Precariedad laboral
Martes negros por unha carreira de investigación digna

A Asemblea de Investigadoras de Compostela viste de loito para denunciar a discriminación salarial e o enriquecemento da USC a costa da súa precarización.

USC DIGNA
25 feb 2019 12:30

O calendario semanal galego suma máis un día de loito. Aos venres negros da TVG únense os martes negros convocados pola Asemblea de Investigadoras da USC (AIC). O colectivo reclama a fin da fenda salarial que sofre parte do persoal docente e investigador, a equiparación dos diferentes contratos do persoal predoutural e o remate da precarización deste sector.

Arancha Nogueira é investigadora predoutural pola facultade de Filoloxía. “Eu recibín unha bolsa da Xunta de Galicia que me permitiu asinar un contrato de tres anos coa USC. Este contrato ten como finalidade principal que eu faga a miña tese, pero conleva unha serie de obrigas xunto a esta, das que normalmente as universidades se aproveitan. Unha é a docencia. Partindo da base de que ás bolseiras nos toca o que o resto do profesorado non quere, no caso do meu departamento esta docencia asignase ao chou, non ten que ver coa liña da miña investigación. Iso repercute en nós (o persoal investigador), que temos que pasar moito tempo preparando as aulas, pero tamén no alumnado, que recibe unha docencia con menor calidade”.

O caso de Arancha podería ser paradigmático de moitos outros no eido dos investigadores predoutorais. Un eido confuso, no cal é doado perderse entre as súas múltiples variables contratuais. “Hai moito descoñecemento. Un dos principais problemas cando empezas unha carreira investigadora é que non sabes o que vas atopar”, sinala Aldara Cidrás. Ela e máis Valeria González son investigadoras predoutorais e forman parte da AIC. “A asemblea é un espazo de debate e defensa dos dereitos do colectivo de investigación da USC, isto engloba ao persoal de investigación, de xestión e técnico”, engade Valeria.

Un convenio para rematar coa desigualdade contratual

A desigualdade na carreira investigadora comeza no propio casilleiro de saída. Existen distintas posibilidades para as persoas que desexan realizar unha tese de doutoramento: por unha banda, as bolsas convocadas pola Xunta de Galicia e, pola outra, as convocadas polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e denominadas FPU e FPI. En todos os casos a relación contratual é coa universidade, mais a duración dos contratos é diferente: tres anos para as persoas cunha bolsa da Xunta e catro para as beneficiarias dunha FPU ou FPI.

Ás bolseiras tócanos o que o resto do profesorado non quere

As diferencias van máis alá. “No caso das FPU ti podes solicitalas antes de estar matriculado no doutoramento, e polo tanto saber se vas ter unha estabilidade laboral ou non. No caso da Xunta é obrigatorio estar matriculado para solicitar a bolsa”, di Aldara. A Xunta, non obstante, inclúe nas súas partidas unha destinada as estadías no estranxeiro que realizan os investigadores, algo que non fai o Ministerio. “Tes que participar nunha convocatoria aparte, e o número de estadías que se conceden é moi inferior ao número de persoas solicitantes”, explica Valeria. “Queremos unha unificación deste tipo de contratos. Estamos a realizar o mesmo labor, por que se nos trata de forma diferente?”, incide a súa compañeira. “Tampouco temos un convenio propio”, continúa Aldara, “Precarios, a organización que actúa a nivel estatal, está mantendo esa loita co Ministerio por un convenio que fixe os dereitos do persoal predoutoral”.

As diferencias son máis acusadas cando se compara a situación deste colectivo coa doutros do persoal docente e investigador da USC. “Actualmente a nosa bandeira é a equiparación salarial”, sinala Aldara. Denuncia que a parte do persoal investigador está a cobrar por debaixo do salario mínimo, ao non ser beneficiario das recentes subas salariais. Por exemplo, unha persoa cun contrato FPU ou FPI percibe actualmente 1.173€ mensuais, setenta menos do que debería segundo a táboa laboral actualizada, 1.244,91€. Ao ano, isto significaría unha perda de 1.000€.

