Justicia
Xuízo ao “feminismo que incomoda”

Dezaoito bridas, dous palillos, tizas e panos da cabeza. Ese é parte do “material subversivo” que se lles confiscou a tres sindicalistas da CUT cando facían piquetes informativos o 8 de marzo do ano pasado. Tras isto, unha multa de 600 euros que hoxe as denunciadas recorreron nos xulgados de Compostela por considerala inxusta.

21 ene 2020 17:49

Ás 10 da mañá unha vintena de mulleres se concentraba diante dos Xulgados de Fontiñas, en Compostela, para apoiar ás tres sindicalistas feministas da CUT, multadas por, supostamente, levar “material subversivo” durante a folga do 8M. “A cousa é que nos chega da subdelegación do goberno, baseándose no relato da policía nacional, unha proposta de sanción de 600 euros. Facemos pronto pago desa sanción, para pagar só a metade, pero agora recorremos, porque consideramos que é unha multa inxusta”, denuncia unha das afectadas.

“Temos que estar todas xuntas en bloque, respectando os diferentes modos de loita e protexéndonos e defendéndonos entre todas, que é das cousas que máis desestabilizan ao patriarcado (...) cando nos unimos nós e tecemos todas xuntas é cando o volvemos tolo”

Desde o sindicato entenden que estas multas forman parte dunha “persecución política do feminismo que incomoda e que se efectúa desde sindicatos combativos que se negan a facer do 8 de marzo un día de procesión e de puramente festividade”. Unha das multadas di que no contexto do 8 de marzo do que se fala na folla de sanción recibida, recóllense destrozos en múltiples entidades bancarias, supermercados, centros de estética... . “É dicir, fan un contexto do 8M case como se houbese unha súper revolución ese día” para, a continuación, “unir eses supostos destrozos cos piquetes informativos, como se fosen parte do mesmo momento”.

xuizo cut2
Concentración de apoio nos xulgados de Fontiñas, en Compostela. Elena Martín

“Xusto despois do trebón feminista, dividímonos e nós baixamos para continuar os piquetes desde a rotonda da Galuresa que era a zona que lle tocaba á CUT. E xusto nesa división é cando a nós nos paran, nos identifican e nos requisan material. Entre o material hai, por exemplo, dezaoito bridas e dous palillos, e hai unha persoa multada por este material. Ese é o nivel. Requisan tizas, panos da cabeza... vamos surrealista, moi surrealista”, denuncian.
Mentres dúas das mulleres multadas recibían apoio esta mañá en forma desa concentración diante dos xulgados, unha terceira aínda non ten data para o seu xuízo, con todo, para apoiar as sindicalistas teñen claro o que outras feministas poden facer. “Creo que hai unha forma de apoiar maior que é a de seguir facendo rede feminista, de seguir saíndo á rúa, de pelexar e de volver facer folga este 8 de marzo. Volver saír á rúa, volver dar batalla e non parar. Non parar ata que todas sexamos libres, ata que ningunha de nós teña medo, e todas nós teñamos todos os dereitos conquistados. Esa sería a gran forma de apoiarnos”, reclaman.

“Non renegamos que o 8M sexa un día de festividade, pero non podemos esquecer que debe ir acompañado de combatividade e de dicir “ata aquí”, e por esa combatividade cremos que se nos castiga, porque senón non ten sentido que multes a unha persoa por ter 18 bridas e 2 palillos. E que requises panos da cabeza, tizas... é unha tolemia”, continúan desde o sindicato.

“As multas forman parte dunha persecución política do feminismo que incomoda e que se efectúa desde sindicatos combativos que se negan a facer do 8 de marzo un día de procesión e de puramente festividade”

Para estas sindicalistas feministas parece visible que “cando ao patriarcado se lle escapan as cousas de control, ataca e combate”. Se está controlando como vai ser o teu método de loita, vente deixar porque iso non supón un ataque ou un risco para a súa existencia. Pero cando non é así, usa todas as armas que pode contra ti. E ante iso temos que estar todas xuntas en bloque, respectando os diferentes modos de loita e protexéndonos e defendéndonos entre todas, que creo que é das cousas que máis desestabilizan ao patriarcado, porque loitamos contra a súa gran arma que é a que nos desune e nos intentan illar ás mulleres. E xusto cando nos unimos nós e tecemos todas xuntas é cando o volvemos tolo”, rematan.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
#46737
2/2/2020 18:24

Inaudito...

0
0
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.