Coronavirus
“Pack antiestafa”: a guía para protexer ás traballadoras ante as medidas durante o Estado de alarma

A CUT crea unha guía online para dar a coñecer ás traballadoras os seus dereitos nesta situación extraordinaria.

Coronavirus día 16 centro de Madrid UME y Samur - 10
Un repartidor traballando durante a alerta sanitaria Álvaro Minguito
26 mar 2020 17:00

O pasado 14 de marzo a COVID-19 obrigaba ao estado español a decretar un Estado de alarma. Case ao mesmo tempo, a Central Unitaria de Traballadoras (CUT), publicaba un ‟Pack Antiestafa Empresarial”, destinado a advertir á clase traballadora das posibles consecuencias das accións que se están levando ao cabo estes días por parte das empresas e do propio Estado, e para facela consciente dos seus dereitos e achegar a información que poidan precisar dun xeito fácil e directo. Falamos coa CUT sobre este e outros temas da alerta sanitaria.

‟Sacamos o Pack Antiestafa —hai que dicir que foi moi cedo, no momento no que comezaba todo o tema da alerta sanitaria— porque prevíamos como sindicato que detrás desta situación extraordinaria viña unha crise de dimensión económica na que as empresas podían empezar a aproveitar a situación para beneficiarse neste caso das axudas que o Estado ía promover a nivel de contribución económica”, explica Brais González, responsable de Asesoría Xurídica da CUT.

“Por iso é que lanzamos esta idea, para alertar á xente contra os ERTEs masivos, moitos deles ilícitos como no caso do Burguer King, con 14.000 traballadoras”, asegura o mesmo sindicalista. Argumenta que o obxectivo é ‟dar unha ferramenta de denuncia nunha situación que se nos viña enriba e que, por parte do Estado, o que se pretendía é que aparecera solapada debaixo da alerta sanitaria: a crise laboral non interesa que se sinale ou que se recoñeza porque a intención é que debaixo do que parece inevitable —unha crise por un contacto masivo— pase unha crise laboral como inevitable tamén, cando en realidade non o é”.

A idea, segundo explican, é evitar que se dean ERTEs ilícitos ou que se poñan en risco os dereitos das traballadoras. ‟Para levar a cabo un ERE ou un ERTE a empresa ten que ter unha causa real e xustificada, sen que a mera suspensión da actividade sirva como escusa. Hai que lembrar que algunhas empresas seguen a percibir os mesmos ingresos durante este período ou veñen de obter grandes beneficios á nosa conta e só nos queren mandar para casa para aforrar o noso salario”, pode lerse na guía, onde tamén se incide en que o ERTE é unha medida colectiva para suspender temporalmente os contratos nas mesmas empresas, mandando ás traballadoras ao paro o tempo que dure esta situación, pero sempre mantendo a cotización e respectando a antigüidade das traballadoras.

“A crise laboral non interesa que se sinale ou que se recoñeza porque a intención é que debaixo do que parece inevitable –unha crise por un contacto masivo– pase unha crise laboral como inevitable tamén cando en realidade non o é”.

Para a CUT, o problema tamén reside en que os sindicatos maioritarios non están protexendo ás asalariadas como deberían. ‟Esta é unha denuncia que tamén facemos porque o que notamos nos primeiros días da xestión da alerta sanitaria é que os sindicatos maioritarios, neste caso CCOO e UGT, desapareceran. Despois resulta que non desapareceran, que simplemente estaban contribuíndo a que a patronal saise indemne desta situación a través dun acordo con ela que presentaron ao goberno onde estaban pedindo que os ERTEs se axilizasen e que se puxesen facilidades para que a patronal saíse economicamente favorecida da situación”, continúa Brais.

‟E de súpeto o que vimos é que a primeira gran batalla que se deu a nivel laboral foi unha pola saúde, pola prevención de riscos laborais, pola autoprotección, mais onde os sindicatos maioritarios non tiveron ningunha presenza. En moitos casos, incluso o Comité de seguridade e saúde no traballo, que está tomado na maioría das empresas polos estes sindicatos, tamén desaparecera. Entón, o que tivemos foi a milleiros de traballadoras que sabían que estaban sendo sometidas a situacións de risco, e que non tiñan con quen falar porque a súa representación colectiva xa non estaba”, proseguen desde a CUT.

