Educación
Humanidades en risco

Os efectos de Boloña chegan ás universidades galegas.

25 mar 2019 09:00

Caeron os tronos sobre a educación. Escoitámolos e intentamos resgardarnos para facer das universidades refuxios nos que poder resistir. Mais o diluvio era inminente. O proceso Boloña caeu sobre nós e nada serviu para frealo. Agora, os “efectos secundarios” da reforma educativa non son os agardados porque a baixa demanda en varios graos de Humanidades nada ten que ver co obxectivo institucional de facer a universidade máis atractiva para a mocidade.

Tan só arredor dunha vintena de alumnos e alumnas compoñen a última xeración matriculada en no grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios da Universidade de Vigo. Dende a creación do grao, que se remonta a apenas catro anos, a cantidade de inscricións ten sido irregular, cunha tendencia ao descenso.

Esta situación xerou alarma en grande parte da comunidade que participa na formación desta carreira pois, a pesar de que formen parte dunha universidade pública, as normativas educativas dende a aplicación do plan Boloña esixen cantidades mínimas de alumnado para que os graos podan continuar existindo, sen importar o tipo de carreira.

A UDC e a USC eliminaron os graos de Humanidades e Información e Documentación no campus de Ferrol e o de Ciencias da Cultura e Hispánicas no de Lugo.

Non se trata dunha preocupación sen fundamentos, tampouco é un caso illado: a Universidade de Córdoba eliminou o grao de Humanidades no 2009 por falta de alumnado. Na Galiza a Universidade de A Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela fixeron os propio cos graos de Humanidades e Información e Documentación no campus de Ferrol e co de Ciencias da Cultura e Hispánicas no de Lugo.

Está relacionada a escasa demanda destas carreiras co plan Bolonia? Que implicacións ten isto para a sociedade? Cales son as estratexias que alumnado e profesorado poden seguir para evitar ser arrastrados polo temporal Bolonia?

Boloña

No 1999, como resultado dunha serie de encontros entre os ministros de Educación de 48 estados europeos, asinouse a reforma educativa coñecida como Proceso Boloña, co que se procuraba reestruturar a formación superior dos estados participantes. Deste modo decidiuse que os graos- e a súa duración, materias e temarios- fosen o máis equivalentes posible, co obxectivo de facilitar a mobilidade estudantil, “asegurar a calidade” da educación e propiciar a empregabilidade do alumnado unha vez rematados os seus estudos.

Para que isto fose posible as chamada licenciaturas convertéronse no que hoxe son os graos, e os contidos temáticos das carreiras xeneralizáronse para abranguer unha maior cantidade de coñecementos xerais sobre a materia. Con isto agardábase que as persoas que se graduasen tivesen as nocións necesarias para adaptarse e incorporarse a un emprego. Os contidos específicos e as especializacións pasaron a ser impartidas nos mestrados e doutoramentos.
Non obstante, esta ampliación de contidos xerais implicou á súa vez pouca profundidade nos mesmos, ao tempo dun aumento das horas lectivas e de traballo no fogar para obter a cantidade de créditos precisos para aprobar as materias. Esta expansión do tempo dedicado aos estudos non veu necesariamente acompañada de bolsas ou axudas. Estudar e traballar deixou de ser facilmente compatible.

Co pouco tempo que o alumnado ten para traballar e co elevado prezo das matrículas o plan só rematou de reforzar o status elitista das universidades. Un privilexio fora do alcance de calquera e un espazo máis que responde ás lóxicas do capital.

Cabe mencionar que dito proceso tamén modificou as fontes de financiamento das universidades públicas, xa que posibilitou que as empresas fixeran inversións en aquelas facultades que considerasen de interese, co fin de extraer delas empregados e empregadas. Isto diminuíu considerábelmente o gasto que o Estado dedicaba á educación superior e elevou o prezo das matrículas, pois os ministros de Educación que participaron en Boloña consideraron que as universidades, eventualmente, terían que chegar a ser autosustentábeis.

Os resultados son predecíbeis. Por máis que o plan Boloña fose creado para facilitar o intercambio entre países, asegurar a calidade educativa e facer as universidades máis atractivas para o alumnado, propiciando eventualmente o desenvolvemento social; o certo é que co pouco tempo que o alumnado ten para traballar e co elevado prezo das matrículas o plan só rematou de reforzar o status elitista das universidades. Un privilexio fora do alcance de calquera e un espazo máis que responde ás lóxicas do capital.

