Historia
O percebeiro que roubou as sabas de Hitler

En agosto do 44, La Nueve entraba en París para completar a liberación da cidade que iniciara a Resistencia local.

La Nueve
Combatientes de La Nueve en Francia.
5 may 2018 11:01

Cando combina para xantar co seu fillo en París, sempre se repite a mesma conversa. Ángel dille que adoraría voltar á súa vila saborear uns percebes, como facía na súa mocidade. O seu fillo explícalle de novo, con infinita paciencia, que ese marisco está extinguido alí. “Eu sei onde topalos”, contrapón Ángel. “Mais papá, que non hai”, insiste o mozo. Antes de tomar outra orientación, a conversa sempre remata do mesmo xeito, co vello tomando a palabra perante a resignación do seu fillo: “Se ese maio conseguín as sabas, non vou conseguir uns percebes?” 

DESDE GALIZA ATÉ A KEHLSTEINHAUS

É o 5 de maio de 1945 e Ángel está moi satisfeito do despoxo de guerra conseguido hoxe. O reloxo de ouro non está nada mal, mais das sabas é do que máis gusta . “A lavandaría debe de funcionar ben, porque non cheiran a ese porco”. As sabas son a brincadeira do día porque a 9ª Compañía da 2ª División Blindada da Francia Libre, máis coñecida como La Nuevepor estar composta case na súa totalidade por 150 antifascistas españois, acaba de participar na toma do Niño da Aguia, a Kehlsteinhaus, o espectacular refuxio secreto de Adolf Hitler nos Alpes Bávaros que o Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán lle agasallou polo seu 50º aniversario. A IIª Guerra Mundial está a piques de rematar e os bastións nazis caen un tras do outro.

Cariño López, nado Ángel Rodríguez Leira, leva a súa vila natal como alcume. Sarxento canoneiro do carro semiouruga Guernica, foi dos primeiros en atinxir os cuartos do líder nazi. Él é un dos tres galegos (dous deles cariñeses) de La Nueve.

Desde París, La Nueve seguiu combatendo até chegar ao corazón nazi, onde Cariño se fixo coas sabas do Führer

Cariño leva unha década sen parar. Mariñeiro afiliado á Confederación Nacional do Traballo, sindicato de grande implantación na provincia da Coruña durante a República, tras o alzamento militar foi mobilizado polos franquistas até que en 1938 conseguiu desertar e unirse ao Exército republicano. Ante a derrota, escapou xunto 12 compañeiros nunha barca desde Guardamar (Alicante) e ao chegar ás costas africanas acabou amontoado como outros milleiros de españois nun campo de refuxiados francés en Alxeria, naquel entón aínda colonia. Baixo ameaza de fusilamento, de novo tivo que se alistar baixo mando inimigo, neste caso do Goberno da Francia ocupada. Máis unha vez, conseguiu mudar de bando e pasar á Resistencia.

A partir de entón estará, con outros milleiros de españois, na vangarda da guerra. Desde o norte de ÁfricaLa Nueve pasaría ao continente europeo, tomando parte do Desembarco de Normandía do 6 de xuño de 1944.

Axiña será unha unidade valorada polos mandos aliados dada a experiencia previa no combate dos seus membros en chan español, eis o que amosaron en varias operacións como a captura de 129 soldados alemáns en Eccouché. Cariño destacaba dentro da compañía debido á súa puntería como tirador. En agosto do 1944, La Nueve entraba en París para completar a liberación da cidade que iniciara a Resistencia local.

Desfilando polos Campos Elíseos tras a vitoria, non foron poucos os parisinos que ficaron atónitos ao descubriren a procedencia destes combatentes. Unha rapaza francesa comentoulle ao soldado Francisco Izquierdo: “Es o primeiro soldado español ao que bico”. O soldado respondeulle: “Somos roxos españois”.

Desde París, La Nueve seguiu combatendo até chegar ao corazón nazi, onde Cariño se fixo coas sabas do Führer. O oficial da súa compañía, Raymond Dronne, explicou nas súas memorias que os españois ao seu mando “non tiñan espírito militar, eran incluso anti-militaristas”. Mais iso compensábano con outras motivacións. Por exemplo, respecto ao antigo percebeiro galego, Dronne indicaba que “a Cariño López o incentivaba un imenso desexo de desquite e vitoria”.

Tras a contenda, Cariño ficou a vivir en París durante os seus últimos 30 anos, sen voltar á súa vila para poder buscar os percebes que el sabería achar. Sempre tiña a punto a súa retranca ante quen fose, incluso ante o arrogante e estirado xeneral Charles de Gaulle. Cando destruíu cinco tanques alemáns nun día, o líder francés condecorouno coa Cruz de Guerra, picándolle no peito ao facelo. O percebeiro soltoulle: “Vostede vai conseguir o que non conseguiron os alemáns”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Monarquía
Monarquia El rey y los ladrones de relatos
Para el rey Juan Carlos la historia es su patrimonio y, todos los que se atrevan a criticar el pasado de su reinado, son unos ladrones de relatos.
Análisis
Análisis El ascenso de Chega y la crisis de la democracia de los claveles
Por primera vez, en estas elecciones, la suma de centroizquierda y centroderecha no alcanza los dos tercios del Parlamento. Un reflejo más de la erosión de la democracia portuguesa nacida de los claveles.
pidrogalego
6/5/2018 11:09

Parabens polo artigo!

3
0
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.