Música
Luces e sombras do Caudal Fest

A subvención concedida polo Concello á empresa organizadora levanta as críticas na cidade

12 oct 2018 11:55

O calendario festivaleiro galego contou este ano cunha cita máis. O venres 21 e o sábado 22 de setembro Lugo acolleu o Caudal Fest. O evento, celebrado a carón do Miño, naceu entre polémica. Axentes culturais da cidade, a plataforma Lugo Sen Mordazas, colectivos e membros de grupos políticos criticaron a decisión da alcaldesa, Lara Méndez, de outorgar unha subvención de 217.000 euros ao festival. A empresa organizadora, que artella o Resurrection Fest, o Tsunami de Xixón ou O Son do Camiño, recibiu máis cartos que as áreas de Muller, Cultura, Educación e Xuventude xuntas.

No mes de xullo, e dous meses antes da celebración do festival, o Concello de Lugo anunciaba a primeira edición do Caudal Fest. Primeira, porque a propia alcaldesa de Lugo anunciou que a cita "chegou para quedar". O festival dividíase en dúas xornadas. A primeira, o venres 21 de setembro, de balde. As primeiras mil entradas para a segunda, o sábado 22, custaban 25 euros máis gastos, a segunda tirada tiña un prezo de 30€ máis gastos e a terceira, que se podía adquirir nas propias billeteiras, de 35€ máis gastos. Ao redor de 12.000 persoas acudiron o sábado, o día de pago. Unhas 7.000 fixérono o venres. Ademais habilitouse no recinto, que ocupou a explanada do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, un espazo de acampada. O prezo por parcela, na que podían durmir dúas persoas, era de 38€, con espazo para 1000 persoas. No cartel, Novedades Carmiña, Rulo y la Contrabanda, Andrés Suáres, Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez ou Triángulo de Amor Bizarro.

Falta de transparencia

No medio da expectación causada pola presentación do festival, non faltaron as voces críticas que sinalaron que as datas do Caudal Fest coincidían coas do FestiBlas. Un evento que cumpriu este ano nove edicións, organizado na sala de concertos Clavicémbalo. O descontento aumentou cando se fixo pública a información de que o Concello de Lugo outorgaría unha subvención de 217.000€ á organizadora do evento. Unha empresa, Old Navy Port Producciones SL, que engloba no seu currículo citas coma o Resurrection Fest, o Tsunami de Xixón ou O Son do Camiño. Un evento, este último, que no seu momento tamén causou polémica. Turismo de Galicia investiu no festival 2.975.000€, entregados á UTE promotora, conformada por Old Navy Port Producciones SL e Esmerarte Industrias Creativas SL.

Música
O negocio do Son do Camiño
A falta de transparencia arredor do macrofestival no Monte do Gozo cuestiona a xestión cultural da Xunta.

Os grupos municipais Esquerda Unida-ACE, Lugo Novo, BNG de Lugo e mesmo o PP de Lugo puxeron énfase nas súas críticas polo método de adxudicación, pouco transparente. Carlos Portomeñe, voceiro de EU-ACE, explica que nada máis anunciarse o festival, no mes de xullo, o seu grupo presentou unha batería de cuestións ante a consellaría de Cultura. "Foi cando constatamos que Cultura non tiña nada que ver co festival", di. As cuestións pasaron á Comisión de Contas, celebrada o pasado luns 24 de setembro. "A responsable tiña que contestar, e non o fixo. A alcaldesa tampouco compareceu, e dende a alcaldía enviouse un escrito que confirma as sospeitas que tiñamos". A subvención ao Caudal Fest, continúa Portomeñe, foi aprobada en Xunta de Goberno Local "dous días antes do comezo do festival, unha irregularidade manifesta". O grupo municipal tamén solicitou ver o informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que autorizase a celebración do evento á beira do Miño. "Neste caso déronme a entender que non existe", explica Portomeñe.

