Juventud
Audiovisual para rachar estigmas e concienciar da exclusión xuvenil

Fronte a exclusión social que afecta a milleiros de menores galegos, IGAXES e Agareso levan a cabo unha intervención integral de acompañamento, concienciación e eliminación de estigmas a través —entre outras ferramentas— do vídeo participativo.

18 jun 2019 09:30

Se algo caracteriza a vida política e social destes últimos anos é a sensación de vivir nun xogo continuo de debates estériles onde a dialéctica partidaria agocha os problemas reais das migrantes, das maiores e, en definitiva, dos colectivos máis estigmatizados da sociedade, ignorados pola clase política e grandes medios de comunicación. 

A EXCLUSIÓN, MÁIS COMÚN DO QUE CREMOS

Un de moitos exemplos é exclusión social dos menores, tamén en Galiza. En decembro de 2018, un informe de UNICEF revelaba que 1 de cada 4 menores galegos (uns 100.000) están en risco de exclusión e padecen a diario as consecuencias da falta de recursos, conflitos familiares, problemas emocionais ou mesmo violencia. Unha das variantes que pode causar esta exclusión é a pobreza: segundo o informe AROPE de 2018 da EAPN, a porcentaxe de menores pobres en pobreza extrema ascendeu desde o 23% en 2008 ata un 38,2% en 2017. O informe recolle que “a pobreza infantil é moito máis intensa e a súa evolución tamen é máis drástica.” Malia esta realidade coñecida desde hai anos, non foi sinxelo escoitar medidas concretas ao respecto durante a última voráxine electoral. 

A porcentaxe de menores pobres en pobreza extrema no estado español ascendeu desde o 23% en 2008 ata un 38,2% en 2017.

Outra variante que afecta á exclusión son os conflitos sociais ou familiares, que afectan ao 90% dos nenos e nenas que sofren fracaso escolar. Ademais, segundo a web de IGAXES, o 70% do alumnado desfavorecido abandona a escola prematuramente. Esta organización traballa para reverter esa situación e que os mozos e mozas non teñan que renunciar ao seu futuro por pobreza ou exclusión social. Desde IGAXES denuncian que “aínda que a taxa global de fracaso escolar diminúe, non sucede así entre o alumnado máis desfavorecido”. Os problemas socioeconómicos acostuman derivar en desvantaxe educativa e en consecuencia, en dificultades para conseguir emprego e un desenvolvemento persoal, nun contexto onde un tercio da mocidade está en risco de pobreza e a precariedade estrutural e os contratos lixo son a única saída para entrar no mundo laboral. Unha dobre discriminación que no caso das mulleres é aínda maior. 

IGAXES: “Aínda que a taxa global de fracaso escolar diminúe, non sucede así entre o alumnado máis desfavorecido.”

Non mellora o conto no caso das persoas tuteladas. O 47% emancípase en situación precaria e é continuamente esquecida pola administración. Por exemplo, en 2018, a Consellería de Infraestruturas e Vivienda da Xunta de Galicia obviaba á xuventude ex tutelada na convocatoria de axudas ao alugueiro. Dentro do seu traballo de incidencia política, IGAXES reclamou -sen éxito- reservar un número de vivendas para ese colectivo por un mínimo de dous anos. 

O VÍDEO COMO MEDIO DE EXPRESIÓN 

Estes son algúns dos problemas aos que se enfrontan os rapaces en risco de exclusión (tutelados, pre-tutelados, con problemas familiares ou sociais) que conforman A Tribo, unha intervención integral deseñadas polas ONGD galegas Agareso e IGAXES. Un dos seus obxectivos é eliminar estigmas cara a mocidade tutelada estendidas na sociedade, como que non queren estudar ou como que o feito de estar nun centro de protección implique que queiran facer algo malo: “A Tribo quere reverter ese estigma e mostrar as enormes capacidades destas mozas e mozos, o seu talento, a súa creatividade e a súa capacidade de esforzo e de análise da realidade.” Ademais dun reforzo escolar, a intervención incluiu un obradoiro de vídeo participativo, onde os mozos e mozas en risco de exclusión tiveron a oportunidade de se expresar. 