Deste xeito, moitas traballadoras se ven abocadas a situacións de desamparo, xa por non saber que podían facer, ou por non coñecer os seus dereitos, aceptando ERTEs inxustificados, ou tendo que ir a traballar sen medidas de seguridade, poñendo en perigo a súa saúde e a das súas compañeiras. Neste tipo de situacións hai milleiros de empregadas, segundo o sindicato, como é o caso das traballadoras contratadas polo Concello de Santiago que prestan servicios públicos ás que queren aplicar un ERTE, cando moitas defenden que deberían ter opción de teletraballo. Ou, como lembra Iria Beiroa, tamén da CUT, o caso das traballadoras de Aramark, a empresa privada ao cargo das cafeterías dos catro hospitais do CHUS que “para evitar o impacto económico da crise, e a pesares de que as cafeterías seguen abertas, desafía á Xerencia dos Hospitais pechando parcialmente para aforrar salarios, aínda que a Xerencia esíxelles que sigan prestando servizo das gardas e das acompañantes da xente hospitalizada". Tamén, ‟traballadoras do fogar que se ven obrigadas a traballar sen as medidas de seguridade adecuadas, empregadadas de fábricas... e así unha longa lista”.

A isto, súmaselle a actuación estatal, levando aos militares á rúa, nunha acción que á CUT lle parece ‟desmesurada”. Primeiro, ‟para actuar fronte a unha alerta sanitaria non se precisa militarizar. A forma de levar a alarma ten que ver coa educación, e maioritariamente todo o mundo está demostrando a súa solidariedade e está cumprindo coas directrices que se lle dan. A presenza dos militares é absolutamente innecesaria, o que pasa é que ten unha función social que é a de sumar a esa doutrina do choque, a esa doutrina da pandemia, unha especie de presenza masiva do Estado na rúa para que tomemos nota de que somos débiles, poucas e pequenas”, denuncian desde a CUT. “Porén, alí onde se estiveron cometendo delitos cara as traballadoras, alí onde non se deron medidas preventivas, alí onde se fixo que as traballadoras traballaran ombro a ombro sen máscaras, alí non había presenza policial. E isto non quere dicir que non se requirise. Foron moitas as traballadoras que de maneira, en moitos casos inxenua, incluso presentaron denuncias ante os cuarteis da Garda Civil e as comisarías de policía", explica Brais González.

A mensaxe que daba a policía era a de 'non temos competencia'. É dicir, din que non teñen competencia para actuar en focos de perigo para a saúde pública, pero despois si teñen competencia para molestar a quen está camiñando pola rúa, e actuando ademais de xeito moi contundente e desproporcionado, que é o que se está vendo estes días. Algún compañeiro e compañeira do sindicato xa lle ten dado algunha mensaxe aos corpos de seguridade de que non estamos en Beirut, engade González, e conclúe con que son formas doutros lugares e doutros tempos”.

“A presenza dos militares é absolutamente innecesaria, o que pasa é que ten unha función social que é a de sumar a esa doutrina do choque, a esa doutrina da pandemia, unha especie de presenza masiva do Estado na rúa para que tomemos nota de que somos débiles, poucas e pequenas”

Para este sindicato a mensaxe do Estado neste caso está a ser clara, xa que podendo enviar unha comunicación ‟organizada, ordenada e de tranquilidade ao mundo do traballo, o que se tivo durante toda a primeira parte da crise foi unha desatención das traballadoras, mandando unha mensaxe de tranquilidade ao grande empresariado”.

‟Mentres as traballadoras e traballadores vivían en estado de paranoia e de alarma nunha situación na que non se lles dicía nin como traballar nin con que medios, a empresa estaba recibindo unha mensaxe de tranquilidade, de calma por parte do Estado de que ía ser el o que ía asumir esas perdas que ademais entendemos lle corresponden ao bando empresarial”, explica González. ‟Se entramos nunha alerta sanitaria, nunha crise que se podería considerar de tintes humanitarios entendemos que quen máis ten é quen máis debera contribuír. Pero iso non parece estar nos planos do goberno en ningún caso. E se estaba pois dexáronnos ciscadas sen ningún tipo de apoio ou axuda, tendo que salvarnos nós mesmas”, engade.

Con todo, a CUT entende que isto non é máis que o principio. ‟A nosa principal intuición é que isto non remata nos ERTEs, é dicir, que a suspensión dos contratos de traballo é unha primeira saída á situación por parte do empresariado pero entendemos que o que vai vir despois é unha vaga de despedimentos masiva e sen causa”, explican. ‟Estamos relacionando isto un pouco coa crise do 2008, na que os salarios foron a menos e os beneficios do capital foron a máis, e algúns pretenden que desta situación saiamos igual, e a nosa posición desde o noso sindicato é que isto non pode ser así. Entón, faremos a pedagoxía que poidamos facer e tocará mobilizarnos nas rúas de novo”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Chernóbil
Cuba y Chernóbil Cuba, Chernóbil y COVID-19
Los médicos cubanos ya acudieron al rescate de los niños de Chernóbil.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.

Últimas

Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.