Elecciones
As claves ocultas do CIS: a transferencia de voto do PP ao BNG e a perda de fidelidade de Alfonso Rueda

Unha serie de cuestións que marcarán os últimos días de silencio demoscópico en Galiza: a tendencia á baixa de Rueda, a alza do BNG e a súa líder Ana Pontón e a territorialización da campaña, algo que arrastra votantes do PP cara ao Bloque.
ana pontón e alfonso rueda
O presidente da Xunta do Partido Popular, Alfonso Rueda, e a líder da oposición e do BNG, Ana Pontón.

Politólogo. Miembro de Ideas en Guerra.
@alejandrosrguez.bsky.social

13 feb 2024 05:30

Quedan só uns días para o 18F e o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), unhas horas antes de entrar en vigor a prohibición de publicar enquisas, fixo pública a súa última enquisa con motivo das eleccións autonómicas de Galiza, culminando unha serie que non se producira ata agora coa publicación dunha enquisa de carácter preelectoral, outra enquisa previa ao comezo da campaña electoral e, finalmente, unha última que recolle o desenvolvemento dos primeiros días da campaña electoral.

Elecciones
Eleccións O CIS sitúa ao BNG no Goberno da Xunta de Galiza e achega ao PP ao seu mínimo histórico
O estudo para as eleccións galegas sitúa ao PP en mínimos históricos con entre 34 e 38 deputados; rompe o teito de Ana Pontón outorgándolle entre 24 e 31 actas; e pon ao PSdeG baixo o seu solo electoral, con entre 9 e 14.

Así pois, é posible ver cal foi a evolución das diferentes forzas políticas de Galiza ao longo das últimas semanas máis alá da estimación que aporta a institución liderada por Tezanos, que sempre está cargada de polémica polo seu afastamento do consenso demoscópico que, máis alá do que pasou o 23X, sempre está máis aceertado.

O que nos amosa esta última enquisa é, sobre todo, un escenario moi aberto. Segundo o CIS, o PP de Galicia obtería un 42,2% dos votos, con entre 34 e 38 escanos. Pola súa parte, o BNG faríase cun 33,4% dos votos e, en terceira posición, estaría o PSdeG cun 18,1% dos votos. Ademais, Sumar Galicia e Vox poderían chegar a entrar no Parlamento de Galicia cun 2,8% e un 2,4% dos votos, segundo o CIS. Con este resultado, os populares poderían perder a Xunta de Galicia.

A tendencia á baixa do PP de Alfonso Rueda, que comezou cunha fidelidade do 81,9% dos seus votantes de hai catro anos, pero que xa caeu ata o 74,5%

Porén, un resultado como este é moi difícil de crer. Cun 42,2% dos votos —algo que se afasta por completo do que sinalan o resto das enquisas, que sitúan aos populares entre o 44% e o 47% dos votos—, o PP de Galicia estaría moi por debaixo dos 38 escanos, como sinala o CIS na súa parte máis alta do intervalo. Ademais, con este resultado é completamente imposible que Sumar Galicia e Vox, cun 2,8% e un 2,4% dos votos en toda Galiza, cheguen a entrar nun Parlamento que conta cunha barreira electoral do 5% en cada unha das provincias.

Dito isto, o que amosan os datos da matriz das transferencias é algo moi diferente e, sobre todo, que está moito máis preto da realidade electoral en Galiza. Polo tanto, unha ‘cociña’ alternativa situaríanos noutro escenario moi diferente, aínda que máis axustado ao consenso demoscópico e, incluso, capaz de anticipalo.

reestimación CIS galiza 2024 febrero

Hai unha serie de cuestións que marcarán os últimos días de silencio demoscópico en Galiza. En primeiro lugar, a tendencia á baixa do PP de Alfonso Rueda, que comezou sendo o partido cunha maior fidelidade de voto, cun 81,9% dos seus votantes de hai catro anos que afirmaba que volvería repetir o seu voto, pero cuxa fidelidade caeu ata o 74,5%. Isto explica que, a través dunha ‘cociña’ alternativa, os populares se situarían no 44,9% dos votos, facéndose con entre 37 e 40 escanos.

Isto abriría a posibilidade de que a esquerda desaloxase a Alfonso Rueda da Xunta de Galicia, pero só no seu tramo máis baixo. Aínda que estea feble, o PP de Galicia segue sendo unha auténtica máquina electoral capaz de reunir máis do 40% dos votos de toda a rexión.

Feijóo podería ter acabado coa forza do PP de Galicia tras recoñecer que chegaron a estudar a amnistía, algo que xa non medirán as enquisas

Agora ben, se hai alguén que podería acabar coa fortaleza do PP de Galicia é, precisamente, quen se encargou de construíla durante quince anos, Alberto Núñez Feijóo, quen, nun acto con xornalistas hai uns días, recoñeceu que os populares chegaron a estudar a amnistía “durante 24 horas” como unha vía para lograr o apoio de Junts a Feijóo e, máis tarde, pensou un posible indulto a Puigdemont como unha fórmula de reconciliación con Cataluña.

Algo coma isto, a uns días de que os votantes de Galiza acudan ás urnas, podería afondar aínda máis na tendencia á baixa dos populares, facéndoos perder as décimas necesarias para que un deses últimos escanos que están en xogo llelo arrebate o BNG ou o PSdeG e, con iso, se fagan coa Xunta de Galicia.

