Salud mental
A xeración máis preparada da historia: nin traballo digno nin saúde mental

Considéraselles unha xeración privilexiada, porén os datos de saúde mental dentro do seu rango de idade falan doutra historia. Os millenials e a xeración Z sofren máis de problemas psicolóxicos que os seus pais e avós, segundo os datos. Mais, por que?

25 nov 2020 08:08

No ano 2015, a compañía de animación estadounidense ‘Pixar’ estreaba a película Inside Out, traducida como Del Revés no estado español. Nela, os espectadores coñecían a Ira, Tristeza, Noxo, Medo e Alegría; seres que viven dentro da cabeza dunha nena, Riley, mentres percorre o camiño que a leva da infancia á adolescencia. Riley é unha nena feliz, sociable cunha familia estruturada... e aínda así, o seu mundo tórnase ‘do revés’, cando os seus pais deciden mudarse de cidade. Os telespectadores asisten así aos cambios que se producen dentro do cerebro desta nena, mentres é incapaz de lidar cuns sentimentos de frustración, tristeza e ansiedade que non é quen de comprender. Riley ten sorte, non só porque é unha personaxe de animación, senón porque ten uns pais que finalmente teñen tempo para escoitala, comprendela e axudala. Con todo, no mundo real parece que se estea a esquecer que, como Riley, as xeracións máis novas —e non tanto— ven cada vez máis complicado loitar cos problemas nun mundo hiperconectado, hipercapitalista, onde se suceden as crises e que lles esixe de todo e asegura que deberían ser a xeración máis feliz, mentres os medios de comunicación e as redes sociais os bombardean sen parar. Isto está provocando un número cada vez máis elevado de adolescentes e xente nova que sofre trastornos na súa saúde mental, como é o caso da ansiedade.

QUE É A ANSIEDADE?

A primeira vez que Teresa —nome ficticio— aprendeu desta palabra, foi buscando en internet os síntomas que sentía e que non era quen de compartir con ninguén. Custáballe respirar, sentía que xente a miraba pola rúa, pensaba continuamente na morte, e era incapaz de facer as cousas que antes facía, por medo. Deste xeito, aprendeu que, segundo a RAG, a ansiedade é a “inquietude e preocupación do ánimo por algo que vai ocorrer”, mentres que para a OMS, a ansiedade defínese como “unha emoción caracterizada por sentimentos de tensión, pensamentos de preocupación e cambios físicos como o aumento da presión arterial”. Tamén aprendeu que afectas máis a mulleres que a homes. Teresa estivo máis dun ano sentindo que algo non ía ben ata que o contou, entón decatouse de que non era a única. No seu grupo de amigas a maioría dicía ter pasado nalgún momento por algo semellante.

“Moitas amigas e amigos meus sofren de ansiedade. Atrévome a dicir que a gran maioría”, di Marta, de 18 anos. “No bacharelato, sen dúbida, porque temos moitas cousas que facer. Pero falámolo moito e intentamos apoiarnos entre todos”, engade. Marta Kornelski, unha emprendedora de 26 anos, coincide. “Si moitas das miñas amigas a sofren. Pero falamos para normalizalo. Aceptar o que te pasa é o primeiro paso para xestionar as nosas emocións e axudarnos”. Marta diferencia o que lle acontece, nerviosismo e pequenas crises en ocasións, cos trastornos de ansiedade máis fortes que afectan a algunhas persoas a un nivel máis profundo. Este é o caso de Marta Filgueiras, unha muller de 36 anos e nai de dous fillos que sofre ansiedade desde a infancia. “Eu estou diagnosticada desde o ano 2012”, conta Filgueiras. “Mais eu teño recordos de infancia de ter os mesmos síntomas que me dan agora, pero nese momento dicíanme que era asma, relacionábana con esforzos físicos, nunca psicolóxicos”.

