Centro Galego Habana 1
O edificio construiuse para albergar o Centro Gallego, e agora é sede do Ballet Nacional de Cuba. Pablo Santiago

América Latina
A Galiza riquiña… e colonial

Alén da diáspora e do imaxinario heroico construído polos nosos literatos, existe unha fonda lóxica colonial en parte da migración galega en América Latina. Esta é unha crónica de dúas visitas aos centros galegos de Ciudad de México e La Habana.
Pablo Santiago
14 oct 2022 07:21

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!»

¡Pra a Habana! Follas Novas, 1880. Rosalía de Castro

Moitas de nós tivemos unha familiar limpando en París, servindo en Sitges ou facendo pan no Uruguai. Persoas iguais que as que morren esquecidas no deserto na procura dun futuro. O noso relato case sempre fica aí, nesa cultura do esforzo que a literatura rexistrou e entre todas quixemos lembrar. Se “fixo cartos”, a cousa foi ben. Cando non, “pobriña”.

Pero destas migracións xurdiron tantas experiencias como persoas marcharon, agardaron ou viviron. Desde as mulleres disque ‘liberadas’ do franquismo ata aquela frase de Urbano Feijóo en Cuba: “Un galego fai o mesmo traballo que dous negros polo prezo dun escravo”. Visitar La Habana ou Ciudad de México supón bater con esas historias. Castelao. Avión. Láncara. María e o mozo.

As praias de Galiza en Cuba

A primeira experiencia comeza no centro de La Habana, nun edificio xigante pegado ao Capitolio. O Centro Gallego foi unha encarga de parte da migración galega a principios do século XX: mercaron os terreos, demoleron o teatro que alí había e levantaron unha mole para o encontro e gozo das sociedades galegas da época.

Centro Galego 3
Paul Belau deseñou o edificio, construido entre 1907 e 1915 pola empresa Purdy & Henderson. Pablo Santiago
“Antes los gallegos teníamos playas privadas, pistas de tenis”

Nada máis entrar, son visibles varios escudos galegos de diferentes tamaños, bandeiras e símbolos. Orense. La Coruña. Escaleiras que semellan plastilina. Portas que se abren ofrecendo uns CUC e botando man da nosa branquitude: “Venimos de Galicia y nos gustaría ver el Centro Gallego”.

O Centro ocupa só unha pequena parte do edificio, pero a simboloxía está presente en cada parede. Dentro do despacho das responsables, chaman a atención as bandeiras de Cuba, do Reino de España e de Galiza. Con todo, o que máis destaca é un gran busto do ex presidente e dirixente fascista Fraga Iribarne. “Estuvo aquí muchas veces, hizo mucho por nosotros”, cóntannos cun claro ton de agradecemento. Interesámonos polo edificio, pola emigración do exilio, polo himno galego alí gardado. As seguintes respostas confirman o desastre: “Antes los gallegos teníamos playas privadas, pistas de tenis”. Fáisenos saber tamén que o edificio tiña salóns de baile, restaurantes, un casino e salas de xogo. Repítese, verbalizada de diferentes xeitos, a mesma idea: “Antes teníamos mucho poder”. Niso chegou Fidel, pero a pregunta sobre ese tema xa fora de facto contestada.

Insistimos educadamente na cuestión do exilio, mencionando a Castelao e a diáspora, pero sen aínda saber como, dun caixón sae unha carta manuscrita de Francisco Franco. A situación é máis tensa que o busto de Fraga, que nos mira fixamente desde atrás. Rodeadas, escapamos sen ver o “Himno regional de Galicia” orixinal que alí se garda. Antes de marchar, tentan vendernos puros. “No, gracias. Vamos con prisa”.

centro galego 4 cuba
O edificio está xusto ao lado do Capitolio Nacional. Pablo Santiago

Seguimos vendo o teatro, sentindo a vergoña dunha ‘galeguidade’ que non compartimos. Malia todo, emociona visitar o teatro, ver as fotos das sociedades de tantas aldeas galegas, imaxinar as vidas e as ausencias, pensar na loita forzada e lonxana. Pero doe a vergoña, o racismo, a nostalxia das colonias españolas presente noutras galegas. E na cabeza, dúas palabras: “Mucho poder”.

