Palestina
O muro da educación entre Israel e Palestina

Nos libros de texto israelís non se menciona a palabra Palestina e nos palestinos a meta principal é a construción  dunha identidade nacional.

Mural no good morning Belén
Un neno pasa por diante dunha pintada no campo de refuxiados de Dheisheh. Pablo Santiago
BELÉN (PALESTINA)
13 mar 2019 09:45

Amaia Galili naceu e medrou en Israel e agora está rodeada de libros que narran a historia de aldeas palestinas derruídas durante a Nakba. Entre pausas para recordar, conta que antes de comezar a universidade entrevistou a xente da súa vila para saber como era a vida no lugar antes e despois de 1948: “contáronme que o principio convivían cos palestinos e que máis tarde xa non estaban alí, dicíase que marcharan para o Líbano e Siria. No medio dos dous relatos só había un gran burato negro e a min nin sequera se me pasou pola cabeza preguntar que acontecerá en 1948”.

“A meta principal da educación palestina é a de construír unha identidade nacional sen presentar en profundidade o lado israelí nin falar do que realmente significa a ocupación.

“Nos libros de texto israelís non se menciona en absoluto a Nakba nin ningún outro feito da historia do outro bando. Nin sequera aparece a palabra Palestina, tan só se fala de minorías árabes”, asegura Nurid Peled-Elhanan, profesora da Universidade Hebrea de Xerusalén e escritora do libro Palestina nos libros de texto israelís. O lado de Nurid está Samira Alayan, docente da mesma universidade e palestina con DNI israelí especializada na educación en Cisxordania, Gaza e Xerusalén Este. “Do lado palestino hai un único libro de texto financiado polo Banco Mundial e a Unión Europea que está escrito cun control total sobre o coñecemento e con censura directa”, afirma Samira. Segundo ela, a meta principal da educación palestina é a de construír unha identidade nacional sen presentar en profundidade o lado israelí nin falar do que realmente significa a ocupación.

Mural educación campo de refugiados en Belén
Mural en el campo de personas refugiadas de Dheisheh, Belén Pablo Santiago

Omar Hmidar: “Na escola ninguén lles explica que a Nakba non é un día de celebración, deberían ser conscientes de por que ese día non hai clase e o que supuxo 1948 para os palestinos, pero ninguén llo conta.”

Amaia, a raíz da súa entrada na universidade, comezou a indagar máis sobre a historia Palestina e nese momento deuse conta de todo o que lle ocultaran durante os seus anos de instituto e asegura que foi “un choque moi grande”. Nurid concorda con ela: “para min este procedemento comezou cando me mudei ao estranxeiro, é moi duro darte conta de que levas vivindo nunha mentira toda a túa vida”. Esta profesora explica que en Israel os libros de texto fanos empresas privadas pero que antes da súa publicación teñen que pasar o filtro do Ministerio e, para iso, deben promover ideas sionistas. “No colexio fomentan a idea de que os árabes son primitivos, pobres e que viven en casas de lama. Cando me enterei de que fai décadas nunha aldea preto de Tiberíades os palestinos inventaran un sistema de división equitativa da auga entre eles quedei sorprendida, tiña a imaxe de que non sabían facer nada”, conta Amaia.

Nurid, despois de dous anos dedicados a investigación neste campo, afirma que en Israel non se ensina nada sobre a cultura palestina en particular nin sobre a árabe en xeral: “moitos israelís pensan que en Palestina non teñen nin coches, viven a dez minutos deles e o seu coñecemento sobre o lugar é nulo”. Segundo esta profesora, os árabes aparecen sempre representados nos libros de texto israelís a través de imaxes racistas, xeralmente homes con camelos ou mulleres totalmente cubertas. “Na educación israelí faise fincapé en que os palestinos son nómadas para fomentar a idea de que non teñen ningún tipo de conexión con esta terra, que están aquí de paso”, asegura Nurid. Tamén conta que ela, de vez en cando, invita a artistas árabes a dar charlas sobre música, cine ou pintura na universidade e que os seus alumnos se quedan asombrados porque nin se podían imaxinar que existirá arte palestino.

Nurid, profesora israelí: “Moitos israelís pensan que en Palestina non teñen nin coches, viven a dez minutos deles e o seu coñecemento sobre o lugar é nulo.”

Omar, desde o outro lado do muro, tamén cree que no seu sistema educativo non se lles ensina aos nenos nada sobre Israel nin os israelís: “non sabemos quen son, nin sequera estudamos hebreo, que eu considero fundamental”. Con respecto deste tema, Samira afirma que a educación se presenta de forma moi limitada nos libros de texto palestinos: “fálase do apartheid en Sudáfrica e na páxina seguinte aparece unha imaxe do muro de separación entre Cisxordania e Israel, pero en ningún momento se fai o vínculo directo entre ambas ideas”. As fotografías dos libros son un claro exemplo de control do coñecemento en ambos bandos. Samira tan só encontrou no seu estudo unha foto dun soldado israelí e Nurid unha dun checkpoint que, ademais, estaba baleiro.

