Gentrificación
Inês Branco, de Direito à Cidade: “Imos ficar cun logo moi bonito, pero sen xente”

Conversamos con Direito à Cidade, colectivo creado no Porto para reivindicar políticas que poñan freo á turistificación e á especulación da cidade.

Direito cidade
Foto: Direito à Cidade

Estivemos no Porto falando con Direito à Cidade, colectivo cidadá que reivindica o dereito á vivenda. A cidade leva uns anos sendo atacada por unha turistificación excluínte, unha burbulla do alugueiro enorme e unha perda evidente da súa identidade. Quedamos para falar de todo isto con Inês Branco, de Direito à Cidade,  preguntarlle polas ameazas de propietarios para desaloxar edificios e da oposición á xentrificación desde a sociedade civil.


Como mudou Porto nos últimos anos?
Nos últimos cinco anos mudou dunha forma dramática para quen vive aquí. Pero máis que mudar está baleirándose, como a zona da Ribeira, unha das zonas tradicionais que eran a esencia da cidade e agora é un lugar turístico onde a media ducia de residentes que resisten están a ser expulsados. Outro dos problemas é a destrución do comercio tradicional. Moita da xente que naceu aquí é expulsada, sobre todo as persoas de máis idade e a persoas que non se poden permitir os prezos actuais. Aínda que a lei protexe máis aos maiores de 65, moito ten que mudar a lei para protexer como debe ao que arrenda.

“Agora Porto interesa, pero de aquí a uns anos pode deixar de interesar e cando iso aconteza, imos ter unha cidade pantasma.”

O turismo é moi bo para a cidade. Queremos que nos visiten, Direito à Cidade non vai contra o turismo, pero esta é unha cidade que se está convertendo nunha cidade totalmente destinada ao turismo. Todo é para estranxeiros.

Como de difícil é alugar no Porto?  
O problema nunha cidade como esta é que moita xente non consegue pagar o aluguer co salario mínimo. O salario non aumentou, e non pode ser que un salario sexa de 630 euros e alugar unha casa custe 700. É unha matemática simple. E xa non afecta só ao casco histórico. Cando hai dous anos comezamos con Direito à Cidade o problema era no centro histórico pero agora é un problema de toda a cidade e mesmo aos municipios veciños. Todo o que está cerca da liña de metro disparou o prezo e xa non é asumible para quen traballa no Porto.

direito cidade 2
Foto: Direito à cidade
Quen traballa no Porto non ten traballos millonarios; quen fai a cidade son as persoas do Porto e as traballadoras. Por iso apareceu a asociación, porque consideramos que teñen dereito á cidade. Porto debería existir para que os domingos os habitantes da cidade a desfruten pero non é iso o que acontece.

Polo que vemos, aquí hai unha maior especulación inmobiliaria que en Galiza. É así?
A especulación inmobiliaria existe tanto na venda como no aluguer dos inmobles. Os edificios véndense pero quedan baleiros. Eu recordo un piso en fronte de onde eu vivía (porque eu tamén fun despexada dese piso do casco histórico) que estivo en obras e despois estivo dous anos baleiro. Non investiron no piso para que quedase baleiro se non que estaba a ser vendido duns a outros. Iso é especulación, o prezo sube e é vendido de amigo a amigo. A nosa cidade ten unha lista de espera enorme para habitación social (pública) e hai pisos usados para especular.

No alugueiro hai moitos problemas como -pon como exemplo- un matrimonio novo que busca un piso dunha habitación, que chega a un apartamento que é caro pero conseguen pagar con moito esforzo. Chegan e din que poden pagar 400 ou 500, pero despois pode chegar unha persoa que di: “eu alugo isto por 1000 se me deixas uns cuartos para aloxamento local (aloxamentos turísticos)”.

“Unha persoa morreu nun edificio -agora está sendo investigado- nun incendio. Xa estaban a ser ameazados desde hai tempo de que, ou saían, ou prendíanlle lume á casa. E foi o que fixeron.”

Isto é un problema porque acábase convertendo nunha subasta, e agora acontece tamén no arrendamento. Ás veces chegas a unha casa que pensas que ten un prezo fixado e descobres que non. Isto acontece na zona vella porque hai persoas que son capaces de dar o dobre do que indicaba o prezo inicial. E a rendibilidade da casa queda para fins turísticos.


É dicir, que a vivenda se pensa como un negocio, non coma dereito.
Nós fixemos manifestacións e unha das nosas reivindicacións principais era que se suspendesen as licenzas para hoteis e aloxamentos turísticos. O problema é que a vivenda non pode ser controlada só polo municipio, é un dereito constitucional que debería garantir o Estado. Xa sexa con arrendamentos controlados, con vivenda social... Aínda que na zona do Porto non é só esta a solución, xa que ata unha persoa que gaña ben non atopa como arrendar unha casa porque os prezos son desorbitados.

