrigatoria unha formación especializada para poder exercer na xurisdición penal (violencia de xénero e delitos contra a integridade sexual), laboral e de familia.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Justicia
Justicia Huelga de jueces y magistrados: ni servicios mínimos ni descuento de salario
Las asociaciones conservadoras convocan por primera vez un paro de tres días, una situación sin sustento legal según el Consejo General del Poder Judicial.
Justicia
Justicia Poderes que huelguean y otros misterios
Los jueces y fiscales anuncian una huelga los días 1, 2 y 3 de julio si el Gobierno no retira las reformas de Justicia. No obstante, chirría que jueces y magistrados sean titulares del derecho de huelga, dada su naturaleza de Poder del Estado
Laboral
Empleo público CGT denuncia que España pretende remitir a Europa “una versión sesgada” de la temporalidad para evitar multas
El sindicato ha enviado un informe a la comisaría europea de Empleo para evidenciar “el uso interesado y excluyente” de los datos reales para crear una imagen “falsa” del cumplimiento de la normativa
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.