Medio rural
O monte e o camiñante: unha relación inesgotable

Si, nas aldeas vivimos como en pequenas illas, mais estamos rodeados por un mar de foresta. Saír camiñala é un xeito de poñernos en contacto coa historia, coa nosa identidade, coa vida.
16 ene 2021 09:30

Aínda que haxa algún escéptico por alí que diga sobre as paisaxes que circundan a súa casa: “Bo, todo isto estivo aquí toda a vida e agora á xente parécelle fermoso e o que pasa é que só quere escusas para pasear”, o monte sempre nos invitou a camiñalo.

Poderíase pensar que o uso de camiñar polo monte desapareceu coa chegada do coche, pero as raíces das andainas están ben prendidas na memoria. Son unha parte importante da historia da vida no rural. A maioría das anécdotas que teño escoitado suceden nun camiño: cando lle pregunto a unha veciña sobre a súa mocidade e sobre as festas, dime: “das festas, o que máis me gustaba era o camiño. Saíamos cedo e iamos todos en grupo rindo e cantando”. Outra muller, nos momentos nos que a invade a nostalxia, adoita contar: “lembro que para ir ao médico tiñamos que ir a outra aldea e cruzar polo monte. Unha vez, eu tiña que ir por unhas vacinas e meus pais non podían levarme. Entón, acompañoume o defunto Pepe e, como o camiño era longo e eu pequena, levoume case todo o tempo nos seus ombreiros. Mesmo cando tivemos que pasar polos pasos do río”. 

Xa case non se camiña por necesidade aínda que acontece a falta dun medio de transporte. Nas tardes en que vai bo tempo, as veciñas saen das súas casas e van chamando ás portas das súas amigas, recrutando compañeiras de paseo. Poucas prefiren quedar na casa: pasear é, literalmente, un respiro para aquelas que viven todo o día na cociña, un descanso para aquelas que non poden saír da aldea porque están ao coidado de algún familiar, un alivio para aquelas que quedaron soas e precisan compañía.

Para min, unha andaina é máis que saír e camiñar até que a chegada do cansazo ou a hora no reloxo sexa a sinal de que hai que dar media volta. É unha oportunidade para darme conta de que vivir no rural non é unha experiencia nin branca nin negra; que a exclusión territorial (que fai que saír da aldea non sexa doado e que, polo tanto, non poida acceder a ningunha oferta cultural) é unha realidade que cala no espírito, pero que, ao mesmo tempo, me trouxo á porta da casa o infinito mundo da natureza.

Quen estivo aquí antes ca min? É a pregunta que irremediablemente xorde. O sentido histórico espértase e dá dimensión á nosa existencia

Mais, quizabes, o que máis me emociona de saír andar polo monte é que nunca sei o que vou atopar. Cando saía camiñar pola cidade, camiñase polas mesmas rúas ou mudase as rutas, a experiencia e a paisaxe eran case sempre as mesmas: as tendas, os edificios, a xente, os coches... non había moito que descubrir. Todo o contrario co que sucede cada vez que saio da miña casa de pedra e empezo andar.

Deixando atrás as estradas e os camiños de asfalto, a andaina comeza a adquirir un carácter místico. É completamente comprensible, hai algo que esperta nos nosos corpos cando nos atopamos de fronte coa natureza, cando nos vemos rodeadas por ela. Mais, polo menos no que eu teño experimentado, na Galiza adentrarse no monte é tamén facer unha viaxe pola historia.

Camiñar pola beira do río é tamén atoparse coas ruínas de muíños, pontes romanas ou con sendeiros que levan a antigos balnearios que aínda conservan bañeiras de pedra xa comidas polo musgo. Se vas cara a outra dirección, atopas mosteiros nos que nas paredes se asegura –con gravados xa case imperceptibles- que foron construídos na época da Santa Inquisición. E, se sobes cara o monte, cun pouco de sorte atopas un xacemento celta, petróglifos ou unha fonte sacra. É como se houbese mil tesouros agachados a todo o noso arredor.

