Teatro
Laura Villaverde: “A xente segue a Chola porque racha cos canons actuais de beleza”

A actriz Laura Villaverde presenta en Santiago a un dos seus álter egos, Chola, unha “muller tendencia” do rural que amosa que se pode ser youtuber sen esquecer as nosas raíces. 

laura villaverde chola
Laura Villaverde é Chola, a mecánica youtubeira. Imaxe: Chola&Lola
29 ene 2019 07:00

A actriz Laura Villaverde presenta en Santiago a un dos seus álter egos, Chola, unha “muller tendencia” do rural que amosa que se pode ser youtuber sen esquecer as nosas raíces. Falamos con ela antes da presentación da súa obra.

Quen é Chola e como xurdiu a idea de facer esta canle de Youtube?
Chola é unha personaxe creada pola compañía ArtesaCía. Nun primeiro momento ía ser unha personaxe soamente virtual, unha canle de Youtube no que Chola subía tódolos domingos, durante un mes, os seus mini capítulos onde daba consellos de beleza. A idea era imitar ás grandes blogueiras actuais, pero con un ton máis rural e auténtico. Eu descoñecía bastante este movemento que de repente gustaba tanto, o de seguir a personaxes en redes que daban consellos de beleza, ou sobre como ser unha boa nai... todo iso. E, a través de amigas que me empezaron a ensinar vídeos, coñecín este fenómeno e teño que dicir que me indignou un pouco, máis que nada porque vivo nun entorno rural, e vía que nesas canles non había nada de parecido á vida dunha muller deste mundo co que se estaba mostrando nesas redes. Entón aí naceu esa idea de crear esta personaxe, darlle carácter e, sobre todo, darlle visualización. Trala webserie, como funcionou tan ben, decidimos crear todo o que veu a continuación: a tenda de camisetas, o blogue e a peza escénica.

laura villaverde chola 2
Imaxe: Chola&Lola.
Como un xeito de mostrar mulleres reais, non? Porque ao final parece que a única muller que se representa nestas canles é a muller que vive na cidade, que vive dun determinado xeito...
Claro, amosar como que o feísmo, o auténtico, o que é así, real, ten a súa parte de beleza. Porque Chola chegou a moita xente tendo ese carácter un pouco grotesco: con eses 'rulos' sempre na cabeza, esa forma de vestir... pero creo que a xente a segue precisamente pola súa autenticidade, porque ela é así, móstrase así, transparente, e racha un pouco cos canons actuais do que debería ser unha muller “tendencia”, unha it girl, e do que en teoría vende. E iso era moi importante para nós, os creadores, e para a personaxe que se mostrase nas redes: tiña que ser unha persoa que rachase con eses modelos de beleza.

Como foi a resposta da xente á personaxe de Chola?
A verdade é que foi moi positiva. A idea comezou así un pouco de broma, nunhas vacacións, e teño que dicir que ao principio era algo bastante pouco serio pola miña parte. Ademais non tiña presión de ningún tipo, pero eu quería facelo porque pensaba que a sociedade necesitaba algo así, foi como unha implicación social que eu me impuxen. E a verdade é que á xente lle gusta moitísimo, sobre todo ás mulleres, e penso que é porque Chola ten moitas cousas de moitas mulleres. E tamén de diferentes xeracións. Creo que na personaxe de Chola hai algo da xuventude, algo de madurez, hai algo de plenitude e algo dunha muller rural que ten moito contacto co natural, co material, co vexetal...

Todas as que vivimos no rural, realmente convivimos con persoas moi orgánicas e que o son inconscientemente, sen vender esa figura, porque nace da súa necesidade.

E ademais amosa unhas mensaxes moi positivas: a importancia de coidar aos animais, de coidar á natureza, de coñecer o noso...
Si. O meu entorno feminino, por exemplo, miña nai, miña avoa... todas as que vivimos no rural, realmente convivimos con persoas moi orgánicas e que o son inconscientemente, sen vender esa figura, porque nace da súa necesidade. E ese era tamén o obxectivo a amosar, que Chola, como muller do mundo rural, non entende outro xeito de dar consellos de beleza sen recorrer ao natural: seca o pelo ao aire montada nun cabalo, limpa a caspa con ortigas...

E ademais de que Chola sexa unha personaxe de Youtube, tamén tedes unha tenda de roupa, que nos podes contar dela?
Eu vivo agora mesmo en Tui porque son de aquí, arraiana, e o que queríamos era que a tenda de roupa se fixera n’A Raia. Fálase de Eurocidade, pero a miña idea era xuntar ambas zonas falando de “Feito na Raia”, feito entre estes dous países. Para min, isto é algo da miña identidade, ese outro país forma parte de min, ademais de que teño raíces alí. Entón a idea era esa, facelo na Raia e empregando xente desta zona e de empresas pequenas. Por exemplo, as camisetas son dun taller moi pequeno de confección de Portugal, de Valença; a xente que nos fai toda a parte dos estampados son dun taller que acaba de empezar, uns rapaces moi noviños... Darlle un pulo ao pequeno comercio, ás pequenas ideas, e darlle oportunidades a outras persoas para que eles despegasen tamén con esta idea. Roi Fernández que, ademais de ser parte da compañía e ilustrador e ven das artes plásticas -el é o que fixo todos os debuxos de Chola-, tamén está dentro dos deseños da tenda. Entón, a camiseta en si non é unha camiseta que poidamos dicir que é súper orgánica porque non a podemos vender así, porque os custos tamén se nos ían, pero si que ten detalles: a embalaxe na que ven é de cartón, os deseños son orixinais e propios, ven con instrucións sobre cando poñer a camiseta e por que... todo buscando dalgunha maneira continuar con esa mensaxe que se relaciona con Chola, de vida e traballo local.

Á xente lle gusta moitísimo, sobre todo ás mulleres, e penso que é porque Chola ten moitas cousas de moitas mulleres. E tamén de diferentes xeracións.

E agora vides con Chola a Santiago de Compostela cunha obra de teatro.
Si, temos primeiro algunha función escolar pola mañá, pero para o público xeral temos catro funcións no Salón Teatro de Compostela -e hai que dicir que é a primeira vez que Chola está en Santiago-. As funcións son do xoves 31 ao sábado 2 ás 20:30, e o domingo 3 ás 18:00, para rematar. É o espectáculo é como un titorial de Chola en directo no que é contratada polo teatro e vai explicar en 10 sinxelos pasos como converterse nunha it girl, pero non nunha it girl convencional, senón rectificada, porque ela está moi rectificada, é blogueira, e youtuber... pero tamén é mecánica de coches, pesca, cociña, traballa no campo... Chola vale para todo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Racismo
Racismo Gitanas a Escena: “Nuestra Lisístrata Montoya lucha contra el racismo”
Coco Reyes (directora y actriz) y Susana Muñoz (actriz) invitan a acudir al Teatro Bellas Artes de Madrid a ver su apropiación del mito feminista de la Grecia clásica escenificado por ocho mujeres gitanas.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.