A universidade como negocio

O que para unhas persoas pode resultar un avance, para outras é un retroceso. A tendencia das universidades para rentabilizar a educación, permitindo así que as empresas privadas invistan na educación e investigación universitaria é unha arma de dobre fío. A lóxica capitalista fainos levantar unha cella e sospeitar do que ás veces semellan xogadas altruístas. O empresariado non invertiría en algo do que non fosen obter ganancias.
Mentres a área de Humanidades sofre unha crise polo descenso de matrículas, os graos científicos e tecnolóxicos experimentan un incremento tanto de oferta como de demanda. isto está vinculado á reputación da rentabilidade laboral que supoñen no noso presente ditas ramas do coñecemento e, para reforzar esta crenza- que á súa vez envolven ás Humanidades nunha nube de precariedade-o empresariado inviste no que rematará sendo o seu futuro corpo de empregados e empregadas e de servizos tecnolóxicos.

A pouca demanda dunha rama do coñecemento tan necesaria para o desenvolvemento humano, social e político remata por ser indiferente á loxica dos ministros de Educación que, seguindo o acordo pactado e sen capacidade de enmarcar esta problemática, eliminan as materias que non son rentábeis.

A primeira vista non parece existir ningún tipo de inconveniente pero, se observamos detidamente o panorama, é sinxelo darnos conta de que oferta e demanda comezan a depender da dirección do Capital, o cal resulta preocupante cando falamos de institucións públicas. O coñecemento, entón, trátase como un ben que torna útil na medida na que pode ser mercantilizado.

O aparente progreso na ciencia e na tecnoloxía podería, en parte, derivar nunha oferta educativa vinculada ás necesidades das empresas e, polo tanto, ser privatizada a universidade para moverse en función das inversións privadas. Namentres, unha ampla gama de graos pertencentes á rama das Humanidades carece de inversións de semellantes magnitudes, a pesar de que ás empresas da cuarta Revolución Industrial, aquelas cuxos procesos de produción funcionan por medio da dixitalización ou da robótica, resúltanlles imprescindíbeis perfís humanísticos nas súas filas. A pouca demanda dunha rama do coñecemento tan necesaria para o desenvolvemento humano, social e político remata por ser indiferente á loxica dos ministros de Educación que, seguindo o acordo pactado e sen capacidade de enmarcar esta problemática, eliminan as materias que non son rentábeis, aquelas que supoñen un gasto que consideran innecesario e das que están dispostos a prescindir.

Os efectos nas universidades galegas

A visión mercantilista da educación tras o proceso Boloña xera implicacións negativas nas carreiras de Humanidades en gran parte do estado español, pois contribúe a reproducir prexuízos sociais que sinalan as poucas saídas laborais e a precariedade da vida laboral dos seus graduados e graduadas. Tamén inflúen as tendencias sociais de optar por carreiras que brinden rendemento- económico, inmediato e que poden ser rentábeis a longo prazo. Isto podería tal vez explicar o incremento das matrículas de graos técnicos.

Na Galiza, non obstante, hai máis factores que activan as luces vermellas das carreiras humanísticas. Un exemplo é o grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios da Universidade de Vigo, o cal con só catro anos de antigüidade tivo un número mo irregular de demanda de matrículas por curso. Estímase que o número de estudantes por xeración escila entre 30 e 24. A pesar de que o plan de estudos da carreira foi construído pensando en ofertar unha formación completa para a realidade galega, esta irregularidade pon en perigo o grao. A Xunta de Galicia, acorde coa lóxica do plan Boloña, esixe un número mínimo de 50 alumnos e alumnas por grao. Hai carreiras, iso si, ás que non se lles impón esta barreira. Son as denominadas “estratéxicas”, tales como Xeografía ou Filoloxía Galega, as cales doutro xeito terían problemas similares debido a súa baixa demanda.

Nas universidades galegas a cantidade de estudantes vai descendendo, á vez que o propio corpo docente. Carreiras de facultades como a de Filoloxía ou Tradución e Interpretación rexistran xubilacións en masas e, por primeira vez, hai prazas docentes abertas a concurso.

O que resulta cuestionable é a aplicación desta normativa nun territorio como galego, que está a experimentar unha caída demográfica dende hai anos debido á baixa natalidade e a un repunte da emigración. É incoherente tratar de aplicar na Galiza a mesma lexislación que en cidades como Barcelona ou Madrid. Nas universidades galegas a cantidade de estudantes vai descendendo, á vez que o propio corpo docente. Carreiras de facultades como a de Filoloxía ou Tradución e Interpretación rexistran xubilacións en masas e, por primeira vez, hai prazas docentes abertas a concurso.

Que accións e estratexias están a levarse a cabo ante este panorama? As autoridades educativas da universidade, da facultade e do grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios están a realizar unha avaliación da situación para decretar se continuar ofertando ou non a carreira. Entre as opcións para poder mantela na oferta académica está a de incluír o grao nun programa de simultaneidade de estudos, o que implicaría obter dous graos distintos nun prazo de cinco anos. Outra proposta sobre a mesa é suprimir a carreira trasladando algunhas das súas materias ao grao de inguas Estranxeiras. Esta opción, non obstante, fai perigar o posto de traballo de parte do persoal docente. Por outra banda, o alumnado considera que os seus estudos non estarían ben enfocados e demandan que non é posible que desapareza unha carreira básica para o desenvolvemento do estudo das culturas, como é este grao especializado en filoloxía e lingüística. 