Queremos unha unificación deste tipo de contratos

Trasladadas as reclamacións á xerencia da USC, a resposta foi a falta de fondos para cubrir a diferencia salarial. “Os nosos contratos están integramente cubertos polas axudas da Xunta e do Ministerio, tamén cobren a seguridade social”, explica Valeria. A maiores, tras unha petición realizada pola AIC ante a Valedora do Pobo, o colectivo foi informado de que a USC recibía 1,3 millóns de euros da Xunta “pola captación de talento investigador”. “Queremos saber a onde se está destinando esa partida orzamentaria”, reclaman as dúas investigadoras.

A precariedade na docencia

Na carreira investigadora, en cada final de etapa agarda un novo contrato por unha serie de anos. O predoutoral, o posdoutoral, as bolsas concedidas aos equipos de investigación universitarios e un longo etc. A posible meta, o posto de profesor ou profesora titular nalgunha facultade, é hoxe practicamente inalcanzable. Namentres, os investigadores tratan de acumular todos os méritos posibles. Isto implica non só a propia tese, senón as estadías no estranxeiro, a redacción de artigos para publicacións de prestixio ou as horas de docencia.

A USC fai cartos a costa da nosa precarización

Outra das diferencias entre contratos predoutorais que acusa a AIC son as horas de docencia: 240 no caso das FPU, 120 no caso das FPI e 60 no das bolsas da Xunta de Galicia (xa que o contrato ten unha duración menor). Na actualidade, estas horas de docencia son empregadas pola universidade para cubrir as fendas que deixa a falta de reposición do profesorado. Manuel Magán é investigador FPU: “O alumnado fala de tres ou catro predocs nun mesmo ano dando aulas”. “Actualmente o Ministerio e a Xunta poñen máis cartos para contratar predocs, ti non tes por que dar as horas de docencia, pero somos cada vez máis, e para que ti podas competir no futuro, por méritos, o mellor é que as deas”. Aliméntase así unha dinámica competitiva entre o persoal predoutural.

Campus USC Martes negros 2
A Asemblea de Investigadoras da USC denuncia a situación precaria do persoal docente e investigador

O silencio de xerencia

Tralo inicio das mobilizacións de protesta pola diferencia salarial, no mes de xaneiro, a AIC acadou unha reunión co xerente da USC prevista para o mes de marzo. “Tivemos unha reunión en decembro, creo que non nos tomaron moi en serio. Foi cando nos pediron que enviásemos as nosas demandas por escrito”, explica Aldara. “Recollemos positivamente esa disposición, mais aínda non sabemos como se vai desenvolver”, engade Valeria. A asemblea tamén tratou, sen éxito, de concertar unha reunión co reitor. “Na propia campaña electoral recolleu algunhas das nosas demandas, pero unha vez que chegou ao poder…”

Á agarda do seguinte encontro con xerencia, os membros da AIC vestirán as súas camisetas negras polos corredores e aulas da universidade pública. “Reclamamos unha carreira de investigación digna, queremos abrir o debate, que saia da asemblea”, afirman as dúas investigadoras.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Nueva ley Un borrador de Ayuso contempla multas de hasta 100.000 euros por manifestarse en universidades
La Ley de Enseñanzas Superiores, Universidades y Ciencia lleva meses en negociación. Además de las manifestaciones, el texto considera como infracción grave acampadas como las de los últimos meses en apoyo a Palestina.
Opinión
Opinión La universidad pública vasca en la cuerda floja: ¿defensa real o competencias como excusa?
La reciente ofensiva del Gobierno Vasco y del Rectorado contra el decreto estatal que busca poner coto a la creación indiscriminada de universidades privadas es más que una disputa territorial.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.