Marta Kornelski afirma tamén que a súa ansiedade comezou na infancia. “Desde cativa sufro de ansiedade, variou ao longo da miña vida e creo que todas a temos ás veces en maior ou menor medida, pero non todos somos igual de quen de identificala”, explica Kornelski. “Despois, na adolescencia, recordo pasar noites sen durmir pensando no futuro, sen poder obviamente facer nada ao respecto”. Para Álvaro Parra, un estudante e músico de 21 anos, a ansiedade deulle en momentos puntais. “Tiven varios episodios nos últimos tres anos, máis ou menos, e foron moi puntuais, en momentos un pouco baixos da miña vida nos que notaba que a situación me superaba”, conta Parra.

Na adolescencia, recordo pasar noites sen durmir pensando no futuro, sen poder obviamente facer nada ao respecto

En canto a como se reflicte esta ansiedade, todas coinciden en que os problemas respiratorios e a sensación de morte e perigo son os xeitos máis comúns nos que se presenta. Marta, por exemplo, ve reflectida a súa ansiedade, sobre todo, nunha agorafobia que lle impide levar unha vida normal. “Teño agorafobia, polo que non podo ir sola pola rúa, por espazos abertos, porque me poden dar ataques de pánico”, explica. “Aínda así, non teño identificados os momentos exactos nos que se me presenta. Con todo, se estou cansa teño máis posibilidades de ter un ataque: sensación de falta de aire, mareo e pensamento real de que estou morrendo nese momento. Ter nenos con este problema é duro tamén porque estando en casa aínda podo ir tirando porque sei que a miña veciña sabe o meu problema e podo avisala se preciso, ademais que tomo as miñas pastillas e estou mellor. Se vou ao parque, vou ao que está debaixo da casa porque podo subir en calquera momento, pero ir ao centro da cidade é máis complicado. Sempre teño que saber que alguén me vai poder axudar se me dá un ataque”.

Ansiedade mocidade campaña (2)
Carteis aparecidos nas marquesiñas dos buses de Compostela durante o mes pasado. Elena Martín

Inés, unha estudante de 19 anos, tamén sofre ansiedades que en ocasións poden rematar en ataques de pánico. “Sufro ansiedade. Habitualmente pode provocarma calquera tipo de situación social, o un estrés económico, comigo mesma, polos estudos…. En xeral calquera factor agobiante que me provoque algunha angustia emocional”, conta. “Normalmente cando teño ansiedade péchaseme o estómago, ténsanseme os músculos… se acumulo moita teño ganas de chorar pero non dou chorado, e se xa é excesiva teño un ataque de ansiedade con problemas para respirar e movementos e tensión nos músculos”. Álvaro Parra, pola súa banda, conta que no seu caso pode presentarse con dificultades respiratorias ou de outro tipo. “Unha vez falando cos meus pais sobre o futuro tiven un, no medio dunha cafetería. Comecei a hiperventilar e a chorar, pero aí souben o que era e fun capaz de canalizalo”, conta. “Porén, houbo unha vez que tiven como un ataque raro no que perdín o control do meu corpo. Dábanme espasmos e non era capaz de controlar os meus músculos, e foi a psicóloga a que me tivo que explicar que tivera tamén un ataque de ansiedade”.

UNHA XERACIÓN HIPERESIXIDA?

Marta, Teresa, Kornelski, Parra e Inés son só un exemplo dunha xuventude que se ve sobrepasada en diferentes aspectos —laboral, académico, de imaxe...—, mentres a sociedade, en moitas ocasións, segue a crer que son a xeración das oportunidades. Non o indican da mesma maneira as estatísticas. Unha persoa da xeración Z que nacera no ano 2000, xa viviu dúas crises económicas, unha pandemia e é consciente do cambio climático —empeza a aparecer a chamada ‘ecoansiedade’—. Ademais, creceron coa información do que pasa do mundo a través de Internet, e do que outros están a facer, antes sequera de entrar ao mercado laboral. Un mercado laboral no que, por outra banda, hai máis xente preparada que postos de traballo.

“Quizais as xeracións anteriores sufrían unha ansiedade ‘diferente’, por buscarse a vida e por querer ter unha mellor subsistencia ca que tiveron os seus pais, como lle aconteceu ao meu avó ou mesmo á miña nai”, conta Kornelski. “Pero a nosa xeración ten unha preparación incrible, pero non ten oportunidades, porque non nolas dan. Unha xeración marcada pola precariedade laboral e á que non se lle valora o esforzo”, opina.