Mural nombre niños muertos
Mural con los nombres de las niñas y niños asesinados por Israel en julio de 2014 Pablo Santiago

“Os israelís viven nun estado de terror profundo, os nenos respiran holocausto dende os tres anos e o sistema mételles na cabeza que a única maneira de sobrevivir a outro exterminio é rematando nós primeiro cos árabes, que son a nosa principal ameaza no momento.”

Para Nurid, o que se pretende conseguir con este control é que os israelís deixen de ver aos palestinos como persoas e xustificar, deste xeito, os asasinatos e o colonialismo. Segundo ela, todo o que lles contan aos estudantes no colexio prepáraos para enfrontarse aos 18 anos de servizo militar obrigatorio. Amaia opina o mesmo: “é imposible ir ao exército sendo tan novo sen ter moitas razóns e crer profundamente que esta é a única maneira que temos os xudeus de sobrevivir”. En Israel, a educación do medo funciona como unha xustificación da ocupación. “Os israelís viven nun estado de terror profundo, os nenos respiran holocausto dende os tres anos e o sistema mételles na cabeza que a única maneira de sobrevivir a outro exterminio é rematando nós primeiro cos árabes, que son a nosa principal ameaza no momento”, explica Nurid.

Amaia cre que unha das mellores formas de combater esta censura na educación é a educación en si mesma. Actualmente traballa en Zochrot, —significa recordando en hebreo— unha organización israelí-palestina cuxa misión é a de facer chegar aos israelís a historia do outro lado. “As veces collemos as ferramentas que o sionismo utiliza para expandir as súas ideas e dámoslles a volta”, narra. Amaia explica que, por exemplo, unha das estratexias que ten o sionismo para xustificar que esta é a súa terra consiste en promover que a cidadanía israelí coñeza cada anaco do país a través de excursións. “Nós facemos o mesmo pero, en vez de dar a coñecer Israel, organizamos saídas as aldeas palestinas derruídas durante a Nakba e marcámolas co seu nome orixinal en árabe, hebreo e inglés. As veces imos aínda máis alá e escribimos nas paredes das casas a que familia palestina pertencía esa vivenda”, conta. En Zochrot tamén traballan con colexios israelís. De feito, escribiron un programa educativo desde cero explicando toda a historia palestina, pero son moi poucos os profesores que o aceptan e, os que o fan, non teñen tempo para impartilo porque se deben adaptar ao currículo oficial. Amaia conta a solución que encontraron para solucionar este problema: “cando nos demos conta desta dificultade, decidimos traballar con material escolar oficial e intentar buscar gretas a través das que encaixar parte da historia palestina”.

Unha das estratexias que ten o sionismo para xustificar que esta é a súa terra consiste en promover que a cidadanía israelí coñeza cada anaco do país a través de excursións.

Para Omar tamén é fundamental que exista información alternativa a que se promove nas escolas para os mozos palestinos: “a min a educación popular ensinoume todo o que sei. Cando saín do colexio tan só coñecía como partido político a Fatah, souben que había máis variedade polas pintadas nas paredes dos campos e polo que me contaron algunhas organización locais”. El é voluntario de Laylac, unha asociación do campo de refuxiados de Dheisheh que ten como finalidade o desenvolvemento da comunidade a través do traballo voluntario e a concienciación sobre a situación palestina. “A existencia de entidades como Laylac paréceme marabillosa e terrible á vez: por unha parte penso que o seu traballo é incrible, pero pola outra sei que existen porque teñen que cubrir o baleiro que deixa a educación formal e iso non debería ser así”, narra. Para el tamén foi duro o momento no que se dou conta realidade que o rodeaba: “racionalmente alégrome de ter descuberto a educación popular e involucrarme nela, sinto que existe unha responsabilidade política por parte dos palestinos cara o noso país. Sen embargo, emocionalmente destrozoume, as cosas complícanse moito cando es consciente do que supón vivir baixo un réxime colonial e é moito máis difícil ser feliz”.

