Medio rural
Habitar o rural en compañía: os xeitos de compartir o espazo e a vida cos animais

A relación cotiá coa fauna esperta sensibilidades, produce varios tipos de coñecementos e dá a pauta para unha coexistencia harmónica.
Ovellas no monte
23 may 2020 09:00

Se algo se aprende de vivir no rural é que non estamos —nin podemos estar— sós.

Xa sexa para baixar á cidade ou para segar unha finca de herba nunha tarde asollada, precisamos da axuda da veciñanza. Mais o sentido de comunidade non é só unha cuestión de relacións sociais entre persoas. Tamén os animais ensinan, acompañan e axudan a vivir. Son personaxes fundamentais da vida no campo en todos os aspectos da mesma. Porque requirimos a axuda dun can para coidar o gando, pero tamén para que nos fagamos compañía un a outro. E non só iso. A veces créanse relacións interdependentes aínda sen sabelo sequera: precisamos da axuda dos gatos e raposas para erradicar ás pragas de ratos e teipas; das arañas e morcegos, para controlar a poboación de insectos... 

A relación cos animais nas contornas rurais é diferente que a que se dá nas urbes. Mentres que nas cidades parecera que os animais se dividen entre os domesticados e os salvaxes; os que podes chamar teus e os que non queres ter dentro da túa casa, no campo o encontro continuo con animais xera outros xeitos de relación e comprensión das outras especies. 

A extrema humanización dos animais de compañía, por exemplo, algo tan común de ver nas rúas das cidades, xera simpatía ou risa nas conversas da miña veciñanza, mais nunca é, nin creo que sexa, unha práctica. 

Penso que o feito de compartir os espazos é un dos moitos determinantes do tipo de vínculos que se poden establecer. Aínda coa inxustificable invasión humana aos seus hábitats, os animais teñen certa liberdade de movemento polos espazos. Por sorte, aínda é posible atoparse cunha raposa cando se sae correr pola mañá, ou cun cervo cando se pasea polo monte.

Cando acababa de chegar á aldea e marchaba tarde da casa dalgunha veciña, sempre me preguntaba se non tiña medo. Eu, que vivín nunha cidade cun alto índice de delincuencia, sorprendinme e dixen que non. Cando marchei a casa un pouco máis tarde entendín: cando se camiña pola noite na aldea, non se pode ver nada alén de dous metros. Non se ten medo de atoparse con algunha persoa, cun atracador, senón cun “porco bravo”.

Porque a presenza dos animais está sempre alí a onde se vaia, en todo o que se fai. Tes que protexer o millo das aves, as galiñas dos seus depredadores, as patacas dos ratos... Mais esa procura por separar os espazos só evidencia o xuntos que vivimos. Detrás deses actos de protección, hai unha serie de coñecementos empíricos inestimables sobre o comportamento, a dieta ou a expresión corporal dos animais, que foron transmitidos de xeración en xeración grazas ao habitar en común milenario.

Unha cabriña que me atopei nun paseo polo monte 

É dende esa experiencia como se pode saber se algunha vaca se atopa mal só con ver o xeito no que camiña. A vida cos animais desenrola unha sensibilidade particular que chega ata o propio corpo e se manifesta na forma na que falamos e nos movemos ao redor de cada animal. Nunca antes vin a alguén coma o meu veciño Alfonso, quen ten un xeito de camiñar entre os animais tan relaxado e coidadoso, que ningún gato, galiña ou ‘cabrito’ corre cando percibe a súa presenza. Mais eu, aínda tratando de non facer nin ruído nin movementos bruscos, non logro facer que as ovellas non saian correndo cada vez que me achego. Aprender a mover o corpo para convivir cos animais é unha danza e, como tal, require de práctica e experiencia. 

Nese sentido, paréceme natural que nunha vida chea destes encontros e desencontros entre persoas e outras especies, os animais formen parte dos relatos da cultura rural. 

A vida no campo se ordena pouco polo calendario. Todos os días da semana excepto o domingo xa que non se traballa— son iguais. A xente guía as súas tarefas pola lúa, estacións, climas, brotes de árbores e flores... pero tamén polos comportamentos e coincidencias cos animais. Fai uns meses, xusto antes de que empezara o confinamento, a miña veciña Carmen calou de súpeto en medio dunha conversa. “Escoita”, dixo. Eu non escoitaba nada. “É o cuco. Nesta tempada se casan os cucos, se xuntan. Quere dicir que xa está a chegar a primavera”. 

Duqui acompaña a recolleita anual de patacas

Mais tamén hai especies que se fan presentes nos relatos pola súa ausencia. “Hai moito que deixei de ver vagalumes, cando era unha rapaza había dabondo aquí no eido”, contábame a outra noite unha veciña. Ás veces as historias anuncian un cambio, un problema ambiental e o paso do tempo. 

Alén de todo isto, a complexa relación que se entala no rural cos animais pode espertar a capacidade que temos todas as persoas de sentir empatía incluso con aquilo que nos impón respecto, que nos resulta alleo. Para min, isto é a base de toda a vida en común, o xerme de unha coexistencia harmónica. 

A vida no monte tenme ensinado con claridade que nos necesitamos os uns aos outros. Para coidarnos, respectarnos e acompañarnos nesta viaxe.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.