Medio rural
Na procura de marcos e lindeiros

Chegou unha ordenanza para limpar as leiras que moitos xa nin lembraban que tiñan. Mais a busca das terras perdidas é moito máis complicada do que parece, é unha loita contra o tempo, a vexetación e o esquecemento.
30 ene 2021 22:00

Todo empezou o día en que as cartas chegaron á aldea. Como parte das medidas de prevención de incendios forestais, estipuladas na Ley 3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia, enviáronse misivas ás persoas propietarias de terreos forestais para recordarlles a súa obriga de manter os seus predios rústicos en condicións axeitadas. Así, contribúan a previr ou evitar incendios forestais. Nas cartas, exixíase que se limpase a maleza e se talasen as árbores pirofóricas antes dunha data establecida ou, do contrario, aplicaríanse as respectivas multas.

Despois duns días, máis que cartas da administración, parecía que toda a veciñanza fose invitada a participar nun xogo, a un rally. E é que moitos dos terreos aludidos quedaron no esquecemento e, antes de calquera cousa, había que atopalos.

Primeiros movementos

Para empezar, moitas das cartas estaban dirixidas a quen figuraba no rexistro catastral como propietaria. No entanto, gran parte daquelas destinatarias morreran hai máis de trinta anos. Para algúns, empezaron a brotar os recordos; para outros, as indagacións sobre quen eran as persoas detrás dos nomes que outrora vivían nesas mesmas terras.

Na carta había unha primeira pista para facilitar a busca e identificación dos terreos: a referencia catastral. Vaia pista!

É bastante sabido que o rexistro catastral non é unha fonte fiable: non só está completamente desactualizado, senón que as propiedades non acostuman corresponder cos terreos marcados no mapa. Aínda así, fíxose o esforzo e a primeira rede de apoio estableceuse: a xente maior foi ás casas de quen tiñan contratado un servizo de internet e pedíronlle axuda a xente que sabía usalo para poder revisar o rexistro catastral en liña. O primeiro obstáculo, a barreira tecnolóxica, foi superado. Os resultados na rede deron algunhas pistas sobre a localización, pero non moito máis. Pronto as referencias do catastro quedaron descartadas.

O segundo paso era o máis evidente: acudir con alguén que controlara bastante ben a historia do monte. Mais o problema é saber a quen recorrer porque todos queren axudar, pero todos din cousas diferentes e todos están seguros de que teñen razón. Son poucas, mais aínda hai persoas (sobre todo mulleres) que nunca emigraron nin viviron fora da aldea. Se hai sorte, ao preguntarlles onde esta tal leira, din algo como: “claro que sei onde está, lembro de ir alí cando rapaza a axudar á tía a levar alí ás vacas”.

E entón estas adoptan o rol de guías e acompáñantes para mostrarche o terreo. Mais, o tempo pasou e as leiras de outrora agora son bosques abandonados que dificultan a identificación. A guía dubida. Fai memoria. Recoñece algo no camiño. Volve a dubidar para finalmente dar un veredicto con seguridade: “o teu vai de aquí ata este regato. Porque dese lado xa é de Maximino. Deste non sei con quen lindas. Tes que preguntarlle a Maxi. Ao mellor el sabe algo”.

Coa chegada das cartas, desenvolveuse un sentido común de intriga, pero, sobre todo, reviviuse o interese polo monte, ese vello coñecido que quedara esquecido. A aldea volveuse nun ir e vir de xente preguntando por referencias e lindeiros. Incluso veciños que foran xuntos á escola, volvéronse a atopar logo de anos de non se ver e se alegrában de tal espontánea reunión unha vez que se recoñecían debaixo das máscaras e as engurras dos anos.

Unhas pezas empezaron a encaixar e algúns lindeiros quedaron claros axiña. Pero, noutros casos, as persoas que se buscaban levaban xa anos mortas e non tiñan descendencia vivindo na Galiza.

