O Salto Galiza
Diferentes porque a nosa publicidade é diferente

A independencia para O Salto é non depender economicamente das empresas ás que queremos denunciar.

10 nov 2020 10:00

Nesta web non te atoparás cunha sección auspiciada por un banco que desafiuza, anuncios de empresas que contaminan, que teñen sedes en paraísos fiscais ou que explotan ás persoas traballadoras. A independencia significa para O Salto non depender economicamente das empresas ás que queremos denunciar. Por iso non aceptamos publicidade das compañías que violan os dereitos humanos, sociais, ambientais, animais e laborais. Por iso, baseamos o noso financiamento nas subscricións, que achegan o 70% do noso orzamento, e na publicidade ética. Se compartes esta visión da comunicación, este é o teu medio.

Un dos alicerces do Salto, desde o seu nacemento en 2016, sempre foi a independencia económica como garantía de independencia editorial. Por iso, desde o principio decidimos que non aceptariamos cartos de calquera. Xeramos unha lista negra de anunciantes, onde os grandes bancos, as inmobiliarias, as empresas do Ibex 35 e as grandes multinacionais ocupaban un lugar privilexiado. Decidimos que non permitiriamos os contidos patrocinados nin a publicidade invasiva, especialmente a que se nutre dos datos e intereses dos usuarios. E marcamos un límite para garantir esta independencia: os ingresos por publicidade non poden superar o 20% do orzamento anual do medio.

Decidimos que non permitiriamos os contidos patrocinados nin a publicidade invasiva, especialmente a que se nutre dos datos e intereses dos usuarios

Nestes tres anos de vida, podemos sacar peito: cumprimos estas liñas vermellas. Todo grazas ás miles de persoas que deron o seu apoio ao proxecto, converténdose en socias. Sen as máis de 7.200 persoas subscritas ao Salto, esta aposta pola independencia sería imposíbel.

O Salto vive das subscricións, que supoñen máis do 70% dos ingresos. Pero tamén da publicidade

O Salto vive das subscricións, que supoñen máis do 70% dos ingresos. Pero tamén da publicidade, que achega preto do 10% do orzamento. Unha cifra importante, pero que aínda pode crecer moito. Pero non queremos que sexa con calquera tipo de publicidade. Queremos ser altofalante e escaparate de entidades da economía social e solidaria, de organizacións que buscan a transformación social, de persoas que están a desenvolver proxectos sostíbeis, con outras iniciativas que, como O Salto, cren e traballan a diario por ese outro mundo posible.

Como podes axudar?

  • Se aínda non estás subscrita/o, faite socio/a de O Salto. É a mellor forma de que este proxecto siga existindo e chegue cada vez a máis xente.
  • Se xa estás subscrita/o, fala do Salto, recoméndao, regala unha subscrición a alguén que lle poida interesar.
  • Comparte o noso contido, isto tamén axuda ás entidades que se publicitan connosco e afianza a nosa rede.
  • Se formas parte dalgún colectivo ou empresa da economía social ou tes algún pequeno comercio que cumpre coas nosas liñas vermellas escríbenos a publicidad@elsaltodiario.com e axudámosche a mellorar a túa visibilidade. Anúnciate no Salto!
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.