Quen estivo aquí antes ca min? É a pregunta que irremediablemente xorde. O sentido histórico esperta e dá dimensión á nosa existencia. Afianza a nosa identidade. Sitúanos como parte de algo, dunha liña, dun grupo. Danos a responsabilidade do presente. Obríganos a meditar sobre o efémero e a pensar no futuro.

Malia o que puidese parecer, este luxo non é un pasatempo nas expresión máis simple da palabra. Andar polo campo bríndanos unha serie de coñecementos que enriquecen a vida.

Mais a maioría destes tesouros deixaron de ser un segredo das aldeas das inmediacións e espertaron o interese das persoas das vilas e cidades. Pero, máis que unha “invasión” de estraños, como algunhas comunidades o viven, o sendeirismo ten rescatado e mantido sendeiros, camiños e espazos que, doutro xeito, terían desaparecido para hoxe, sepultados polo esquecemento e o paso do tempo. A comunidade deste deporte, ademais, actúa de xeito colaborativo: descobren ou recuperan un camiño, dano a coñecer e, algunhas veces, restáurano e engaden sinais para que outras persoas podamos chegar con maior facilidade a sitios que o monte oculta.

E por se fose pouco, como se non fose suficiente que cada andaina se converta nunha procura de tesouros, as excursións son sempre distintas dependendo do tempo: cando se sae, o itinerario cadra coa estación do ano. Son elas quen dalgunha maneira deciden a nosa axenda e a manteñen chea a través dos meses.

No verán, por exemplo, se se vai ao río, camíñase pola súa beira na procura da mellor praia fluvial. O outono marca o inicio da tempada de “caza” de cogomelos e os equipos de amantes de fungos saen con ollos voraces, escudriñan a terra e, cesto e coitelo en man, apañan unha chea en tan só minutos. Iso si, ao parecer as regras indican que nunca se debe dicir de onde se colleu o botín. E non falemos de saír procurar castañas ou flores silvestres. Sempre hai algo que o monte nos ofrece, co que nos invita a adentrarnos nel.

E, malia o que puidese parecer, este luxo non é un pasatempo nas expresión máis simple da palabra. Andar polo campo bríndanos unha serie de coñecementos que enriquecen a vida. Porque, quen pode reprocharlle a unha labrega que non saiba recoñecer nin apreciar un cadro de Monet ou Pissarro cando esta medrou entre montes e leva o paisaxismo no espírito? Ou, quen pode sinalar a xente do rural e chamalos ignorantes que nin sequera saben a historia do seu país, cando, na realidade, o seu coñecemento está nos relatos orais, no que se conta, no que se sabe e se aprende tras anos de vivir nun territorio onde o pasado brota en cada fonte?

Se ben os coñecementos que nacen de adentrarse na natureza non poden reemplazar ao que nos aporta a arte, a literatura ou a ciencia, as experiencias e saberes de vivir no campo son valiosas por igual.

Si, nas aldeas vivimos coma en pequenas illas, mais estamos rodeados por un mar de monte. Ter a liberdade de poder saír andar por el é un dos maiores luxos cos que poderíamos contar. E aínda máis se pensamos que, nas cidades, os espazos públicos e naturais están a ser ferventemente cooptados e ocupados polas lóxicas do capital. Aquí non hai mercancía sobre a que se pousen os ollos. Non hai cámaras de vixilancia nin gardas de seguridade. Nada é noso nin nunca podería selo. Hai vida. En todos os tempos verbais e independente de nós. Por iso o bosque impón respeto. E por iso nos atrae até as súas entrañas unha e outra vez desde o inicio dos tempos. 

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La Xunta del PP recibe al embajador de Israel en funciones mientras Gaza agoniza al borde de la hambruna
El Gobierno de Alfonso Rueda escenifica su buena sintonía con la Administración de Benjamín Netanyahu apenas unas horas después de que Israel bombardease una escuela que servía de refugio y ordenase una evacuación masiva en Gaza.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.