Pola súa banda, o Concello de Lugo e a propia alcaldesa, Lara Méndez, mostraron a súa satisfacción tras facer balance do evento. Resaltouse a asistencia de 22.134 persoas, un impacto económico de tres millóns de euros e a creación de 200 empregos directos. Medios locais, como El Progreso, informaban de 12.000 persoas o día de pago e máis de 7.000 persoas o gratuíto. Portomeñe sinala que as cifras "son algo desorbitado".

Xestión cultural en dúbida

Nos últimos anos, en Lugo, agromaron pequenos promotores e colectivos culturais coa intención de fornecer á cidade dunha programación de calidade. Á programación do Clavicémbalo, cuxo dono Alberto Grandío leva máis de vinte e cinco anos acollendo concertos, súmanse outros focos coma o HoGruf!, encabezado por Álex Losada, o FestiBlas, o festival Fa Ce La, o colectivo de danza Tres Monos ou a asociación cultural Teleclube. "Queriamos eliminar ese estigma de que en Lugo nunca pasa nada", explica Alex Losada. Chus Rodríguez, do TeleClube, conta que naceron “un pouco a rebufo do que estaban a facer outras persoas, hai un movemento efervescente". "Por fin non tiñamos que coller o coche para ver concertos!".

FestiBlas_2

Marcos López, de Viva Lugo, un xornal cultural nado hai un ano. Ademais de grandes eventos, coma o San Froilán ou o Arde Lucus, para López "o tecido asociativo é o que fornece de cultura á cidade". "Na miña época universitaria existían salas, como a Pío-Pío, cunha gran programación", rememora, "aquilo decaeu e volveu repuntar hai uns cinco anos". Daquela xa formaban parte da axenda o FestiBlas ou as sesións vermús do HoGruf!. "A universidade ofrece tamén unha oferta regular, en colaboración co Concello e coa Deputación: a semana do teatro, a da danza, a maratón fotográfica ou proxección de curtas". Unha das voces críticas co Caudal Fest, denuncia que se entregase unha subvención ao evento, pasando "por encima de promotores locais, que levan anos traballando".

No ámbito cultural pídese un reparto máis equitativo das axudas. "A xente está empregando os cartos do seu peto", di o señor Blas, organizador do FestiBlas. "Paréceme moi ben que se celebre un macrofestival, pero destinar esa subvención a unha empresa privada e deixar a Cultura cento de mil euros para todo o ano é unha xestión pésima!". Os colectivos tamén demandan facilidades á hora de contar con espazos. Chus Rodríguez, do TeleClube, explica que tras a constitución da asociación solicitouse unha reunión coa concellaría de Cultura con tal fin. "Tras dúas horas de agarda déronnos plantón". O colectivo Fa Ce La solicitou axuda ao consistorio para a celebración da súa terceira edición. Querían situala, precisamente, no mesmo entorno que o Caudal Fest, á beira do río. Explica Celes, un dos seus membros, que pediron permiso con cinco ou seis meses de antelación: “Viñéronnos a dicir que, por mor dos permisos que hai que pedir á Confederación Hidrográfica, non se podía facer".

A outra cara do Caudal

Celes, de Fa Ce La, explica que o que aconteceu este ano co CaudalFest "serviu para que nos unamos moito máis do que xa estabamos". A colaboración dentro do tecido cultural lucense xa era forte. "Sempre houbo bastante apoio, somos xente que nos coñecemos". Chus Rodríguez engade que, pola banda do público, "a resposta está sendo boa". "Ao principio estabamos as mesmas nos mesmos sitios, agora vemos que vén xente de fóra". Resume Álex Losada: "Somos poucos, temos que ir da man". "O que fai viva a unha cidade é o seu tecido cultural", afirma Losada, "a cultura é o nexo que une a sociedade. E a cultura sempre se deixou máis abaixo, creo que debemos darlle a importancia que merece".

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Música
Opinión Kneecap, Last Tour y el mercado de la protesta
La presencia del grupo Kneecap en el BBK Live desata un debate sobre la instrumentalización de la protesta política en los macrofestivales y las contradicciones del modelo cultural dominante.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Da La Nota: la música como herramienta de emancipación
El programa musicosocial, nacido en Lavapiés, cumple diez años brindando formación y acompañamiento psicológico a niñas, niños y jóvenes.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.