Culturas
El negocio de la felicidad, el fraude del siglo XXI
La felicidad es el ‘trending topic’ del siglo XXI. Se ha convertido en una de las construcciones culturales con mayor influencia sobre la vida diaria de millones de personas y coincide con la agenda neoliberal.

Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica do Sergas voceira do Movemento Galego pola Saúde Mental, fala de que, efectivamente, as xeracións máis novas vense afectadas por este tipo de trastornos cada vez mais, aínda que, engade, en Galiza non hai datos. “A nivel galego non hai datos —hai do INE, a OMS...— pero aquí en Galiza nada, non temos dato de prevalencia neste momento na infancia e na xuventude. Hai un de hai uns anos, aínda que se publicou recentemente, pero era de poboación adulta. Se hai de xente nova non se difunden. Ao igual que por exemplo os datos de suicidio limítanse a idade, sexo, lugar de procedencia e método empregado, é esa información é moi pequena para poder darnos unha idea de por onde ir para realmente previr. É como estar traballando sen un mapa”, denuncia Cerqueiro. A continuación, fala sobre os datos que se coñecen. “Segundo a OMS, a metade dos diagnósticos de problemas mentais comezan xa antes dos 14 anos”, explica. “Estamos a falar de que entre un 16 un 20% dos problemas de saúde en rapaces de entre 10 a 19 anos son por problemas de saúde mental, polo que comeza moito antes. E isto vai aumentando coa idade, sobre todo os problemas internalizantes —os que son cara dentro—, como é o caso da ansiedade. Polo tanto, derrúbase por exemplo o mito da infancia feliz, da inconsciencia da xente nova, o de que non están atentos á que pasa no mundo dos adultos porque forman parte desta sociedade e tamén están a sufrir as consecuencias dos problemas que hai neste momento. Entón, si que é certo que hai un aumento de problemas de ansiedade e afectivos xa en idades tempranas”, continúa a psicóloga. “Falan que o suicidio é a terceira causa de morte externa entre os 15 e os 19 anos, e a segunda entre os 15 e os 29. Estamos falando, polo tanto, dun problema moi importante, minimizado normalmente pola idea de que as crianzas e a xente nova solo pensan en desfrutar, que son inconscientes”.

Entre un 16 un 20% dos problemas de saúde en rapaces de entre 10 a 19 anos son por problemas de saúde mental, polo que comeza moito antes

Sobre os posibles motivos para esta ‘epidemia’ de ansiedade e trastornos mentais, Cerqueiro di que “hai tantos como condición humanas”, pero hai unha serie de datos e puntos que se deben ter en conta. “Temos que pensar, por exemplo, nos índices de pobreza e exclusión social. En Galiza case un tercio das crianzas está en risco de pobreza. Isto asóciase cun maior fracaso escolar e iso con menos oportunidades futuras, peor saúde... polo que o factor estrutural socioeconómico hai que telo en conta”, demanda a psicóloga. “A isto súmase que as rapazas e rapaces que teñen agora sobre 20 anos naceron e creceron coa crise económica da pasada década e agora van facerse adultos nesta nova crise, que non é só sanitaria, senón económica. Son xeracións como perdidas nun limbo, sen moitas oportunidades de crecemento”, engade Cerqueiro. Para a psicóloga, como para algúns dos rapaces e rapazas que sofren ansiedade ante un futuro incerto, a problema entón é moito máis fondo do que pode parecer en primeiro momento. Ás oportunidades socioeconómicas engádeselle unha fenda de desigualdade que non fai máis que crecer, o incremento da aporofobia, o bullying, diferencias por identidade de xénero, de orientación sexual, diversidade funcional.... Nalgunhas, nas máis graves, podo rematar en suicidio, que sería a punta do iceberg de todos estes problemas”, engade Cerqueiro. E a situación de pandemia tampouco axuda a que esta situación mellore.