Un dos proxectos audiovisuais foi un documental onde as persoas en risco de exclusión explican as súas circunstancias, o seu contexto e como ven a sociedade na que lles tocou vivir, dun xeito sincero e sen mediacións. Por exemplo, para Julia “a sociedade é unha merda porque hai moita discriminación” e conta que resolve os seus problemas “pegándolle a parede... ou falando; depende.” Mariana ten 14 anos e denuncia que vive nunha sociedade “patriarcal, machista e homófoba” e di sentirse “insegura e ameazada”.

En xeral, todas comparten unha visión do mundo moi complexa e sobre todo, moi madura, máis aínda se temos en conta a súa idade. Irene e Emma son dúas das educadoras do grupo, polo que tamén forman parte da Tribo e foron entrevistadas polos rapaces e rapazas. Irene conta que quería facer xornalismo pero non lle deu a nota: “Acabei facendo educación social e foi o mellor que me podía ter pasado.” Irene cre que “a sociedade é inxusta, pero está en constante evolución e iso é algo positivo.” 

Tamén se fixeron dous formatos de ficción: Empezar de cero, onde “o protagonista é un menor que chegou de Marrocos sen saber falar español e sen ningún apoio familiar. A historia comeza coa súa chegada ao centro de protección de menores, a súas primeiras amizades e os seus primeiros pasos para aprender a comunicarse noutro idioma e noutra cultura.” O outro chámase Vidas paralelas, onde se aborda “a experiencia de dous irmás adolescentes con problemas coa súa familia, que chegan a un punto sen retorno cando o seu pai morre.” 

Tribo igaxes exclusión 2

Na estrea dos audiovisuais o pasado 7 de xuño, Ihara Aglione e Gabriela Sánchez, parte da Tribo, denunciaban: “Parece que a xuventude está durmida, apagada, que non podemos pensar por nós mesmos, pero quizais non é así, igual se nos dan a ferramenta para expresarnos, podemos demostrar que a xuventude non é tan baleira e banal, que hai partes do sistema no que vivimos que non nos gusta e que temos ganas de cambialo, que podemos cambialo.” Nesta liña, terse enfrontado na súa infancia e adolescencia a conflitos sociais e emocionais ou á falta de recursos apórtalles unha sabedoría e experiencia que moitas persoas do común, xa adultas, nin temos nin somos quen de valorar. 

Ihara Aglione e Gabriela Sánchez: “Igual se nos dan a ferramenta para expresarnos, podemos demostrar que a xuventude non é tan baleira e banal, que hai partes do sistema no que vivimos que non nos gusta e que temos ganas de cambialo, que podemos cambialo.

Como tantas outras cousas nas que non se repara, dar coa solución a problemas complexos pode partir de actividades anecdóticas. Unha sinxela folla en branco pode ser un espazo de liberdade onde plasmar aquilo que te atormenta, un micrófono onde contalo e a cámara un aparello estraño onde ‘fuchicar’, botar unhas risas e reflexionar. O único que precisan é un espazo de confort —unha tribo— onde non sentirse xulgados e onde poder expresar quen son, simples persoas que queren ser parte dunha sociedade que non lles gusta, pero que queren cambiar co seu esforzo e madurez. As curtas son unha chamada para seren escoitadas. Persoeiros do público, cidadanía: escoitemos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Economía social y solidaria
Nuevos formatos Nuevo estudio, formatos y programas para hablar de Economía Social y Solidaria
En El Salto tenemos nuevo estudio de grabación y lo estrenamos por todo lo alto con la producción de nuevos formatos audiovisuales con los que ampliar nuestra cobertura informativa de las alternativas al sistema capitalista.
Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.