As pezas máis importantes

Cando se encontra o terreo chega outra gran proba: atopar os marcos. Non puiden rastrexar a orixe destes, pero quedan documentos expedidos durante o reinado de Alfonso XI (1312-1350) en que se mencionan os marcos, moxones ou lindes. Esta forma medieval de delimitar os terreos non mudou co paso dos séculos e até hoxe é a referencia máis buscada á hora de aclarar os límites das propiedades.

Mais procurar os marcos nos montes repletos de toxo, fento e silvas é complicado. En principio, o linde, para distinguirse, vai acompañado de dúas pedras de menor tamaño aos seus costados, ás cales se lles chama testemuñas. Pero iso non sempre facilita o traballo e, se esas pedras non están talladas, a mellor forma de verificalo é tratar de movelas, porque os marcos, en primeira instancia son tan grandes e están tan incrustados na terra, que non poden ser movidos (aínda que é relativamente común que as persoas os movan para agrandar o seu capital).

É neste punto onde moita xente se dá por vencida. Noutras ocasións, ante o descoñecemento do paradoiro das pedras, os lindeiros tamén poden calcular a localización dos marcos e chegar a un acordo para poder limpar as súas respectivas propiedades.

A dificultade de atopar os lindes é, outra vez, un síntoma de algo que ben sabe quen viviu toda a súa vida na aldea: o monte mudou. O que antes eran eidos labrados, agora son bosques tupidos. A procura das propiedades provocou que as persoas regresasen ás terras en que medraron e traballaron.

Un home á porta

Hai un par de días, tocou á miña porta un señor de 87 anos. Preguntaba polo “home da casa”, pero non se mostrou decepcionado cando lle dixen que non estaba e que tería que falar comigo. Comentou que el era familiar da bisavoa de meu mozo e, aínda que non lembrara o nome da señora, si que recordaba que escribía cunha letra moi bonita. Iso levou a que o home me contara que el aprendeu a ler e a escribir na escola que está fronte a miña casa...

Mais a razón pola cal tocou á nosa porta era porque tiña un terreo que non recordaba onde estaba. Nas escrituras da propiedade dicía que un dos lindeiros era un tal Eugenio Alfaya, o marido da bisavoa (o cal, por certo, emigrou a Lisboa para traballar e nunca máis volveu a casa coa súa muller e fillos).

Díxenlle ao señor que lle preguntaría a meu “marido” e que, en todo caso, buscaríamos o nome da leira no rexistro catastral de internet. El mostrouse conforme. Sacou do seu abrigo unhas notas adhesivas e un bolígrafo e, apoxado no seu pequeno moedeiro, escribiu unha nota co seu número de teléfono. Antes de irse, comentoume: “Boh, todo isto é un crebacabezas. Pero polo menos un está entretido”.

Dinlle a razón e, en canto marchou, chamei á tía de mi mozo para contarlle o sucedido e saber se ela sabía onde estaba ese eido: “eu non lembro que miña nai falara desa leira... aínda así, estou case segura de que o avó (o fillo da tan mencionada bisavoa) vendeuno a Carme. Tes que preguntarlle a ela”. E con esas palabras deu por comezada unha nova procura.

***

Gústame pensar que, se algo fixo todo este lío da limpeza dos terreos forestais, foi dinamizar a aldea: espertou a memoria, reencontrou a veciñanza que, por máis preto que viviran, deixáranse de ver dende hai anos e, ademais, reforzou os vínculos de cooperación que minguaron pola distancia e o encerro.

Hai nomes de lindeiros e leiras dos que xa ninguén se lembra. Hai cartas que chegaron máis de trinta anos tarde, nomeando a persoas que faleceron hai décadas noutros países. Algo da historia da aldea recuperouse mais, ao mirar o monte, sempre queda a pregunta: cantos terreos abandonados/sen dono haberá?, cantos quedaron nun limbo?

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La Xunta del PP recibe al embajador de Israel en funciones mientras Gaza agoniza al borde de la hambruna
El Gobierno de Alfonso Rueda escenifica su buena sintonía con la Administración de Benjamín Netanyahu apenas unas horas después de que Israel bombardease una escuela que servía de refugio y ordenase una evacuación masiva en Gaza.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.