Ao marchar, e malia a todo, agradecemos a visita. Como nos lembrou repetidamente a persoa responsable, o agradecemento real consiste en dar “un par de pesos a la secretaria”. Por erro, dámosllos a unha policía cubana que, educadamente, agradece.

A ‘galeguidade’

No Centro Gallego de México, as instalacións son moi diferentes: un edificio céntrico e un club deportivo de 115.000 metros cadrados, na demarcación de Iztapalapa. Estes terreos foron mercados por un grupo de galegos en 1979, que nos seguintes anos foron mellorando as instalacións: subministro de auga, construción de restaurantes e pavillóns e mesmo unhas palapas de palma feitas grazas á contribución do General Felipe Astorga e Carlos Slim.

As únicas mexicanas son as mulleres que limpan e os xardineiros que cortan os setos. Alí só poden entrar os galegos e as súas familias. O resto de persoas mexicanas teñen prohibida a entrada.
Centro galego México
O club galego ten dous campos de fútbol, sete pistas de tenis, salón de eventos, restaurantes, aquapark, entre outras moitas instalacións. Pablo Santiago

Dentro, as únicas persoas mexicanas son as mulleres que limpan e os xardineiros que cortan os setos. Alí só poden entrar os galegos e as súas familias. O resto de mexicanas teñen prohibida a entrada. Para desfrutar das instalacións hai dous requerimentos: pagar unha cota anual, inaccesible para as familias de clase traballadora; e ser galego ou galega. Para demostralo, co carné non chega. “Tamén a partida de nacimiento”, explican.

Cun trato realmente amable, contan o funcionamento do club: todos os domingos chega xente galega de todo o país, non só da capital, reuníndose unhas 400 persoas. Todas elas, familias de clase alta que levan moito tempo vivindo en México e, na súa maioría, da provincia de Ourense, nomeadamente de Avión. Ao preguntar se deixarían pasar a Carlos Slim, xa que non é galego, a resposta é clara: “Non”, o que xera en min unha sensación contraditoria.

Centro galego México 2
Está en Iztapalapa (CDMX), unha das demarcacións de todo o país con máis densidade de poboación. Pablo Santiago

Trala visita polas instalacións -do tamaño de dez veces a praza de María Pita- reparo nun busto do rey español Juan Carlos I, que preside unha morea de placas conmemorativas de visitas institucionais do goberno galego. Agradecido pola amabilidade do persoal, levo como obsequio un CD e un exemplar da revista do Centro, patrocinada pola Xunta. “Si quieres, ven el domingo, que vienen muchos gallegos”.

Centro galego México 4
En Cuba, Franco preside o Centro Galego; en México, Juan Carlos I. Pablo Santiago

Ao saír, no camión ata o metro de Tasqueña, boto un ollo aos artigos da revista. El método Avión para lograr “la riqueza y el éxito personal”. A “pedida de la Madrina” (como a ‘puesta de largo’ en Pontevedra). Un artigo no que mencionan ao Generalísimo e outros nos que cunha sinxela búsqueda en Google, confirmo que foron escritos por onvres que promoven a ‘ideoloxía de xénero’ e lucen fotos con Feijóo nos seus perfís.

E lembro a visita a Cuba. A mesma vergoña. Nin bois, nin vacas, nin caldo. España, Galicia; que máis ten? Simplemente, é unha cuestión de poder.

Mucho poder.
Mucho poder.
Mucho poder.

Centro Galego 2
Tan só empregan dúas salas como Centro Gallego, pero hai simboloxía galega en todo o teatro. Pablo Santiago

.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
chascarraschas
chascarraschas
14/10/2022 19:15

Xa che digo!! Mucho poder vs Maloserá; ser galego é unha contradición por si mesma. Tentar saír da inorancia, a probeza e das poutas dos caciques locais, trabalhar duro pra rematar sendo os mesmos caciques aínda que fora da terrinha. Naide é profeta na súa terra.

0
0
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.