Por outra banda, a tendencia á alza do BNG e, en especial, de Ana Pontón tamén están marcando os últimos compases da campaña electoral. Aínda que a súa fidelidade de voto se mantivese relativamente estable con arredor dun 77% dos votantes nacionalistas de hai catro anos que repetiría o seu voto, son as transferencias de voto as que están cimentando o importante crecemento do BNG, que no momento da convocatoria electoral se atopaba arredor do 25% dos votos e, nestes momentos, xa supera amplamente a barreira do 30% dos votos.

A transferencia de voto do PP cara ao BNG de Ana Pontón pasou do 3,4% ao 5,4%. Unha cifra que, aínda que poida parecer insignificante, supón algo máis de 30.000 votantes

Porén, o máis rechamante de todo isto non son as transferencias de voto do PSdeG, que pasou do 20,1% ao 29,4% nun só mes; ou dos votantes da extinta Galicia en Común, que pasou do 48% ao 56,6%, senón as transferencias do PP de Alfonso Rueda cara ao seu principal rival, o BNG de Ana Pontón, que pasaron do 3,4% ao 5,4%. Unha cifra que, aínda que poida parecer insignificante, supón a transferencia de algo máis de 30.000 votantes que estarían pasando dun bloque a outro, o que en Galiza podería chegar a determinar o destino de máis dun escano.

Isto prodúcese pola fortaleza dun liderado coma o de Ana Pontón, que leva varios anos curtíndose na oposición. Ademais, isto é algo que está sabendo apreciar a maioría do electorado en Galicia, o que a situou como a líder política mellor valorada de Galiza cun 5,89 de media fronte ao 5,29 de Alfonso Rueda.

Así mesmo, estas últimas semanas Ana Pontón está logrando ser, cada vez máis preto de Alfonso Rueda, a preferida para ser a próxima presidenta da Xunta de Galicia. Hai un mes, só un 28,5% a sinalaba a ela fronte ao 38,1% de Rueda. Porén, nestes momentos, a marxe é de menos dun punto, cun 35% que prefire a Rueda fronte ao 34,6% que se decanta por Pontón. Este rápido crecemento chegou ata o punto de que non só os electorados do BNG, o PSdeG e Galicia en Común a elixen a ela, senón que ata un 7,7% dos votantes do PP de Galicia no 2020 sinala a líder do BNG como a súa candidata para presidir a Xunta de Galicia.

Un 37,6% dos votantes do PP sinala o BNG como o partido que defende mellor a identidade, a cultura e o galego, o que os sitúa como o principal actor aquí por un 63,4% do electorado

Algo que se agrava cando se pregunta aos votantes que partido “defende mellor a identidade, cultura e o idioma galego”, onde ata un 37,6% dos votantes do PP sinala o BNG, o que os sitúa como o principal defensor destas cuestións por un 63,4% do electorado, ou cando se pregunta ao votantes quen se preocupa máis polos problemas de Galiza, onde ata un 11,5% dos votantes do PP sinala a Ana Pontón, do BNG.

Neste sentido, hai unha cuestión que, máis alá do xa mencionado, está marcando as eleccións en Galiza moi claramente, que é a territorialización ou, neste caso, a dicotomía española-galega, que leva, desde hai uns anos, moi presente na situación política do Estado. Namentres que o BNG e Ana Pontón representan a política apegada ao territorio que fala dos problemas dos galegos alén do que ocorra en Madrid, o que lle está valendo para medrar entre un certo electorado de carácter transversal que, incluso, puido chegar a votar o PP hai catro anos por haber encarnado ese papel anteriormente; o PSdeG, Sumar ou, incluso —e, por suposto, salvando as distancias—, o PP de Galicia sen Feijóo, representan a españolización da política.

De feito, isto é algo que xa lle serviu anteriormente a Más Madrid e Mónica García, que se atopaban nunha posición moi similar no 2021 á que se atopa o BNG de Ana Pontón nestes intres ou, máis recentemente, EH Bildu, todos crecendo á calor da territorialización da política no Estado español.

Agora ben, a barreira electoral do 5% e, sobre todo, o sistema electoral seguirán xogando un papel fundamental en Galiza. O PP de Galicia é un bloque en si mesmo, capaz de aglutinar ata un 50% dos votos no mellor dos casos, mentres que a esquerda acode dividida nestas eleccións, cun BNG á cabeza, un PSdeG en mínimos, un Sumar ao que algunhas enquisas sitúan xa fóra do Parlamento de Galicia e, por último, un Podemos que, realmente, nunca tivo ningunha posibilidade real de obter representación.

Xa que logo, aínda hai moitas incógnitas de cara ao que poida suceder este domingo en Galiza, máis aínda se nos fixamos no feito de que, segundo esta última enquisa do CIS, hai ata un 17% dos votantes que decidirá o seu voto durante esta última semana, un 4,4% que o fará durante a xornada de reflexión e, por último, un 7,4% que o decidirá o mesmo día das eleccións. En total, cerca dun terzo do electorado que, durante estes últimos momentos de silencio demoscópico, decidirá de que lado cae a Xunta de Galicia.

Arquivado en: Galicia Elecciones
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Rumanía
Rumanía El europeísta Nicușor Dan gana las elecciones en Rumanía
Tras haber perdido en la primera ronda electoral contra el ultranacionalista George Simion, el proeuropeo Nicușor Dan gana las elecciones en Rumanía.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.
Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.

Últimas

Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.
Opinión
Opinión Veinte líneas de trabajo para garantizar el derecho a la vivienda
Existen muchas propuestas, no solo para paliar la emergencia planetaria de desahucios, sino para sentar las bases de un mundo equitativo en el que toda persona pueda acceder dignamente a un hogar. Aquí van 20.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.