Omar Hmidar: “A educación popular ensinoume todo o que sei. Cando saín do colexio tan só coñecía como partido político a Fatah, souben que había máis variedade polas pintadas nas paredes dos campos e polo que me contaron algunhas organización locais.”
Mural educación Belén 2
Mural en el campo de Dheisheh Pablo Santiago
Nurid Peled-Elhanan: “É importante que isto cambie, non só para os palestinos senón para os propios israelís, que están traumatizados e viven nunha mentira”

Para ela, o mellor que me pode acontecer é que a comunidade internacional deixe de financiar o sionismo. Aínda así, tamén está convencida de que un Estado como Israel, baseado no colonialismo e no racismo, vai acabar explotando: “a nivel internacional tan só se ve a cara boa de Israel, pero a realidade é que neste país hai moita fame e moito racismo non só cara os palestinos, senón tamén cara, por exemplo, a gran comunidade etíope que habita aquí”. Amaia opina que no futuro, nunha hipotética situación de paz, Israel tería que desaparecer porque a súa existencia baséase nun Estado só para xente xudía e que, segundo ela, nesta terra debería poder vivir quen quixera independentemente da súa etnia. Para Amaia é necesaria unha transición xusta a través da que os israelíes sexan conscientes dos abusos cometidos contra os palestinos e na que o dereito ao retorno das persoas refuxiadas sexa un punto fundamental. “Se falamos de democracia, os palestinos liderarán este país porque serán maioría e eu estou completamente ben con esta idea”, asegura.

Para Amaia é necesaria unha transición xusta a través da que os israelíes sexan conscientes dos abusos cometidos contra os palestinos e na que o dereito ao retorno das persoas refuxiadas sexa un punto fundamental.

Despois de setenta anos de ocupación, as posturas parecen encaiarse cada vez máis e a educación, que debería facer entender o contexto e acercar as partes, está moi lonxe de beneficiar o curso dos acontecementos. Amaia asegura estar preocupada porque cré que cada vez os estudantes israelís simpatizan máis coa extrema dereita e Omar di sentir desesperación cando non é capaz de manter debates políticos con outros mozos palestinos. Entre eles hai un muro de separación que probablemente impida que podan —polo menos algún día pronto— encontrarse, ter ese debate e alimentar a esperanza de que, aínda que sexa en ocasións moi contadas, hai xente a ambos lados da fronteira que defende os dereitos humanos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Israel
Genocidio Nuevos ataques de Israel en Gaza
25 palestinos más han muerto hoy en un nuevo ataque de Israel sobre la Franja de Gaza. Hay más de 80 personas heridas.
Cine
Cine ‘No other land’: poner rostros y cuerpos al sufrimiento palestino
El documental ganador de un Oscar (y muchos premios más) vuelve a la actualidad a raíz de la agresión y detención sufrida por uno de sus codirectores, Hamdan Ballal. Ya ha sido puesto en libertad, si esta expresión aplica en un territorio ocupado.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.
Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Análisis
Análisis Inmigración, trenes e ilusiones de soberanía
El mayor beneficiario de la situación política en Catalunya sigue siendo el PSC, que ve cómo la definitiva irrupción demoscópica de Aliança Catalana reduce el campo de los principales partidos del independentismo.
Dependencia
Dependencia Los cuidados necesitarán entre 300.000 y 600.000 trabajadores más en cinco años
Las empleadas de residencias y ayuda a domicilio reclaman mejoras en esas nuevas plazas. “Debemos tener un sistema de cuidados universal y público, debe ser un derecho y no un negocio”, piden desde el sindicato ELA.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Los trabajadores de Metro celebran el nuevo convenio pese al temor de perder empleos por las automatizaciones
“Es el mejor acuerdo que he visto en 43 años que llevo trabajando aquí”, explica el representante de Solidaridad Obrera en la mesa negociadora, Braulio del Pozo, que destaca que se recupera en parte el poder adquisitivo de la plantilla.
Opinión
Opinión Sonará tu nombre cuando nazca el mío
No fue hasta que empecé a habitar mi propio cuerpo que entendí que podía contar mi historia. Una carta de amor travesti en el Día de la Visibilidad Trans.
Más noticias
La vida y ya
La vida y ya Cinco chimpancés
Les dijo que cuando se caza a una cría en su entorno natural, de media se mata a diez chimpancés de su grupo.
Sexualidad
Consultorio de sexualidad Los mil y un orgasmos femeninos
El clítoris, la vagina y el cérvix están inervados por distintos nervios que, al ser activados en distintas combinaciones, producen sensaciones diversas.
Opinión
Opinión Chicas, cheeseburguers, y soles negros: militarizar la adolescencia en Ucrania
Para militarizar a una generación que hasta hace pocos crecía aspirando a becas, trabajos de oficina o empleos de cuello azul, es necesario mucho más que ofrecer el ejército como una salida laboral: hay que cambiar su concepto del mundo.

Recomendadas

Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja del lyocell de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.
Memoria histórica
Manuel Pérez, ‘camarada Arenas’, tras salir de prisión “Cordón trató de escaparse, se cayó y se mató”
El militante histórico del PCE reconstituido y, según la Justicia, líder de los Grapo, mantiene su inocencia en todos los casos que le han llevado a pasar 32 años en prisión.
Contaminación
Contaminación Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas
A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.