En Galiza case un tercio das crianzas está en risco de pobreza. Isto asóciase cun maior fracaso escolar e iso con menos oportunidades futuras, peor saúde

A psicóloga remata engadindo que o problema tamén se relaciona con que a “sociedade e moi confusa” na súa relación coas xeracións máis novas. “Por unha parte hai un certa infantilización —cunha infancia e adolescencia cada vez máis longas—, xunto con sobreprotección e reforzos inconsistentes de «ti podes con todo», —de aí tamén a tolerancia á frustración tan baixa dos mais novos—. E, ao mesmo tempo, hai unha esixencia enorme cara a rapazada: notas, redes sociais, ter un montón de amigos, culto ao corpo... E precisamente este conflito entre a sobreprotección e a esixencia de destacar está na base de moitos trastornos da saúde mental”. Parece case, dalgún xeito, que o problema é o sistema, que temos que resetear. En palabras de Cerqueiro: “os problemas emocionais tanto na infancia como na xuventude —aínda que tamén na adultez—, son o reflexo dos grandes problemas e contradicións que temos como sociedade”.

UNHA SAÚDE MENTAL PÚBLICA CASE INEXISTENTE

A todo isto súmaselle unha psicoloxía altamente privatizada, e un coidado da saúde mental pública con listas de espera tan longas —de máis de 8000 pacientes— que é case imposible acceder. “A chave estaría en dar unha resposta asistencial e sobre actuar e dar unha resposta antes de que suceda”, di Cerquero. “Nas últimas décadas aumentou o consumo de fármacos, mais isto non reduciu os problemas de saúde mental. Isto indica que temos que darle unha mirada moito máis global e non unha miope. Porque non estamos a falar dunha persoa, senón do 20% da poboación, é decir, empeza a ser un problema máis xeralizado”, engade. “O que temos é que dar unha resposta tamén económica, de educación, de protección social e de emprego. E sanitaria, por suposto. Aumentando o número de profesionais —agora mesmo estamos por debaixo do mínimo recomendado— para que non teñamos o problema de listas de espera e consultas sobrecargadas... Está demostrado que cunha intervención e detención precoces, conséguese unha recuperación importante só seguindo unhas pautas”, remata. “Non olvidemos que se está desmantelando a sanidade pública, e xa agora hai un problema de equidade que non é xusto, porque a nosa saúde mental debería ser universal. É o noso dereito. E ademais, se alguén non se pode pagar unha psicoloxía privada, son precisamente as nosas rapazas e rapaces, que son os que menos cartos teñen”.

Abusos a la infancia
A infancia esquecida
Ninguén fala dos nenos e das nenas, moito menos dos nenos e nenas pobres.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Derechos Laborales Las limpiadoras de la fábrica de San Miguel en Málaga, en huelga: “Eulen nos deja en la pobreza”
Las trabajadoras de limpieza industrial contratadas por Eulen en la fábrica de San Miguel en Málaga llevan varios días en Huelga ante una situación vulneración de sus derechos laborales.
1 de mayo
1 de mayo “Nuestro mundo, en el que cabemos todas, es la única alternativa”, reivindican desde el 1M Interseccional
Por cuarto año consecutivo marchan, de manera festiva y sin incidentes, colectivos del sindicalismo social de toda la región madrileña en el Día Internacional de las y los trabajadores.
1 de mayo
1 de mayo Miles de andaluzas se manifiestan en el 1 de Mayo alternativo reivindicando la solidaridad obrera
Miles de andaluzas se manifiestan durante la jornada del 1 de Mayo en las convocatorias de sindicatos y agrupaciones alternativas para reivindicar solidaridad obrera “frente a sus tambores de guerra”
Ocupación israelí
Ocupación israelí Israel ataca Rafah y se hace con el paso fronterizo con Egipto
Tel Aviv da la espalda a las negociaciones internacionales que piden un alto el fuego e invade Rafah, el último refugio de los palestinos de la Franja expulsados por la ofensiva israelí.
Sanidad pública
Sanidad Pública Aumenta el gasto en conciertos sanitarios mientras el Ministerio crea un observatorio de la corrupción
Organizaciones como Mareas Blancas piden la derogación de la ley 15/97, al tiempo que esperan el borrador de una nueva ley de gestión pública que el Ministerio de Sanidad estaría ultimando con los diferentes grupos parlamentarios.
Cómic
Julie Doucet “Cada cómic es un experimento, no me gusta ceñirme a categorías asignadas por otros”
Julie Doucet, icono del cómic alternativo y feminista de los años 90, publica ‘El río’, su nueva novela gráfica que constituye un hito editorial, dado que llevaba cuarto de siglo alejada del medio.
Universidad pública
Protestas contra el genocidio El consejero de Educación de Madrid pide sacar “la política” de la facultad de Políticas
La Comunidad de Madrid reacciona contra una declaración universitaria que exige al Santander, con quien la UCM mantiene un convenio, que deje de financiar proyectos contaminantes y a la industria armamentística corresponsable del genocidio en Gaza.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Podemos amenaza con romper con el Gobierno si no aprueba una nueva moratoria hipotecaria
La medida vence el próximo 15 de mayo y protege al menos a 30.000 hogares. La PAH defiende que la ley no solo tiene que ser prorrogada sino mejorada para que llegue a las familias que la necesitan.
Contaminación
Contaminación Los entornos escolares suspenden en calidad del aire
Un informe analiza 114 entornos escolares de cinco provincias y los resultados son alarmantes: ninguno cumple las recomendaciones de la OMS. Solo una quincena de municipios de los 149 obligados a ello ha implantado su zona de bajas emisiones.

