Especulación urbanística
Arquitecturas ambulatorias: pensar a cidade para todos os barrios

As xornadas “Arquitecturas ambulatorias” —organizadas desde o 19 de setembro até o  25 de outubro na Universidade da Coruña (UDC)— pretenden sacar as aulas á rúa e achegar, desde unha perspectiva multidisciplinar, as realidades urbanas aos espazos onde se forman as profesionais que terán a capacidade de intervir nelas nun futuro. 

Campanario1
Imaxe dos cartazes municipais á entrada do barrio, que tiveron que reclamar por décadas. Foto: Cristina Botana
2 oct 2019 13:00

O urbanismo entendido como a xestión integral do territorio pretende superar a súa concepción clásica —moi virada a cuestións técnicas ou económicas— e que se teñan en conta a dimensión social e humana na súa configuración e desenvolvemento. Deste xeito se pensaron as xornadas que se están a realizar na Facultade de Socioloxía da UDC e no barrio do Campanario da cidade herculina. Para a súa preparación contouse co profesorado e alumnado de diversos grupos e departamentos de estudos: a Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), a Escola Técnica Superior de Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos (ETSCCP), o Grupo de Estudos Territoriais (GET) e o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da Facultade de Socioloxía, así como o Grupo de Innovación Educativa (GIE) da Facultade de Ciencias da Educación, así como co financiamento da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC (OCV).

“A idea é fomentar a escoita, pois somos axentes externos que non vivimos no territorio” sinalou Alberto Varela, profesor da ETSCCP, no primeiro seminario das xornadas. Neste senso, “a idea de traballar sobre o barrio do Campanario veu dada polas características propias deste núcleo, un barrio de infravivendas promovido pola administración local nos anos 60 e que continúa a ser de titularidade municipal. Ademáis conta cunha veciñanza cun alto grao de cohesión e unha capacidade de acción e mobilización social moi potentes” comenta Cristina Botana da ETSAC.

Na actualidade proxéctase sobre este territorio a construción dunha urbanización (da promotora Metrovacesa) de vivendas de luxo que xa se propuxera a comezos do ano 2000 e que semella que se vai reactivar coa entrada do novo goberno socialista de Inés Rey en María Pita. Neste sentido Cristina Botana afirma que “estas xornadas están pensadas para pór o foco na veciñanza como axente de intervención e negociación, ademáis de realizar unha aprendizaxe para o alumnado de diferentes disciplinas.”

Composición das xornadas

As xornadas contan con dous espazos de aprendizaxe complementarios: seminarios sobre os distintos bloques temáticos na Facultade de Socioloxía e o traballo no propio barrio d'O Campanario. Na primeira semana abordouse a contextualización dos asentamentos precarios na cidade e as intervencións pasadas e presentes nestes tecidos, e realizouse un roteiro pola área do Portiño a cargo do Cooperativa Ergosfera —que fai proxectos de investigación e intervención urbana na cidade desde o ano 2006— no que se recoñeceron tamén outros barrios do lugar: as vivendas do grupo pescadores, as situadas en pedra da barca ou San Pedro de Visma.

Campanario2
Roteiro realizado durante as xornadas a cargo do Colectivo Ergosfera. Foto: Cristina Botana

As xornadas teñen como base teórica a necesaria visión multidisciplinar de accións para a xestión social do hábitat. Polo tanto procúrase a implicación do alumnado de diversas facultades do campus como son as de socioloxía, arquitectura, camiños, traballo social e educación social. Neste sentido “foi unha sorte poder formar un equipo transdisciplinar como queriamos, ademais vanse propor traballos de fin de grao sobre estas temáticas, que axudará a consolidar a xestión social do hábitat nos diversos programas académicos,” comentan dende a organización.

As persoas inscritas deberán realizar un traballo que pretende pór en valor a memoria do barrio a través da escoita das súas voces, aquelas que levan toda a vida no barrio pero tamén da infancia. Alén disto, a intención é que se faga unha auto diagnose da situación actual do barrio, para que a veciñanza poida utilizala para calquera acción que emprenda no futuro.

A Cubela, o inicio de todo

No mesmo lugar onde agora está a estación de buses e un centro comercial dos de antes —na Cubela— vivían centos de familias que traballaban no Porto da Coruña e que a mediados dos anos 60 se viron expulsadas pola planificación urbanística da época. Despois xurdiron os asentamentos precarios de Penamoa, As Rañas, A Pasaxe, O Portiño, O Campanario, etc. Achegándonos máis ao presente, a inicios desta década cando houbo que construír a chamada terceira ronda —unha nova vía de saída da cidade— tamén se desaloxou Penamoa baixo un plan municipal que levaba por título Erradicación do chabolismo (sic), “como se quixeramos expulsar a pobreza da cidade, facela invisible” comenta un dos asistentes dende o público.

Deste xeito é como os desenvolvementos urbanísticos expulsan a súa propia poboación, pois “moitos dos problemas dos asentamentos precarios desta cidade foron creados pola propia administración” apunta Xiao Varela, responsable de urbanismo do Concello no período 2015-2019 pola Marea Atlántica, tamén participante das xornadas.

As análises que chegan

Na primeira semana de outubro, as xornadas contarán coa participación de voces representativas dos discursos anti-hexemónicos e do activismo antirracista. Na tarde do xoves 3 de outubro achegaranse desde o CES de Coimbra os investigadores e activistas da organización romaní Kale Amenge: Cayetano Fernández e Sebijan Fezjula. Disertarán sobre o antixitanismo de Estado e a autonomía política romaní na Europa anti-xitana. Na segunda semana de outubo, o xoves día 10, Pastora Filigrana chegará desde Sevilla para completar as voces sobre o anti-xitanismo desde unha mirada decolonial.

Campanario3
Programa das xornadas.

Na derradeira semana das xornadas, analizaranse os procesos do racismo institucional, tamén aquelas práticas integradoras e homoxeneizantes dos poderes públicos ou do chamado oeneguerismo, que moitos colectivos racializados levan anos denunciando. Deste xeito o mércores día 16 de outubro, Luzia Oca (UTAD-PT) falará sobre o mito da integración perfeita. As xornadas rematarán coa participación do colectivo Afrogalegas, que profundizarán en como afectan as fronteiras internas e o espazo nos corpos das persoas racializadas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Vanessa Míguez Martín
3/10/2019 14:29

Só un apunte ao artigo, e é que se mencionan un montón de implicados (Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), a Escola Técnica Superior de Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos (ETSCCP), o Grupo de Estudos Territoriais (GET) e o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) da Facultade de Socioloxía, así como o Grupo de Innovación Educativa (GIE) da Facultade de Ciencias da Educación, pero esqueciches nombrar á Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC (OCV), que apoia e financia a actividade a través da súa VI Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social, con todo o traballo de xestión económica e administrativa que iso conleva (e que non é pouca)

1
0
O autor
21/10/2019 14:37

Toda a razón, desculpade

0
0
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.