Outros problemas da cidade son a perda de identidade e tamén o futuro, porque agora Porto interesa, pero de aquí a uns anos pode deixar de interesar e cando iso aconteza, imos ter unha cidade fantasma. E chea de estranxeiros, que é o que están a facer cos edificios. Dividen os edificios en moitos cuartos para aumentar o lucro, e aí xa non van poder vivir familias. Nós queremos unha cidade para as familias, con espazos verdes, con asociacionismo, onde a xente poida ir adestrar preto de casa... Pero no canto diso estase a transformar nunha cidade que non está a ser pensada para que as familias a vivan.

Limos tamén que son habituais as ameazas e ‘suxerencias’ para abandonar as, e mesmo incendios para forzar desaloxos, non?
Nós xa tivemos un caso na cidade do Porto que pasou da ameaza. Unha persoa morreu nun edificio, agora está sendo investigado, nun incendio. Xa estaban a ser ameazados desde hai tempo de que, ou saían, ou prendíanlle lume á casa. E foi o que fixeron. 

Isto serviu tamén para moitas outras cousas. Na Ribeira hai moitos casos de presión e ameaza, sobre todo cara as persoas máis vellas. Que se non saes, que se hai un incendio... Dicirlle isto a xente maior, soa e con dificultades para camiñar é gravísimo. Alén diso hai desde anos un asedio moi forte, con cartas nas casas da zona vella en buzóns de ‘queres vender a túa casa?’ Tamén caseiros que intentan facer novos contratos a persoas maiores para poder alterar o contrato e teñan máis facilidade no desaloxo.

Que fan as administracións ao respecto?
O problema é que o Estado non está a tomar medidas a altura do que é necesario para esta situación. E temos un alcalde que leva moito tempo dicindo sen vergoña que non hai un problema de vivenda na cidade do Porto e que ten unha política moi clara, de transformar a cidade do Porto nunha marca. Agora temos un logotipo. O problema da marca é que unha cidade como Porto, que é moi característica son as persoas. Imos ficar cun logo moi bonito pero sen xente aquí. E cando isto quede sen xente sinceramente vai ser un sitio como outro calquera. Non vai ser Porto.

“Queremos mandar a nosa solidariedade a todas as persoas de cidades como Santiago e outros espazos turísticos da Galiza que con certeza saben o que nós estamos a sentir aquí. O problema é o mesmo e a loita tamén.”

Xa rematando, cóntanos como comezastes co colectivo. Houbo apoio social?
Xuntámonos un grupo de amigos máis ou menos da mesma idade. Todos co mesmo problema para alugar. A idea inicial foi facer un encontro aberto e aí decidir que facer. Tivo unha participación moi grande, máis de 100 persoas e sen facer grandes mobilizacións, foi nun bar do centro histórico. Apareceu xente de todas as idades e de todas partes da cidade, e todos tiñan un problema común: todos sentiron a necesidade de facer algo co que estaba acontecendo na cidade, de facer algo na rúa. E así fixemos dúas manifestacións, debates... Agora estamos pensando un debate para incidir en que o Estado ten que garantir o dereito a vivenda e non o está a facer. Queremos sacar as persoas á rúa outra vez e sabemos que isto non se resolve dun día para outro, temos que traballar moito pero temos moita vontade.

Recomendarías este exemplo de asociacionismo noutras cidades cun problema semellante? En Galiza, por exemplo.
Hai moitas cidades que sufren este problema. En Portugal o caso máis avanzado é Lisboa, que leva moitos máis anos de turismo agresivo que Porto, o que pasa é que en Porto foi moi rápido e chegamos a unha escala moi ‘heavy’ de presión turística. Queremos mandar a nosa solidariedade a todas as persoas de cidades como Santiago e outros espazos turísticos da Galiza que con certeza saben o que nós estamos a sentir aquí. O problema é o mesmo e a loita tamén é a mesma.

Gentrificación
‘Fóra’: Historias de xentrificación
VV.AA.
Persoas afectadas explican como viven un proceso de transformación no que foron ignoradas.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Análisis
Análisis El ascenso de Chega y la crisis de la democracia de los claveles
Por primera vez, en estas elecciones, la suma de centroizquierda y centroderecha no alcanza los dos tercios del Parlamento. Un reflejo más de la erosión de la democracia portuguesa nacida de los claveles.
Opinión
Opinión Ahora es en serio
Luís Montenegro ha sido premiado por las urnas en Portugal a pesar de su retórica vacía sobre la estabilidad política.
Portugal
Elecciones legislativas Portugal mantiene su rumbo hacia la derecha y Luís Montenegro revalida su victoria en las urnas
La extrema derecha de Chega supera su techo histórico. El Partido Socialista será segunda fuerza más votada con poca ventaja sobre los de André Ventura. Noche horrible para la izquierda parlamentaria lusa.
#44524
11/12/2019 21:08

Bravo! Temos moitos exemplos moi preto, non só Barcelona, para que nos vexamos reflexadas as Compostelanas, cunha terrible presión agresiva de turismo masivo.

1
0
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.