Últimas

Poesía
Galiza Morre aos 92 anos a poeta, activista e revolucionaria Luz Fandiño
O falecemento foi anunciado publicamente pola súa amiga e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín.
O prelo
O prelo Collige, Kylie Jenner, rosas
A editora Catro Ventos trae á lingua galega Na sala dos espellos, de Liv Strömquist.
Universidad pública
Acampadas en Madrid “Es nuestro deber señalar la complicidad de nuestras universidades con el genocidio”
Arrancan las acampadas universitarias en Madrid para exigir el fin de las relaciones con Israel y el apoyo a las víctimas del genocidio. Las acciones de protesta están ubicadas en Ciudad Universitaria, centro simbólico de la lucha universitaria.
Palestina
Opinión Israel deja a la humanidad sin refugio
Otra vez Israel nos demuestra que puede hacer lo que quiera. Sus tentáculos de intereses económicos y sus sofisticadas bombas son capaces de asesinar a la justicia misma.
Más noticias
Sidecar
Sidecar El núcleo de Europa
En los años de auge de las décadas de 2000 y 2010, Alemania consolidó su posición como plataforma de producción globalizada, pero los triunfos de ayer ensombrecen hoy su renqueante economía orientada a la exportación.
Literatura
Azahara Palomeque “Yo quería hacer una novela que fuera un torrente de voz”
Azahara Palomeque realiza en su última obra, ‘Huracán de negras palomas’, un ácido repaso de la desigualdad, la racialización y la soledad, en el marco de unos Estados Unidos de difícil redención ética.
Análisis
Análisis Mercados de carbono sesgados, distorsionados y debilitados
Un reciente documento del Fondo Monetario Internacional reconocía que «las diferencias existentes entre los precios eficientes y los precios al por menor de los combustibles son enormes y generalizadas».

Recomendadas

Poesía
Poesía e activismo Luz Fandiño, a poeta rebelde que loitaba cantando
Patricia González e Alejandro Balbuena, músicas e amigas de Luz Fandiño, foron as últimas persoas que a poeta recoñeceu antes un do seu desnacemento. Na mesma cociña na que estiveron con ela tantas veces, lembrámola.
Política
Política Redes clientelares, falta de autogoberno e consensos neoliberais: as claves do novo Goberno galego sen Feijóo
Políticas e analistas debullan a folla de ruta da primeira lexislatura galega da era post-Feijóo: reforzamento dos fíos de poder locais, falta de vocación autonómica, complexo de inferioridade e a axenda marcada polos grandes consensos neoliberais.
Migración
Migración Maternidades migrantes: criar entre la precariedad laboral y la ley de extranjería
Sin redes familiares en las que sostenerse y en un contexto laboral enfrentado con la conciliación, las madres migrantes se ven especialmente expuestas a la precariedad.