Estanse a organizar asembleas nas que profesorado e alumnado do grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios procuran vías para resistir o peche da carreira.

Non medio dun mar de incerteza, unha cousa queda clara: é de vital importancia para a saúde educativa do país unha análise complexa da diversidade de contextos na que se desenvolven as universidades, pero tamén que se cuestionen os obxectivos do sistema educativo e os discursos que o propio sistema reprodución entre a poboación. Por que se estuda? É o coñecemento unicamente unha inversión que pode ser ou non ser rendíbel?

Mentres tanto, é importante remarcar que se están a organizar asembleas nas que profesorado e alumnado do grao de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios procuran vías para resistir o peche da carreira, así como a mercantilización do sistema educativo que pon en perigo formacións como a súa. Só queda agardar que as súas voces e as súas esixencias sexan tomadas en conta nas decisións das autoridades universitarias, xa que concirnen tanto á súa formación como ás súas perspectivas de vida. E é que, se se quere sobrevivir á tempestade, non queda máis que construír balsas para navegar a contracorrente a través das augas turbias, para pola mañá poder desembarcar baixo un ceo despexado.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Activismos
Movementos sociais Guerra xeopolítica e loitas sociais: un ciclo de conferencias aborda en Vigo as raíces dun mundo en crise
Poñentes como Xosé Manuel Beiras, Miguel Urbán, Queralt Castillo ou Aurora Moreno abordarán algunhas das cuestións clave para analizar o presente e argallar ideas para o futuro nunhas xornadas organizadas polo grupo de activistas Ecoar.
A Catapulta
A Catapulta Silvia Penas, a creatividade na procura
A poeta, performer e creadora repasa na Catapulta a súa carreira e o súa visión sobre a poesía
Crisis climática
Informe de la OMM El nivel del mar se disparó en un 2024 que contabilizó el mayor número de desplazados climáticos en 16 años
El balance climático de 2024 de la Organización Meteorológica Mundial resalta datos preocupantes en indicadores clave de la crisis climática y confirma que el pasado fue el año más cálido jamás registrado.
Activismos
Movementos sociais Guerra xeopolítica e loitas sociais: un ciclo de conferencias aborda en Vigo as raíces dun mundo en crise
Poñentes como Xosé Manuel Beiras, Miguel Urbán, Queralt Castillo ou Aurora Moreno abordarán algunhas das cuestións clave para analizar o presente e argallar ideas para o futuro nunhas xornadas organizadas polo grupo de activistas Ecoar.
Crisis climática
Informe España experimentó 28 días de temperaturas por encima de la media en invierno por el cambio climático
València experimentó el mayor número de días por encima de la media (33) y Barcelona vivió la mayor intensidad de la anomalía: 1,4ºC sobre el promedio. Casi 394 millones de personas por todo el mundo sufrieron 30 días o más inusualmente cálidos.

Últimas

Más noticias
Arte
Arte y memoria histórica Un artista renuncia a un premio de la Academia de Bellas Artes Canaria por su defensa del monumento a Franco
Acaymo S. Cuesta argumenta que la posición de la Academia con respecto al ‘Monumento al Caudillo’ de Juan de Ávalos es contraria a los principios democráticos que defiende y no recogerá el galardón.
Análisis
Análisis La hipérbole pasa factura a Vox y deja la mayoría absoluta en manos de Sumar y Podemos
La caída de dos puntos de Vox muestra cómo la izquierda y el PSOE podrían seguir teniendo una oportunidad de evitar un Ejecutivo del Partido Popular con la ultraderecha.
València
Racismo El Aita Mari se querella contra Vox Borriana y un diputado ultra por llamarles “barco negrero”
Un edil de Borriana y diputado autonómico ultra les acusó de ser “barco de negreros” y “cooperador necesario de las mafias de tráfico de personas”. El partido difundió estas declaraciones.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia
O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Medio ambiente
Medio ambiente Miles de persoas enchen as prazas galegas contra o ‘si’ ambiental da Xunta a Altri
A Plataforma Ulloa Viva logrou mobilizar decenas de concentracións nos concellos da conca do río Ulla e máis alá para protestar contra a Declaración de Impacto Ambiental aprobada polo Goberno de Alfonso Rueda para a celulosa.
Cine
Vicente Monroy “El capitalismo es un ejercicio de destrucción de la curiosidad”
En su nuevo ensayo, Vicente Monroy convierte la penumbra de las salas de cine en protagonista, tejiendo un relato fascinante que une sus dos grandes pasiones: el cine y la arquitectura.